miércoles, 6 de febrero de 2013

UN ASTEROIDE MOI CERCANO Á TERRA



O 15 de febreiro de 2013 un asteroide, concretamente o 2012 DA14, pasará a menos de 30.000Km da Terra.Este asteroide, descuberto por astrónomos españois o ano pasado, na noite do 22 de febreiro de 2012 no Observatorio Astronómico da Sagra (Granada) nun proxecto levado a cabo polo Observatorio Astronómico de Mallorca, achégase cada medio ano ao noso planeta.A pesar de isto, non hai perigo de choque.


 O 2012 DA14 é un obxecto difícil de observar debido a súa traxectoria no ceo, a súa gran velocidade angular, o seu ténue brillo e ás características da súa órbita.


A pesar de que hay unha probabilidade de 1 contra 7,7 millóns de que impacte(probabilidade casi nula), o asteroide pasará moi preto da órbita dos satélites xeosíncronos, situados entre 35.000 e 40.000 Km sobre a órbita terrestre.Entre os satélites xeosíncronos atópanse uns 300 satélites operativos, que son na súa maioría, enlaces de telecomunicación, televisión e radio.

O momento no que o asteroide pasará máis preto da Terra será ás 19h 27 minutos(hora peninsular) aproximadamente e o lugar do mundo no que mellor se observará será en Indonesia.




FONTES DE INFORMACIÓN:

BRUNO CRUZ GONZÁLEZ 1ºA

No hay comentarios: