domingo, 28 de abril de 2013

Os transxénicos arraigan

Europa bloquea os cultivos modificados, pero estos expándense no resto do mundo.
A UE ten como obxetivo crear unha economía basada no coñecemento e recoñece o potencial dos organismos xenéticamente modificados (OXM), pero a súa política sobre estos cultivos creou un ambiente que fai que esto sexa imposible. 
   Os agricultores da UE négaselles a libertade de elección, impídeselles competir porque as políticas da UE discriminan activamente os que desexan cultivar transxénicos,pero esos mismos cultivos son aprobados para a importación. 
   No planeta hai xa 170,3 millóns de hectáreas con cultivos modificados xenéticamente, un 6% máis que durante 2011. De feito, Estados Unidos (69,5 millóns de hectáreas), Brasil (36,6), Arxentina (23,9) e Canadá (11,6), copan a superficie plantada. Pero, por vez primeira, as nacións en vías de desenrolo cultivan unha superficie maior (52%) que as desenroladas (48%). 

           

  
   Este cambio no mundo agrícola alarma a moitos, alegra a uns cantos e inquieta a case todos. En primeiro lugar, a todopoderosa industria alimentaria estadounidense, que soporta cada vez máis presión para que informe nas etiquetas dos seus productos dos contidos transxénicos. 
   A industria fixo todo o que puido para evitar o etiquetado, e agora está sentindo as consecuencias: unha profunda desconfianza cara ela e os seus productos. Esta desconfianza viaxa sobre todo ás grandes empresas de cultivos transxénicos: Monsanto, Bayer, Syngenta, Basf, e DowAgro Sciences. Entre as seis controlan a gran maioría das patentes e investigacións xenéticas. O resultado, según a ONG Grain, é dominar o 60% do mercado mundial das sementes e o 76% do de agroquímicos. 
   Os transxénicos están chamados a ser unha ferramenta para erradicar a fame, embargantes, o 90% dos cultivos transxénicos mundiales dedícase a colza, o millo, a soia e o algodón. E o seu destino é o textil industrial e alimenta-lo gando, pero non chega as persoas. 


                                         
   
  Tampouco causa gran tranquilidade saber que algunhas das compañias que fabrican os herbicidas son as mesmas que deseñan as sementes que o soportan. 
   Tamén entra en xogo o precio. As sementes modificadas son máis caras que as naturais, entre un 20% e un 40%. E os aforros para o agricultor proceden do menor gasto en pesticidas, maquinaria e man de obra.  
   A UE representa un papel desconcertante, só permite dous cultivos, un tipo de patata (Amflora) e unha clase de millo (MON 810) que é resistente a plaga do taladro. Pero da o plácet á importación de 45 productos. Así, atopámonos ca paradoxa de que os agricultores españois teñen que competir contra esa porta aberta ás importacións. 
   Os científicos auguran que seguindo a traxectoria actual, a UE enfréntase a quedarse por detrás do resto do mundo en tecnoloxía, economía e políticas humanitarias. 
Fontes:


Francisco Rodríguez Valencia, 1º Bach "A"


2 comentarios:

Iago Rodríguez Peña dijo...

Moi bo artigo, pero creo que hai que deixar claro que este é un estudo de apoio ós produtos transxénicos. Pola súa contra, hai moitos outros que apuntan todo o contrario polos danos que causan eses produtos na saúde humana (danos dos praguicidas, como cáncer, malformacións ou abortos; maior nivel de residuos tóxicos nos alimentos; posibilidade de xerar novas alerxias...) ou o impacto ambiental (contaminación de augas e solos; desaparición de insectos ou polinizadores, perda da biodiversidade...) Con todo, é un tema moi difícil de tratar debido ó forte dilema ético e social existente entre os defensores dos transxénicos e os que están na súa contra.
Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

Carmen Cid Manzano dijo...

Francisco e Iago síntome orgullosa das vosas reflexións. Creo que os cidadáns deben estar informados para poder opinar e ser capaces de tomar decisións.