jueves, 20 de marzo de 2014

Desvelan a acción dun novo xene da obesidade

Os estudos que indagan nas bases xenéticas da obesidade sinalaron a un xen, chamado FTO, como un dos grandes responsables xenéticos desta enfermidade. Xa se identificaron ata 75 lugares do xenoma implicados no aumento da masa corporal, pero un simple cambio de só un dos ladrillos básicos que compoñen o FTO considérase unha das mutacións máis relacionadas coa obesidade.

Agora, unha colaboración internacional formada por universidades de Estados Unidos, Canadá e España chegou á conclusión de que hai outro xen 'culpable' verdadeiramente da obesidade.

Dito de xeito técnico, descubriron que certas mutacións do FTO ligadas á obesidade realmente non activan a expresión deste xen, senón a doutro situado a mil unidades de distancia, o IRX3.

"Os nosos datos suxiren que IRX3 controla a masa corporal e regula a composición do corpo", declara un dos autores do estudo; e engade: "Calquera asociación entre FTO e a obesidade é froito da influencia do IRX3".

Este traballo multidisciplinar, tamén revela que os ratos con carencias neste xen son máis delgados, cunha redución do 25% ao 30% no peso corporal. En total, corroboraron que esta interacción acontece en humanos, ratos e peixes cebra, o que suxire que este mecanismo se conservou evolutivamente no xenoma.




Un dos experimentos para confirmar o papel de IRX3 na obesidade consistíu en alimentar cunha dieta alta en graxas ratos sen IRX3; estes mantiñan o seu peso e os niveis lipídicos, mentres que os ratos normais sometidos a esa mesma dieta engordaban ata duplicar a súa masa. "Ademais, tiñan mellor capacidade para captar a glicosa e estaban máis protexidos fronte a diabete"


Alba Álvarez Pacios, nº1 1ºBACH.-A



A pita do inferno

- "É unha desas cousas que xamais desearías encontrar nunha rúa escura".

A escenificación tan gráfica do novo dinosaurio "que acaba de saír do ovo" na revista PLoS ONE fai pensar que, nalgún momento do seu estudo, se lle debeu aparecer nun pesadelo ó investigador principal do equipo que o describiu, Matt Lamanna (Carnegie Museum of Natural History, Pittsburgh). De feito, deulle como nome científico o de unha divinidade demoníaca plumífera, Anzu (o paxaro da tormenta), protagonista do roubo das Tablas do destino na mitoloxía sumeria y acadia. E coloquialmente refírese a el como "chicken from hell".

Anzu, con nome de paxaro ladrón mesopotámico, é un oviraptorosaurio, o grupo de dinosaurios ó que o destino lle xogou una mala pasada. A súa denominación deriva dun dinosaurio asiático terópodo (carnívoro) que se encontrou encima dun niño de ovos e ó que se condenou en 1924, en xuízo sumarísimo e sen posibilidade de defensa, a levar o nome de Oviraptor, é dicir, "ladrón de ovos", tras supoñer que morreu mentras os estaba rapiñando. Cando moitas décadas despois comprobouse que dentro de ovos como os do niño posiblemente saqueado había "oviraptoriños" fosilizados comprenseuse que quen estaba encima, lonxe de pretender devoralos, morreu cando estaba protexendo a súa posta. Esta é a historia do nome aparentemente máis inxusto da historia dos dinosaurios.

Non sabemos se os propietarios dos tres esqueletos que permitiron caracterizar agora ó oviraptorosaurio máis grande ata o momento encontrado en Norteamérica estarían a favor do nome que lle caeu en sorte, pois seguen sen librarse do estigma do roubo. O que sabemos é que, entre os tres exemplares, deuse reconstruído casi por completo a apariencia destes animais que viviron fai 66 millóns de anos no que hoxe son Dakota do Norte e Dakota do Sur. O seu aspecto sería o de unha "superpita" de entre 200 e 300 kg de masa corporal, 1,5 m de altura ó nivel das súas cadeiras e uns 3,5 m de lonxitude, tendo en conta que boa parte da mesma correspondería a unha cola da que carecen as nosas aves de corral. Outra diferenza notable radica na configuración das súas extremidades anteriores, cunhas garras que ben fácilmente poderíannos sacar un ollo naquela rúa imaxinaria.

 

O maior xenoma xamais secuenciado

Parece ser que hai dispendio de material de ADN, como por exemplo no do piñeiro taeda, que consta de 22.180 millóns de bases (adenina,guanina, timina e citosita), sete veces os 3.200 millóns do xenoma do ser máis complexo que se coñece: o humano. Foi publicado en Genome Biology.
O piñeiro taeda é unha especie cun madeiro longo e recto, que fai que se aproveite a súa madeira. Por iso hai abundantes plantacións en todo EUA.



A explicación pola que o seu xenoma ten semellante tamaño é que o 80% dos seus segmentos están repetidos, iguais. A natureza pode xustificar este fenómeno, xa que a máis copias do xene máis doado que se active e máis doado de conservar, pero tanta repetición parece excesiva. Nos humanos isto sucédenos só nun 25% do xenoma.

Elixiuse a esta árbore pola súa grande utilidade, pero o tamaño do seu ADN complicou bastante o proceso. O que se adoita facer é romper en anacos ao azar e secuenciar os por separado que logo se ensamblan. Neste houbo que sacar uns moldes previos clonando segmentos para poder axustar as pezas.

Entre os xenes que se identificaron, hai algúns comúns a outras plantas, como os da formación da madeira. O resto quedan en investigación e ver se lle pasa como ao humano que cría que había xenoma lixo. Queda por confirmar se tanta repetición no piñeiro serve para algo ou é un defecto asumible que non lastra o funcionamento do resto.


Valeria Pereira Cartelle 1ºBach A

Fontes de información:
 http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/03/20/actualidad/1395334305_304529.html

miércoles, 19 de marzo de 2014

Rusia quere construir o maior telescopio do mundo en Canarias

O Goberno de Canarias anunciou que o Executivo ruso está interesado en construir nas illas o que sería o maior telescopio do mundo, de 60 metros de diámetro. Este interés foi expresado na capital rusa polo rector da Universidade de Moscú, Viktor Sadovnicheva, durante a súa intervención con motivo da firma dun acordo co Goberno de Canarias para impulsar o coñecemento científico, segundo informa o Executivo rexional nun comunicado.
Nese acto, onde estuvo o presidente canario, Paulino Rivero, tamén presentouse a segunda edición do congreso internacional Starmus, un encuentro científico e lúdico que celebrarase do 22 ao 27 setembro en Canarias, na illa de Tenerife, baixo o lema ''Los orígenes: cómo se hizo el Cosmos moderno'' e ao que asistirán destacados investigadores, entre estos, dous premios Nobel.
O proyecto ruso contempla un telescopio cun espello primario de 60 metros de diámetro, frente aos 10,4 metros do ''Gran Telescopio Canarias'' e os 24,5 do ''Telescopio Gigante de Magallanes'' (Chile), actualmente en construcción.
Fontes: http://www.elmundo.es/ciencia/2014/03/19/5329df43e2704e8a1b8b4585.html
Diego Losada Vázquez 1º Bach-A

A Terra esquivou un balazo solar fatal en xullo de 2012

O 23 de xullo de 2012, unha rápida sucesión de execcións de masa coronal -as máis intensas erupcións que se producen no Sol- enviou disparada unha nube de plasma magnetizado cara o espazo que atravesou a órbita terrestre. A Terra consiguiu esquivar o balazo, pero si a erupción se producira tan so nove días antes, golpearíanos de cheo. As consecuencias foron descritas na Nature Communications por investigadores da Universidad de California, Berkeley, e la Academia China de Ciencias en Pekín, e, certamente, resultan inquietantes. Os científicos aseguran que o impacto solar puido causar estragos na rede eléctrica, desactivado os satélites e GPS e perturbado ampliamente as nosas vidas, cada vez máis dependentes da tecnoloxía. En resumo, os efectos serían «tremendos» e o mundo necesitaría de catro a dez anos para recuperarse. 
As explosións solares envolverían a Terra en fogos artificiais magnéticos como os da mayor tormenta magnética xamais rexistrada no noso planeta, o chamado evento Carrington de 1859. O modo dominante de comunicación nese momento, o sistema de telégrafos, quedou inutilizado en Estados Unidos. Mentras tanto, a aurora boreal iluminaba o ceo nocturno ata o sur de Hawai.
Se a tormenta magnética, detectada pola nave espacial STEREO (Observatorio Solar y Terrestre) da NASA, golpeara a Tierra «probablemente pareceríase á grande en 1859 , pero o efecto hoxe, coas nosas tecnoloxías modernas, sería tremendo», di Janet G. Luhmann, investigadora do equipo de STEREO e do Laboratorio de Ciencias Espaciales en Berkeley.
Un estudo realizado o ano pasado estimou que o coste dunha tormenta solar como o Evento Carrington podría alcanzar 2.600 millóns de dólares en todo o mundo. Un evento considerablemente menor o 13 de marzo de 1989 levou ao colapso da rede eléctrica Hydro-Quebec de Canadá, e a consiguiente pérdida de electricidade a seis millóns de persoas durante un máximo de nove horas.
«Unha tormenta de clima espacial extrema -unha super tormenta solar- é un evento de baixa probabilidade pero de grandes consecuencias que plantea unha grave ameaza para infraestructuras críticas da sociedade moderna», advertiu Ying D. Liu, da Academia China de Ciencias en Pekín. «O coste dun evento así, se golpea a Tierra, podría chegar a miles de millóns de dólares cun potencial de tempo de recuperación de 4 a 10 anos. Polo tanto, é de suma importancia para a seguridade e o interés económico da sociedade moderna entender as supertormentas solares».

La Tierra esquivó un balazo solar fatal en julio de 2012


A 2.000 km por segundo

Os investigadores chegaron á conclusión de que STEREO detectou unha enorme explosión no Sol o 22 de xullo que impulsou unha nube magnética a través do vento solar a unha velocidade máxima de máis de 2.000 kilómetros por segundo, catro veces máis a velocidade típica dunha tormenta magnética. Atravesou a órbita da Terra, pero, por sorte, o noso planeta e o resto estaban no outro lado do Sol nese momento. Calqueira planeta na línea de tiro sufriu severas tormentas magnéticas.
Os investigadores chegaron á conclusión que a enorme explosión foi resultado de polo menos dous execcións de masa coronal casi simultáneas (CME), separadas por so 10 ou 15 minutos, que normalmente liberan enerxías equivalentes á duns mil millóns de bombas de hidróxeno. A velocidade coa que a nube magnética atravesou o vento solar era tan alta porque outra exección de masa que se produxo catro días antes despexou o camiño.
Unha das razóns polas que o evento era potencialmente tan peligroso, ademais de pola súa alta velocidade, é que produxo un campo magnético orientado hacia o sur de moi larga duración. Esta orientación conduce as tormentas magnéticas máis grandes cando chegan á Terra porque o campo sur se une violentamente co  campo norte da Tierra nun proceso chamado reconexión. Cando a polaridade é contraria, o vento solar ten mayor facilidade para atravesar a magnetosfera terrestre, e as tormentas normalmente notaríanse so nos polos crean auroras ata nos trópicos.
«A xente segue dicindo que estes peligros naturais son pouco comúns, pero están sucedendo no Sistema Solar a pesar de que non sempre os vemos», señala Luhmann. «É como cos terremotos, é difícil convencer á xente da importancia de prepararse a menos que unha sufra un terremoto de magnitud 9».
Este evento foi particularmente inusual porque ocorreu durante un período solar moi tranquilo. «As observacións de supertormentas solares foron moi escasas e limitadas, e a nosa comprensión actual é moi pobre», advirte Liu. «Preguntas fundamentales como, por exemplo, como se forman e evolucionan os eventos extremos e como de graves poden ser na Terra, non son abordadas pola falta de observacións».

Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140319/abci-tierra-esquivo-enorme-bala-201403191216.html
  
                                                 
                                                                    Martín González Fernández 1ºbach A

martes, 18 de marzo de 2014

Un musgo conxelado na Antártida durante 1.500 anos «resucita» e segue crecendo

A vida pode ser moito máis resistente do que parece. Investigadores do British Antarctic Survey e a Universidade de Reading (Reino Unido) comprobaron cómo un musgo volve á vida tras pasar máis de 1.500 anos conxelado baixo o xeo da Antártida. Non so «resucitou», senón que ademais o vexetal segue crecendo. Esta planta, vital para o ecosistema en ambas rexións polares, demostrou que ten a capacidade de sobrevivir séculos e incluso milenios, o que proporciona unha «emocionante nova visión da supervivencia da vida na Tierra», según explican os investigadores na revista Current Biology. 
 Un musgo congelado en la Antártida durante 1.500 años «resucita» y sigue creciendo
Os científicos sabían que os musgos poden sobrevivir un par de décadas en condicións ambientais extremas, pero hasta agora non se comprobou o seu potencial para sobrevivir prazos moito máis largos. Os investigadores tomaron mostras dos musgos libres de contaminación das profundidades dun banco conxelado na Antártida, que xa tiñan polo menos un par de décadas antes de quedar xeadas por primeira vez. Despois, foron colocadas nunha incubadora a unha temperatura normal de crecimento. Pasadas unhas poucas semanas, comenzaron a crecer. Utilizando a datación por carbono, o equipo identificou que o musgo tiña polo menos 1.530 anos de antigüedade.
«Este experimento demostra que os organismos multicelulares, as plantas neste caso, poidan sobrevivir en escalas de tempo moito máis largas do que se pensaba. Estos musgos, unha parte clave do ecosistema, podrían sobrevivir períodos milenarios de avance do xeo, como a  Pequena Idade de Xeo en Europa», di Peter Convey, investigador do British Antarctic Survey e coautor do estudio. Se esto é así, a recolonización das plantas despoixa dunha época xeada pode ser máis fácil, en vez de migrar a través de distancias transoceánicas desde rexións máis cálidas.
Os musgos son unha parte importante da bioloxía das dúas rexións polares. Son as plantas dominantes en grandes zoas e un importante almacén de carbono. «O que fan os musgos no ecosistema é moito máis importante do que xeralmente nos damos conta cando miramos un musgo nunha parede, por exemplo. Entender o que controla o seu crecemento e a distribución, en particular nunha zona de rápidos cambios no mundo, como é a Península Antártica, ten gran importancia», sinala Convey.
O descubrimento plantea a emocionante posibilidade de que formas de vida complexas sobrevivan períodos ainda máis largos encerrados baixo unha capa de xeo.

Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140317/abci-musgo-congelado-antartida-durante-201403171628.html


                                                                 Martín González Fernández 1ºbach A


lunes, 17 de marzo de 2014

Vivir na Lúa


O físico Stephen Hawking declarou que nos próximos 100 anos o home fará asentamentos na Lúa e mais en Marte, ainda que para o último caso teremos que esperar ata 2100.


Isto foi o que formulou na entrevista ao programa científico Planet, insiste en que dentro de 50 anos os asentamentos na Lúa son mais que probables e  se nese tempo non somos capaces de colonizar outros planetas o ser humano enfrontarase a unha inminente extinción.
O noso planeta, con recursos finitos e con población cada vez maior quédasenos pequeno e para afrontarnos ás ameazas que isto supón debemos de ir planteándonos a idea deste novo e incrible destino.

Fontes:
http://www.abc.es/ciencia/20140317/abci-stephen-hawking-humano-extinguira-201403171917.html

Pilar Veloso Trigo - 1ºC

DETECTAN POR PRIMEIRA VEZ ONDAS PROCEDENTES DO BIG BANG



 Astrónomos do Centro de AstrofísicaHarvard-Smithsoniano coa axuda do telescopio BICEP 2, que se atopa instalado na  base antártica Amundsen Scott no Polo sur, onde recolle a enerxía fósil do Big Bang (que tivo lugar fai 13.800 millóns de anos) descubriron por primeira vez as ondas gravitacionales que percorreron o Universo primitivo, durante un periodo explosivo de crecemento chamado inflación.

 
Telescopio BICEP 2


As teorías da inflación cósmica din que o cosmos se expandía por 100 billóns de billóns de veces nun abrir e pechar de ollos, é por iso que os investigadores buscaron a evidencia máis directa desta inflación en forma de ondas gravitacionales as cales están producidas por un modelo de luz polarizada chamado polarización “en modo B” sendo o equipo do BICEP 2 o que asumiu o reto no mellor sitio de observación da Terra: o Polo Sur. Comezou no ano 2006 e que agora obtén a confirmación máis importante de dita teoría.

            Os expertos indicaron que a clave o éxito foi o uso de detectores superconductores novos que cando se arrefrían permiten que a corrente eléctrica flúa sen resistencia e que combinan as propiedades da superconductividad con estruturas pequenas que só se poden ver cun microscopio. 
Son as primeiras imaxes de ondas gravitacionales , ondas que se describiron como os
primeiros temblores do Big Bang, y que era un dos obxetivos mais importantes da cosmoloxia actual.


O novo rostro do Big Bang

Fontes:
http://www.elconfidencial.com/tecnologia/2014-03-17/detectan-por-primera-vez-ondas-procedentes-del-big-bang_103318/
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/03/17/actualidad/1395070473_494711.html
          

Patricia Pérez Froufe 1º Bach A

jueves, 13 de marzo de 2014

Científicos xaponeses piden a retirada do seu último estudio sobre células nai

Haruko Obokata, principal autora




Este estudio aseguraba a posibilidade de obter células embrionarias introducíndoas nun entorno moi ácido e aplicando presión sobre as súas membranas. Despois da publicación deste traballo, outros laboratorios inténtarono reproducir pero foron incapaces de lograr os mesmos resultados.

O artigo fora publicado na prestixiosa revista Nature que decidiu  por baixo investigación o traballo do Instituto Riken, un dos centros máis punteiros a nivel mundial en materia de células nai.


Os científicos afirman que a base do estudio non se ve afectada polo momento e que esperan poder volver a presentar a investigación unha vez correxidos os erros.

Este artigo recórdabos a algun dos requisitos dunha investigación científica?

Fontes:

http://www.elmundo.es/salud/2014/03/10/531e0223268e3edd2f8b4588.html
http://www.diariolavoz.net/2014/03/11/japon-pide-investigar-fondo-el-ultimo-estudio-sobre-celulas-madre/

Fátima Rodríguez Delgado, 1ºBach D



O Hubble capta cómo un asteroide pártese en dez pedazos


O telescopio espacial Hubble foi testigo de excepción de cómo un asteroide que se dirxía hacia o Sol se dividía en máis de dez fragmentos.


En outras ocasións, os científicos poideron ver como cometas feitos de polvo e xeo se desfacían literalmente a medida que se acercaba ao Sol, pero nunca unha roca de estas magnitudes. 
"Trátase dunha roca sólida -afirma David Jewitt, da Universidade de California e director da investigación- e ver cómo se fai pedazos xusto delante dos teus ollos resulta moi excitante".





        <----- imaxe do telescopio Hubble

 Este acontecemento é asombroso e único para o ser humano xa que é a primeira vez que se contempla en directo a desintegración dunha roca espacial de estas características.


                               Oswaldo Zorrilla García 1ºA

miércoles, 12 de marzo de 2014

Descuberta unha estrela hiperxigante

A estrela HR5171A, unha hiperxigante amarela con un diámetro de máis de 1300 veces o solar, ha sido observada polo conxunto de telescopios VLT, en Chile. / ESO 

A estrela HR5171A está a  12.000 anos luz da Terra, na constelación de Centauro, e é unha xigante amarela, tan enorme que, con un diámetro de 1.300 veces o do Solar, resulta a mayor que se coñece de este tipo. É aproximadamente un millón de veces máis brillante que a nosa estrela. O ha descuberto un equipo internacional co conxunto de telescopios VLT (do Observatorio Europeo Austral, ESO) en Chile e cunha técnica avanzada de observación, pero combinando os seus resultados con datos de outros telescopios e de traballos de astrónomos aficionados que os científicos profesionaies califican de “excelentes”. É unha das dez estrelas máis grandes, con un tamaño de 50% superior á famosa superxigante Betelgeuse.
As hiperxigantes amarelas son pouco corrientes, solo se coñece unha docena de elas na Vía Láctea, e están nunha fase da sua evolución na que son inestables e cambian rápidamente, expulsando e formando unha nebulosa extensa ao seu alrededor, explican os expertos do ESO. En concreto HR5171A, está facéndose máis grande nos últimos 40 anos, enfriándose ao crecer.
Ilustración da estrela HR5171A e a sua compañeira que forman un sistema estelar doble no que os dous astros se tocan. / ESO

HR5171A forma un sistema binario con unha compañeira de masa inferior e algo máis quente, con unha temperatura da primera na sua superficie que ronda os 5.000 graos centígrados; a menor da unha volta completa alrededor da maior cada 1.304 días terrestres, con un marxe de error de seis días máis o menos. Esta formación de sistema binario ha sido unha sorpresa para os astrónomos ao realizar as últimas observaciones. “As dous estrelas están tan xuntas que se tocan e o sistema no seu conxunto parece un cacahuete xigante”, dice Olivier Chesneau (da Universidade de Niza Sophia-Antipolis e do CNRS francés), líder da investigación. Os resultados de este traballo vanse a publicar na revista Astronomy and Astrophysics, pero o artigo adelantase en internet (Arxiv), como é habitual na física.
Este equipo internacional ha recurrido ao conxunto de grandes telescopios VLT que o ESO ten no cerro Paranal (Chile), con catro observatorios de 8,2 metros de diámetro cada un e outros tantos auxiliares de 1,8 metros precisamente para utilizalos en combinado mediante a técnica denominada interferometría. É un modo de observación habitual fai tempo en radioastronomía, pero moi difícil no caso de equipos de infrarroxo, como se fixo neste caso de HR5171A. Ao combinar a luz da estrela captada por varios telescopios, o conxunto actúa, a efectos de resolución, coma se se tratara dun único observatorio de espellos principal de 140 metros de diámetro.
Conxunto de telescopios VLT do Observatorio Europeo Austral (ESO), no Cerro Paranal (Chile). / ESO/H.H.HEYER

ENLACE: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/03/12/actualidad/1394640909_358438.html

Pablo González Vázquez               1ºC   BACHILLER

O HUBBLE CAPTA COMO UN METEORITO SE DESCOMPON

Por primeira vez fomos capaces de ver en directo a desintegración dunha rocha espacial. Foi grazas ao telescopio espacial Hubble que captou como o asteroide se achegaba ao Sol e se desintegraba en dez fragmentos.

Antes púidose observar como un cometa, formado de po e xeo, se desfacía a medida que se achegaba ao Sol. Pero ata agora ninguén lograra ver este comportamento nun membro do cinto de asteroides.



"Trátase dunha rocha sólida e ver como se esnaquiza xusto diante dos teus ollos resulta moi excitante".



O asteroide, chamado P/2013 R3, que xa se visualizara o 15 de setembro de 2013 e despois no observatorio Keck, en Hawaii, está formado de tres corpos que se moven xuntos. Os datos do Hubble mostraron que os fragmentos se afastaban lentamente os uns dos outros, a unha velocidade de case dous km. por hora. O asteroide empezou a esparexerse a finais do ano pasado, pero aínda se están a encontrar novas pezas.

Descartáronse varias causas polas que o asteroide podería terse desintegrado como por exemplo é pouco probable que se desintegrase coa colisión con outra rocha xa que tería feito que os fragmentos se movesen moito máis á présa do que o fan. E tampouco é probable que as pezas do asteroide se estivesen a separar a causa da presión exercida polo quentamento e vaporización do xeo interno.

A única explicación probable é que a acción dos raios solares, que causan que a taxa de rotación da rocha se vaia incrementando pouco a pouco. Desta forma, a forza centrífuga da súa propia rotación fai que se vaian separando.

Para que esta explicación sexa a correcta, é necesario que o asteroide teña unha estrutura interna moi débil, debido a colisións anteriores que non chegaron a destruílo. O que lle acontece agora a P/2013 R3 podería ser consecuencia dunha antiga colisión, sucedida mesmo hai mil millóns de anos. Isto alértanos da importancia que ten a presión dos raios solares na desintegración de asteroides de non máis dun quilómetro e medio de diámetro.

Calculouse que os restos de P/2013 R3 nun futuro constituirá unha rica fonte de meteoroides. Moitos rematarán caendo no Sol, pero unha pequena fracción destes, poderían chegar a cruzar algún día os nosos ceos en forma de meteoros

FONTES DE INFORMACIÓN: http://www.abc.es/ciencia/20140307/abci-hubble-capta-como-asteroide-201403070959.html


Valeria Pereira Cartelle 1ºBach A

"Resucitan" un virus xigante tras pasar máis de 30.000 anos conxelado en Siberia

O virus xigante bautizado como Phitovirus sibericum sobrevivíu máis de 30.000 anos conxelado na capa de xeo  da época da extinción dos Neandertais, e aínda así, todavía é infeccioso. Este antigo virus, que non resulta perigoso para as plantas nin para os animais pero sí para as amebas, elevou a tres o número de familias de virus xigantes coñecidas ata o momento. A pesar de non ser perigoso para os animais, os científicos aseguran que segundo se vaia derretindo o xeo, poderían desencadearse outros virus que sí nos afectasen.
Phitovirus é moi diferente dos virus xigantes coñecidos ata agora. Estos virus son facilmente visibles cun simple microscopio óptico, e o seu tamaño e xenoma é semellante ao de moitas bacterias. Phitovirus é o de maior tamaño que se ten atopado, con 1,5 micrometros de longo.

Jean Michel Claverie y Chantal Abergel, tiveron a idea de buscar un virus e desconxelalo cando souberon que se fixera o mesmo cunha antiga planta de frutas enterrada no permafrost siberiano.
Segundo afirman, Phitovirus baixo un microscopio ten a apariencia dun óvalo de parede grosa cunha abertura no extremo. Ademáis, ten un "corcho" cunha estrutura de niño de abella que tapa a abertura.Cópiase a sí mesmo mediante réplicas de "fábricas" no citoplasma do seu hóspede e faise cargo do núcleo.
Anínda que os virus xigantes adoitan dirixirse as amebas, unha bióloga francesa descubríu que o ano pasado un neno de 11 meses de idade fora afectado por outro virus xigante. O neno foi hospitalizado e o equipo descurbríu no seu sangue ADN restos do seu ADN.
A posibilidade de que resurxan virus que se teñen por erradicados, como o da varíola que se multiplica de maneira similar a dos Phitovirus, non é descartable.

Credes que o derretimento do xeo influído polo calentamento global nos traerá problemas deste tipo nun futuro cercano?


Fontes:

  • http://www.cadenaser.com/ciencia/articulo/resucitan-virus-congelado-hace-30000-anos/csrcsrpor/20140304csrcsrcie_1/Tes
  • http://www.abc.es/ciencia/20140304/abci-virus-gigante-sobrevive-tras-201403041017.html
  • http://www.europapress.es/ciencia/noticia-resucitan-virus-gigante-pasar-30000-anos-congelado-siberia-20140304113748.html

Ana Rodríguez Vilas 1º Bach A

O «engano» de porlle nome a un cráter de Marte

Hai moitas formas de tirar o diñeiro e con toda seguridade esta non é unha das máis caras, pero a súa inversión acabará perdida... nun buraco de Marte. A Unión Astronómica Internacional (IAU, polas súas siglas en inglés), a organización encargada de «bautizar» oficialmente aos planetas e outros obxectos celestes, denunciou públicamente a existencia dunha iniciativa para porlle nome a cráteres marcianos a cambio de 5 dólares (algo máis de 4 euros), que «vai en contra das normas internacionalmente recoñecidas».
A compañía Uwingo, que se anuncia como una fundación destinada á investigación científica, propón dende o pasado 26 de febreiro a cualqueira que teña unha conexión a internet que poña nome a un dos 500.000 cráteres marcianos que seguen sin recibir unha denominación, como parte dun proxecto cartográfico. Bautizar os cráteres máis pequenos costa algo máis de 4 euros, ainda que o precio sube a medida que aumenta o tamaño da formación xeolóxica. Os nomes, xa sexan propios, dun equipo deportivo, dun artista ou dun político, serán aceptados de inmediato e manteranse a non ser que sexan considerados ofensivos ou inadecuados. O diñeiro recaudado, que podría superar os 10 millóns de dólares, será destinado á financiación da exploración espacial e a proxectos educativos e de investigación, según Uwingo.
Sen embargo, para á IAU, esta é unha iniciativa que se aproveita do interés do público no espacio e a astronomía. A organización apunta que estes proxectos «van en contra do espíritu de acceso libre e igualitario ao espacio, así como contra as normas internacionalmente recoñecidas». Polo tanto, «os nomes comprados nunca se poden usar nos mapas oficiais». A IAU sí alenta á xente a participar no proceso de nombramento de obxectos espaciais cos métodos recoñecidos oficialmente, que sempre son gratuitos.

Invitación pública

Os astrónomos puxéronse de acordo sobre as normas comúns para nomear aos obxectos ou fenómenos espaciais, de maneira que poidan ser fácilmente localizados e descritos. Por exemplo, os accidentes xeográficos dun planeta ou satélite determinado reciben nomes escollidos dun tema en particular. Solo aos que se consideran de importancia para a ciencia dáselles un nome, deixando que outros sexan designados polas xeneracións futuras.
O público en xeral so pode por nome a un accidente xeográfico ou a un obxecto espacial a raíz dunha invitación pública dunha axencia espacial ou dos propios descubridores. Por exemplo, este foi o caso da misión Magallanes da NASA en Venus, iniciada en 1989, durante a cal invitouse aos ciudadáns a propor nomes de mulleres famosas para nomear distintos lugares. O mismo ocorreu co nomeamento dos dous satélites descubertos recentemente en Plutón, que foi o resultado dunha votación pública. Pero para os cráteres de Marte, hoxe por hoxe, «solo os seus descubridores, as axencias espaciais, poden tomar a iniciativa de involucrar ao público no proceso de nomeamento, en cooperación coa IAU e seguindo a normativa internacional».
Na actualidade, o Grupo de Traballo da IAU para Nomenclatura do Sistema Planetario (WGPSN), en representación da comunidade astronómica mundial, ofrece un sistema único dos nomes oficiais dos obxectos do Sistema Solar (accidentes xeográficos da superficie do planeta, satélites naturais, planetas ananos e os aneis planetarios). Os de Uwingo (significa «ceo» en swahili) xa saben que non teñen o beneplático da IAU e non buscan a súa aprobación, xa que consideran os seus nomes simplemente «populares». Serán os cidadáns queness decidan si merece a pena gastar o seu diñeiro en algo que quizais lles faga ilusión, pero que nunca sairá nun mapa da NASA.
El «engaño» de ponerle nombre a un cráter de Marte

















Fontes:  http://www.abc.es/ciencia/20140312/abci-engano-ponerle-nombre-crater-201403121258.html



                                                                       Martín González Fernández 1º bach A










martes, 11 de marzo de 2014

Nova arma da Terra

Un grupo de invesdigadores da NASA realizou un descubrimento excepcional: o noso planeta levanta un auténtico escudo adicional de partículas de plasma para oporse a embestida solar.
O noso planeta dispón da magnetosfera que é un escudo natural que evita que a radiación solar chegue á superficie.
A agresión non sempre se produce coa mesma intensidade. Por un lado recibimos o vento solar que e desviado pola magnetosfera. Pero as veces o Sol desprende unha nube masiva de material ardente que é lanzada hacia nos. A magnetosfera consigue bloquear case todo o plasma ou desvialo hacia os polos, que dan lugar as auroras. Pero noutros casos o ataque da lugar a a grandes brechas no escudo magnético terrestre e o plasma chega ata a superficie.
Grazas ao descubrimento, se demostra como en determinadas ocasións densas partículas de plasma rodean a Terra na zona interior da magnetosfera, logra extenderse para encontrar o material solar incandescente e intenta bloquealo antes de que poda penetrar nas defensas.

 

Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140311/abci-descubren-otra-arma-tierra-201403110953.html

Irene Rodríguez Arias 1º Bach D

domingo, 9 de marzo de 2014

O maior depredador terrestre de Europa

Investigadores da Universidade Nueva de Lisboa atopan varios osos de dinosaurio en Portugal. A investigación revela que serían dunha nova especie, Torvosaurus gurneyi, de 150 millóns de anos, dez metros de altura e cinco toneladas.

Segundo o estudo, encabezado por Christophe Hendrickx e Octavio Mateus,o animal poderia ter sido así mesmo un dos dinosaurios carnívoros máis grandes do período xurásico.
Os investigadores atribuiran os osos a unha especie coñecida, Torvosaurus tanneri, pero unha análise máis detallada levou a pensar nunha nova especie.
O gran carnívoro contaba con armas aterradoras como uns dentes de 10cm de longo.
Sen dúbida, o dinosaurio atopábase na cúspide da pirámide alimenticia e non tiña ningún adversario.

Tamaño de Torvosaurus gumeyi e dun Homo sapiens
Máis información en ABC e no Mundo

FONTES: http://www.agenciasinc.es/Noticias/Un-nuevo-dinosaurio-hallado-en-Portugal-era-el-mayor-depredador-terrestre-de-Europa

Paula Quintas Blanco 1ºBach A

A inversión en investigación sigue salvando vidas

 Un ensaio clínico está a conquerir resultados moi positivos no tratamento do VIH nos recén nacidos.
Un segundo caso dun bebé que aos tres anos xa leva dous sen medicar e está libre do VIH.
A clave está en que comenzouselles a tratar moi pronto, cando a integración do virus, transmitido polas súas nais, todavía era débil e a medicación o poido eliminar. Por elo unha vez recibido o tratamento, iste virus non reapareceu.
O sida pedriático ten unha única causa, a transmisión da mai ó fillo, que se produce pouco a pouco antes do parto ou ao nacer. Nos países desenrolados  evítase trantando as embarazas e dando unha medicación de reforzó aos recén nacidos, de ahí ó escaso número de novos infectados.
Pero en África, onde moitas mulleres non reciben o diagnóstico ata que dan a luz nun centro sanitario, o hallazgo é de gran importancia

Esperanza de curación, pois de 1,6 millóns de mortes por sida, 210000 son nenos.




                                                     Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBACH-D

Aumenta a preocupación polo lixo espacial

Recreación  do satélite Envisat

O inicio deste problema comeza no 1957, cando a URSS lanzou ó espazo o Sputnik 1 , o primeiro satélite artificial da historia. Desde aqueles días, unha gran cantidade de mísiles e artefactos en desuso estase acumulando no espazo, chegando a producir un grave problema para todo o mundo. Un dos casos de maior tamaño (e de maior preocupación) é o do satélite Envisat: Lanzado ó espazo no 2002, cesou a súa actividade no 2012, por unha perda de contacto co artefacto. Conta cun tamaño semellante ó dun autobús e cun peso maior de 8 toneladas, o que o converte no maior satélite de observación terrestre creado con fins civís.

A existencia de "lixo espacial" non é nova para a NASA, pois en varias ocasións modificou a órbita da ISS para garantizar a seguridade da Estación Internacional. Este caso é máis preocupante polo risco de choque con outros satélites: "Envisat atópase nunha órbita moi utilizada para misións de observación terrestre. Ten un tempo de vida de 150 anos, e cando se precipite cara á Terra, algunhas partes impactarán na superficie terrestre case sen antelación", explica Marco Castronouvo, investigador da Axencia Espacial Italiana.

Acumulación de basura espacial na órbita terrestre

A comunidade científica xa adoptou medidas para evitar a acumulación de lixo espacial na órbita terrestre, co fin de evitar o chamado Síndrome de Kessler, que sería un problema no cal o volumen de lixo espacial sería tan alto que os obxectos postos en órbita impactarían irremediablemente con artefactos xa inservibles, o que ocasionaría unha maior concentración na órbita terrestre. Segundo di Marco Castronouvo, "xa se están levando a cabo iniciativas esperanzadoras para remediar este problema". A máis importante é o código de conducta do 2012, asinado por países de todo o mundo para intentar regular o volumen de artefactos na órbita terrestre.


Estamos ante un problema de grandes dimensións ou non é tan grave como parece a simple vista?
Son necesarios mecanismos para controlar o lixo espacial acumulado na órbita terrestre?


Fontes de información:
  • http://www.elmundo.es/ciencia/2014/03/09/531a114d22601dca0e8b4588.html
  • http://www.neoteo.com/el-sindrome-de-kessler-y-la-exploracion-espacial/
  • http://www.elmundo.es/elmundo/2012/01/18/ciencia/1326907859.html 
  • http://www.esa.int/ESA
David Boó. 1º Bach A 

sábado, 8 de marzo de 2014

¿Por qué non evolucionou a vida en 3.000 millóns de anos?

Explicámoste que ocurriu nun tempo que  parece eterno a vida na Terra non estivera formada por máis que por unas cantas bacterias acuáticas.

http://www.abc.es/videos-ciencia/20140303/vida-evoluciono-3000-millones-3286201729001.HTMLPulse para ver el video

As primeiras formas de vida na Terra desenrolaronse nas profundidades dos océanos primitivos hace máis de 3.600 millóns de anos. Pero durante os seguintes 3.000 millóns de anos. a vida no noso planeta non pasou de máis variedade cunhas cantas bacterias acuáticas , ¿por qué? Explicamoscho no videoblog sobre estas liñas.

FONTES: ¿Por qué no evolucionó la vida en 3.000 millones de años? - ABC.es
http://www.abc.es/ciencia/20140307/abci-evoluciono-vida-millones-anos-201403061928.HTML

 
NATALIA DIEZ CRUZ
1ºC bachiller

miércoles, 5 de marzo de 2014

O SARRO DE MIL ANOS




A micropantología deu outro paso xa que ademáis de estudar o ADN  tamén pode estudar as placas dentais.  Coma noutros casos, o problema non é tanto analizar a mostra, senon conseguila.  Neste caso podese estudar as bacterias e as partículas de comida que se encontran nela e isto permmos coñecer a saude, o estilo de vida e a alimentación dos nosos antepasados. O sorprendente e que nunca se conseguiron tantos datos dunha mostra tan pequena.

Isto provocará, aparte de coñecer máis do noso pasado, que os os investigadores teñan que poner moita máis atención en non contaminar ou destruir as placas dentais.

Fontes:
Miguel Ferreiro Díaz 1ªBach C

martes, 4 de marzo de 2014

OS NEANDERTAIS FALABAN

A nosa especie,Homo sapiens, pode falar, ten a facultade da linguaxe que nos distingue dos animais. Sen embargo, pode que ao longo da historia outras especies poideran ter desarrollada esta facultade.

No ano 1989 encontrouse en Israel un óso hioides(óso que se encontra na rexión da garganta, debaixo da barbilla) de un neandertal de 60000 anos.Resultou,que a forma do óso parecia moi distinta da dos chimpancés e bonovos, pero casi idéntica a nosa.Este descubrimento foi sorprendente xa que quería dicir que o seu tracto vocal utilizábase da mesma forma que o noso, co que había moitas posibilidades de que os neandertais emitisen a voz. Pero había moitos científicos en desacordo con isto que argumentaban que o óso era unha proba insuficiente para demostrar dita fala.

Gracias a tecnoloxía moderna científicos da Universidad de Nueva Inglaterra(UNE) deron un paso a favor nesta teoría. Analizando o comportamento do óso con imaxes de microrayos X construíron modelos internos do óso, grazas aos cales se comparou o seu comportamento mecánico co do noso e se comprobou que eran practicamente iguais.Isto dá máis forza a teoría de que a linguaxe é moito máis antiga do que se creía. Ademáis hai envestigadores do Instituto de Psicolingüística de Max Planck que creen que a fala moderna xa comezara antes, co antepasado que algúns científicos creen que compartimos nos cos neandartais, o homo heidlebergensis.
 
Quizais no futuro se den novas probas para confirmar esta revolucionaria teoría e que nos mostren que os neandertais antepasados eran moito máis intelixente do que creíamos.




 Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140304/abci-lenguaje-hablaban-neandertales-201403041151.html

                                                        Víctor Carrera Quintana 1ªBach A

domingo, 2 de marzo de 2014

Identificados novos fósiles de grandes dinosaurios carnívoros en Teruel

Unha investigación, na que participan paleontólogos da Fundación Dinópolis en España e da Universidade de Colorado, en Denver (EE UU), identificou o rastro de grandes pisadas tridáctilas (alcanzan cerca de 60 cm de lonxitude) e un gran dente, procedentes de El Castellar e Formiche Alto (Teruel, España), respectivamente.




As pisadas tridáctilas, localizadas no yacimento El Castellar, poseen características únicas en comparación con outras pisadas producidas por grandes terópodos en calquiera parte do mundo. Por este motivo, o traballo que publica a revista Palaeogeography, Palaeoclimatology, Palaeoecology as define como un novo tipo de huellas: Iberosauripus grandis (pie del lagarto ibérico grande).



          

Oswaldo Zorrilla García 1 Bach A