viernes, 22 de agosto de 2014

Os dous estadounidenses tratados cun suero experimental superan o ébola


O día de hoxe é un milagre”. Kent Brantly resumía con estas palabras a súa supervivencia ao virus do ébola. O médico de 33 anos e a enfermeira Nancy Writebol, de 59, as dúas primeiras persoas que foron tratadas pola infección en territorio estadounidenses, recibiron ao alta. “Teño sorte de estar vivo e de poder reunirme coa miña familia”, afirmou Brantly, acompañado en todo momento da súa muller.


“Grazas aos coidados do equipo en Liberia, o uso dun tratamento experimental e a experiencia e os recursos do equipo médico no Hospital Universitario de Emory , Deus salvoume a vida”, asegurou Brantly ante os medios. O doutor e Writebol son as dúas primeiras persoas en sobrevivir ao virus do ébola tras recibir o soro experimental ZMapp, aínda que os seus médicos non proporcionaron detalles 
clínicos dos efectos deste medicamento.

A familia Brantly mudouse a Liberia o pasado mes de outubro. “Entón o ébola  non estaba no radar”, explicou hoxe o doutor, pertencente a unha organización humanitaria. Recibiron o primeiro paciente en xuño e, a partir de aí, non cesaron de chegar. Brantly relatou que o seu traballo estivo dividido entre o tratamento de persoas infectadas con ébola  e o adestramento de persoal médico que puidese coidarlles.

A avaliación para darlle a alta realizouse de xeito independente en cada caso, en coordinación co Centro de Control de Enfermidades (CDC) e de acordo coas indicacións da Organización Mundial da Saúde (OMS). Os doutores deberon verificar que non había presenza do virus no sangue nin padecían síntomas durante polo menos tres días. “Tras un rigoroso e exitoso tratamento e probas, determinamos que ambos pacientes recuperáronse da enfermidade do virus do ébola e poden reunirse coas súas familias e regresar á súa comunidade sen preocupación”, dixo Ribner. “Non existe unha ameaza á saúde pública”.

Os estadounidenses foron as dúas primeiras persoas en recibir o ZMapp , que ata entón só fora probado en monos, e que tamén se lle aplicou ao sacerdote español Miguel Pajares, que faleceu. O medicamento non é máis que un cóctel de anticorpos monoclonales desenvolvido inicialmente nun ratón modelo de infección por ébola . Un anticorpo monoclonal é unha especie química homogénea (unha proteína concreta), a diferenza das coleccións complexas de anticorpos, máis ben irreproducibles, que se obteñen extraendo sangue a animais infectados. Os xenes para estes anticorpos foron despois adaptados para o seu uso en humanos (humanizados, na jerga) e transferidos a plantas de tabaco para a súa produción eficaz e barata, informa Javier Sampedro.


A obtención do soro experimental por parte dos estadounidenses, xusto antes de ser repatriados, suscitou numerosas críticas pola falta de acceso aos medicamentos para as vítimas de Liberia, Ghana e Sierra Leoa, onde o virus golpeou máis fuertemente. A empresa de California que o fabrica, Mappbio, informou ademais que as súas existencias están prácticamente esgotadas, polo que a súa entrega de xeito masivo para as poboacións afectadas, ademais de representar un enorme desafío ético e médico, é aínda imposible.


Ainoha Gómez Cid  1ºBach.D. 

No hay comentarios: