Hai moitas formas de tirar o diñeiro e con toda seguridade
esta non é unha das máis caras, pero a súa inversión acabará perdida... nun buraco de Marte. A Unión Astronómica Internacional (IAU, polas súas siglas en inglés), a
organización encargada de «bautizar» oficialmente aos planetas e outros
obxectos celestes, denunciou públicamente a existencia dunha
iniciativa para porlle nome a cráteres marcianos a cambio de 5 dólares (algo máis de 4 euros), que «vai en contra das normas internacionalmente recoñecidas».
A compañía Uwingo,
que se anuncia como una fundación destinada á investigación
científica, propón dende o pasado 26 de febreiro a cualqueira que teña
unha conexión a internet que poña nome a un dos 500.000 cráteres marcianos que
seguen sin recibir unha denominación, como parte dun proxecto
cartográfico. Bautizar os cráteres máis pequenos costa algo máis de 4
euros, ainda que o precio sube a medida que aumenta o tamaño da
formación xeolóxica. Os nomes, xa sexan propios, dun equipo
deportivo, dun artista ou dun político, serán aceptados de inmediato e manteranse a non ser que sexan considerados ofensivos ou inadecuados. O diñeiro recaudado, que podría superar os 10 millóns de dólares, será
destinado á financiación da exploración espacial e a proxectos
educativos e de investigación, según Uwingo.
Sen embargo, para á IAU, esta é unha iniciativa que se
aproveita do interés do público no espacio e a astronomía. A
organización apunta que estes proxectos «van en contra do espíritu de
acceso libre e igualitario ao espacio, así como contra as normas
internacionalmente recoñecidas». Polo tanto, «os nomes comprados
nunca se poden usar nos mapas oficiais». A IAU sí alenta á xente a participar no proceso de nombramento de obxectos espaciais
cos métodos recoñecidos oficialmente, que sempre son gratuitos.
Invitación pública
Os astrónomos puxéronse de acordo sobre as normas
comúns para nomear aos obxectos ou fenómenos espaciais, de maneira que
poidan ser fácilmente localizados e descritos. Por exemplo, os
accidentes xeográficos dun planeta ou satélite determinado reciben
nomes escollidos dun tema en particular. Solo aos que se consideran
de importancia para a ciencia dáselles un nome, deixando que outros
sexan designados polas xeneracións futuras.
O público en xeral so pode por nome a un
accidente xeográfico ou a un obxecto espacial a raíz dunha invitación
pública dunha axencia espacial ou dos propios descubridores. Por
exemplo, este foi o caso da misión Magallanes da NASA en Venus,
iniciada en 1989, durante a cal invitouse aos ciudadáns a propor
nomes de mulleres famosas para nomear distintos lugares. O mismo
ocorreu co nomeamento dos dous satélites descubertos recentemente en Plutón,
que foi o resultado dunha votación pública. Pero para os cráteres de
Marte, hoxe por hoxe, «solo os seus descubridores, as axencias espaciais,
poden tomar a iniciativa de involucrar ao público no proceso de
nomeamento, en cooperación coa IAU e seguindo a normativa
internacional».
Na actualidade, o Grupo de Traballo da IAU para
Nomenclatura do Sistema Planetario (WGPSN), en representación da
comunidade astronómica mundial, ofrece un sistema único dos nomes oficiais dos obxectos do Sistema Solar (accidentes xeográficos da superficie do planeta, satélites naturais, planetas ananos e os aneis planetarios). Os de Uwingo (significa «ceo» en swahili) xa saben que non teñen o
beneplático da IAU e non buscan a súa aprobación, xa que consideran os seus
nomes simplemente «populares». Serán os cidadáns queness decidan si
merece a pena gastar o seu diñeiro en algo que quizais lles faga ilusión,
pero que nunca sairá nun mapa da NASA.
Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140312/abci-engano-ponerle-nombre-crater-201403121258.html
Martín González Fernández 1º bach A
No hay comentarios:
Publicar un comentario