miércoles, 14 de noviembre de 2012

Un planeta cun clima similar á Terra

Un grupo de astrónomos confirmou a existencia dun planeta coñecido como HD 40307g similar á Terra na "zona habitable", arredor dunha estrela non moi diferente á nosa na constelación Pictor.

Astrónomos europeos e norteamericanos descubriron a so 42 anos luz de distancia, bastante cerca en termos astronómicos, un novo planeta extrasolar que pode reunir as condicións favorables para albergar vida. Esta superterra, que ten sete veces a masa do noso mundo, parece dispoñer dun clima similar ao da Terra, unha atmosfera estable e quizais auga líquida, xa que se encontra á distancia adecuada da súa estrela, o que se chama zona de habitabilidade. Recibe unha cantidade de enerxía moi parecida á que nos recibimos do Sol e ademais, se os científicos non están equivocados, cumple con patróns de día e noite.
O autor principal do traballo, Mikko Tuomi, sinalou que, foron capaces de identificar outros tres planetas filtrando as sinais falsas emitidas pola actividade estelar. Para logralo utilizaron novas técnicas de análise de datos, como o uso da lonxitude de onda coma un filtro para reducir a influencia da actividade na sinal emitida pola estrella. De esta forma, aumentaron a súa sensibilidade, permitíndolles detectar tres novos planetas superterras arredor da estrela anana HD 40307, xa coñecida.
A distancia entre o Kepler 22-b e o seu sol é 15% menor ca distancia entre a Terra e o sol, mentres o seu ano dura uns 290 días. Sen embargo, o seu sol emite un 25% menos de luz, o que mantén o clima temperado do planeta. Esto favorecería a existencia de auga líquida e dunha atmosfera estable para soportar a vida. Por si fora pouco, os astrónomos cren probable que o novo mundo xire sobre o seu propio eixe a medida que orbita arredor da estrela creando un efecto diúrno e nocturno, o que favorece un entorno similar ao que nós disfrutamos aquí na Terra.
Os resultados suxiren que os planetas cuxos tamaños oscilan entre o da Terra e catro veces o da Terra -as chamadas superterras- poden ser máis comúns do que se cre.

Enlaces:



Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D

1 comentario:

Unknown dijo...

Para incentivar a participación dos teus compañeiros deberías incluir no post unha ou varias preguntas. Neste caso podería ser: canto tempo tardaríamos en chegar ata o novo planeta extrasolar?.