domingo, 5 de mayo de 2013

A enerxía eólica, primeira fonte de electricidade en España durante o último semestre

   A enerxía eólica acaba de completar un novo avance das renovables dentro do conxunto enerxético español. Durante o período que vai dende  o 1 de novembro ó 30 de abril, converteuse por primeira vez na primeira fonte de electricidade, según indica a Asociación Empresarial Eólica (AEE) que realizou as súas estimacións a partir dos datos da Rede Eléctrica de España (REE).
En concreto, estes muíños de vento do século XXI subministraron un 25% da electricidade demandada polos consumidores do mercado nacional neste período e xeraron 31,7 teravatios hora (TWh), suficientes para abastecer de electricidade a 18,1 millóns de fogares. O subministro eólico por si só atendería a demanda de todas as familias españolas xa que no noso pais segundo o INI hai 17 millóns de fogares.
Estes datos fan referencia exactamente a cinco meses do período sinalado, xa que no mes de abril houbo importantes limitacións por parte do Goberno na produción deste tipo de enerxía. Estas restricións adoitan adoptarse para abaratar a factura do pago das primas á electricidade xerada no Réxime Xeral, onde se encadran as fontes de enerxía renovables. As abundantes chuvias do mes de marzo e abril, que obrigaron a desencorar os pantanos  e o continuo descenso da demanda de electricidade apoiaron estas limitacións. Dende principios de ano recortouse a produción nun 3%, situación preocupante para á organización empresarial que pide explicacións de por que a eólica  ten que ser a tecnoloxía máis recortada.
A maior participación desta enerxía renovable no sistema eléctrico contribúe á caída de prezo do megavatio hora. Abril marcou o prezo mensual máis barato para este tipo de enerxía dende que se liberalizou o mercado enerxético no 1998, 38,32€/MWh.




Fontes de información:
http://www.somoseolicos.com/2013/noticias/la-eolica-ha-sido-por-primera-vez-la-principal-fuente-de-electricidad-de-espana-durante-un-semestre-completo/

Iago Rodríguez Peña 1ºBACH A

1 comentario:

Unknown dijo...

Post moi oportuno e interesante.