miércoles, 3 de noviembre de 2010

Novo xen de camuflaxe


Estase a estudar sobre a capacidade de camuflaxe por cambio de coloración case inmediata que posúen os peixes, os anfibios e os reptís. Descubriuse recentemente en Estados Unidos por un grupo de científicos o xen “agrp2”, cuxa proteína permite a variación rápida da cor nos peixes, impedindo que se produzan nas células pigmentarias da pel pigmento marrón ou negro e que, en cambio, se produza pigmento amarelo e vermello. De momento trátase dunha concreta característica na troita, no salmón e no peixe cebra. Estamos a falar do terceiro xen dentro da familia dos agouti, dita proteína situada en concreto na glándula pineal, órgano que regula os ritmos diarios de resposta á luz. Nun principio, pensouse que se había atopado a vía que regula o apetito diario, sen embargo, Chao Zhang descubriu que esta proteína estaba implicada nos cambios rápidos da pigmentación que permiten ó peixe adaptarse ó seu entorno.



Para máis información

Para máis información

Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºBacharelato B

MISSION EPOXI





A nave espacial Deep Impact/EPOXI da NASA. Estase a precipitar cara ao cometa Hartley 2, mañá dia 4 realizará un voo a unha distancia de só 700 quilómetros.

Hai miles de millóns de cometas no sistema solar, pero esta será apenas a quinta ocasión na cal unha nave espacial voa o suficientemente preto do núcleo como para fotografalo.
As órbitas dos cometas tenden a ser moi alongadas: viaxan moi lonxe do Sol e logo aproxímanse a distancias moito máis pequenas. Cando aconteza o encontro, Hartley 2 estará preto do Sol, o que permitirá que se quente despois de viaxar polo frío e profundo espazo. O xeo do seu núcleo estará a evaporarse furiosamente, lanzando po e chorros de gas.

O núcleo de Hartley 2 é pequeno, ten menos de 1,6 quilómetro de diámetro. EPOXI internarase na coma do cometa. As cámaras da nave espacial tomarán fotografías de alta resolución. permitindo ver os rasgos, que parecen cicatrices, da superficie do cometa: cráteres, fisuras, respiradeiros...

O propósito da misión é solicitar información sobre a composición do núcleo e comparala con outros cometas. Debido a que os cometas pasan moito tempo a distancias moi grandes do Sol, o frío preserva a súa composición química, e dita composicion pode decir moito.




Feito por : Antia Arias Garcia 1ºB





lunes, 1 de noviembre de 2010

Explosión solar no ano 2013

Dende fai uns días aparécenlle ó Sol unha especie de lunares de cor branco, que son signo dun aumento da actividade magnética. Este aumento pode chegar a provocar explosións de radiacións que viaxan a 2000 km/s polo espazo. Prevéese que cara o 2013 o Sol expulse 10 millóns de toneladas de radiación, que ó chegar a Terra provocarían unha tormenta xeomagnética, que inutilizaría as comunicacións e redes eléctricas. Existen antecedentes rexistrados: como un caso da tormenta eléctrica de 1859, que impidiu o uso das liñas de telégrafo durante varios días e contempláronse auroras boreais en latitudes baixas. Quedou rexistrada unha aurora boreal no Diario de Menorca. Cálculase que a tormenta que se avecina deixará sen rede eléctrica a todo EEUU e ministerios de defensa de diversos países que cren que a vulnerabilidad dos países sen rede eléctrica pode ser aproveitada por terroristas.




Estas tormentas son provocadas polas citadas manchas que representan zonas frías na superficie solar ( a uns 5500 º C) provocadas por correntes de convección que se moven a diferentes velocidades que o resto da superficie solar. Estes desaxustes provocan tensións nos campos magnéticos. Pouco a pouco as manchas van en aumento chegando ata o momento do sol de máxima actividade radioactiva e polo tanto a máis perigosa.

Os gobernos deberán ter especial coidado cos satélites que poderían quedar achicharrados, e cos avións de pasaxeiros, xa que poderían virse abaixo ó ser sometidos a tal cantidade de radiación, ou os seus pasaxeiros sufrir as consecuencias dunha gran exposición a esta. Ademais científicos da NASA xa están buscando novos materiais que paren os efectos da radiación en masa.
Déixovos un video de como se produce unha explosión solar na superficie do astro rei:
http://www.youtube.com/watch?v=eWrm-dADE8w
Para máis información : http://www.quo.es/ciencia/astronomia/2013_explosion_solar




Juan Ozaita Corral 1º Bacharelato A


Adeus o último oso autóctono dos Pirineos

O último representante da variedade autóctona de osos pardos da cordilleira dos Pirineos desapareceu no mes de febreiro, a última vez na que se viu xa estaba mal e a súa idade xa era avanzada e dende ahí nada se volveu saber deste último oso, Camille.
Os ecoloxistas din que a desaparición deste tipo de osos pardos reflexa a pouca importancia que mostran as administracións na biodiversidade.
O Fondo para a protección dos animais salvaxes (FAPAS) afirma que despois de 30 anos loitando para que a poboación de osos pardos desta cordilleira non desparecera os resultados non son favorables xa que non hai ningún oso de variedade autóctona.
Dende fai 30 anos hasta hoxe en día a poboación de osos autóctonos dos pirineos mostrou cada ano unha rápida desaparición de especies.
A desaparición de Camille non fai que España se quede sen variedade de osos propios, xa que pola contra na Cordilleira Cantábrica hai un gran números de osos pardos nas provincias de León, Asturias, Cantabria e Palencia pero atópanse nun grave problema xa que están aislados por carreteras e liñas ferroviarias.


Feito por Lorena Yáñez López 1º Bacharelato A

Día 4 de novembro día da ciencia en galego

A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística convídanos a sumarnos dende cada centro educativo á Xornada pola Ciencia en Galego. O obxectivo desta xornada é expresar que o galego é unha lingua adecuada para a transmisión dos coñecementos científicos e tecnolóxicos. O noso centro celebrarao cunha conferencia-coloquio de Xabier Cid Vidal, investigador do CERN en Xenebra e da Universidade de Santiago de Compostela.





Editado Por Carmen Cid Manzano

Houbo vida en Marte?

Un equipo de xeólogos da Universidade Brown (Estados Unidos), concluíron que grandes cantidades dun depósito mineral nun cono volcánico de Marte mostra que, nese pasado afastado, a planeta Vermello tiña microambientes que eran habitables.Tamén garanten que o clima en Marte cambiou preto de 3.500 millóns de anos e deixou de ser relativamente quente e húmido para seco e frío. Segundo os científicos, estes ambientes poden ser adecuados para as formas de vida primitivas, como a que tivo lugar na Terra.




Ata o momento, ningunha investigación foi capaz de concluír se houbo vida en Marte no pasado, pero probas como estas añaden de que si houbo lugares e momentos nos que podería haber existido formas de vida.

Os datos sobre a composición do cono, na caldeira Nili Patera, foron recollidos pola sonda da NASA Mars Reconnaissance Orbiter.



Para mais información:



Feito por : Érika López Carballo 1ºA

Cumio da biodiversidade en Xapón, quen gaña??

Tras doce días de tensas conversacións, máis de 190 paises reunidos no Cumio de Biodiversidade en Nagoya, Xapón, acordaron un novo plan para 2020 dirixido a protexer as especies do planeta. Non obstante as metas acordadas son menos esixentes e específicas do que pedían os expertos en conservación. Entón ante que nos encontramos??
O principal punto da discordia foi o Protocolo ABS (acceso e repartición de beneficios). Onde países en desenvolvemento ricos en biodiversidade insistiran durante todo o encontro que non asinarían as metas xerais a menos que houbese tamén un acordo sobre o protocolo. Non obstante os países industrializados quería un acordo moito máis limitado.
Xa que para a industria estas palabras poden significar diferenzas de miles de millóns de dólares.
Moitos expertos consideran que as novas metas son demasiado débiles e que poden non ser suficientes para deter a perda de especies. Apuntan que xa se protexe ao 13% das superficies terrestres (no cumio esíxese o 17%) e que a meta do 10% para áreas mariñas é a que xa existía antes do cumio.
Pero todo isto é moito máis complicado que un complexo acordo, de onde sacamos os recursos financeiros? Varios países en desenvolvemento advertiron que non teñen os fondos necesarios para implementar as novas metas.
Os países desenvolvidos comprometéronse a reunir fondos de axuda para 2020, o que pode significar un importante fluxo de fondos para as nacións en desenvolvemento. Os plans deben estar en pé para 2012, cando Rio de Janeiro será a sede do segundo
Cumio da Terra. As empresas privadas deben contribuír e isto é algo lóxico, porque obteñen ganancias aproveitando os recursos da biodiversidade.
Ante que nos encontramos realmente hoxe en día?
A perda de biodiversidade amenaza a un ritmo mil veces superior ao considerado natural. Polo menos un quinto das especies do planeta están ameazadas de desaparecer. No caso dos anfribios, a cifra é superior ao 40%.
Son estas metas o suficientemente específicas para evitar esta gran traxedia??
Feito por María Isabel Limia Pérez 1ºB
Máis información en

Está preparada España para afrontar un tsunami?

Para saber máis: http://www.elmundo.es/elmundo/2010/10/28/ciencia/1288272171

¡Felices dez anos!

O 2 de Novembro do 2000, chegaban a ISS (Estación Espacial Internacional), os tres tripulantes da primeira misión: Bill Shepherd, Sergei Krikalev e Yuri Gidzenko.
Durante todo este tempo levaronse a cabo ao redor de 150 camiñatas espaciais e máis de 600 experimentos.(Que permitiron avances en menciña, reciclaxe e no coñecemento do Universo).
Dende entonces a vida na ISS foise normalizando, ata convertirse na estación espacial orbital que máis tempo estivo habitada de maneira permanete.

A ISS ten un tamaño equivalente ó dun campo de fútbol americano.
Krikalev , Gidzenko y Shepherd

O primeriro que fixeron os tres astronautas foi prender a luz e de seguido conectar as cámaras que permitian seguir dende a Terra o que lles sucedía.
A partir de ese dia os pasaxeiros estiveron sometidos a un ritmo de vida estricto e só interrumpían o seu traballo para realizar exercicios físicos necesarios para compensar o efecto da falta de gravidade sobre os músculos.
Esto converteuse no proxecto tecnolóxico máis caro e ambicioso da história da humanidade(esforzo económico de 16 paises).
Coincidencia das catro mulleres en abril deste ano.
Tripulantes durante unha comida.

Ainda que tiveron varios problemas durante estes 10 anos, a sua situación (a 400 km. de altitude), permítenos ter unha impresionante panorámica da Terra e intentar chegar ó obxetivo que é explorar novos planetas así como desenrolar as tecnoloxías que permitan ós seres humáns ir máis alá.

Vista nocturna dende a ISS.
Durante un paseo espacial en 2007.
Fotografía dende a cúpula da ISS o mes pasado.

Déixovos uns vídeos relacionados coa ISS:
Máis información:

Feito por: Ana Pérez Pérez, 1ºBacharelato A.

Fate of fthe world

Algunha vez preguntáchesche como podería unha persoa salvar o planeta dos efectos do cambio climático? Un xogo de computadora de fabricación británica, cuxa versión de proba foi lanzada este luns, crea diferentes escenarios para facer exactamente iso.

domingo, 31 de octubre de 2010

Poxa do día: A natureza

Comecemos con 50 euros, alguén da 50 euros para axudar a conservar o cabaliño de mar?" Unha man co número 47 acepta. “Dacordo, alguen ofrece 100?” E así ata 200 euros para axudar a esta especie. Trátase do primeiro evento que organizou a Fundación Global Nature en España para a subasta da biodiversidade. Mais non é unha mera subasta ao uso, xa que tódolos participantes saben que non levarán o trofeo na man, senon que colaborarán doutro xeito coa defensa da natureza cas súas donacións e ao mesmo tempo mellorarán en boa medida a imaxe das empresas e organizacións que colaboran.Neste acontecemento participan 60 directivos de sectores como o transporte aéreo, a banca, a restauración, a depuración de augas ou a enerxía.
Empres : O obxetivo é concienciar ás empresas do importante papel que teñen na conservación da biodiversidade”, explica Simone Blok, representante da organización Triple E, que coopera ca campaña nos Países Baixos. “Non consiste en facerse donos de ningun ben, xa que os participantes son informados continuamente do estado do proxecto e é invitado a velo no momento se así o desexa”. É unha campaña similar feita en Holanda hai 3 anos na que se recaudaron ó redor de 150.000 euros.

“O papel da empresa é fundamental: "Os Gobernos están extenuados e pai estado non pode ser o único en conservar a biodiversidade”, polo cal a parte dos benficios fiscais que obteñen cas donacións, as compañías poden obter bastante rédito económico da conervación do patrimonio natural", polo que ademais dos beneficios fiscais que se obteñen das doacións, as compañias poden obter moito rédito economico da conservacion do patrimonio cultural.
Durante a subasta, os elementos máis tasados foron o cabaliño de mar con 200 euros e a acelguiña, unha planta endémica, con 110.


Feito por Yurema Seara Núñez e Andrea Fernández Novoa 1ºBach B

Poxa do día: A natureza

"Comecemos con 50 euros, alguén da 50 euros para axudar a conservar o cabaliño de mar?”
Unha man co número 47 acepta. “Dacordo, alguen ofrece 100?” E así ata 200 euros para axudar a esta especie. Trátase do primeiro evento que organizou a Fundación Global Nature en España para a subasta da biodiversidade. Mais non é unha mera poxa ao uso, xa que tódolos participantes saben que non levarán o trofeo na man, senon que colaborarán doutro xeito coa defensa da natureza cas súas donacións e ao mesmo tempo mellorarán en boa medida a imaxe das empresas e organizacións que colaboran.Neste acontecemento participan 60 directivos de sectores como o transporte aéreo, a banca, a restauración, a depuración de augas ou a enerxía.
Ventana externa
“O obxetivo é concienciar ás empresas do importante papel que teñen na conservación da biodiversidade”, explica Simone Blok, representante da organización Triple E, que coopera ca campaña nos Países Baixos.
“Non consiste en facerse donos de ningun ben, xa que os participantes son informados continuamente do estado do proxecto e é invitado a velo no momento se así o desexa”. É unha campaña similar feita en Holanda hai 3 anos na que se recaudaron ó redor de 150.000 euros.
"O papel da empresa é fundamental: Os Gobernos están extenuados e pai estado non pode ser o único en conservar a biodiversidade”, polo cal a parte dos benficios fiscais que obteñen cas donacións, as compañías poden obter bastante rédito económico da conervación do patrimonio natural.
Durante a subasta, os elementos máis tasados foron o cabaliño de mar con 200 euros e a acelguiña, unha planta endémica, con 110.
Feito por Yurema Seara Núñez e Andrea Fernández Novoa 1ºBach B

Escribir ben non custa traballo

Moitas veces, por descoñecemento, temos erros nos escritos que realizamos con procesadores de texto. Co fin de corrixir estes fallos déixovos un artigo que comenta como se escriben os signos matemáticos nos textos.

sábado, 30 de octubre de 2010

Curioso, escolas de voo para aves.

enlace á noticia
O cume da biodiversidade 2010 rematou, gustaríame que algún de vós recollese no blog algún comentario das conclusións de tan importante reunión, déixovos un . Mirade mentres este video que vos vai sorprender.



Por EDITADO: Carmen Cid Manzano

Que son en realidade os Asteroides?

Dende o momento en que se coñecian ata fai relativamente pouco, pensabamos que os asteroides eran rocha compacta ou no seu lugar pequenas pedras(case igual que o cascallo) que se mantiñan firmes e unidas entre si polo efecto da gravidade, chegando incluso a separarse aquelas que estiveran máis afastadas do núcleo e formar un segundo asteroide.
Pero agora e grazas ao Departamento de Ciencias Xeofísicas e Planetarias da Universidade de Tel Aviv (Israel) a e Escola de Física e Astronomía da mesma, e xunto ca axuda adicional dun grupo internacional de científicos, corroborouse a existencia de estos supostos asteroides de cascalla desprendidos pola forza centrífuga.
Cabe decir que esta investigación non só confirmou unha teoría, se non que aporta os datos suficientes como para crer que agora, e no caso de que un asteroide deste arquetipo pasara moi preto da Terra, non nos enfrentariamos a unha montaña xigantesca chocando batendo contra a nosa superficie, se non que seriamos vítimas dunha gran chuvia de rochas de tamano similar ó de pedruscos e pedras, o cal nos adianta a estudar as tácticas que teriamos que levar a cabo para sobrevivir se esto sucedese.



Segundo as hipóteses dos autores, a traxectoria destos asteroides procura verse condicionada pola atracción gravitatoria dos planetas maiores pero ás veces as radiacións solares tamen poden intervir, xa que cando este absorbe a luz do Sol, a súa velocidade rotacional aumenta, o cal sumado a unha velocidade crítica, unha porción destas pedras sepárase do montón principal e acaba por formar un novo asteroide.


Feito por Yurema Seara Núñez e Andrea Fernández Novoa 1ºBach B

Da Terra ao Universo, exposición virtual

Descobre a evolución do Cosmos a través da beleza.

viernes, 29 de octubre de 2010

Post dedicado a nosa mestra bloguera, Marga a profe de inglés.

Un pouco de humor para este fin de semana máis longo.





Editado por: Carmen Cid Manzano

As buckybolas poden ser a orixe da vida

Estas moleculas de carbono apareceron inesperadamente en grandes cantidades dentro da Vía Láctea e nunha galaxia cercana.

O pasado mes de xullo, o telescopio Spitzer da NASA descubriu nunha nebulosa planetaria un raro fenómeno que nunca antes fora achado no espazo. Detectou moléculas de carbono con forma de balón de futbol e con propiedades únicas.

O asombro foi tan grande que os científicos expuséronse que era algo anecdótico e que simplemente tiveran sorte ó atopalas. Pero non, estas esferas de carbono son moi abundantes.

O Spitzer atopounas ao redor de tres estrelas moribundas na Vía Láctea e preto dunha cuarta nunha galaxia, onde hai tantas que a sua masa equivale a quince lúas como a nosa.

Isto servirá para a comprensión da formación da Terra.

As implicacións deste descubrimento son de gran alcance. Os científicos especularon no pasado coas buckybolas, as cales poden actuar como cestas para moléculas e átomos, e poderían ter transportado substancias á Terra para o inicio da vida. As probas para esta teoría proceden do feito de que se encontraron buckybolas en meteoritos que portan gases extraterrestres.

Na Terra, o estudo destas moléculas aplícase á investigación en fármacos, supercondutores, dispositivos ópticos e potabilización de auga, entre outros exemplos.

Máis información: http://www.abc.es/20101028/ciencia/asombrosas-cantidades-buckybolas-aparecen-201010281346.html

Feito por: Ana Pérez Pérez,1º Bacharelato A.

jueves, 28 de octubre de 2010

2011 o ano do Sistema Solar

A NASA anunciou hoxe. 29 de outubro, que o próximo ano será o "Ano do Sistema Solar" (The Year of the Solar System ou YSS, polas súas sigla en inglés). Un gran número de misións e voos realizaranse para coñecer mellor o espazo máis cercano.
Non será un ano terrestre, en realidade será un ano marciano, de 23 meses, que comezará este outubro de 2010 ata agosto de 2012. Marte necesita 687 días, é dicir o seu "ano" para dar unha volta ao redor do sol.





Para máis información prema aquí.

Turismo espacial.

Avión que efectuará as viaxes turísitcas ao espazo
Os habitantes do condado de Sierra, en Novo México, están afeitos presenciar feitos extraordinarios. En 1950, Hot Springs, unha das súas localidades máis visitadas polas súas augas termais, cambiouse o nome a Truth or Consequences (Verdade ou Consecuencias), un concurso radiofónico. Desde o venres, a cidade de T e C, como a coñecen os locais, é a primeira do mundo en ter un aeroporto espacial xa que é a poboación máis próxima a Spaceport America, onde o millonario británico e presidente de Virgin Galactic, Richard Branson, inaugurou a pista de 3,2 quilómetros pola que, nun ano, despegarán dous voos ao día.

Cada billete custará 200.000 dólares (uns 140.000 euros) e permitirá viaxar dúas horas e media ata unha altura duns 110 quilómetros. En cada voo, os seis pasaxeiros poderán observar a curvatura da Terra, desabrocharse os cintos e gozar de cinco minutos de ingravidez antes de que o avión SpaceshipTwo regrese planeando de volta ao espaciopuerto. Segundo Virgin Galactic, xa compraron os seus billetes 380 persoas que esperan a súa quenda a partir de 2011. O obxectivo de Branson é levar turistas a un novo hotel espacial no futuro, segundo explicou á CNN.

Para máis información prema aquí.


Editado por Brais Gómez 1ºA

miércoles, 27 de octubre de 2010

Ler o pensamento. Relidade ou ficción?


Simulación da experiencia
Aínda que ler a mente segue sendo unha utopía, é posible que, nun futuro, póidase conseguir e, con iso, permitir a comunicación de pacientes con graves lesións neurológicas.

Un dispositivo desenvolvido por investigadores do Instituto Tecnolóxico de California foi capaz de rexistrar a resposta das neuronas do lóbulo temporal medio a distintos estímulos visuais.

Desta forma, os investigadores que publican o seu achado na edición de hoxe de Nature son capaces de adiviñar en que están pensando dentro das opcións ofrecidas no experimento.

Para levar a cabo o seu estudo, os científicos, dirixidos por Moran Cerf, aproveitaron os electrodos implantados no cerebro de varios pacientes para tratar as súas convulsións cerebrais e mediron a súa resposta ante determinados conceptos, que incluían desde personalidades como Madonna a lugares como a torre Eiffel.


Editado por Brais Gómez García 1ºA

Estamos na sexta extinción masiva do planeta.

A especie Rhynchocyon udzungwensis é unha das que están en mayor perigo de extinición, só se encontran en dúas zonas, que abarcan uns 300 kilómetros, dos bosques de Tanzania


Dise que estamos na sexta extinción xa que existen milleiras de especies en perigo de extinción, desgraciadamente algúns científicos cren que a este ritmo á metade de século desaparecerán o 30% das especies. Os estudos dos mamíferos, aves, anfibios, réptiles e peixes realizado en Xapón no Cumio da Biodiversidade determinaron que a quinta parte dos vertebrados están en perigo de extincion.
Cincuenta especies de vertebrados avanzan cara a súa extinción cada ano, estos datos estabécense na Lista Vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN).
Na Lista Vermella están o 25% dos mamíferos, o 13% das aves, o 22% dos reptiles, o 41% dos anfibios, o 33% dos cartilaxinosos e o 15% de los peixes óseos.
A parte positiva de todo esto é que a perda de biodiversidade diminúe nun 20%, grazas as medidas tomadas. Ademais tamén fixáronse nas 64 especies que puideron mellorar grazas ás medidas de conversación entre elas o cóndor de California, o cabalo mongol e unha especie de hurón.
Caballo mongol.
Cóndor de California




Para máis información: Entre aquí

Andrea Gerpe Acosta. 1º Bacharelato A

LHC: As primeiras colisións.

A finais de Marzo deste ano, rexistraronse no gran detector Atlas as primeiras colisións de protóns cunha enerxia de 7 TeV (Teraelectronvoltios), potencia que nunca se alcanzou nun acelerador. Atlas foi o primeiro detector en rexistrar as colisións seguido de CMS, LHCb e Alice. "Detectamos trazos perfectos das colisións, o detector funciona perfectamente" dixo Fabiola Gianotti, lider de Atlas. Fixeron falta varios intentos para lograr unha colisión que fixera posible o seu estudo. Este video axuda a entender mellor como se consegue acelerar os protóns por separado e conseguir que nun momento determinado colisionen provocando a ruptura deles mesmos.

Máis información: Click Aquí. Mario Blanco Cid 1ºA Bacharelato.

Recoméndoche que entres no recuncho de Jane Goodall



No ano da Biodiversidad entrar na súa páxina e ver unha pequena biografía, é o noso pequeno homenaxe a esta gran primatóloga:
http://www.elmundo.es/especiales/2007/10/ciencia/jane_goodall/hablando/index.html

Editado por: Carmen Cid Manzano

Temos ou non un "xemelgo" a anos luz?

Gliese 581, unha anana vermella estudiada a redor da cal xiran catro planetas (descubertos) o seu redor, pero só ela esta dentor da zona habitable.
Despois de un mes estudando sobre ela os astrónomos europeos reanalizaron os datos e
"No vemos ninguna prueba de un quinto planeta", declarou a la revista Science Francesco Pepe, membro do equipo, "sin embargo", recoñeceu, "tampoco podemos probar que no exista un quinto planeta".


Por ver o planeta non se refiren a visualizalo se non a notar o tiron gravitatorio que exercen sobre unha estrela, e cando se trata de varios a escuación complícase.
Pode que se deba a forma das órbitas, que algúns din que é máis elíptica ca do noso sistema solar, e outros que é circular. Aínda asi isto non se saberá ata dentro dun tempo. Esperemos que os científicos se poñan de acordo, e podamos manter a esperanza de que hai vida ahí fóra.

Para máis información.
Uxía Rodríguez Ropdríguez 1Bach A

martes, 26 de octubre de 2010

Cada tres días aparece unha especie nova no Amazonas

No Amazonas hai unha gran cantidade de especies. Só nos últimos dez anos a organización ecoloxista WWF documentou 1.200 novas, unha cada tres días, 637 plantas, 257 peixes, 216 anfibios, 55 reptiles, 16 aves e 39 mamíferos.(Según o informe «¡Amazonía Viva!: Una década de descubrimientos 1999-2009» (pdf) )

Algunhas como a Martialis heureka, (formiga de Marte), poderían ter ascendencia prehistórica. Esta formiga atopouse en Brasil fai dous anos, e pertence o primeiro xénero de formigas vivas descuberto dende 1923.

Un tití do Río Acarí (Mico acariensis)

Unha rá camaleónica (Telmatobius sibiricus)
Unha rá femia(Allobates granti)
A Amazonia abarca 6'7 millons de kilometros cadrados, e a maior parte da rexion esta ainda sen explorar.WWF advirte que nos ultimos 50 anos o home provocou unha destrucción do 17% dos bosques tropicais amazónicos. As causas: a demanda de carne, os biocombustible e a deforestación debida para pastos para o gando.
Finalmente, a organización señalou a necesidade de avanzar na definición dos espacios protexidos mais alá de parques naturais ou reservas.

Unha salamantiga (Thecadactylus solimoensis)
Unha Anaconda boliviá (Eunectes beniensis)
Un páxaro amazónico o Rufous Twistwing (Cnipodectes superrufus)



Feito por Ana Pérez Pérez,1ºBacharelato A.

O “Lixo espacial” obriga ao desprazamento da Estación Internacional.






A Estación Espacial Internacional tivo que ser desviada da súa órbita ninha manobra de urxencia a causa do perigo de colisión co lixo espacial. A situación considérase perigosa cando a posibilidade de colisión é dun 0,001%. A pesar de que a posibilidade de choque sexa tan pequena, é necesario desviar a plataforma orbital da traxectoria de voo do obxecto perigoso, co fin de garantir a seguridade da ISS e dos seus tripulantes.
A altura media da ISS oscila entre os 360 e os 330 quilómetros. Pero a plataforma perde entre 100 e 150 metros de altura cada día debido á gravitación terrestre, a actividade solar e outros factores, o que obriga a corrixir de xeito periódico a súa órbita.
A actual tripulación da estación espacial está integrada polos cosmonautas rusos Fiódor Yurchijin, Alexandr Kaleri e Oleg Skrípochka e os seus colegas estadounidenses da NASA Scott Kelly, Doug Wheelock e Shannon Walker.




Feito por: Andrea Acosta Gerpe bacharelato 1 º A

Que é o LHC? Cales son os perigos do seu funcionamento?

En clases de CMC preguntástesme os perigos dos experimentos que levan a cabo no LHC. Déixovos o enlace dun vídeo onde o Físico teórico español Alvaro de Rujula contéstanos esta pregunta.


Editado por Carmen Cid Manzano

Unha ourensá no CERN

A ourensáTeresa Fonseca cóntanos no seguinte video cal é o obxectivo do detector ATLAS e o por que se trata de atopar o bosón de Higgs.