lunes, 3 de febrero de 2014

Creados os primeiros monos transxénicos 'a medida'

O método utilizado ata agora para crear animais transxénicos consistía en facer moitos cambios no xenoma e seleccionar os exemplares adecuados. Este método resulta útil en animais como os ratos, que se reproducen moito e rapidamente, sin embargo, para o estudio de especies como as dos simios, non era posible. 
Este procedemento pode comezar a cambiar despois da publicación do equipo chino Jiahao Sha en Cell. O traballo basease na aplicación dunha tecnoloxía que consiste en usar unhas bacterias de 'tixeiras xenéticas' para introducir os xenes que se queiran investigar, podendo controlar onde se producirá exactamente a mutación. O único requisito da súa utilización é que a modificación debe producirse xusto despois da fecundación, cando o futuro simio é tan so un embrión dunha célula. 


Este novo método permitirá obter modelos animais en simios de enfermemdades ata agora difíciles de investigar(como as dexenerativas). Ademáis permitirá contar con individuos o máis parecidos posible aos humanos, co que se supón que se reducirá o número de fracasos actuais cando se pasa de investigacións en roedores a humanos directamente. 
Aínda con todos os beneficios que isto suporá para a ciencia, xa houbo críticas de grupos ecoloxistas que pensan que isto levará a un aumento do número de simios que se usarán para a investigación, cada vez máis negados a medida que istes son máis próximos xenetica e evolutivamente aos humanos. 

Credes que este posible avance nas investigacións levará ao abuso da utilización dos simios na mesma?


Fontes: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/02/02/actualidad/1391353463_071898.html

Ana Rodríguez Vilas 1ºBach A

No hay comentarios: