lunes, 11 de febrero de 2013

O asteroide que pasará preto da Terra pero non impactará

Resulta que a noite do 22 de novembro de 2012, un telescopio robótico do Observatorio da Sagra en Granada rastreaba o ceo en busca de asteroides cercanos á Terra cando un punto luminoso apareceu no Este. Nese intre, Jaime Nomen, director do centro astronómico, viaxaba nun veleiro a dúas millas da costa catalana, pero, recibiu de inmediato o aviso no seu ordenador: tratábase dun asteroide duns 45 ou 50 metros de diámetro.
Nun par de horas, o Minor Planet Center en Boston (EE.UU.), a institución encargada de recompilar este tipo de observacións chegadas de todo o mundo, xa tiña os datos do obxecto e dous días despois o Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL) da NASA calculaba a súa órbita. Con medios moito máis modestos que os estadounidenses, o equipo español descubrira un premio gordo, o asteroide máis mediático -con permiso de Apofis-, dos últimos tempos. Chámase 2012 DA14, unha especie de matrícula provisional que se refire ao ano, o mes e a orde do descubrimento, e ademais, visitaranos o próximo venres 15 de febreiro a unha distancia de 27.000 km, por debaixo da órbita que ocupan os satélites xeoestacionarios. Entón converterase na roca de certo tamaño detectada que haxa volado máis cerca da Terra.

O asteroide encontrábase entón a máis de 4 millóns de km da Terra, nada que ver co que esperamos en cinco días e que os científicos descartaron fai tempo se transforme en bofetada. Non existe ningunha posibilidade de impacto nesta ocasión. É un alivio, porque se se estrelara, liberaría unha enerxía de 2,5 megatóns na atmosfera, causaría unha devastación a escala rexional.
Tanto a NASA como a Axencia Espacial Europea (ESA) afirmaron que, aínda que a traxectoria da roca se adentra na órbita na que se encontran os satélites de comunicacións, o perigo para estes artefactos é mínimo, xa que o asteroide chega «desde abaixo» e non cruza no mesmo plano o cinturón xeoestacionario. Tampouco o hai para a Estación Espacial Internacional, que orbita moito máis abaixo, a menos de 400 km sobre o noso planeta.

Polo seu brillo, os científicos estiman que ten un diámetro duns 50 metros e unha masa de 130.000 toneladas de composición descoñecida. Viaxa a unha velocidade de 7,8 km por segundo e é de tipo Apollo, o que quere dicir que ten a inquietante costume de cruzar periodicamente a nosa órbita. De feito, só tarda un día máis que a Terra en dar a volta ao Sol (366,2 días). Os astrónomos seguirano con moitísima atención para desvelar con exactitude a súa verdadeira natureza (a súa masa, tamaño e período de rotación), especialmente por se pode supoñer un perigo nun futuro lexano, xa que a gravidade da Terra modificará a súa traxectoria.

A máxima aproximación de 2012 DA14 producirase as 20.24 hora peninsular española sobre o océano Índico, nas costas de Sumatra. «En España, poderase ver coma un punto de luz veloz a partir das dez da noite, aínda que xa estará alexándose da Terra. Sobre as once situarase preto da Estrela Polar», apunta o responsable de La Sagra. Só fan falta uns prismáticos. Como ocorre con todas as observacións astronómicas, é necesario buscar un lugar oscuro alexado das luces das cidades e que o tempo acompañe.

Os científicos estiman que existen aproximadamente 500.000 asteroides cercanos á Terra do tamaño de 2012 DA14. De eles, apenas se descubriron o 1%. Un bo motivo para seguir escrutando o ceo. Non credes?

Enlaces:



Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D 

1 comentario:

Unknown dijo...

Hoxe está o mundo pendente deste asteroide,