martes, 12 de febrero de 2013

AS IMAXES MÁIS IMPRESIONANTES DO SOL



A sonda SDO(Observatorio de Dinámica Solar) cumpre tres anos no espazo proporcionando unhas incribles imaxes do noso Astro.

A  NASA lanzou esta sonda o 11 de febreiro do 2010 co obxectivo de estudar o Sol.Os científicos contaban con que se todo saía como estaba previsto, a nave proporcionaría imaxes de alta resolución do disco solar case unha vez por segundo.Tan só 2 meses despois de lanzar o SDO as expectativas foran superadas; o SDO proporcionaba as mellores vistas do Sol que ninguén vira antes.

Tránsito de Venus ao redor do Sol
A sonda tamén é capaz de fotografar e gravar con gran detalle as tormentas solares, que ademais de reflectir a gran forza do Sol, tamén supón unha gran vantaxe para os científicos, xa que poden observar como se move o material solar e obter pistas sobre como se producen as execcións de masa coronal (nube chameante de partículas que se dirixe á Terra e pode por en perigo os nosos sistemas de comunicación e redes eléctricas).

No seu terceiro ano, o SDO conseguiu imaxes de 2 cometas, un de eles o famoso Lovejoy, así coma o tránsito de Venus ao redor do Sol, un feito que non volverá ocorrer nos próximos 100 anos.

FONTES DE INFORMACIÓN:
http://www.abc.es/ciencia/20130212/abci-impresionantes-imagenes-captadas-nasa-201302121354.html
http://es.wikipedia.org/wiki/Solar_Dynamics_Observatory

BRUNO CRUZ GONZÁLEZ 1º A

No hay comentarios: