miércoles, 13 de febrero de 2013

Civilizacións intelixentes na nosa galaxia : unha entre 1 millón

2.700 planetas orbitan arredor doutras estrelas fóra do noso sistema solar. Os científicos da Universidade de California pregúntanse se algún deses miles de planetas poderían albergar unha civilización intelixente, parecida a nosa ou máis avanzada. Para responder a esta pregunta utilizaron o Telescopio de Green Bank en West Virginia o cal busca sinais de radio intelixentes emitidas dende algún planeta. Para facer o estudo elexíronse 86 estrelas e escolléronse as que tiñan cinco ou seis candidatos a planetas na súa órbita e tamén as que acollían planetas con condicións similares as da Terra. O telescopio pasou 12 horas recollendo cinco minutos de radiación de cada estrela con un rango de frecuencia baixo, despois buscou sinais de alta intensidade que so se poden producir de maneira artificial, é dicir, por unha civilización intelixente.
De momento non se atoparon sinais, pero os científicos calcularon que unha entre 1 millón de estrelas da nosa galaxia pode ter un planeta no que habite unha civilización avanzada capaz de transmitir sinais de radio detectables. A probabilidade parece baixa, pero non o é , xa que incluso con estas posibilidades poderían existir millóns de civilizacións avanzadas na nosa galaxia.

Adriana Canto Calviño
Fontes :

http://www.abc.es/ciencia/20130209/abci-civilizaciones-inteligentes-apenas-entre-201302081714.html

1 comentario:

Unknown dijo...

Podería considerarse esta noticia pseudocientífica?