sábado, 18 de mayo de 2013

A SIMBOLOXÍA DA RECICLAXE

Cada 17 de Maio celébrase en numerosos países o Día Mundial da Reciclaxe. Hoxe en día insístese en que o consumidor final é " peza clave" na cadea da reciclaxe, polo que se considera prioritario acercar os puntos de recollida e facer máis fácil a su labor. Para esto, estanse intensificando campañas de sensibilización centradas en fomentar a cultura da reciclaxe e divulgar a importancia da recollida selectiva de residuos entre os usuarios domésticos e profesionales.
   Ante as dúbidas que poden surxir respecto ós símbolos que acompañan ós envases que adquirimos, eiquí vos deixo unha rápida lista:
   Möbius Loop

   Bucle de Möbius: Indica que os materiais cos que foi fabricado poden reciclarse. Cada unha das frechas alude a un paso distinto do proceso de reciclaxe:  a recollida, a transformación e a volta ó mercado das materias primas reutilizadas. Se aparece un porcentaxe no seu interior alude a que só é reciclable nesa cantidade.




 Tidyman: Este simpático homiño anímanos a depositar cada residuo no lugar oportuno(papeleira, contenedor, iglú verde ou punto limpo)
 


   
 Punto Verde
   O Punto Verde que inclúen certos envases asegura que estos serán valorizados gracias a un Sistema Integrado de Xestión  (Ecoembes en España).
    Aluminio              Aceiro                 Cartón.

     Os distintivos que máis problemas poden plantexarnos á hora de identificar a composición dun ben que compramos e consumimos gardan relación, quizais, cos plásticos. Dende o Blog Amarelo, verde e azul  (de Ecoembes) bótannos un cable para descifrar estes xeroglíficos.
   1- PET o PETE (Polietileno tereftalato): Típico de envases de alimentos e bebidas porque é lixeiro e resistente.
   Aluminio reciclable.
  2- HDPE (Polietileno de alta densidade). Gracias a súa versatilidade e resistencia química emprégase, sobre todo, en envases relacionados coa hixiene, a limpeza do fogar ou os químicos industriais.
   Cartón reciclable.
   3- Vou PVC (Vinílicos ou Cloruro de Polivinilo). Tamén é moi resistente, polo que forma parte de mangueiras, equipamentos médicos, ventás, materiais para construcción, etc.
   4- LDPE (Polietileno de baixa densidade). Forte, flexible e transparente. Pódese observar en todo tipo de bolsas.
   Aceiro reciclable
   5- PP (Polipropileno). O seu alto punto de fusión permite enveases capaces de conter líquidos e alimentos quentes. Utilízase na elaboración de envases médicos, iogures, tapas, etc.
   6- PS ( Poliestireno). Pratos e vasos de usar e tirar, bandexas desechables para alimentos ou os envases de aspirina básanse nel. O seu punto de fusión fai posible que poda derreterse en contacto coa calor.
    Recollida selectiva de aparatos eléctricos e baterías. 

   Enlaces: 


Francisco Rodríguez Valencia, 1º Bach "A"

1 comentario:

Unknown dijo...

Hai que ter en conta que a reciclaxe é o último eslavón da Regra dos 3 erres da ecoloxía proposta por Greenpeace sobre hábitos de consumo. A secuencia por orden de importancia bioecolóxica é REDUCIR (o preferible é que o residuo non se produza), REUTILIZAR e RECICLAR.
Pero estamos moi lonxe da aplicación destas regras. Por exemplo, España é o terceiro país europeo en consumo de bolsas de plástico, e teremos que esperar para comprobar os efectos da campaña que se está a aplicar nos supermercados de redución deste material.
Estanse realizando estudos para comprobar se a reciclaxe é o mellor sistema para reaproveitar un residuo xa que supón gasto de enerxía e impacto ambiental. Hai traballos que comparan os efectos ambientais de produtos similares con distintos finais: reciclaxe, incineración para producir electricidade, compostaxe, dixestión anaeróbica, pirólises (descomposición química da materia orgánica por calor en ausencia de osíxeno)... Segundo este estudio, parece ser que reciclar adoita ser o apropiado, aínda que non é sempre así.
http://www.wrap.org.uk/content/environmental-benefits-recycling

Iago Rodríguez Peña 1º BACH A