miércoles, 12 de marzo de 2014

"Resucitan" un virus xigante tras pasar máis de 30.000 anos conxelado en Siberia

O virus xigante bautizado como Phitovirus sibericum sobrevivíu máis de 30.000 anos conxelado na capa de xeo  da época da extinción dos Neandertais, e aínda así, todavía é infeccioso. Este antigo virus, que non resulta perigoso para as plantas nin para os animais pero sí para as amebas, elevou a tres o número de familias de virus xigantes coñecidas ata o momento. A pesar de non ser perigoso para os animais, os científicos aseguran que segundo se vaia derretindo o xeo, poderían desencadearse outros virus que sí nos afectasen.
Phitovirus é moi diferente dos virus xigantes coñecidos ata agora. Estos virus son facilmente visibles cun simple microscopio óptico, e o seu tamaño e xenoma é semellante ao de moitas bacterias. Phitovirus é o de maior tamaño que se ten atopado, con 1,5 micrometros de longo.

Jean Michel Claverie y Chantal Abergel, tiveron a idea de buscar un virus e desconxelalo cando souberon que se fixera o mesmo cunha antiga planta de frutas enterrada no permafrost siberiano.
Segundo afirman, Phitovirus baixo un microscopio ten a apariencia dun óvalo de parede grosa cunha abertura no extremo. Ademáis, ten un "corcho" cunha estrutura de niño de abella que tapa a abertura.Cópiase a sí mesmo mediante réplicas de "fábricas" no citoplasma do seu hóspede e faise cargo do núcleo.
Anínda que os virus xigantes adoitan dirixirse as amebas, unha bióloga francesa descubríu que o ano pasado un neno de 11 meses de idade fora afectado por outro virus xigante. O neno foi hospitalizado e o equipo descurbríu no seu sangue ADN restos do seu ADN.
A posibilidade de que resurxan virus que se teñen por erradicados, como o da varíola que se multiplica de maneira similar a dos Phitovirus, non é descartable.

Credes que o derretimento do xeo influído polo calentamento global nos traerá problemas deste tipo nun futuro cercano?


Fontes:

  • http://www.cadenaser.com/ciencia/articulo/resucitan-virus-congelado-hace-30000-anos/csrcsrpor/20140304csrcsrcie_1/Tes
  • http://www.abc.es/ciencia/20140304/abci-virus-gigante-sobrevive-tras-201403041017.html
  • http://www.europapress.es/ciencia/noticia-resucitan-virus-gigante-pasar-30000-anos-congelado-siberia-20140304113748.html

Ana Rodríguez Vilas 1º Bach A

No hay comentarios: