
Quince anos despois da clonación da ovella Dolly, a clonación volve a estar presente nos laboratorios.
Unha terapia logra que a graxa non se almacene e se transforme en enerxía.
Vivir máis, comer sen preocuparse a engordar e protexidos frente o cáncer sería estupendo. Investigadores españoles do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) deron un paso na búsqueda dun fármaco que permitiría queimar as calorías sobrantes, previr a aparición de tumores e prolongar a media de vida en 12 años máis. Esa píldora “milagrosa”, de momento, solo se probou en ratóns, pero abre unha nova vía de investigación para ataxar gran parte das doenzas do siglo XXI. O máis importante deste fantástico traballo do grupo de Manuel Serrano do CNIO presentase na revista «Cell Metabolism».
O descubrimento reforza unha hipótese que cada vez colle máis forza: o cáncer, o envellecemento e a obesidade son manifestacións distintas dun mesmo problema global que vai crecendo, a medida que o organismo acumula nos seus texidos danos que de por sí solo non pode reparar.
Con moitos dos grandes descubrimentos científicos, o descubrimento foi inesperado. O grupo do CNIO estudiaba algúns destes xenes con capacidade protectora fronte ó cáncer e o seu papel na lonxevidade. Os investigadores querían saber se un deses xenes «anticáncer» (gen Pten) conseguía que os seus portadores viviran máis. A respuesta foi positiva, así que crearon ratóns diseñados xenéticamente para ter una copia extra do xen protector.
Os animais non solo foron máis resistentes o cáncer co resto senón que ademáis viviron un 12% máis de media. Se trasladásemos este dato a anos de vida humana, poderíamos falar de entre 10 e 12 anos máis de vida. Así demostrouse o impacto que tiña Pten na lonxevidade, aínda que a maior sorpresa foi descubrir que eses ratóns lonxevos e protexidos frente o cáncer eran significativamente máis delgados pese a comer máis que seus compañeros. Tamén descubriron que tiñan menos risco de desarrollar diabetes e o seu fígado toleraba mellor unha dieta rica en graxa, en definitiva non sufrían as doenzas do sobrepeso e a obesidade.
Potenciar a graxa «Boa»
O quebracabezas completouse cando explicaron por qué eses ratóns queimaban máis enerxía co resto. O estudo dos animais mostrou que tiñan unha proporción maior de graxa parda ou marrón, un texido graso «bo» que queima a enerxía almacenada. O metabolismo de humanos e de todos os mamíferos sustentase nun difícil equilibrio entre o texido adiposo branco, que almacena a graxa, e o pardo, que a elimina. O estudo demostra que o xen Pten activa esta graxa parda o que explicaría a delgadez dos ratóns, a pesar de seu apetito.
Non é a primeira vez que se demostra o papel desta graxa benieficiosa. Moitas das organizacóns de nutrición quererían potenciala, pero o grupo CNIO ofrece por primera vez un camiño para conseguilo sen efectos secundarios.
Este texido está deseñado precisamente para queimar graxas e solo ponse en marcha cando o cerebro detecta o estrés producido polo exceso de nutrintes. É entonces cando envía a orden a las células de la graxa.
Composto xa sintetizado
A estimulación deste xen non é solo una alternativa teórica. O CNIO probou nos animais do laboratorio un composto, sintetizado por este grupo de investigación, que exerce o mesmo efecto beneficioso que o xen anticanceríxeno. Este composto, patentado polo centro, podría ser esa pilula «milagro» ca que dentro duns anos podríase previr a aparición do cáncer e vivir máis tempo sen riesco de obesidade e das doenzas que acompañan o sobrepeso.
En conclusión:
A boa noticia é que no estudo non se detectaron efectos secundarios do tratamento, polo menos a corto prazo. A administración da terapia efectuose durante un período curto e agora estase probando un efecto a longo prazo.
Fontes de informacion: Abc ciencia, xornal do dia 6 de marzo de 2012, imaxe descargada de google imaxes.
Realizador: José Calvo Ayuso do curso 1º de bacharelato D. número 6.
Un equipo de 16 investigadores de varias universidades atoparon, no Lago Cuitzeo (México), unha capa moi fina de sedimento cunha composición de elementos moi extraña ( elementos de hai 13.000 anos).
Grazas ao seu estudo creese que puido ser o resultado dun impacto dun obxecto cósmico contra a terra.
Nesta colisión que deixou una capa negra e rica en caborno e nanodiamantes (atopáronse tamén huellas de esférulas resultantes da gran velocidade coa que chocaron durante o impacto) duns 10 centímetros estaría a orixe dese cambio climático que iniciou o período coñecido como Dryas Recente.
Os datos do Lago Cuitzeo suxiren que foi un asteroide ou un cometa de grandes dimensións fragmentado en pedazos. Este obxecto entrou na atmosfera cun ángulo moi baixo, provocando tanto calor que quemou toda a vexetación que había arredor e como consecuencia houbo un importante cambio no clima.
Video de como se formaría unha nova era de xeo
María Cerreda Pereira nº8 1ºD
Un bosque tropical de hai 300 millóns de anos foi preservado en cinza cando un volcán entrou en erupción preto de Wuda (China). O estudo foi publicado na revista Proceedings da Academia Nacional de Ciencias (PNAS) de EE.UU e foi levado a cabo por investigadores chinos e estadounidense que descubriron o bosque nunha mina de carbón. A extracción fíxose con maquinaria pesada que permitiu acceder a grandes extensións da capa inferior do terreo facendo que puideran estudar uns 1.000 metros cadrados de bosque fósil.
Un equipo de científicos fixo unha reconstrución dese bosque fosilizado. Tratábase dun terreo pantanoso, similar a unha turbera actual, na que existían seis grupos de árbores (algunhas de 80 metros de altura) entre os que se atopaban fentos arborescentes e vexetais de grandes dimensións pero pouco semellantes ás plantas actuais. Os paleontólogos desenterraron tamén tres exemplares case completos do grupo dos Noeggerathiales, un tipo de árbore productora de esporas da que no hai nin rastro na actualidade.
Os investigadores datan o bosque fósil de comezos do Pérmico, é dicir hai uns 289 millóns de anos, cando a actual China era un continente a parte e cun clima moi semellante ao actual.
Fontes de información: http://www.abc.es/20120220/ciencia/abci-bosque-hace-millones-anos-201202201427.html
María Cerreda Pereira nº8 1ºD
Despega con éxito o novo cohete europeo “Vega”