sábado, 23 de febrero de 2013

O planeta extrasolar máis pequeno.

O Kepler, telescopio espacial enviado pola NASA no ano 2009 co obxectivo de buscar planetas do tamaño da Terra fora do noso Sistema, atopou o planeta extrasolar máis pequeno coñecido ,cun tamaño pouco mais grande ca Lúa.




 O planeta chamado Kepler-37b  atópase a 210 anos luz da Terra ,na constelación de Lyra . No Sistema Kepler-37 que ten dous planetas mais (Kepler-37c e Kepler-37d). Este sistema planetario é diferente o Sistema Solar aínda que ten unha estrela similar o Sol.

 A temperatura de Kepler-37 será arredor de 400ºC xa que imaxínase que o planeta está mais cerca da estrela que Mercurio do Sol. Podería ser un planeta rochoso e sen atmosfera polo que non habería vida tal e como nos a coñecemos. Aínda que este planeta está na "zona habitable" do cosmos, é dicir, parte na se cre que podería haber auga líquida.A translación do planeta dura 13 días.




 Os científicos recordan que a medida que a tecnoloxía avanza comézase  a descubrir planetas cada vez mais pequenos.




Fontes :
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/02/20/ciencia/1361385170.html
http://www.lavanguardia.com/ciencia/20130221/54365602765/kepler-37b-planeta-mas-pequeno.html
http://danielmarin.blogspot.com.es/2013/02/kepler-37b-un-planeta-mas-pequeno-que.html

                                                                                        
       Lucia Barreiros González 1ºA




1 comentario:

Unknown dijo...

Lucía, esta noticia xa foi subida ao blog por Adriana, deberias mirar o que publican os teus compañeiros/as.