viernes, 14 de junio de 2013

Agricultura ecolóxica, é tan ecolóxica?



España é o maior produtor de agricultura ecolóxica de Europa, e ó mesmo tempo é un dos que menos consumo fai dela. É unha curiosa paradoxa que fai que un se pregunte: por qué? A resposta maioritaria é o seu elevado prezo.
Existe unha explicación. A agricultura ecolóxica non é máis que un negocio, a imaxe bucólica de campos verdes que nos vén á cabeza ó falar dos produtos “bio” non é máis que froito do márketing. Por iso non nos debe extrañar ver cultivos ecolóxicos cubertos de plásticos, ou a agricultores “bio” usando fertilizantes. Teñen que manter dalgunha maneira ás súas plantas, e facelas competitivas ante as multinacionais de cultivos convencionais. Cal é a diferenza, entón, para que sexan máis caros? Sinxelo. Un bioagricultor, para manter sans os seus cultivos, usa fertilizantes producidos ecoloxicamente, que conteñen os mesmos factores que os que usan nos cultivos convencionais, pero coa diferenza de que os primeiros obtéñense da materia orgánica ecolóxica, e os segundos da minaría, de transxénicos… Os biofertilizantes son polo tanto máis caros, e iso fai que o agricultor teña que encarecer o produto, e tamén o teñan que subir de prezo as distribuidoras. E todo iso sucede por culpa das grandes multinacionais de agricultura convencional, que son as produtoras de fertilizantes, tanto ecolóxicos como non, e que encarecen en exceso ós primeiros para que a xente non deixe de mercar os produtos convencionais.
Entón, resulta a agricultura ecolóxica tan idílica como nola fan ver? Deixo este vídeo, que ó mellor aclara algunhas dúbidas. 








Mauro Rivas Ferreiro, 1º C


Fontes:
http://www.rtve.es/television/20130528/cosechas-etiqueta/673900.shtml

Descubren un novo e raro tipo de estrela

Os astrónomos encontrárona debido as diminutas variacións no seu brillo.
Un equipo de astrónomos descubriu un novo tipo de estrela variable gracias as diminutas variacións no seu brillo. A ferramenta usada foi o telescopio suizo chamado Euler, de 1,2 metros, instalado na Silla, en Chile. As observacións feitas revelan propiedades ata agora descoñecidas de esas estrelas que desafían as teorías vixentes.

Os resultados foron posibles tras as medidas regulares de brillo de más de tres mil estrelas do cúmulo estelar aberto chamado NGC 3766, durante un periodo de máis de sete anos. NGC 3766 encóntrase a 7.000 anos luz da Terra, na constelación denominada Centaurus, e que se cree que tén 20 millóns de anos de antiguidade.

Fontes de información:

 David Campo Fdéz, 1ºBach A


miércoles, 12 de junio de 2013

Un físico e seu fillo de 14 anos crean "a capa de invisibilidade".

O científico da Universidade de RochesterEstados Unidos, John Howell, e seu fillo de 14 anos, Benjamin, crearon unha capa de invisibilidade que é capaz de ocultar obxetos grandes en todo tipo de espectro óptico. O autor destacou, ademáis, que se trata dun dispositivo de "baixo coste" e "moi sinxela" pero que funciona de forma "sorprendentemente eficaz".
Con estos mecanismos lógrase "dobrar" a luz nun determinado espacio e ocultar un obxeto. E, segundo explicou o investigador, todos estos materiáis conseguéronse en tendas baratas e o presupuesto total do experimento foi de 150 dólares. Ademáis, podríase reproducir a gran escala.
Fontes de información:
Carlos Álvarez Sabucedo, 1ºBach. A.

Descuberto un tumor benigno nunha costela de neandertal

Un fragmento de costela do neandertal descuberto fai tempo en Croacia convertiuse no fósil máis antigo que se coñece cun tumor de oso. É un tumor benigno e a costela é dun mozo de fai 120.000 anos que pasa a ser “o máis antigo, con moito, tumor de oso identificado no rexistro arqueolóxico”. Os exemplos máis antigos que se coñecían ata a data tiñan entre mil e 4.000 anos.
“Os tumores de osos son descobrimentos excepcionalmente raros nos restos da evolución humana e os rexistros arqueolóxicos”, recalcan os investigadores nun comunicado da Universidade de Pensilvania. O fragmento do tumor mide 30 milímetros de largo, é dunha costela esquerda e, a xuzgar polo seu tamaño é o extremo da articulación vertebral, sería dun adolescente macho. Os científicos non teñen máis restos que poidan ser atribuidos a ese exemplar e non puiden determinar se o tumor foi a causa da morte ou contribuiu a mesma.
A historia dos fósiles de Krapina remontase a 1899, cando Dragutin Gorjanovic-Kramberger, profesor da Universidade de Zagreb e director de Paleontoloxía do Museo Nacional, visitou por primeira vez dita cova na actual Coracia, alertado por un mestre local. Encontrou ferramentas de pedra, fragmentos de osos de animais e un molar human. Coa axuda dos seus colaboradores seguiu traballando na excavación. Casi un século despois, en 1990, os estudosos do Museo Penn foron invitados a estudar as imáxes radiolóxicas dos famosos fósiles neandertales de Krapìna e identificaron 874 restos humans, de máis de 75 individuos. Os seus análisis concluiron que os individuos daquel grupo eran, na súa maior parte, robustos e saludables.


Sen embargo, recordan os expertos da Universidade de Pensilvania, a costela do tumor non estaba entre aqueles restos humans porque o fósil foi erróneamente clasificado na colección de fauna. O descubriron, en 1986, o famoso paleontólogo Tim White e o seu colega Nicholas Toth, e uns anos despois constatouse que o oso era patolóxico, aunque non foi ata agora, co escáner e os análisis, cando identificouse o tumor definitivamente.
Miguel Villar Paz 1ºBach D

martes, 11 de junio de 2013

O xenoma do Loto Sagrado, unha planta con cualidades insólitas.

Un equipo de 70 científicos de Estados Unidos, China, Australia e Xapón completaron a secuenciación e primer análisis dp xenoma dp "Loto Sagrado", un vexetal do que se cree que posee un inusual e poderoso sistema xenético capaz de repararmoitos defetos xenéticos, e que quizáis albergue o secreto de como o ser humano podría envexecer sen os achaques da idade.

Os científicos descubriros máis do 86% dos cerca de 27.000 xenes da planta, Nelumbo nucifera, a cal encóntrase en China e notros lugares como símbolo de pureza espiritual e lonxevidade.
Reino:    Plantae
División:    Magnoliophyta
Clase:    Magnoliopsida
Orden:    Proteales
Familia:    Nelumbonaceae
Género:    Nelumbo
Especie:    N. nucifera

Os biólogos moleculares podrán agora estudar con maior facilidad como lo xene desta carismática planta se activan e desactivan en momentos de estrés ambiental e por que as semillas desta planta son capaces de vivir hasta 1.300 años.

A secuenciación deste genoma é o primer paso para descubrir que segredos contra o envexecimiento pode ofrecer o Loto Sagrado. Jane Shen-Miller, do equipo de investigación e científica do Centro para o Estudo da Evolución e o Orixen da Vida, da Universidad de California nos Ángeles (UCLA), opina al respecto que los mecanismos de reparación xenética do loto podrían ser moi útiles se se consigue transferilos ás persoas, ou simplemente a cultivos agrícolas de importancia capital para a humanidade, como o arroz, o maíz e o trigo, cuxas semillas tieñen unha vida útil de sólo uns poucos anos. "Se nosos xenes puideran correxir enfermidades como o fan os xenes del loto, tendríamos un envexecemento máis sano".

 A principios da década de 1990, Shen-Miller dirixiu un equipo de investigación da UCLA que recuperou unha semilla viable de loto, con casi 1.300 anos de antigüedade, do lecho dun lago no nordeste de China. Foi un descubremento espectacular, que deixou boquiabierta á comunidade científica, xa que se sabe que as semillas de moitas outras plantas só son viables durante 20 anos ou menos.

FONTES: 
http://es.wikipedia.org/wiki/Nelumbo_nucifera
http://www.europapress.es/ciencia/noticia-descifran-ancestral-genoma-loto-sagrado-20130513104923.html
Andrea Núñez Domínguez 1ºC

lunes, 10 de junio de 2013




PARA QUE A CIENCIA CHEGUE AOS RAPACES

Segundo a Confederación de Sociedades Científicas de España, a ciencia non se explica en  España como debería explicarse e iso é a orixe do programa Enciende que pretende demostrar que a ciencia é divertida e está en todo o que nos rodea.
 Hoxe en día a ciencia parece reducirse a unha serie de leis que se memorizan sen entender ofrecendo unha imaxe aburrida e equivocada da mesma. Experimentos como cultivar lentellas ou diseccionar un peixe (que se fan neste instituto) demostran que sempre hai un por que e que o importante é investigar, preguntar, observar e debater que ademais fan esta materia moito máis amena. Este programa propón que os científicos vaian aos centros e que os profesores aprendan dos proxectos doutros centros colgados na plataforma enciende.cosce.org.
 Cales son as razóns desta situación? Segundo a doutora en Didáctica das Ciencias Experimentais, a doutora Couso, moitos dos que fan Maxisterio veñen de Letras , a súa formación en ciencias é moi pobre e a carreira non suple esta carencia pois hai moita teoría e pouca práctica , polo que o día de mañá estes mestres sentiranse inseguros explicando ciencia a pesar da súa valía.
Con respecto aos profesores de secundaria a programación non axuda nada pois condiciónaos de tal maneira que non “atopan” tempo para prácticas e experimentos. A doutora Couso afirma que aos rapaces si que lles gusta a ciencia pero non como lla ensinan. Segundo algúns informes bastaría aprender 10 cousas pero ben. Como a evolución ou os compoñentes máis importantes do universo e, practicando moito.  Basta cun quebranoces  para explicar o movemento dunha palanca.
Para cambiar esta situación a Confederación de Sociedades Científicas de España (Cosce) dá unha serie de recomendacións:
- Cambiar o que e o como ademais da forma de avaliarse.
- O profesorado: ha de replantexarse a formación inicial e continuada do profesorado de ciencias.
-Un observatorio: Para achegar  a ciencia á  sociedade , á familia e ao ocio, propoñen a creación dun observatorio estatal sobre cultura científica.
-Os investigadores: sería interesante que os científicos visitaran as escolas e os institutos para  acabar coa visión estereotipada do traballo científico.
-Boas prácticas: A través da plataforma Enciende intercambiar accións e proxectos para conectar a ciencia e a escola.
Unha mestra conta como a partir de receitas se poden coñecer as reaccións físicas e químicas que interveñen nos alimentos. Fano observando, formulando hipóteses,  comprobando , utilizando distintos elementos… Outra mestra di como cunha pila , un destornillador e un alambre podes achegar aos rapaces  ,dun xeito fácil e comprensible, aos campos magnéticos.
 Os nenos son moi curiosos e traballar así con eles na aula é convertilos en investigadores.Deste xeito comproban que a ciencia está no mundo que os rodea e é algo vivo no que eles tamén teñen moito que dicir.


Brais Casas Fernández


domingo, 9 de junio de 2013

TOP 10 de especies do último ano

1. O mono coa mirada humana

       Reino: Animal
       Filo: Chordara (Cordados)
       Orde: Animal
       Familia: Primates

   O mono Lesula  (Cercopithecus lomamiensis), vive nos bosques tropicais da República Democrática do Congo e a súa alimentación básase na vexetación que hai no medio; unha das súas características é que se move tanto no solo coma nas árbores e a súa mirada, como dixen no título, é moi parecida á mirada da especie humana.



2. Cucaracha luminosa

       Reino: Animal
       Filo: Artrópodos
       Clase: Insecto
       Familia: Cucarachas

      A cucaracha do Ecuador (Lucihormetica luckae), é unha das pucas especies terrestres que ten a característica de emitir luz, está alexada de toda contaminación lumínica e utiliza esta iluminación para imitir aos escarabellos tóxicos. Creese que esta especie está extinguida debido a erupción do volcán que estaba situado xustamente na rexión onde estos artrópodos habitaban. 



3. Imitador dunha planta 
           
       


       Reino: Animal
       Filo: Artrópodo
       Clase: Insecto
       Orde: Mecoptera



     Este insecto do Xurásico, Juracimbrophlebia ginkgofolia, descubrírono grazas a un fósil atopado este mesmo ano; entre as súas características destaca  a similitude que ten coas plantas sen flor, o seu corpo estreito está formado por: dous pares de alas e patas largas como fíos; alimentábanse doutros insectos que cazaban grazas ao seu camuflaxe.



4. Serpe come caracois

      Reino: Animal
      Filo: Cordados
      Clase: Réptil
      Orde: Squamata

      A serpe Sibon Noalamina, foi descuberta nas selvas tropicais de Panamá e imita as especies de serpes velenosas como as de coral, cos seus anillos para que naide a moleste. É nocturna, tranquila
e atópase ao lado dun xacemento de extracción de minerais que pon en perigo a súa vida, por iso o seu nome <no a la mina>, un pouco como vai pasar en Galica se non detemos os plans para a explotacións de minas como a de Corcoesto.    



5. Fungos do Paleolítico

     Reino: Fungos
     Filo: Ascomycota
     Clase: Sordariomycetes
     Orde: Hypocreales

    Na cova de Lascaux, en Francia, atopáronse manchas no 2001; cinco anos despois e coa aparición de novas manchas, fíxose un estudo no que comunicaban a aparición dun brote de fungo branco ( Fusarium solani) que puña en perigo o arte rupestre da época do Paleolítico. Estes fungos prodúcense no solo debido á descomposición de restos vexetais.


6. Unha rá diminuta

      Reino: Animal
      Filo: Cordados
      Clase: Anfibio
      Orde: Anura

 Esta rá de tan só 7 milímetros, está considerada o vertebrado máis pequeno do mundo; foi descuberta en Papúa, Nova guinea, e o seu nome é o de Paedophryne amauensis e vive nos solos das selvas tropicais e húmidas do país xa nomeado e son capaces de saltar 30 veces a súa lonxitude total.




7. Arbusto de Madagascar

      Reino: Plantas
      Clase: Magnoliopsida
      Subclase: Rosidae
      Orde: Myrtales
      Familia: Myrtaceae

  Cunha altura de case 2 metros e unha cor verde esmeralda, este arbusto posee fermosos racimos de flores de cor rosa; crece no árido chan de Madagascar e é unha das sete especies descritas no bosque litoral de Madagascar.



8. A crisopa dos contos das fadas

       Reino: Animal
       Filo: Artrópodo
       Clase: Insecto
       Orde: Neuroptera
       Familia: Chrysopidae

   Esta nova especie descubriuse na selva tropical de Malasia, co seu nome binomial, Semachrysa jade, e o seu aspecto de crisopa verde, ao vela nunha foto, distinguiuse unha prolongacións nas ás de cor negra.



9.  Toda una fermosura

       Reino: Plantas
       Orde: Malpighiales
       Familia: Violaceae
       Clase: Anxiospermas

     Unha das dicotiledóneas terrestres máis pequenas, esta Viola liliputana, apareceu nos Andes de Perú e crece un par de centímetros só. O seu nome débese aos habitantes de liliput que aparecen nos "Viaxes de Guliver".



10. Arpa acuática

           Reino: Animal
        Filo: Poríferos
        Clase: Demospongiae
        Orde: Poecilosclerida
     Esta esponxa carnívora en forma de lira, Chondrocaladia lyra, foi descuberta a 3.399 metros de profundidade ao noroeste de California. Cada rama ten a súa vez, 20 ramos verticais que terminan nunha esfera para unha mellor captura de plactón.




Fontes de información


 Marcos Fernández Rodríguez
1º Bach A

So un 1% da superficie mariña española está protexida.

Con motivo do Día Mundial dos Océanos, que celebrase este sábado, WWF, Greenpeace, Seo/Birdlife e Ecoloxistas en Acción recordan que "España comprometeuse  a ter o 10% da súa superficie marina protexida no ano 2020 e, na actualidade, so o está o 1%". Denuncian que "a pesar da sua importancia, os océanos seguen sendo sobreexplotados, degradados e contaminados", polo que reclaman o Goberno que a crise económica "non sirva de excusa para recortar os fondos destinados a protección do mar" e que revoque a Lei de Costas.
Estas ONG coinciden en que "é necesaria unha maior voluntade política para acabar coa sobrepesca". Un 48% das poblacions de peces evaluadas no Atlántico e un 80% no Mediterráneo están sobreexplotadas, según a Comisión Europea, que advirte de que a disminución da población é "evidente".
 Qué podemos facer nos?
A nivel mundial, xa perdimos alrededor do 90% das especies de peces grandes, como o atún, o peixe espada, o tiburón ou o bacallao. A oceanógrafa estadounidense Sylvia Earl  colaborou coa empresa Lonely Leap para crear un vídeo de concienciación, patrocinado polo Foro Económico Mundial. En él, alertan de que algunhas técnicas de pesca, como a de arrastre, deberían estar prohibidas porque acaban co  hábitat marino. Ademáis, propoñen alguns consellos para contribuir a protección dos océanos e a sua fauna, como averiguar de onde procede o pescado que consumimos.
Enlaces:


Miguel Villar Paz 1ºBach D

sábado, 8 de junio de 2013

Poñendo prezo aos problemas.

Un millón de dólares por resolver un problema? Pois así o propón o banqueiro norteamericano Andrew Beal, quen, no ano 1997 deseñou unha aparentemente sinxela ecuación matemática que ata o día de hoxe segue sen verificación.
A famosa ecuación indica que se Ax + By = Cz,  onde A, B, C, X, Y, Z son números enteiros positivos, sendo x, y, e z mayores que dous, entonces A, B e C han de ter un factor común primo.
Andrew Beal, cuxa aficción é o plantexamento de teoremas numéricos, anima aos mais novos a introducirse no  mundo das matemáticas: "Me gustaría animar a los jóvenes a que estudien matemáticas y ciencias. Incrementar la gratificación me parece
una buena manera de atraer la atención sobre las matemáticas en general y, especialmente, sobre la Conjetura"conta Beal.
Máis dilemas coma este rondan polo mundo, tales como os Problemas do Milenio, unha serie de exercicios levados a cabo polo Clay Mathematics Institute, que ofrece recompensas de un millón de dólares a quen sexa capaz de resolvelos.

Xa nos gustaría aos que tivemos que estudar matemáticas na nosa etapa de formación que nos ofreceran tales cifras de diñeiro cada vez que trouxéramos un exercicio ben feito.

Fontes de información:

Información máis detallada da ecuación: http://es.wikipedia.org/wiki/Conjetura_de_Beal

Os nove sinais ocultos do avellentamento

Dende que fai tres décadas se descubriu en vermes que vivir o dobre de tempo dependía só de 9 xenes, iniciouse a era dourada da ciencia do avellentamento en humanos: postuláronse máis de 300 teorías e publicáronse arredor de 250.000 artigos científicos sobre o tema, que aportaron moitos resultados, pero tamén moita confusión.
Agora un equipo científico liderado por investigadores españois (María Blasco e Manuel Serrano do CNIO (Centro Nacional de Investigación Oncolóxica)) e Carlos López-Otín da Universidade de Oviedo) xunto con Guido Kroemer da Universidade de París Descartes e Linda Partridge do Instituto Max Planck (Alemaña), revisaron eses estudios sobre o avellentamento e publicaron as súas conclusións recopilatorias na revista Cell. Non se trata doutro traballo teórico, senón da recollida de evidencias moleculares e xenéticas sobre este tema que serán claves no camiño en investigacións futuras. O equipo di que non buscaron “o elixir da xuventude” senón dianas farmacolóxicas que melloren a saúde durante a vellez co fin de vivir máis tempo en boas condicións.
Un dos aspectos claves no estudio é que se proba a relación directa entre cáncer e avellentamento pois comparten unha orixe común, son dúas manifestacións do mesmo proceso. O avellentamento resulta da acumulación do dano no ADN ó longo da vida, e ese proceso tamén orixina enfermidades coma o cáncer, a diabetes ou alzhéimer.

O estudo publicado onte (The hallmarkers of Aging) define os nove indicadores moleculares do avellentamento, ordenándoos xerarquicamente en tres categorías:

1.-Danos primarios: son os causantes primarios do avellentamento.
·         Inestabilidade xenómica. Son os defectos que se van acumulando nos xenes co tempo, por causas intrínsecas ou extrínsecas. É o dano directo o noso ADN.
·         Acortamento dos telómeros. O acortamento dos capuchóns que protexen os extremos dos cromosomas.  Determinados hábitos de vida fan que se erosionen a unha  maior velocidade.
·         Alteracións epixenéticas. Enténdense por  epixenética a influencia do entorno na expresión dos xenes herdados. As alteracións son danos ás proteínas que se unen ó ADN que resultan da experiencia vital e da exposición ó  ambiente. Segundo  os investigadores, a lonxevidade normal, ata os 80 anos ten un compoñente xenético modesto (un  25% baseado en estudos de xemelgos separados) pero a extrema, ata 100 anos, ten un compoñente xenético maior.
·         Perda da proteostasis. A non eliminación de proteínas defectuosas supón que ó acumularse, causen patoloxías asociadas o avellentamento. No Alzhéimer, as neuronas morren porque se forman placas dunha proteína (beta-amiloide) que non se eliminou.

2.- Danos secundarios: son respostas do organismo ás causas desencadeantes do avellentamento, que tratan de corrixir os seus danos, pero que si se cronifican ou esaxeran, vólvense nocivas .
·         Senescencia celular. Induce á célula a deixar de dividirse cando acumula moitos defectos. Así prevén o cáncer, pero si se da en exceso os tecidos avellentan.
·         Dano oxidativo. Desequilibrio entre a produción de especies reactivas do osíxeno (ex. radicais libres) e a capacidade dun sistema biolóxico de detoxificar os reactivos intermedios ou reparar o dano. Os investigadores cren que non está fundamentado o uso dos antioxidantes para retardar o avellentamento.
·         Exceso de nutrientes. Mecanismos metabólicos (probados en ratos) que fan que se prolongue a vida ó diminuír a inxesta de calorías. Porén, os investigadores  cren que se ben é certo que a escaseza de nutrientes pon en marcha estratexias protectoras, co tempo e en exceso poden ser patolóxicas. 

3.-Danos terciarios: Este grupo de indicadores emerxen cando os danos causados polos dous anteriores non poden ser compensados.
·         Perda de células nai. Chega un momento en que as células nai dos tecidos esgótanse e deixan de exercer a súa función rexeneradora.
·         Perda de sinais positivas de comunicación entre tecidos. Aparecen erros na comunicación intercelular, que dan lugar, por exemplo, á inflamación, un proceso que cando ocorre de forma crónica asóciase co cáncer.

Seremos capaces de tomar “nota” de todos os factores externos que afectan a nosa vida xenética e molecular? Conseguirase aumentar a esperanza de vida en boas condicións de saúde? 

Fontes de información:


Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

martes, 4 de junio de 2013

 O XENOMA DE "COPITO DE NEVE" REVELA AS CAUSAS DO SEU ALBINISMO
   Un equipo formado por investigadores do Instituto de Bioloxía Evolutiva (centro mixto do CSIC e a Universidade Pompeu Fabra) secuenciou con éxito o xenoma completo de Copito de Neve, o primeiro e único gorila albino coñecido ata o momento. Dez anos despois da morte do gorila, símbolo de Barcelona e do seu zoo, os científicos averiguaron que a endogamia foi a causa xenética o seu albinismo.
   A investigación, que aparece publicada no último número da revista BMC Genomics, apunta a que o gorila foi producto da endogamia nos bosques de Guinea Ecuatorial, onde foi descuberto en 1966. Os científicos analizaron tódalas variantes xenéticas nos catro xenes que están relacionados co albinismo en humanos (tirosinasa, OCA2, TYRP1, e SLC45A2). Comparando estas variantes coas de dous gorilas non albinos secuenciados previamente, encontraron unha única variante que podía explicar o fenotipo albino.   A variante produce un cambio dun único aminoácido na proteína do xen SLC45A2, tamén responsable do albinismo noutras especies coma o rato, o cabalo e, recentemente, o tigre blanco. En humanos non ten a mesma causa xenética.

   Os investigadores lograron a través da análise xenética, averiguar de qué modo se transmitiu esta enfermidade que, o ser recesiva, deben portar nos seus xenes ambos proxenitores. Encontraron un 12% de consanguinidade, o que indica que os seus pais tiñan un grado moi elevado de parentesco, probablemente, tíos-sobriños.

   Para poder deteminar esta conclusión, estudiaron a variabilidade do xenoma. En xeral, as copias materna e paterna do xenoma nos gorilas difieren en casi dous nucleótidos cada 1.000 bases. En Copito observan rexións de millóns de bases nas que non hai ningunha diferencia entre ambas copias.
   A secuenciación do xenoma, recalcan os científicos, abre o camiño para explorar novas metodoloxías no ámbito da xenética da conservación de especies amenazadas, facilita a posibilidade de crear un novo gorila albino sen enseñería nen manipulación xenética, basta con detectar a mutación dese xen en dous gorilas e cruzalos. Habería un 25% de posibilidades de que saía outro albino. Outra cousa son as implicacións éticas de traer ó mundo un animal cunha deficiencia como o albinismo.
   O albinismo é unha condición xenética caracterizada polo déficit de pigmentación na pel, cabelo e ollos. Os albinos teñen unha maior sensibilidade á luz solar, afectación que pode derivar en trastornos cutáneos como o carcinoma de pel que lle provocou a morte a Copito.

  Enlaces: 
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/06/04/catalunya/1370348369_635181.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/04/ciencia/1370341229.html
http://www.abc.es/ciencia/20130604/abci-endogamia-causo-albinismo-copito-201306041242.html

   Francisco Rodríguez Valencia , 1º Bach A.