domingo, 17 de octubre de 2010
Un paso máis cara a enerxía de fusión
Gran Telecopio de Canarias
Un gran descubrimento...
O planeta está a 20,5 anos-luz da Terra, e xira ao redor dunha estrela anana vermella, a Gl581, unha das cen máis próximas ao noso sistema solar que está situada na constelación de Libra
Segundo os modelos utilizados polos investigadores do CNRS, a temperatura sitúase entre 0 e 40 graos celsius, compatible coa presenza de auga líquida na súa superficie.
O planeta ten unha masa moi débil que permite imaxinar unha constitución ben rochosa, ben cuberta por un océano, como na Terra, e tarda 13 días en percorrer toda a súa órbita ao redor da estrela Gl581.
A gravidade -ou forza de atracción- na superficie é 2,2 veces a existente no noso planeta, cun radio de acción 1,5 veces superior.
O equipo que o descubriu considera que se trata dun planeta idóneo para ser obxecto de misións dedicadas á investigación da vida extraterrestre, en particular co satélite Darwin, debido ás súas condicións de temperatura e de relativa proximidade ao sistema solar.
Agora tamén descubriron un terceiro planeta dunha masa oito veces superior á da Terra que tarda 84 días en dar unha volta ao redor da Gl581, este planeta foi chamado GL581D
Para facer estes descubrimentos, os astrónomos utilizaron o espectógrafo de nova xeración HARPS instalado no telescopio xigante de "La Silla", en pleno deserto de Atacama, en Chile.
Os cans doan sangue?

A doazon non supon un perxuicio para o animal senon que axuda a telo controlado e previr calquera tipo de patología.
sábado, 16 de octubre de 2010
Nobel de Física 2010
Actualmente coñécense dúas formas cristalinas tridimensionais do carbono: o diamante e o grafito.
A pesar de estar compostos por átomos da mesma natureza química, as súas propiedades químicas non poden ser máis diferentes. O grafito é de cor negro e tan brando que se emprega nas minas dos lapis. O diamante é transparente e imposíbel de raiar por ningún dos materiais coñecidos. A estas formas cristalinas tridimensionais unirase no 1984 a estrutura cero-dimensional, o C60 ou fulereno, idéntica a un balón de fútbol, pero 100 millóns de veces máis pequena. No 1991, Sumio Ijima identificara a forma unidimensional do carbono, o nanotubo. Illar a forma bidimensional, o grafeno e, sobre todo, explorar as súas extraordinarias propiedades foi contribución de Geim e Novoselov.
Feito por Brais Gómez García 1ºA
Premio Nobel de Einstein
Investigando un pouco descubrín que foi pola súa teoría do efecto fotoeléctrico (para saber en que consiste pulse aquí).
Espero que vos pareza interesante esta pequena aclaración.
Un saúdo.
Máis informacion acerca do Nobel de Einstein.
Coral Real Llamas. 1º bacharelato B.
Tratamento con células nai embrionarias
Unha persoa paralítica está sendo tratada en EEUU por primeira vez con células nai, a finalidade é intentar a rexeneración da súa médula espinal.
Esta terapia consiste en introducir certas células do sistema nervioso no lugar danado da médula espinal.
Por outro lado, esta terapia tan só se fara con 10 pacientes; esto indica un gran avance na investigación xa que fai algo máis dunha década os investigadores dicían que se tardaría moitos anos en poder probar esta terapia e o maís difícil sería poder experimentala.
Para ter máis información acerca desta noticia:
Esperamos que vos sea interesante esta noticia.
Lidia Blanco e Lorena Yáñez 1º Bacharelato A
O sustento vital dos ecosistemas "estase a secar"
A revista Science (a máis prestixiosa revista de ciencia e sobre a que nos fala a profesora) publicou que os ríos e cursos de auga de todo o mundo, sustento vital dos ecosistemas, se están a secar debido ao consumo humano e ao cambio climático (como estudamos nós en Bioloxía).
Cando os caudais dos ríos énchense os depredadores principais aliméntanse dos niveis máis baixos da cadea de modo que os peixes grandes comezan a comer especies que eran o alimento de outros niveis.
Coas secas é completamente diferente: eliminan o depredador superior porque a maioría dos peixes non tolera tan pouco osíxeno .
A isto engádense as consecuencias do cambio climático que vai influír na frecuencia e intensidade das enchentes fluviais e das secas nos próximos anos.


Feito por: María Isabel Limia Pérez 1ºbacharelato B
Máis información en:
http://www.plataformasinc.es/index.php/esl/Noticias/La-sequia-amenaza-a-los-rios-de-todo-el-mundo
http://www.oceana.org/climate-spanish/impactos/alteracion-de-la-cadena-alimenticia/
Récord Guiness en clasificación de especies


Xamais dun só xénero nin dunha soa familia ,se describiron tantas especies nun só traballo.
No ano 2000 o Museo Intern.da Historia Natural de París destinoulles a Anselmo Peñas e a Emilio Rolán o estudio da familia dos Pyramidelloidea.
Estes expertos xubilados en micromoluscos, despois dun longo decenio de análises, descartes,evaluacións, etc; deron clasificado tales organismos taxonómicamente (Acabamos de falar disto no tema anterior de bioloxía, deberiades saber o que quere dicir esta palabra!)Iso si,foilles moi pero que moi complicado dado o diminuto tamaño e a numerosidade dos organismos a clasificar.En fin,un traballo enorme do que aínda lles queda moito por dicir.Creo que visto o visto (como ben apunta Anselmo Peñas) queda aínda máis demostrada a tremenda ignorancia do ser humano cara á natureza, e canto aínda nos queda por coñecer,sexa nas profundidades mariñas ou nos densos bosques amazónicos.
Eva Rodríguez Casas.1ºBacharelato B.
Para saber máis sobre a noticia :
http://www.elmundo.es/elmundo/2010/10/15/ciencia/1287148704.html
viernes, 15 de octubre de 2010
Tensión superficial na auga
Tensión superficial na auga
Tensión superficial na auga
A flora galega está en perigo!
Xa son 65 especies invasoras en Galicia que a Xunta catalogou. Pero, é bo que haxa esta invasion floral?Segundo Medio Ambiente as invasións bioloxicas representan unha das maiores ameazas para a conservación da diversidade e ademais aumentou considerablemente nos últimos anos. Un exemplo dunha árbore invasora é a acacia, procedente de Tasmania e moi perxudicial para o nosa terra.

Un exemplo de acacia.
O Medio Ambien realizou unha localización das zoas máis afectadas e un estudo de impacto sobre a flora local. Agora terá que centrarse en frearlas para así protexer os nosos ecosistemas.
Persoalmente creo que cada un debería ter coidado coas especies (tanto animais, como plantas) que se traen doutros lugares, xa que poden ocasionar danos, co tempo, irreparables.
Para leer a noticia completa: http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2595_4_57242__Galicia-Xunta-cataloga-especies-plantas-invasoras-Galicia
Coral Real Llamas 1B bacharelato.
A auga, algunhas propiedades I
Capacidade calorífica da Auga
Editado por Carmen Cid Manzano
A auga, algunhas propiedades II
Editado por Carmen Cid Manzano
jueves, 14 de octubre de 2010
Expansión gasesosa das xóvenes galaxias
Os resultados do VLT son a primeira proba directa de que a secreción de gas ocurriu realmente nas galaxias primitivas e que desencadeou unha extensa formación de estrelas e a mesma expansión de galaxias masivas no Universo xoven. Estas foron sorprendidas no mesmo momento no que se estaban alimentando de gas, que, como xa se citou anteriormente, empregan para a formación de novas estrelas.
Colisión entre dous asteroides.
Os datos aportados pola investigación indican que a principios de 2009 un asteroide de entre tres e cinco metros de diámetro chocou con outro de maior tamaño a unha velocidade duns 18.000 quilómetros por hora. A cola do que parecía ser un cometa na realidade sería os restos da colisión, que se mantivo brillante durante varios meses.
Para saber máis.
Uxía Rodríguez Rodríguez 1º Bacharelato .
Premio nobel de química 2010


As reaccións desenvolvidas por estes científicos levaran a industria a producir fármacos máis eficaces e materiais con novas propiedades mecánicas, ópticas, magnéticas e/ou electrónicas.
Para mais informacion
Feito por Érika López Carballo 1ºbacharelato A