domingo, 28 de abril de 2013

Células nai da placenta poden rexenerar o fígado

Un estudo realizado polo grupo de Medicina Rexenerativa do Instituto de Investigación do Hospital 12 de Outubro de Madrid e publicado na revista Cytotherapy, comprobou que células nai mesenquimales de  placenta poden transformarse, en determinadas condicións, en hepatocitos ou células de fígado o que permitiría a rexeneración do órgano lesionado.
Para realizar este estudo, Ana Isabel Flores, investigadora principal, explica que o seu equipo recolleu placentas de recén nacidos inmediatamente despois do parto. Despois  procesou as placentas no laboratorio, illou as células e as colocou en diferentes cultivos para estudar como se transforman en outros tipos celulares.
Así  o cultivo in vitro das células nai mesenquimales nun medio con proteínas presentes de forma natural no fígado permite que podan converterse en hepatocitos e formar unha estrutura semellante a un pequeno fígado de apenas medio centímetro de grosor chamada hepatosfera. Esta ten a actividade propia dun fígado  producindo albumina, a proteína que permite a distribución correcta dos líquidos corporais no organismo.
Outro cultivo das células nai mesenquimales en elementos presentes nun fígado danado tamén dan lugar ós hepatocitos, o que podería ser moi útil nun futuro para o seu uso en lesións hepáticas.
A investigación permitirá nun futuro mellorar as condicións de pacientes transplantados como daqueles que están en lista de espera, xa que o transplante de hepatosferas mellorará a adherencia e permanencia do enxerto unha vez trasplantado, así como a rexeneración do fígado. Flores tamén  sinala que este estudo é unha ferramenta moi importante para futuras terapias celulares e xenéticas, e que nalgúns casos está moi cerca o salto do laboratorio á clínica.
Este mesmo equipo, demostrou noutro estudo publicado na revista  'Cancer Gene Therapy', que o uso distas células mesenquimales de placenta ralentizan o crecemento dos tumores de mama e retrasa a aparición de tumores secundarios. “Estas células poden servir como axente terapéutico en cancro de mama, xa que diminúe a aparición de metástases” sinala Flores, que xa está realizando estudos con animais.




Fontes de información:

Iago Rodríguez Peña 1º BACH A


1 comentario:

Unknown dijo...

Noticia moi ben redactada.