viernes, 3 de diciembre de 2010

Antes de facer estradas hai que levar a cabo estudios serios de impacto ambiental

Os veciños de dous pobos Pontevedreses, Pontecaldelas e A Lama levaban tempo pedindo que non seguiran coa construción dunha estrada que dividía estes dous pobos. Por fin, a Xunta paralizou as obras xa que se encontrou unha población de salamandras rabilargas (Chioglossa lusitanica) que se atopan en perigo de extinción. Así mesmo, a Federación Galega Ecoloxista e outras asociacións ecoloxistas queren estudar a presenza deste animal e esixen que as obras non perxudiquen o hábitat deste animal.
Chioglossa lusitanica



Dryopteris guanchica



A salamandra rabilarga está localizada moi puntualmente en España só se pode atopar en Galicia e parte de Asturias, debido a que necesita un hábitat moi húmido, con vexetación densa e augas osixenadas e limpas. O principal problema de conservación desta especie é a destrución do seu hábitat, en particular, a contaminación das canles de auga e a tala dos bosques das ribeiras dos ríos, algo que pasaría co actual proxecto da carreira PO-255. Ademais estas obras poden ter un efecto negativo nun dos máis significativos robledales da comarca, vendose afectada unha xoia fitoxeográfica europea, o Dryopteris guanchica ou helecho macaronésico. Esta é unha rareza botánica na Europa continental propia das Illas Canarias, Madeira, ou Azores. Denominada nas fichas da Rede Natura 2000 dos espazos galegos como especie de elevado interese conservacionista e incluída no Catálogo de Especies Ameazadas na categoría de Vulnerable.
Con esta noticia podemos apreciar a necesidade de estudios preliminares de impacto ambiental, que se deben facer antes de comezar calquera obra pública que se realice nun territorio, co fin de conservar a biodiversidade e a paisaxe.

jueves, 2 de diciembre de 2010

O avó e as avoas

Con permiso de Mary Carmen comparto con vós neste blog un rincón do meu refuxio: A Mariña lucense. O eucaliptal de Chavín, tamén chamado "Souto da Retorta", está a 4 kilómetros de Viveiro. É monumento natural. Vale a pena facer unha excursión para coñecer a zona.


O eucalipto que aparece na fotografía superior é o máis sobresaliente do Souto da Retorta Foi plantado arredor de 1880. Alcanza os 67 metros de altura e ten un perímetro de 10,5m.

Quen son as mulleres que aparecen aos pés da árbore? Admítense apostas...





Editado pola profesora Pilar Latorre ( ilustre filla adoptiva de Viveiro) e desde hoxe unha nova bloguera.

Neste mesmo blog tedes máis información preme aquí

Esperei, esperei... e non chegou

Onte, día 1 de decembro, foi o día da SIDA Esperaba que algún subise algo ao blog para recordar esta data pero... xa sei.. o exame de CMC de 1º A e C, pero que lle pasou aos de 1º B?
Como a prevención da SIDA ten que ser todos os días aínda estades a tempo. Mentres vos deixo un vídeo simpático...pero é para refexionar.






Editado por: Carmen Cid Manzano

Desde Ourense, un novo xeito de facer música: a biomúsica

Senén Barreiro profesor de música ou biomúsico como lle gusta que lle chamen, ten un xeito moi especial de facer música, une a música cos sons da naturareza, así por exemplo xurde a ornitomúsica.







Editado por: Carmen Cid Manzano

martes, 30 de noviembre de 2010

O Sol xa ten propietario

A española Ángeles Durán declarouse dona da estrella máis grande do noso Sistema Solar, establecendo un acta notarial na que se estipula que o Sol é propiedade da galega, quen pretende cobrar pola utilización da enerxía solar en todo o mundo.






Según publicacións realizadas por "La Voz de Galicia", a carta notarial realizouse según un método de adquisición da propiedade que constituye unha aprehensión electromagnética e radiactiva, non existindo propietario rexistrado do sol dende 5 mil millóns de anos ata a fecha. O documento oficial sinala que Ángeles Durán reuniuse co Ministro de Industria a quen lle asegurou que podería cobrar a quen utilice a energía solar, e aclara que as ganancias distribuiríanse nun 50% ós presupostos xenerales do Estado, 20% para as pensións mínimas e 10% para investigación de sanidad, erradicar o fame e os seus gastos persoais; respectivamente.O argumento da española é que no mundo existe un convenio internacional polo cal ningún país pode facerse dono dos planetas, o cal non involucra a particulares, e asegura que xa existe un americano que escriturou a maioría de planetas e a lúa.



Ante os acontecementos, o diario ABC sinalou que se as personas empezan a tomar en serio as declaratorias, a nova propietaria do Sol podería recibir demandas por danos e perxuicios provocados polo astro, tales como sequías, quemaduras, cáncer de pel; entre otros.




Feito por Iván Gallego Gómez 1º Bacharelato A

lunes, 29 de noviembre de 2010

Un pequeno paso...


Rosalind Franklin: a nobel que non puido ser


Rosalind Franklin foi unha física ingleshttp://www.blogger.com/img/blank.gif a recoñecida sobre todo pola Fotografía 51, a imaxe do ADN obtida mediante difracción de raios X. Esta fotografía serviu como fundamento para que Watson e Crick propuxesen a estrutura da dobre hélice do ADN en 1953.
Se queres comprender en que se basea a técnica da difracción de raios X preme aquí.
A biografía de Rosalind Franklin e o seu escaso recoñecemento en vida, podes velo no vídeo que tedes a continuación e que foi elaborado pola alumna Lucía Pérez Coello.




Esta historia sigue completándose hoxe en día, co achado dunha trintena de cartas entre Crick e Wilkins que recolle fai pouco a revista científica Nature, nelas revélase a loita sen escrúpulos por alcanzar o recoñecemento mundial destes científicos, aínda que para iso fose preciso "tomar prestados" os resultados de Rosalind. O xonal Público faixe eco o 30/09/2010 deste suceso: As letras perdidas do ADN: Nove caixas de correspondencia inédita mostran novos detalles sobre a carreira para desvelar o segredo do código xenético



Editado por: Carmen Cid Manzano

domingo, 28 de noviembre de 2010

Almacenan 90XB de datos... nunha bacteria!

O aumento de datos e contidos obriga á procura de novos métodos de almacenamento cada vez máis pequenos. Científicos chineses foron máis alá e non só conseguiron iso, se non que a nova fonte de almacenamento son agora bases biolóxicas.
Investigadores da Universidade China de Hong Kong deron despois de 8 anos de intensos experimentos cunha nova forma de codificación de datos que admite a súa redución de tamaño de forma espectacular, xa que puido ser introducida en forma de ADN modificado, chegando a almacenar 90 XB dentro dunha bacteria.


Futuras aplicacións

Vendo que o segredo está no sistema de recompilación, preven que poderán gardar ata 2TB en escasos gramos de bacterias, e grazas ós seus avances, as súas aplicacións poderían variar dende o almacenamento de contidos dixitais ata a inserción de códigos de barras en organismos sintéticos: “Cremos que isto podería ser un estándar industrial para a manipulación a gran escala do almacenamento de datos nas células vivas”, explicaban os responsables do proxecto.
Para máis información fai click aquí
Editado por Andrea Fernández Novoa 1ºBach B

O maior muiño eólico do mundo en España

Un consorcio de 11 empresas españolas uniuse para desenvolver o maior aeroxerador do mundo, un xigante mariño de 15 megavatios, o dobre que a marca actual; e tal a súa magnitude que uns 65 "monstros" como este serían capaces de producir tanta electricidade como unha central nuclear. Este proxecto, bautizado Azimut, requirirá un investimento de 25 millóns de euros ata 2013 dos cales o Ministerio de Ciencia e Innovación aportará 11 millóns.

Según os cálculos de Ignacio Cruz, responsable de unidade eólica do Ciemat, este monstro podería alcanzar unha altura de 120 metros sobre o mar e de 40 metros baixo a auga, cunhas pas de 80 metros de lonxitude.

Parque eólico mariño situado ao este de inglaterra
O coordinador do proxecto. Mauro Villanueva di: "Os primeiros resultados, en forma de coñecemento puro, chegarán cara a 2013, cando finalice o proxecto [...] cada empresa poderá comezar a fabricar os seus prototipos, cuns sete megavatios, que estarían listos en 2015 e chegarían ao mercado en 2017, pero o obxectivo final, o aeroxerador mariño de 15 megavatios podería estar listo cara o 2020 se os mercados o requiren."
Como en España non hai campos de ensaios de aeroxeradores mariños, preténdese facer un na costa de Tarragona, cerca do Delta do Ebro; este estaría completamente operativo no 2014.

Para máis información prema aquí

Unha animación moi interesante: Parque eólicos mariños


Editado por Brais Gómez García 1ºA






Un viaxe a Marte sen volta: os humanos colonizarán Marte

Expertos da NASA e a ESA describen como conquistalo. Os astronautas poderían vivir en covas de lava. Aínda se ignora se poderían procrear.
Os primeiros humanos poderían pisar as areas de Marte en algo máis de 20 anos se se realizan misións só de ida e abandónase a "cultura de seguridade e pensamento politicamente correcto".
Os astronautas irán a Marte coa intención de quedar o resto da súa vida como pioneiros dunha colonia permanente. Esta sería, segundo os autores, o único xeito de viaxar a Marte coa tecnoloxía actual e un presuposto razoable.Os perigos aos que se expondrán son grandes e descoñecidos, pois a radiación e a ingravidez poderían acabar con eles antes de que chegase a seguinte ondada humana.
O director do Centro de Investigación Ames da NASA, Peter Worden, dixo o pasado outubro que xa conta cun financiamento previo da súa axencia para planear unha misión de ida ao planeta vermello. Tamén confesou que unha axencia de investigación do Pentágono xa achegou un millón de dólares ao proxecto, denominado 100 Year Starship.
DARPA dixo que se trata dun plan dun ano para deseñar un proxecto axeitado que financie "voos espaciais tripulados" que levarán ao home "nunha viaxe entre as estrelas" no próximo século.
Worden non é o único home da NASA que soña con conquistar Marte. Moitos outros expertos da axencia achegaron artigos ao número especial de Journal of Cosmology, no que tamén participan expertos da ESA. A colección inclúe resultados de varios estudos oficiais, así como os detalles do proxecto DRA 5.0, para enviar astronautas ao planeta vermello.



Feito por : María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B
Máis información en :

Os mamíferos actuais non existirían sen o impacto dun gran asteroide

Durante os seus primeiros 140 millóns de anos de historia, os mamíferos eran pequenos xogadores nun mundo dominado por grandes dinosauros. Os maiores pesaban aproximadamente 15 kg, como un can de raza Cocker Spaniel e os menores, preto de tres gramos. Fai 65 millóns de anos, un asteroide de 15 quilómetros de diámetro equivalente a 1.000 millóns de bombas atómicas de Hiroshima, impactou sobre a península de Yucatán, causando a extinción dos dinosauros. De súpeto, en termos xeolóxicos, os mamíferos comezaron a medrar ata alcanzar os 17.000 kg como o do ancestro do elefante, o Deinotherium, que paseou por todo o planeta, cando o Australopithecus comenzaba a agarrar ferramentas en África.
Segundo un estudo publicado na revista Science a extinción dos dinosauros deixou un nicho aberto para os mamíferos permitindo así multiplicar por 1.000 o seu tamaño insignificante. Se os dinosauros aínda existisen o maior mamífero actual pesaría uns dez quilos.

Un vídeo sobre a extinción dos dinosauros:






Feito por : María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B
Máis información en :
- pincha aquí
- pincha aquí
- pincha aquí

sábado, 27 de noviembre de 2010

As femias prefiren aos gañadores

Peixes cíclidos africanos, usados no experimento.
Segundo estudos realizaodos na Universidade de Stanford, Estados Unidos, o sentimento de atracción das femias, dos animais vertebrados, non é cuestión emocional, senón que é cuestión cerebral. As femias tiñan unha actividade crecente en áreas do cerebro relacionadas coa ansiedade despois de observar unha pelexa.
No experimento pecharon nun acuario a unha femia na sección central e un macho a cada lado, os machos de características semellantes. Durante dous días, 20 minutos, colocaron aos tres peces no mesmo sitio e ao cabo de un tempo a femia colocouse ao carón do macho escollido. E non había dúbida de que ese era a o seu favorito. Pero ao terceiro día introduciron no acuario a máis peixes da mesma familia, estes animais son moi defensores do seu territorio, de seguido comezaron a loitar. Ao ver que o seu peixe escollido perdía o reacción foi a esperada, nese momento o cerebro reaccionou dunha maneira diferente ante o peixe gañador e o peixe perdedor.
Por iso se di que nas mulleres pode pasar o mesmo, porque inconscientemente pode deixarnos de atraer un home por ser un perdedor, xa que tódolos vertebrados posúen esa area do cerebro. Pero os humanos tamén podemos facer caso a noso corazón grazas a área cognoscitiva da que os peixes carecen, polo que podemos razoar e non actuar só por impulsos cerebrais.


Andrea Gerpe Acosta, 1º bacharelato A.

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Encóntrase o primeiro planeta "inmigrante" da Vía Láctea.

HIP 13044 e o seu planeta.
Un grupo de científicos descubriu o primeiro planeta "inmigrante" da Vía Láctea. Trátase dun xigante do tamaño de xúpiter que non responde as leis físicas ata agora coñecidas. Este planeta chegou á nosa galaxia hay uns 6000 millóns de anos e encontrase orbitando á xigante vermella HIP 13044. "Encontrar esta estrela e o seu planeta foi una mestura de sorte e experiencia" cóntanos Johny Setiawan, un dos autores do descubrimento. O máis impresionante desta estrela é que a pesar de estar cerca da súa morte, non ten acumulado ferro, osíxeno e outros compostos que se acumulan nas estrelas co paso do tempo.
Formación dunha xigante vermella.


Mario Blanco Cid 1ºA Bach.

martes, 23 de noviembre de 2010

Os minerais e as rochas como catalizadores da vida

Case todos os científicos actuais consideran que a unión das moléculas orgánicas sinxelas para formar moléculas orgánicas complexas non puido ter lugar coma propuña Oparin. É dicir, os polímeros biolóxicos parace que non foi probable que se formanse no seo do caldo primitivo, senón que se deberon sintetizar e acumular na superficie das arxilas. As arxilas, son rochas sedimentarias, que deberon de actuar como biocatalizadores atraendo e concentrando na súa superficie ás moléculas sinxelas e facilitando a súa polimerización.

Recentemente unha hipótese sobre a orixe da vida suxire que os espazos que quedan entre as láminas da mica puideron ofrecer os lugares axeitados para a síntese prebiótica.






Editado por: Carmen Cid Manzano

domingo, 21 de noviembre de 2010

A dieta mediterránea: Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade




O pasado martes 16 de novembro, a UNESCO nomeou á dieta mediterránea como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. España e o resto dos países da zona aplaudiron a noticia aínda que esta dieta xa non forma parte da súa alimentación diaria.
En qué consiste a dieta mediterránea?
Caracterízase pola abundancia de alimentos vexetais, como pan, pasta, arroz, verduras, hortalizas, legumes, froitas e froitos secos; o uso de aceite de oliva como fonte principal de graxa; consumo moderado de pescado, marisco, aves de curral, produtos lácteos e ovos; pequenas cantidades de carnes vermellas e consumo diario de viño (durante as comidas).
Estudos e traballos sobre a dieta mediterránea:
No 1958, Ancel Keys, médico de Minessotta (EEUU), mostrouse moi interesado en estudar a relación entre alimentación e mortalidade cardíaca; realizou entón o seu Estudio dos sete países e observou que, en Creta (Grecia), morrían menos persoas por cancro e por enfermidades cardiovasculares que noutras zonas do mundo. E preguntarédesvos: que comían os gregos en 1958? “Aceite de oliva, froitos secos, pescados, froitas, vexetais, legumes e un pouco viño”, aclara Xavier Pi-Sunyer, copresidente do Centro de Investigación de Nutrición e Obesidade de Nova York, e engade: “A dieta é boa, pero moita xente non a segue”.
A partir do estudo de Keys, levouse a cabo unha investigación publicada esta semana na revista Public Health Nutrition co nome A dieta mediterránea en España: tendencias de seguimento durante as últimas dous décadas, na que se cuestiona se os habitantes de España, xunto cos de Grecia, Italia e Marrocos, seguen comendo coma antes. Un grupo de investigadores da Universidade das Palmas dirixidos por Luis Serra fixeron un seguimento da adecuación a esta dieta ó longo de 20 anos (1987-2007) e concluíron que á medida que pasa o tempo a alimentación das persoas alónxase máis dos principios da dieta mediterránea.
No 2009, publicouse na revista mencionada un traballo que comparaba o seguimento da dieta mediterránea en 41 países en dous períodos separados por 40 anos (1961-1965 e 2000-2003) demostrou que todos a seguían menos e que os países mediterráneos europeos eran os que máis se distanciaran do patrón. O país que máis conseguira achegarse á dieta entre estes dous períodos é Irán. Serra explicou que o cambio nutricional é debido, en moitos casos, á industrialización. Ademais, atribúelle ó turismo parte deste cambio, xa que os restaurantes da costa fan comidas máis rápidas para poder alimentar ós viaxeiros, como luras fritas, bistés con patacas ou paella. Aínda que hai alimentos que se adaptan a este modelo de “comida rápida” e non se saen da dieta mediterránea, como as ensaladas, cremas de verduras ou mesmo un bocadillo de tomate.
Actualmente, estase a levar a cabo o maior estudo sobre o efecto da dieta mediterránea, o PREMIED. Con este traballo preténdese demostrar os efectos deste tipo de alimentación en máis de 7000 individuos divididos entre os que seguen unha dieta baixa en graxas e os que seguen os principios da dieta mediterránea. Jordi Salas-Salvadó, da Unidade de Nutrición da Universidade Rovira I Virgili, en Tarragona, participa neste estudo e declarou que cando só levaban tres meses, 700 participantes xa experimentaran un aumento do chamado colesterol bo (HDL) e unha reducción do malo (LDL). En 2008 demostrouse que os que seguían a dieta mediterránea tamén mostraban menos obesidade abdominal.
A revista Diabetes Care afirma que esta clase de alimentación diminúe o risco de diabete.
Os expertos confían en que, despois da designación da UNESCO, recuperarase a dieta mediterránea nos países nos que naceu.


Para máis información:
http://www.publico.es/ciencias/347633/premio-a-una-dieta-en-extincion
http://fdmed.org/dieta-mediterranea/que-es-la-dieta-mediterranea

Editado por Natalia Cid, 1º Bacharelato B

Premios Árbore e Bosque do Ano.

Estes galardóns valoran o patrimonio vexetal. Unha centenaria aciñeira madrileña, un castiñeiro granadino ou unha moreira valenciana son algúns das árbores recoñecidas. Outro galardoado é un bosque galego, o Souto de Santa Eufemia destruído por unha canteira de lousa que se comeu a montaña sobre a que crecía e unha árbore xigante de Lugo.

Estes premios están organizados pola ONG Bosques sen Fronteiras en colaboración coa Fundación Biodiversidade. Bosques sen Fronteiras recibiu este ano 57 candidaturas, Galicia foi a comunidade que presentou máis árbores e arboledas.





PREMIO ÁRBORE XIGANTE ao Avó de Chavín que é propiedade da Xunta de Galicia é presentado pola Asociación Eucaliptos Singulares. Tratase dun Eucalipto do concello de Viveiro, Lugo, de 126 anos e declarado Monumento Nacional de Galicia. É o eucalipto máis alto de Europa e probablemente a árbore máis grande de España cunha altura próxima aos 68 metros. Co premio, a Asociación Eucaliptos Singulares propuxo construir unha pasarela arredor das árbores.

PREMIO BOSQUE AMEAZADO
Souto de Santa Eufemia de Folgoso do Courel (Lugo), presentado pola Asociación Ecolóxico Cultural SOS Courel. Este bosque de 88 hectáreas leva o nome da aldea medieval á que rodea e protexe, Santa Eufemia. Constituído por castiñeiros e por un bosque de ribeira composto por freixos.


Para mais información:

Feito por: Yurema Seara Núñez (1ºB)


Felicidades Dani

Daniel Carvajal Alonso fixo 2º de bacharelato o ano pasado no noso centro, na actualidade cursa 1º de Arquitectura na Coruña. É un alumno inesquecible... recordo o interesado que estaba en comprender o mundo que lle rodeaba. Tiña e ten unha curiosidade intelectual pouco común. Cando cursaba a materia CMC pregunteille se coñecía a Lise Meitner, díxome que non. O seu interese pesonal fíxolle informarse sobre ela e realizar un magnifico traballo. O día 8 de marzo de 2008, día da muller traballadora, presentouno no Paraninfo con unha seguridade que parecía que coñecia a Meitner de toda vida.







Lise parece non querer abandonar a Daniel. Un relato sobre unha pasaxe da súa vida, titulado Mañá de Nadal, gañou o 3º premio do concurso relatos científicos Ciencia que conta 2010. Felicidades Dani!!!! estamos moi contentos dos teus éxitos, os que te queremos sabemos que este só é o comezo.

Editado por Carmen Cid Manzano

viernes, 19 de noviembre de 2010

A científica María Martinón responde a Lucía

Querida Lucía,

¡Que sorpresa tan boa! Moitísimas grazas polas túas agarimosas palabras. Alégrome moito de que, aínda que non estea vivindo en Galicia, non vos esquezades de min. Exerzo de galega alá onde vou, e sempre que podo volto ó meu querido Ourense. O mellor de todo é que é verdade que os galegos estamos en todas partes... ¡somos universais! Estou encantada co voso blog e é toda unha honra aparecer nel. Paréceme unha idea fantástica e creo que a mensaxe que estades a enviar á sociedade é magnífica. A ciencia é noticia e a ciencia é actualidade porque nos proporciona continuamente novos xeitos de resolver os problemas e novos xeitos de entender a realidade. A ciencia é o "deporte" favorito das persoas con curiosidade, das que non se conforman con pasar de longo pola vida, das que queren comprobar por si mesmas como e por que as cousas son como son. A ciencia permite avanzar cara ó futuro, mais, afortunadamente, tamén a ciencia nos permite investigar o pasado. Grazas a ela, podo como antropóloga "resucitar" ós nosos ancestros, podo reconstruir o seu aspecto físico e o seu modo de vida, podo analizar canto cambiamos e en que nos parecemos ou diferenciamos doutras especies humanas que se extinguiron. A ciencia tamén é divertida en nos permite soñar. Podo con ela imaxinar como foi a vida cando eramos a única especie sobre o planeta, nun tempo en que coexistiamos cos neandertais, por exemplo. ¡Que rápido nos acostumamos a ser o único humano no mundo!, ¿non? A ciencia fai que a realidade sexa máis apaixoante que a ficción e é, ademáis, unha esperanza. A esperanza de que, aínda que o home ten feito moitas cousas mal, tamén ten demostrado que é quen de facer moitas cousas boas.

Invítovos a que veñades a ver os xacementos de Atapuerca, en Burgos. Alí fariamos unha viaxe ó pasado, achegariámonos ós nosos ancestros de ata fai un millón de anos e, grazas a eles, comprenderiamos moitas cousas sobre nós mesmos.

Noraboa polo voso traballo. Deséxovos moito éxito no blog, e que sigades aprendendo e ensinando tantas cousas boas. Un saúdo moi agarimoso a tódolos vosos compañeiros e á túa profesora de bioloxía e de ciencias, e unha aperta moi especial para ti.

María




Viría a vida do espazo? A panspermia





Recomédovos ler as seguintes noticias: a que subíu Ana Pérez ao blog "As buckybolas" e a O cometa Hartley 2 subida por Isabel Limia.

Formariase a vida nas fontes hidrotermais?