miércoles, 6 de febrero de 2013



De onde lle  vén o penacho á pomba?


Hai máis de 10.000 especies de aves na Terra e sen embargo coñecemos moi pouco da súa xenética. Unha das máis comúns e posiblemente maís  descoñecida é a  pomba. Si, esa pesada que se pon na nosa mesa cando estamos a tomar unha cocacola nunha terraza.Contabilízanse máis de 350 razas e todas teñen un antepasado común: a pomba bravía ou Columba livia que se orixinou en Oriente Próximo.Todas elas amosan tamaños, peteiros, configuración ósea ou cor distintas pero hai algo que as fai especial: a crista e o penacho. Xa a Darwin lle chamaran a atención as pombas pola súa diversidade e agora, moitos séculos despois, un grupo de investigadores acaba de descubrir o xen responsable dos seu apéndices máis rechamantes. Posiblemente o penacho tivese un papel fundamental na selección de razas e o responsable da súa forma e posición é o xen EphB2, un xen que tamén está presente nos humanos, concretamente no alzheimer ou no cancro de próstata. E aquí ven o máis curioso: este xen presente na pomba é que que fai que as plumas da cabeza e o pescozo apunten cara a arriba en vez de cara a abaixo.
Despois de coñecer isto penso que xa miraremos doutra forma ás pombas cando a vexamos poñerse na nosa mesa. Elas tamén son especiais.
 














Brais Casas Fernández





 

No hay comentarios: