sábado, 2 de marzo de 2013

As ratas envianse información co cerebro dun continente a outro

Os científicos chámano un "vínculo cerebral", é o máis preto que estivo a ciencia de alcanzar a conexión mental.
Os pensamentos dunha rata, o que fai nun laboratorio (o seu comportamento), son capturados por sensores electrónicos e enviados por internet ao cerebro doutra rata, neste caso dende Brasil ata Estados Unidos. O segundo roedor recibe o pensamento do primeiro e imita a súa conduta.
Este descubrimento, podría sentar as bases do que Miguel Nicolelis (medico e científico sobre todo na área de neuroloxía) chama un "ordenador orgánico" onde varios cerebros están unidos para resolver problemas aos que os cerebros individuais non poden facer fronte.
Esto fai que a ética se implique sobre todo cando Nicolelis xa esta traballando na comunicación entre cerebros en monos.


Algúns neurocientíficos pensan que esto non é ético e que é moi normal que a xente se poña nerviosa ao ver esto, xa que o feito de que se poida facer esto con animais implica que poida suceder con seres humanos.

Estas investigacións poden darnos máis datos sobre os cerebros animais e mentres estas, non perxudiquen á saúde dos animais non vexo ningunha contra. 

Héctor Vázquez Yáñez 1ºD


Cumpreanos do percance en Fukushima: o perigo silencioso

Aumento de cancros relacionados co accidente nuclear de Fukushima.

Poucos días nos separan do segundo aniversario do accidente nuclear de Fukushima, ocorrido o 11 de marzo de 2011, pero os agasallos que este acontecemento nos deixou tanto aos homes como ao medio ambiente non son moi favorables. Os efectos son fortemente notables , así se reflexa nos últimos estudos coma no informe da Organización Mundial da Saúde (OMS) onde destaca un leve aumento nos casos de cancro nas zoas máis achegadas á central nuclear. 


Concretamente, aumenta nun 4% o risco en todos os tumores en calqueira órgano; presentándose  6% máis de cancro de mama e ata 70% de risco na tiroides para as mulleres e para as nenas que resultaron expostas as dosis máis altas de radiación. A tiroides é unha glándula endócrina que precisa iodo para producir hormonas que regulan a enerxía e o metabolismo do corpo. Esta glándula non diferenza entre o iodo estable e o iodo radioativo e vai absorber todo o que lle sexa posible, por isto precisa especial proteción contra o escape de material radioactivo. Ademáis, na infacia é unha das partes do corpo máis sensibles á radiación e o organismo celular renovase rápidamente polo que se alguna célula se volve cancerosa, o tumor desarroiarase con máis rapidez.
O emprego de pastillas de iodo, compostas por ioduro de potasio, teñen como obxetivo principal frear estes danos xa que saturan a glándula para que non poda absorver mais iodo radioactivo. A pesar da súa eficacia para protexer a tiroides nas primeiras horas de exposición, non protexe o resto do organismo. En Xapón xa se repartiron unas 200.000 tabletas entre a poboación.

Para os varóns o risco máis destacado refírese á leucemia e faino cun incremento do 7% para os rapaces que viven preto da área sinestrada.

Estas cifras compáranse coa poboación sana da mesma idade. Isto é que se unha rapaza non afecada polo suceso ten un risco de cancro de tiroides do 0.75%, outra achegada ao epicentro nuclear terao incrementado un 1.25%. Sen embargo, fora dos 20 km a redonda de Fukushima as cifras xa se reducen á metade.

Pero este fatal accidente non só tivo repercusións na poboación xaponesa senon tamen chegou a outras rexións do mundo, aínda que nesta área se tripliquen as dosis de radiación que pode percibir unha persoa en todo o ano. Segundo este informe da OMS, no resto de Xapón e do mundo non se aprecia un incremento (do risco de cancro) aínda que dous anos é un prazo moi curto como para poder apreciar os seus daninos efectos. Así o afirman científicos coma para Eduardo Rodríguez-Farré, membro do comité sobre novos riscos para a saúde da Copmisión Europea, aínda que fai incapé no notable incremento de cancro infantil en tan curto prazo.
O desastre de marzo do 2011 provocou a morte e desaparición de 20.000 persoas, obrigou a desprazarse dos seus fogares a outras 86.000 que vivían nun radio de 20km e a aillarse nas súas casas aos que estén dentro do radio dos 30km. Estas son as medidas xaponesas para protexer a súa poboación.

Por engadidura, un tercio dos trabaladores que permaneceron na central as horas posteriores á fuga teñen un 30% de incremento do risco de padecer cáncer con respecto da poboación xeral. Descártase tamén que este relacionado co aumento de abortos e malformacións e outros problemas de saúde, ainda que a OMS recomenda un estreito seguimento a longo prazo con revisións periódicas para poder detectar calquer tumor a desarroiar.


PARA SABER UN POUCO MÁIS:

O accidente nuclear de Chernóbil (Ucrania) en abril do 86 é considerado xunto co de Fukushima coma o máis grave da Escala Internacional de Accidentes Nucleares e un dos maiores desastres medioambientais da historia.
O de Fukushima foi orixinado por unha serie de incidentes tales coma as explosións nos edificios que albergan os reactores nucleares, faios nos sistemas de refrixeración e liberación de radiación ao exterior.

Estes fenómenos liberan ao medio os productos radioactivos e, nestas emisións, independentemente da súa magnitude, afectan seriamente a todo tipo de organismos sobretodo a nivel inmunolóxico e xenético, provocando malformacións xenéticas nas novas xeracións. A gravidade dos danos producidos depende do material e tempo de exposición.
Pero sen dúbida, teñen un altísimo impacto destructivo sobtre todos os compartimentos do ecosistema, extendéndo os seus efectos no tempo.
Deste xeito, os incendios das explosións provocaron efectos de dispersión atmosférica dos productos radioactivos que se depositaron de maneira desigual, dependendo da súa volatilidade e das chuvias durante eses días.
Peixes de Fukushima con altos niveis radioactivos.
Os máis volátiles alcanzaron grandes distancias e a contaminación radioactiva ata chegou a alcanzar zoas de España. Foi o Consello de Seguridade Nuclear (CSN) quen detectou pequeñas cantidades de Iodo-13 e Cesio-137 por debaixo dos límites aceptables de dosis de radiación, nas rexións mediterráneas e nas Baleares.
 Estes reiduos atópanse parcialmente almaceados en contenedores ou enterrados en trincheiras, pudendo provocar riscos de contaminación das augas subterráneas.
 Tamén afectou á contaminación de alimentos, sobre todo con Cesio-139 cuxa vida media é de 30 anos e o edecto durará moitas décadas máis. Non a ves, nin a tocas, nin a sintes pero está ahí.

Pero… ¿Qué son e onde están as radiacións?

Algunhas cuestións plantexadas por EL MUNDO  ao doctor Ferrán-Guedea con Eduardo Gallego,  profesor do departamento de Enxeñería Nuclear da Universidad Politécnica de Madrid e vicepresidente da Sociedade Española de Protección Radiolóxica:

Son un tipo de enerxía que forman parte da natureza. Por exemplo,  gran parte do solo está composto por uranio ou tamén percibimos radiación procedente das estrelas, coma a do sol.

Tamén se atopan en apllicacións artificiais coma a enerxía nuclear e certas aplicación médicas ( coma a radioterapia para tratar o cancro ou os raios X)

¿Cómo as absorbe o corpo?

Hai moitos tipos de partículas nas radiacións, pero as que máis abundan son as de tipo gamma que atravesan sen dificultade os texidos e impactan no ADN das células, donde se produce el efecto más importante xa que pode provocar mutaciós celulares e dar lugar aos diversos tipos de cancro.
A radiación tambie se pode inhalar. Esta vía ten un agravante, porque o elemento químico entra no corpo, pode metabolizarse e permanecer durante moito tempo descargando radiacións e provocar tumores.

¿Qué riscos supoñen para a saúde?

A radiación controlada non representa ningún risco. De feito, conviven connosco en hospitais, industrias, en certos gases do terreno... Serven para tratar o cancro (radioterapia) e para diagnosticar moitas enfermidades (a través de radiografías, por exemplo).
Outra cousa é o que pasou en Xapón. Unha situación inesperada e impredecible. As repercusións dependen da distancia a que se atope cada persoa, a sensibilidade e das dosis e os materiais radiactivos emitidos.

¿Qué tipo de efectos ten a radiación no organismo?


Hai que distinguir en primiero lugar entre a exposición puntual a altas dosis (por riba dos 100 milisieverts), que pode provocar efectos agudos en pouco tempo (como malestar, queimaduras  na pel, caída do cabelo, diarreas, náuseas ou vómitos), e os danos acumulaudos, que poden causar problemas de saúde máis graves a longo prazo como cancros, leucemias e cancros de tiroides, como xa se comentou. Estos efectos teñen que ver coa capacidade das radiacións ionizantes para provocar cambios na estructura de las células; algo que non ocorre coas radiaciones non ionizantes (como las de infravermellos).

¿A qué dosis está exposta a poboación de Fukushima?


Según recoéceu a  Axencia de Seguridade Nuclear xaponesa, uns minutos despois da terceira explosión rexistrada na central, os niveis de radiación superaron os 8 milisieverts (mSv) por hora, o triple da cantidade normal a que está sometida unha persoa ao longo de todo un ano.

OUTROS EXEMPLOS DE  INTERESE:

FONTES DE INFORMACIÓN:

Alba Cortés Coego
1º Bacharelato A

viernes, 1 de marzo de 2013

Un cometa podería chocar con Marte en 2014



O impacto do "Siding Spring" provocaría un cráter de 500 km de ancho e unha explosión de 20.000 millóns de megatóns na superficie do Planeta vermello
O cometa c/2013-A1 máis coñecido como "Siding Spring",polo nome do observatorio australiano que o descubriu a principios de ano,podería chocar co noso planeta veciño en outubro do 2014,según o observatorio ruso ISON-NM


Os expertos creen que o cometa acercaríase a Marte a unha distancia de 109.200 km o próximo 19 de outubro de 2014,según calcularon tras realizar observacións durante máis de 70 días.Sen embargo, advirten de que estes resultados son preliminares, xa que non se pode facer unha predicción con tanta antelación.





O que sí saben é que o cometa acercarase moito e que cabe a posibilidade de impacto, orixinando este un crátere de 500 km de ancho e 2 km de profundidade.
Os científicos explican que tal evento eclipsaría o famoso bombardeo de Xúpiter por fragmentos do cometa desintegrado "Shoemaker-Levy9" en xullo de 1994, que se estimou nun 15 km de diámetro.

Neste  caso, o orbitador Mars Reconnaissance Orbiter (MRO) da NASA,en Marte dende 2006, poderá captar espectaculares imaxes en alta resolución.A velocidade de impacto sería de 56 km por segundo, moi alta neste tipo de asteroide.




Fontes de información:

http://www.leanoticias.com/2013/02/26/un-cometa-podria-chocar-con-marte-en-el-2014-creando-un-crater-de-500-km/

http://www.abc.es/ciencia/20130227/abci-cometa-puede-chocar-marte-201302271023.html




Pablo Estévez Feijóo 1ºA Bachiller

jueves, 28 de febrero de 2013



Así que era unha mosca…revoltosa

Gracias a uns novos fósiles atopados nuns ricos xacementos de China, coñecemos por fin a identidade do que se cría era un parasito de certos dinosaurios con plumas. A súa anatomía presenta unhas patas en forma de pinza que se pensou que lle servían para agarrarse aos seus hóspedes pero estes novos fósiles acaban de tumbar esta teoría.  Parece ser que se trata dunha mosca acuática á que pertencerían  as moscas actuais. Nos fósiles atopados podemos ver unhas ás grandes e membranosas ademais dun dimorfismo sexual bastante rechamante. Os investigadores deducen de todo isto que debían ser insectos con ás moi especializados que as perdían  despois de saír das larvas e que a continuación se introducían na auga para aparearse. Tampouco nos ten que resultar tan raro pois os insectos eran xa na época dos dinosaurios os animais máis abundantes. Os investigadores cren que a pinza que presentan non serve pois para agarrarse senón que é unha especie de ferramenta para coller á femia no apareamento porque só a teñen os machos.
Resulta incrible que un insecto de 165 millóns de anos siga a depararnos sorpresas e para máis inri que sexa unha mosca .  

 








Brais Casas Fernández



A CPEB1, proteína causante de tumores.


Rafael Méndez, investigador do Instituto de Investigación en Biomedicina de Barcelona, traballa nun proxecto que podería frear o desenvolvemento do proceso de duplicación das células causantes de tumores.
A rasgos xerais, o problema ven dende o ARN. O ARN sae do núcleo da célula transportando a información sobre as proteínas, pero en verdade, moitas destas copias non son necesarias, por exemplo, do conxunto de proteínas que interveñen na división ou na proliferación celular, e polo tanto circulan sen ser utilizadas, pro.texidas, dalguna maneira, cun “código”. É aquí cando toma protagonismo unha proteína chamada CPEB1, que se encarga de romper este “código” e descontrolar o proceso de replicación celular, provocando o tumor.

Rafael Méndez así o explica: "Las proteínas CPEB son necesarias durante el desarrollo y también en el proceso de regeneración de los tejidos por medio de las células madre, pero si el sistema que gobiernan está siendo continuamente activado, las células se dividen cuando no hace falta y aparece el tumor”,
O investigador conta que as CPEB divídense en 4 grupos (1,2,3,4) e propón como solución a desactivación do primeiro grupo, de maneira que no se vexa afectada a actividade das demais, freando así o proceso dañino. Polo momento non existe un fármaco capaz de actuar na expresión dun xen, pero o IRB xa abriu unha búsqueda de moléculas que remedien este problema.




miércoles, 27 de febrero de 2013

REGRESO A XÚPITER



Europa prepara unha misión de exploración das lúas xeadas  de Xúpiter, a NASA tamén participa nesta misión, a nave chamase “Juice” e partirá sobre o ano 2022.
Europa, Ganímedes e Calixto son lúas de Xúpiter, tres das catro descubertas por Galileo en 1610, aínda que na actualidade xa se descubriron 50 lúas. Parece ser que as tres lúas teñen océanos de auga baixo una capa xeada superficial. A nave levará instrumentos científicos para medir o grosor da capa de xeo que se atopa nas lúas, explorar os océanos e trazar mapas da superficie.
A preparación da misión “Juice” non é algo doado se non que é algo moi difícil, tardase varios anos dende que se plantea a misión ata que se leva a cabo. Tamén hai que ter en conta o feito de que Xúpiter está moi lexos. Calculase que a nave tardará oito anos en chegar ao sistema de Xúpiter, de modo que aínda que o seu lanzamento sexa en 2022, ata o 2030 no estará en órbita. Alí funcionará aproximadamente tres anos e medio.



A misión ten una perspectiva máis lexana. Álvaro Giménez director de Ciencia e Exploración Robótica de la ESA, explicou que os planetas extrasolares que se descubriron nos últimos anos son, fundamentalmente xigantes gasosos parecidos a Xúpiter.


Mentras se prepara “Juice” chegará a Xúpiter outra nave que xa está en camino, “Juno”, da NASA que partiu en 2009 e chegará a orbita de Xúpiter en 2016 e alí estudiará a atmosfera de Xúpiter.
Ganímedes é o maior satélite que se conoce, componse de tres cuartas partes do tamaño de Marte. Calixto é casi do tamaño de Mercurio e por último Europa é un pouco máis pequeño que a Lúa.
Espero que tanto “Juno” como “Juice” cheguen en condicións á órbita de Xúpiter para que poidan aportarnos máis información.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/02/26/actualidad/1361903950_938896.html

Héctor Vázquez Yáñez 1ºD