domingo, 14 de noviembre de 2010

Unha gran matemática galega

Hoxe a edición galega do xonal El País recolle unha reportaxe sobre María Wonenburger unha matemática que é descoñecida para a maioría. Gloria Arias alumna de 2º de bacharelato o ano pasado realizou unha semblanza da súa vida, déixovos o video para que a partir de agora digades: si, eu coñézoa!!!.




Editado por: Carmen Cid Manzano

Os gatos beben desafiando á gravidade

Investigadores do MIT( Instituto de Tecnología de Massachusett), Virgina Tech e a Universidade de Princeton(Nova Jersey,EEUU) chegaron á enorme conclusión de que as leis da gravidade son desafiadas nada máis e nada menos que polos gatos domésticos e felinos, analizando a súa forma de beber ca lingua.
Desde que o enxeñeiro Doc Edgerton do MIT fotografiou fai 70 anos un gato bebendo leite, sabemos que o fai estendéndoa cara o recipiente e curvando á vez a punta, coma se fose unha culler, e desde que filmaron recentemente este proceso, teñen conciencia de que só o extremo da lingua toca o líquido. Cun áxil e sutil movemento, o animal consegue elevalo en forma de pequena columna que despois atrapa dunha dentada. Cando pecha a boca o líquido rompe dentro, mantendo o queixo e bigotes totalmente secos(a diferenta dos cans, que teñen un mecanismo máis vigoroso para calmar a sede e producen máis salpicaduras).


Preguntádesvos como se pode formar esa columna de fluído? Grazas a un fráxil equilibro entre gravidade(que o delvovería ao recipiente) e inercia(que fai que siga nesa dirección a menos que outra forza interceda). Pero poderiamos decir que o máis sorprendente é que o gato coñece instintivamente cando e cómo ten que mover a lingua para estabilizar ambas forzas e beber. Sabemos que sorben 0,1 ml de líquido en cada “lametazo”.

"Deste estudo dedúcese que os gatos son máis intelixentes do que algunhas persoas supón, polo menos no que respecta á hidrodinámica", asegura Jeff Aristoff, matemático da Universidade de Princeton.

Para máis información, visita:

Editado por Yurema Seara Núñez e Andrea Fernández Novoa 1ºB Bach

Os mofos proceden da humidade? os vermes proceden dos cadáveres?

Os mofos proceden da humidade?, os vermes dos cadáveres?, os piollos da sucidade? Estas preguntas foron formuladas en clase e moitos contestástedes que si e o resto deron a calada por resposta. Quere iso dicir que sodes defensores da Teoría da xeración espontánea???. Que sepades que foi Louis Pasteur en 1864 o que demostrou que todo ser vivo procede doutro ser vivo anterior, refutando con iso a Teoría da xeración espontánea. No seguinte vídeo podedes ver os experimentos científicos que levaron ao fin de dita teoría, tan asentada durante tantos séculos e que algún de vos sigue a crer nela.





Seguro que aínda vos gustan os debuxos animados. Déixocos tres fragmentos de vídeo que completan un episodio, da serie Os inventores, titulado Louis Pasteur:


Editado por Carmen Cid Manzano

Cal e a orixe da vida?

Ao longo da historia propuxéronse varias hipóteses para intentar explicar a orixe da vida, podémolas resumir en: Hipóteses creacionistas, Hipótese da xeración espontánea, Hipóteses da evolución química e Hipótese da panspermia.





As hipóteses creacionistas inspiradas en dogmas relixiosos din que os seres vivos proveñen dun acto de creación por un ser divino. Estas hipóteses están fóra do que entendemos actualmente por ciencia.
Deseño intelixente é o termino utilizado que describe á corrente pro-relixiosa que sostén que a vida é o resultado de accións realizadas por un ou máis axentes intelixentes. Pola maioría da comunidade científica é considerada unha pseudociencia con características dogmáticas. Se queres saber máis preme aquí.





Editado por Carmen Cid Manzano

sábado, 13 de noviembre de 2010

Casi 4 de cada 5 españois respira aire perxudicial para a súa saúde

Un Madrid contaminado
O informe feito por "Ecologistas en acción" sinala que un 14%, 6,6 millóns de persoas, respira aire contaminado, xa que nestes casos supéranse os límites de contaminación que marca a lexislación. Así, o principal axente contaminador do aire é o tráfico nas zonas metropolitanas. A organización subliña que, a pesar da "gravidade" da situación, as administracións non están adoptando as medidas necesarias para liquidar este problema. En todo caso, o informe sinala que a situación continúa a tendencia de lixeira melloría xa iniciada en 2008, sobre todo polo efecto da crise


O estudo pon de manifesto que os contaminantes que máis problemas de saúde orixinan no Estado español durante 2009 son as partículas en suspensión(PM10), o ozono troposférico (O3) e o dióxido de nitróxeno (NO2).


Os datos utilizados neste estudo proveñen dos que facilitan as Administracións autonómicas a partir das súas redes de medición da contaminación.


Para máis información prema aquí


Editado por Brais Gómez García 1ºA

Un pouco de humor para os profes de Química

viernes, 12 de noviembre de 2010

O teu portátil estache a cocer os testículos?

Querida poboación masculina mundial!! Velaquí unha importante comunicación! Acaso ti eres dos que ben para traballar mellor ou ben porque te sintes máis cómodo pos o portátil enriba das pernas? Pois atento! Debes saber que segundo un recente estudo publicado na revista Fertility and Sterility, o incremento dun só UN GRAO CENTÍGRADO da temperatura do escroto pode traer consigo consecuencias perigosas e prexudiciais para a calidade e produción do esperma, así como a influencia nociva na saúde reproductiva do home. Aínda que non hai datos nin estudos que demostren nesta inadecuada práctica risco fixo de chegar a ter problemas de esterilidade, o certo é que está máis que demostrado con experimentos e probas en suxeitos que o pc sobre as pernas de forma continuada e frecuente dana seriamente o esperma.




De feito, os testículos están fora do corpo naturalmente porque necesitan e deben manterse a unha temperatura inferior á que hai dentro, xa que o semen só se pode producir nestas condicións de inferioridade térmica.

Nin con el sobre as pernas pechadas, nin con el sobre as pernas abertas, nin con un obxecto de por medio. Todo é a corto ou a longo prazo inútil; e comezan os problemas e as queixas. Nada serve contra a inminente e crecente ameaza dos portátiles cara a saúde e calidade de vida reproductiva dos homes. Creo que o único remedio para coidar ó 100 % do teu esperma a partir dagora vai ter que ser intentar atopar unha mesa preto para o teu querido ordenador...ou ben , pasar por alto o que che acabo de contar. Alá ti e o teu escroto. Eu xa cumprín con avisarte!!



Eva Rguez.Casas 1ºBach B.

Para máis información:



Viaxe virtual ao través do Sistema Solar

Déixovos unha aplicación espacial chamado Eyes in the Solar System que permite navegar movéndose en calquera dirección por todo o Sistema Solar e compartir vistas desde os lugares exactos en que se atopan algunhas das misións máis populares da NASA, tanto ao redor da Terra como en órbita ou en viaxe cara a outros mundos do noso sistema planetario.
Para utilizala basta con visitar esta páxina da NASA http://solarsystem.nasa.gov/eyes/ e descargarse (completamente gratis) esta aplicación. Despois basta con gardar en favoritos a páxina e visitala cada vez que se queira dar un paseo espacial. O punto de partida é un mapa bidimensional, cheo de puntos de interese, tanto planetas como naves. Facendo clic sobre calquera deles empeza a viaxe.

O punto seleccionado se amplía a toda pantalla, e o resto do Sistema Solar pode verse desde a posición elixida, cambiando a vontade o ángulo ou a aproximación con só manexar o rato. A parte de abaixo da pantalla ofrece varios controis para elixir a data que queiramos (entre 1950 e 2050) ou aumentar ou diminuír a velocidade de movemento dos obxectos.
Editado Carmen Cid Manzano

jueves, 11 de noviembre de 2010

A científica do CERN Mar Capeans escríbelle a Uxia


Ola Uxía,
Grazas por escribir o artigo. É estupendo que sigades o que acontece no CERN. É fantástico o voso interese pola ciencia, e o blog é unha moi boa idea. Eu conectareime de vez en cando.
No CERN estamos satisfeitos porque o LHC está a funcionar moi ben, e estamos a explorar novos territorios, e de seguro haberá importantes achados. Estaredes informados.

Saúdos desde Xenebra.
Mar

Medicamentos persoais

Os avances en farmacoloxía permitirán que cunha análise xenética, a partir dunha simple gota de sangue, pódase prever a resposta dun individuo a un elevado número de medicamentos para diferentes patoloxías.
O directór médico da Unidade de Medicina Xenómica do Instituto Universitario Dexeus (Barcelona), Ignacio Lao, ten claro que se se coñece a base molecular dunha enfermidade axudará a deseñar un mellor tratamento. Sen embargo, denuncia que, en España aínda se medica "por ensaio e erro". Dunha opinión similar é a psiquiatra María Inés López Ibor, que emprega na súa consulta test xenómicos para predicir a resposta a tratamentos contra varias enfermidades psiquiátricas. Estes test débense someter a procesos de evaluación establecidos por parte das axencias reguladoras de fármacos. O problema destes test é o seu elevado custo, aínda que se prevé que se reduza considerablemente nos próximos anos.
A pesar do entusiasmo que xeran estas novas tecnoloxías, tamén hai expertos que piden cautela respecto a o seu uso xeneralizado.
Os especialistas están de acordo en que a medicina personalizada será o futuro dos tratamentos, pero non está claro que a situación actual permita implantala xa en todas as áreas, aínda que existan estudos que vinculen variacións xenéticas á resposta a moitos medicamentos.







Para máis información
Editado por: Lidia Blanco Otero 1º bachiller A

Enviado pola profesora de lingua castelá Julia Bernaldo


View more presentations from cidmanzano

Dúas xigantescas burbullas habitan no centro da Vía Láctea

O Telescopio Espacial Fermi acaba de revelar, na nosa propia galaxia, unha xigantesca estructura da que non se tiña noticia algunha. Trátase de dúas enormes "burbullas" de radiación gamma, de 25.000 anos luz cada unha, que parecen emanar do centro de la Vía Láctea e que se disparan simétricamente a ambos lados do seu núcleo.

Imágenes tomadas por el telescopio Fermi de Gran Alcance. <i>Foto: NASA / DOE / Fermi LAT / D. Finkbeiner et al.</i>Os globos, atópanse unidos un ao outro e emiten raios gamma.

Aínda que non está claro o que as forma,pero os investigadores din que conteñen unha enorme cantidade de enerxía, equivalente a 100.000 explosions de supernovas!!!






Os científicos teñen agora ante sí a labor de investigar coma se formaron esas enormes estructuras.
Actualmente téñense dúas hipoteses sobre a súa orixe:
  • Unha das posibles fontes podría ser un chorro de partículas que ten como orixe un buraco negro supermasivo do centro da nosa galaxia. Tales chorros resultan relativamente comúns e observaronse noutras moitas ocasions en galaxias que se atopan moi lonxe.
  • Dos burbujas de energía captadas por el telescopio Fermi en la Vía Láctea. |NASATamén puidéronse formar a partir dos gases sobrantes dun proceso masivo de formación estelar, algo que os astrónomos pensan que puido suceder arredor do centro galáctico nalgún momento do pasado.

Para saber máis sobre a formación destas burbullas podedes consultar este video en inglés:


Fontes de información:

Tatiana Nespereira Campuzano 1ºB

Semana da Ciencia



Editado por Carmen Cid Manzano

Atopada a estrela máis grande xamais vista

Cuán masiva pode ser unha estrela? Esta dúbida resulta pouco doado de contestar, xa que non é nada sinxelo encontrar superxigantes no Universo pola sua corta vida e pola sua gran intensidade de luz. Para sorpresa de todos, a mediados deste ano, atopáronse sete superxigantes utilizando o Very Large Telescope. Destas sete superxigantes chámanos a atención a chamada "R 136a1", a estrela máis masiva encontrada ata agora. A sua masa é 265 veces a do sol e o seu tamaño e inmenso, pero o máis impresionante de todo chega cando comparamos os seus tamaños graficamente. Veámolo:





Para máis información: Click Aquí.
Mario Blanco Cid 1ºA Bach.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

O científico Jose Tubío contesta a Lorena

Hola, chámome Lorena e son alumna de 1º de Bacharelato dun insituto público de Ourense
O día 4 de novembro dedicámolo a ciencia en galego. En concreto escollemos 10 científicos galegos facendo unha semblanza de cada un deles e posteriormente subímolas a un blog creado por nós www.acienciatamenecultura.blogspot.com. A min tocoume facer un resumo da súa carreira profesional o que me pareceu moi interesante e admirable. Gustaríame e agradeceríalle que visitara o noso blog e se me contesta co seu permiso a súa contestacón será publicada en dito blog.
Grazas! Un saúdo!



A súa contestación foi:
Hola Lorena, foi una sorpresa moi agradable recibir esta mensaxe tan bonita desde Ourense. Os científicos pasamos moito tempo fóra da nosa terra (eu levo casi un ano en Barcelona) e a morriña nos visita con bastante frecuencia.
Gústame moito saber que hai xente da tua idade (que representades científicos en potencia) que se interesa pola Ciencia. É moi posible que neste momento da vida vos abriguen a aprender cousas que, tal vez, non vos gustan demasiado, pero a experiencia demostroume que as obrigas moitas veces están feitas para ensinar a apreciar o que é bo. Recordo, por exemplo, cando era neno, que meus pais intentaron que fora a clases de piano. Eu o deixei ó cabo dun ano, e hoxe en día sintoo moitísimo. Así que tede en conta que dentro de vos pode estar medrando o científico do futuro, e que si non explorades esa parte do mundo nunca o saberedes.
Sobre a miña vida, quixera contarvos que actualmente estou no Centro de Regulación Xenómica de Barcelona, realizando unha estancia de investigación que durará, cando menos, un par de anos. Estou traballando no Proxecto Xenoma da Leucemia, que representa un dos tipos de cancro máis comúns que afectan ó Home en occidente, coa idea de atopar os xenes involucrados nesta enfermidade.
Tedes un blog moi bonito, ademáis de interesante. Espero que medre moito nos vindeiros meses. Eu fareivos promoción desde aquí.
Moitas grazas por contactar comigo, e podedes (ti ou calquera dos teus compañeiros) escribirme de novo cando querades.

Unha aperta moi forte, e un saudo a tódolos estudantes do teu instituto.

Grazas,
Jose tubio
A propósito, esquecíame de dicir que, por suposto, podedes publicar esta conversa. Ademais envíovos unha foto por si queredes usala no blog.

Grazas de novo,
Jose Tubio

Lorena Yáñez López 1º A

Contestación do doutor Angel Carracedo aos correos de Isabel e da profe.

Correos electrónicos enviados e recibidos:
A profesora escribiu: Querido Angel, o día 4 de novembro, celebramos no centro o día da Ciencia en galego. Os meus alumnos/as teñen un blog e recolleron nel as semblanzas de 10 científicos galegos actuais. Unha alumna escribiu sobre ti e creo que debes ler o que pensa unha rapaza de 16 anos...
Teño moita sorte, sigo sentíndome orgullosa dos meus estudantes dun centro público, para que logo digan...
Róuboche un tempiño pero creo que vale a pena.
Un abrazo moi forte.
Carmen


Querida Carmen,
Moitas grazas por enviarme isto que me fai moita ilusión, ainda que podo ver que gran parte e froito do aprecio que ti me tes e que lles trasmites.
Ainda que o meu é un pouco esaxerado, é unha marabilla o labor que estades a facer e como motivades aos estudantes para poñer mais en valor a ciencia (...)
Moitas grazas de novo e moitos bicos
Angel


Unha alumna de bacharelato de Ourense, moi interesada en vostede . Rógolle que lea a miña mensaxe . Son dous minutos . Moitísimas grazas.


Ángel a Isabel
-----Moitas grazas Isabel.
A verdade é que gustoume moito a semblanza que mostra ben o cariño que me tes así como o da túa profesora Carmen. Non é falsa modestia dicir que os meus méritos non son tanto e que non aspiro de verdade ao Nobel nin moito menos, pero si a facer un traballo serio é que sexa de utilidade para os demais e transmitirlle a miña xente a ilusión pola investigación e polo traballo ben feito e tamén tratar de que podan investigar partindo de mellores condicións das que eu partín.
Sigue traballando con esa ilusión, Isabel, que estou seguro que chegaras a calquera cousa que te propoñas. Dálle unha aperta moi grande da miña parte a todas as rapazas e rapaces do Instituto e xa sabedes onde estou por si queredes algo
Un biquiño
Angel
PS Por suposto que podes publicar isto si queres. A ver si teño a oportunidade de faceros outra visita.


Isabel a Ágel
--- Moitísimas grazas por responder o meu correo. Gustoume moito ver a súa resposta. Moitas grazas por dedicar ese valioso tempo seu , ao ler o meu traballo. Mil grazas miñas e dos meus compañeiros. Grazas!!
Isabel

Ángel a Isabel
---Grazas a ti Isabel por ser tan riquiña.
Dalles un saúdo a todos da miña parte
Bicos

En Ourense tamén se fai ciencia.


Humberto Michinel
Tres investigadores, Humberto Michinel, Daniele Tommasini y David Novoa, físicos da universidade de Vigo co seu campus na nosa cidade, Ourense, estiveron a investigar sobre os estados da luz ata que atoparon un novo estado da luz denominada luz fermiónica. Segundo o investigador Michinel di que “unha analoxía que tratamos de realizar baseada nas ecuacións que describe como se comporta o pulso da luz cando o facemos viaxar no aire son similares ás ecuacións que describen a materia moi comprimida nunha estrela anana branca. Se a luz se propagase como pulsos no aire libre tería unha propiedades matematicamente moi semellantes ás das estrelas.
Daniele Tommasini


David Novoa
Grazas ás investigacións feitas en Ourense, a luz fermiónica (medida en determinadas condicións) podería concentrarse nunha burbulla e podería recorrer enormes distancias sen modificacións.
A luz fermiónica nos abre portas en comunicacións, en defensa e para detectar elementos na atmósfera.
Como podedes ver en cidades como a nosa tamén se fan investigacións que favorecen ao mundo da ciencia.


Andrea Gerpe Acosta, 1º Bacharelato A

O científico Marcos Mariño escríbelle a Tatiana


Como seguro que recordades o día 4 de novembro, día da Ciencia en galego, dediqueille o meu post a Marcos Mariño, Físico teórico que tivo que marchar de Galicia a facer Ciencia fóra. Envieille un correo electrónico para que visitase o noso blog e isto foi o que contestou:

Ola Tatiana,

moitisimas gracias polo teu interese e pola tua mensaxe.
Pareceme fantastico o voso blog, ten un nivel moi alto e ademais esta moi ben
desenhado. De feito lin con moita atencion a resenha que facedes do ultimo libro
de Hawking, que ainda non tiven tempo para ler. Emocioname moito ver que hai xente
tan nova coma ti con tanta paixon pola ciencia.

Moito animo e moita sorte co voso blog. Se vos podo axudar en algo faimo saber.

Unha aperta,

Marcos

PS Podes tutearme!!

Tatiana Nespereira Campuzano 1ºB


Colisións de átomos de chumbo no LHC

O pasado xoves 4 de novembro anunciouse dende o CERN as primeiras colisións de chumbo. De maneira técnica, é un gran avance, xa que pasar de usar protóns a átomos de plomo desprovistos de electróns supón un gran aumento da operatividade do acelerador. É de destacar que dende o abandono do uso de protóns a estas colisións so pasaron 4 días.
Debido a colisión de estructuras atómicas máis complexas (cada átomo de chumbo posúe 82 protóns), a enerxía liberada é moito maior, chegando a un total de 287!!! teraelectronvoltios. O experimento aínda que semella parecido nas primeiras etapas, pronto obsérvanse os novos cambios, xa que os parámetros que seguen as colisións son novos e deben calcularse para cada feixe de ións, coa axuda dos detectores ALICE, ATLAS e CMS.
Os principais obxectivos deste experimento é averiguar a composición da materia nos primeiros instantes do universo, tan só un instante despois do Big Bang . Así mediante as colisións se producen cantidades moi pequenas do plasma primixenio formado por quarks e gluóns que constitúiu o universo un chisco despois do Big Bang.
Esta serie de experimentos continuarán realizándose ata o 6 de decembro, cando comeza o parón de 3 meses que require o LHC por causas de mantenemento. Reabrirase en febreiro de 2011.




Se entendedes ben inglés aqui se explica porque se usan átomos de chumbo e non de outro elemento.
Juan Ozaita Corral 1º Bacharelato A
Máis información en :
http://www.muyinteresante.es/un-pequeno-qbig-bangq-en-el-lhc

martes, 9 de noviembre de 2010

O biofuel incrementará as emisións de dióxido de carbono

A deforestación que causará o impulso dos biocombustibles na UE aumentará as emisións de gases contaminantes no canto de reducilas. Esa é, polo menos, a conclusión dun informe encargado por organizacións ecoloxistas que sinala que, só en España, as emisións de CO2 no sector do transporte crecerán para 2020 ata nun 8%, uns 9,5 millóns de toneladas, se o Goberno cumpre os seus compromisos de fomento de agrocombustibles.

Marlene Holzner.
Marlene Holzner
As conclusións, ás que nove organizacións como Greenpeace ou Amigos da Terra chegaron a partir de datos oficiais é que a deforestación nos 23 países analizados alcanzará unhas proporcións similares ás do territorio de Irlanda e terá efectos máis nocivos para o medio ambiente que seguir utilizando combustibles fósiles.

A Comisión Europea asegurou onte que estudará o informe, pero que aínda é pronto para cambiar os obxectivos acordados polos 27 Estados membros. A portavoz comunitaria de Enerxía, Marlene Holzner, recordou ademais que "a directiva sobre enerxías renovables di que non se pode acabar cos bosques para producir biocombustibles" ou prexudicar a biodiversidade.
Para máis informacion preme aquí


Editado por Brais Gómez García 1ºbach A