domingo, 28 de abril de 2013

CONFIRMADA A TEORÍA DA RELATIVIDADE GRACIAS A UNHA PARELLA DE ESTRELAS

O Observatorio Europeo Austral (Alemaña) confirmou a existencia de unha parella de estrelas situadas a 7000 anos luz do noso planeta.O descubrimento desta parella de astros axuda a confirmar a teoría da relatividade de Einstein, nun lugar inédito ata o de agora e nunhas condicións extremas de gravidade.

 
A teoría da relatividade proposta por Albert Einstein, fai aproximadamente un século, é a máis aceptada sobre como funciona a gravidade, pero moitos científicos propuñan a idea de que esta teoría non é así en corpos extremadamente masivos, onde as forzas de atracción son extremadamente maiores ás que atopamos na Terra.

Foi John Antoniadis, do Instituto Max Planck de Radioastronomía en Bonn (Alemaña), o encargado de poñer a proba esta teoría nas condicións extremas nas que non se cría que sucedera o plantexado por Einstein ao estudar esta estrela masiva de neutróns (tipo de estrela de maior densidade), cunha forza de gravidade extremadamente potente en superficie e que, xunto coa súa compañeira, unha anana branca, tardan unhas dúas horas e media en orbitarse unha á outra.


Os radiotelescopios de Arecibo en Porto Rico e de Effelsberg de Alemaña proporcionaron datos vitais sobre os sutís cambios na órbita desta parella de estrelas, afirma o estudo, hoxe publicado na revista Science.

Coas condicións extremas deste sistema, hoxe xa coñecido coma PSRJO348+0432, algúns científicos pensaron que a teoría Xeral da Relatividade podría non predicir con precisión a cantidade de radiación gravitatoria emitida e, polo tanto, o ritmo de deterioro da órbita.

A pesares de todo isto, as previsións de Einstein mantivéronse bastante ben, sinalou Paulo Freire, do Instituto Max Planck, outro dos autores deste proxecto.

FONTES DE INFORMACIÓN:

BRUNO CRUZ GONZÁLEZ  1º BAC A

No hay comentarios: