miércoles, 6 de febrero de 2013

Patentado un xel que palía os efectos do tratamento do cancro.

Científicos da Universidade de Granada patentan un composto a base de melatonina que é capaz de tratar e evitar a mucosite. 
A mucosite é unha reacción inflamatoria que afecta a mucosa do tracto dixestivo, dende a boca ata o ano, e é un dos principais efectos secundarios do trasplante de médula, da radioterapia e da quimioterapia.
Este problema pode chegar a dificultar bastante o tratamento do cancro pois, moitas veces, os pacientes teñen que ser ingresados e hai que interrumpir dito tratamento. Nalgunhas ocasións isto pode chegar a ser mortal.

Un 40% dos pacientes que recibiron algún tipo de tratamento contra o cancro, e case un 76% dos trasplantados de médula ósea desenrolan mucosite. En pacientes con cancro de cabeza e pescozo, o 97% desenvolven algún grao de enfermidade, e o 100% dos sometidos a  radioterapia fraccionada durante un tempo tamén a padecen.

Actualmente non existe tratamento para a mucosite, pois aínda non se coñece a súa fisiopatoloxía. 
Estívose a investigar sobre as propiedades da melatonina durante máis de vinte anos e, con este xel patentado, demostrouse que na mucosite hai un dano mitocondrial. 
"A melatonina mellora a reacción inflamatoria e protexe a mitocondria", di a autora principal deste traballo, Germaine Escames Rosa.
O éxito do tratamento reside no tipo de xel utilizado para a realización da formulación farmacéutica e na concentración utilizada de melatonina. 

Este xel é o primero composto creado no mundo para combater o problema da mucosite,  polo que é, sen dúbida, de enorme interés para a medicina e a industria farmacéutica en canto a mellora da calidade de vida dos pacientes con cancro.


http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/02/06/andalucia/1360144560_925580.html

No hay comentarios: