martes, 1 de abril de 2014

O CAMBIO CLIMÁTICO XA É UNHA REALIDADE

Os efectos do cambio climático estanse a notar xa e a sua incidencia será mais salientable a curto e medio prazo.
O Panel Intergubernamental da ONU sobre o cambio climático ( IPCC ) ven de alertar sobre o maior risco de sequías, inundacións e incendios forestaes en Europa por mor do cambio climático.
Neste informe presentado en Yokohama (Xapón) interviron mais de cincocentos expertos científicos e representantes políticos onde analizaron os datos actuais do clima e o impacto do cambio sobre o home e a natureza en diversas rexións do mundo.

Este amplo informe ve sólidas evidencias de todas as disciplinas e afirma que xa non hai ninguna dúbida de que o clima está cambiando e atribue nun 95% a actividade human como causante do mesmo.
O documento analiza os cambios previstos a medio e longo prazo (2030-2040) e (2080-2100) e considera o quecemento global de 2 e 4 graos centígrados respectivamente.




Consecuencias
No caso de Europa o cambio climático fará aumentar as restriccións de auga debido a reducción da extracción dós ríos e acuíferos subterráneos compaxinada co aumento da demanda para regadíos, industria e uso doméstico. Será mais notorio nas rexións do sur de Europa.
Tamén aumentarán as olas de calor , e con elo a incidencia negativa na salud, productividade laboral, calidade do aire…. , e que fará aumentar o risco de incendios forestaes.O risco de inundacións na costa será maior así como o aumento do nivel do mar e a erosión da costa.

Medidas
Ademais de estar alerta ante posibles fenómenos climáticos, o IPCC recomenda mellorar a xestión dos recursos hídricos e promover o aforro da auga.

Especialmente fan fincapé na necesidade de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, causa principal do quecemento global.



                                        Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBACH-D

No hay comentarios: