lunes, 27 de enero de 2014

Descuberta unha nova especie de delfín de río no Amazonas.


Seis científicos de distintos países, a maioría afincados en Brasil, descubriron unha nova especie de delfín de río que vive no río Araguaia (Brasil) bautizado como o delfín Araguaia (Inia Araguiaensis) e con él son cinco as especies coñecidas de delfíns de río.

Están en perigo de extinción ameazados polo desenvolvemento e a construción de presas hidroeléctricas. O delfín do río Yangtsé era o último en ser descuberto ata agora (en 1918), e extinguiuse en 2007.

Esta especie xurdiu hai case dous millóns de anos, e o seu número de individuos é baixo: calcúlase que pode haber aproximadamente 1.500 delfíns araguaia.


Para asegurarnos e confirmar que deran cunha nova especie, os seis científicos, realizaron experimentos co ADN mitocondrial. Despois dos experimentos replicados, decidiron usar marcadores nucleares (unha análise no laboratorio sobre un segmento do cromosoma para identificar as partes que teñen en común dous individuos) e estudar a morfoloxía.


Mentres comparaban as mostras nos seus laboratorio concluíron que había unha clara evidencia de que os individuos que viven no Río Araguaia representan, bioloxicamente, un grupo distinto.


FONTES: 
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/01/24/actualidad/1390584729_105093.html
http://www.elmundo.es/ciencia/2014/01/25/52e269e4e2704e21188b457a.html


miércoles, 22 de enero de 2014

Unha rocha aparece en Marte «da nada» fronte ás cámaras do Opportunity

Quedámonos atónitos, eso non estaba aí antes” recoñecen desde a NASA.

Steve Squires, director científico da  misión do Opportunity en Marte, anunciou  nunha rolda de prensa a presenza dunha rocha que apareceu, segundo din, de supetodiante das cámaras do robot entre os días (marcianos) 3528 e 3540.

Esta rocha foi bautizada coma Illa Pinnacle e converteuse no centro de atención dos científicos da misión, quenes agora tentan averiguar como puido chegar ata alí.


“Ten aproximadamente o tamaño dun donut – dixo Squires-. E foi unha sorpresa total. Foi  coma… ´Espera un segundo… eso non estaba antes alá… non pode estar ben!`Quedámonos abraiados”.
De momento, baráxanse dúas posibles explicacións para a presenza da rocha: ou ben foi lanzada ata alí polo impacto dun meteorito cercano ou, o que consideran máis probable, chegou á súa posición actual arrastrada polo propio Opportunity, pois a NASA recoñeceu que o robot está tendo algún problemas para moverse actualmente.

En canto ao tipo de mineral, una primeira análise indica que dita rocha é rica en xofre e potasio, que ten bordes de cor branca brillante e un centro vermellorubí profundo. Ademáis parece estar en posición boca abaixo, é dicir, que a parte que agora é visible non se vería afectada pola atmosfera marciana, quizais durante millóns de anos.


A NASA continuará agora coas investigacións sobre estes restos e xa anunciou os seus plans para perforar a rocha, na busca de novos datos sobre o planeta vermello.




Alba Álvarez Pacios nº1 - 1º BACH. A

lunes, 20 de enero de 2014

Descubrindo ciencia cunha cervexa.

Quen podería dicir que mediante algo tan simple coma golpear o colo dun botellín de cervexa coa base doutra descubriríamos algo tan interesante e importante para a ciencia?

Pois si, tal caso lles pasou a un equipo de curiosos investigadores da Universidade Carlos III de Madrid. Un día calquera, tomando unha cervexa... Ocorréuselles esa pregunta: Por que ao golpear o colo dun botellín sae de maneira desmesurada espuma, deixándote, por desgraza, sen media cervexa?
Pois ben, tras un ano de estudio, lograron comprendelo.

Este fenómeno vén dado pola cavitación, que é un fenómeno hidrodinámico, moi estudado tamén en inxeniería naval (o movemento das hélices dos barcos, por exemplo, produce ese fenómeno na auga), que consiste en que ao baixar a presión na botella, fai que se formen esas burbullas de gas, que se elevan por riba do líquido ao pesaren menos, e por mor de que suban a tanta velocidade, fai que gran cantidade da cervexa en forma de espuma saia fora do botellín.

Este curioso e interesante descubrimento, aínda que non o pareza, ten grandes aplicacións para nós xa que, comprendendo mellor o fenómeno da cavitación lograrase por exemplo, (como nombrei antes, para inxeniería naval) mellorar as hélices dos barcos para un mellor rendemento déstas; para axudar a predicir a cantidade de gases expulsados nunha erupción volcánica... Entre outras cousas.

¿Consideras curioso este descubrimento? 
¿Para que outras cousas cres se poderían aplicar estos coñecementos?

http://www.youtube.com/watch?v=WCnbs0NXF_4 http://www.elmundo.es/ciencia/2014/01/20/52dd0e5f268e3e5d1f8b456f.html

Ésta é unha noticia do día 20/01/2014.
Lucía López Rguez 1ºA Bach.


sábado, 18 de enero de 2014

Enorme nube de camiño hacia o gran burato negro da galaxia

O gran encontro sucederá esta primavera, no centro da Vía Láctea. Unha nube gris tres veces máis grande ca Terra será absorbida por un burato negro.
A gran nube de gas chamada G2, foi descuberta polos alemás no 2011. Ata agora non se había visto nada coma iso.
A colisión dará a oportunidades de ver como se alimentan estos buratos negros supermasivos. O que os astrónomos esperan e que despois deste fenómeno se produza un brillo durante anos.


 É un feito moi importante, xa que, os buratos negros teñen un papel moi importante nos ciclos vitales das galaxias.


Fuentes: http://www.abc.es/ciencia/20140109/abci-nube-tres-veces-tierra-201401091410.html

       Irene Rodríguez Arias 1º Bachillerato D

jueves, 16 de enero de 2014

Izpisúa deixa a ciencia en España

Juan Carlos Izpisúa no Centro de Medicina Regenerativa de Barcelona

Centro de Medicina Regenerativa de Barcelona (CMRB), Juan Carlos Izpisúa, ha dimitido ante a falta de apoio económico e político dos que hasta agora habían sido os seus grandes valedores públicos, a Generalitat de Cataluña e o Goberno español. A marcha do científico non supón o peche inmediato do centro, pero o vacia de contido, pois 18 dos seus 21 proxectos científicos son propiedade de Izpisúa.
Na sua corta vida o CMRB ha publicado máis de 200 papers (artigos técnicos), incluidos algúns dos hitos do emerxente campo da medicina rexenerativa. España perde a un líder mundial da investigación con células nai.
As dúas Administracións imlicadas, a catalana e a española, aportan 1,5 millóns o ano ao centro, que se dedican o alquiler e mantemento do edificio, e por tanto volven na súa maior parte a propia Generalitat, propietaria do inmueble. Esas inversións mantendranse provisionalmente, pero o seu destino é moi dudoso tras a perda de 18 dos seus 21 proxectos.
Os detalles da negociación entre Izpisúa e o patronato do centro indican que a intención das duas Administracións é reorientar as instalacións hacia outro fin.O patronato ha contratado ao investigador Ángel Raya, un antigo posdoc de Izpisúa, para dirixir ese proceso hacia un renovado CMRB.
Termina así a historia —polo menos a historia tal como a coñecíamos— dun centro creado en 2004 á medida de Izpisúa, un dos científicos máis avanzados do planeta no campo, entón incipiente, da medicina rexenerativa basada en células nai embrionarias.


Dende un punto de vista científico, en cualqera caso, a breve traxectoria do centro dirixido por Izpisúa so pode describirse como unha brillante historia de éxito. Os científicos do CMRB han feito contribucions relevantes ao desarrollo das células nai  iPS, e fai so uns meses crearon minirriles humanos con células nai. Esta investigación ha sido destacada pola revista Science como un dos 10 hitos científicos do 2013, xunto a xeración de minicerebros e yemas de fígado. Non é o fracaso científico o que ha feito caer en desgracia o centro.
Que a aportación das Administracións consista en 1,5 millones, que estos sean no seu maior parte para o alquiler do edificio, e que esas inversións se manteñan co  mesmo propósito (pagar o alquiler) tras a marcha de Izpisúa no parece cadrar ca teoría do austericidio.
Varias fontes han revelado que a finais do ano pasado houbo un intento de comprar o CMRB por unha compañía do sector farmacéutico. Pese a que esta firma no tiña relación ca investigación en células nai, a venta implicaría a cesión a ela de todas as patentes e dereitos surgidos das investigacións de Izpisúa. A iniciativa acabou abortándose tras a mediación do Goberno central.
A explicación última desta decisión incomprensible en términos científicos pode tardar en sair á luz pública. O que xa é seguro é que España ha perdido un dos centros de investigación en medicina rexenerativa máis avanzados do mundo, aunque un edificio de Barcelona manteña o seu nome na fachada por uns meses máis.



FONTE:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/01/14/actualidad/1389732327_440612.html


 Pablo González Vázquez              1ºC Bachiller

lunes, 13 de enero de 2014

Descifran o xenoma da Quenlla Elefante

Secuenciaron o xenoma da “Quenlla elefante” co fin de investigar a evolución do sistema inmune e por qué o esqueleto das quenllas é cartilaxinoso.

Un grupo de investigadores, liderados por Byrappa Venkatesh, da Universidade de Singapur, secuenciaron o xenoma da “Quenlla elefante” co fin de investigar a evolución do sistema inmune e por qué o esqueleto das quenllas é cartilaxinoso.
As Quenllas  son uns animais interesantes dende o punto de vista evolutivo: encóntranse entre os vertebrados con mandíbula articulada máis antigos que non se extinguiron. Dentro dos  GNATOSTOMADOS, había dous grupos, con madíbula cartilaxinosa e con mandíbula ósea, que sendiferenciaron hai 400 m.a.,según Wesley Warren, investigador do Instituto do Xenoma da Escola de Medicina da Universidade de Washington.
A Quenlla  elefante (Callorhincus milii), é unhas das quenllas  máis raras do planeta,   e ten unha trompa coa que escarba no fondo mariño para cazar crustáceos, de ahí o apodo de “elefante”.
O estudo e comparación do xenoma desta  quenlla, pode axudar a identificar as adaptacións xenéticas claves na árbore evolutiva. Ten un xenoma compacto de 1000 millóns de pares de bases (aproximadamente 1/3 do xenoma humana)e iste xenoma é o que máis despacio evolucionou  de todos os vertebrados coñecidos.
Da comparación do xenoma da quenlla elefante con o doutras especies, podemos ter un certo coñecemento sobre a base xenética da formación dos ósos e a adaptación do sistema inmune, o que permitirá entender mellor certas enfermidades humanas, como a osteoporose e desenvolver terapias.
Os investigadores descubriron a ausencia dunha familia de xenes, que sí están presentes en todos os vertebrados con ósos; a eliminación destes xenes provoca a disminución na formación dos óso; isto indica a seu papel no desenvolvemento óseo.


A quenlla elefante, ten un sistema inmune simple e eficaz, moi diferente ó dos mamíferos, pero capaz de combatir unha grande variedade de infeccións de manera igualmente eficente, , polo que, según un dos coautores, T.Boehm. do Instituto Max Planck de Inmunoloxía e Epidemioloxía de alemania, “ indica ca natureza ofrece solucións diferentes para o mesmo problema”.
Fuentes: ww.elmundo.es/ciencia/2014/01/08/52cc4e65ca47414c528b458c.html
                                                            

                                                                                              Miguel Pimentel Pérez 1ºBach. A

domingo, 12 de enero de 2014

Field, investigando sobre o Cambio Climático

Noticia do 9 de xaneiro de 2014
 
Christopher Field é un biólogo e catedrático estadounidense da Universidade de Stanford que gañou o premio BBVA Fronteiras do Coñecemento na categoría do Cambio Climático por descubrir a importancia dos ecosistemas e a súa adecuada xestión como potentes ferramentas contra o cambio climático e por aportar unha mellor comprensión das interaccións entre a dinámica das prantas e os ecosistemas terrestres e o CO2 liberado polas actividades humanas. Dirixe o Departamento de Ecoloxía Global da "Carnegie Institution for Science" e copreside o IPCC (Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático) que trata sobre os impactos, adaptacións e vulnerabilidade.
Ademáis, a revista Nature citouno xunto con outros catro científicos, explicando que vai ter unha grande importancia no 2014.



Field dice que hay que actuar agora para que o impacto sexa o menor posible, menos caro e para que sexa menos difícil xestionar as consecuencias do calentamento global.
Conseguiu determinar o efecto da deforestación, da agricultura e doutras alteracións da cuberta vexetal sobre o clima global e establecer unha xestión adecuada para reducir o impacto do cambio climático. 
Este biólogo explica que a vexetación terrestre pode modificar a radiación solar que absorbe o planeta e a evaporización do auga e investigou a capacidade das prantas para absorver o CO2 e actuar como sumidoiros. Tamén comentou que en canto as relacións entre desastres naturais e cambio climático saben que as ondas de calor e as inundacións serán máis frecuentes en moitos lugares da Terra, pero os furacáns e a actual onda de frío en EE.UU. aínda non o saben.

Unha vez determinadas e establecidas todas as explicacións e as solucións sobre este gran problema que moita xente aínda non ve, ¿levarase a cabo a tempo? ¿conseguiremos frear o quentamento global?




http://www.abc.es/sociedad/20140109/abci-christopher-field-fronteras-conocimiento-201401091318.html

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/01/09/actualidad/1389289939_056367.html


SIRA PRIETO GONZÁLEZ
1ºA

O pariente belga dos primeiros mamíferos carnívoros

Acháronse recentemente novos fósiles dun pequeno mamífero bautizado como Dormaalcyon latouri, que están resultando de gran axuda aos científicos para averiguar a orixe dos actuais animais carnívoros.
Aínda que este animal xa era coñecido, o achado de novos fósiles, entre os que hai pezas dentais de leite e ósos das súas patas, na localidade de Doormal, permitíu coñecelo mellor.
Segundo explican, Dormaalcyon latouri, era un pequeno e áxil mamífero carnívoro que debía pesar un kilo aproximadamente e que se desplazaba polas ramas das árbores.



As reconstrucións que se fixeron suxiren que habitaba lugares cálidos, húmidos e nos que abundasen árbores. "Non era unha especie nin impresionante nin temida, e probablemente se alimentaba de pequenos mamíferos e insectos", afirma Solé, investigador no Real Instituto Belga de Ciencias Naturales, en Bruxelas.
Segundo aseguran, tanto as pezas dentais coma os ósos, encóntranse en bo estado de conservación, "Os dentes ofrécennos importante información sobre a variabilidade morfolóxica, que era moi pouco coñecida nos mamíferos carnívoros desa idade. Tamén temos catro mandíbulas que respaldan que había diformismo sexual", engade.
Os autores do artigo cren que a orixe destes carnívoros puido estar no territorio que hoxe é Europa, e expandirse cara a América do Norte. Solé prefire non utilizar os conceptos antecesores e descendentes xa que todavía no é nada seguro. Sen embargo engade que "Dormaalocyon está na base dos Carnivoramorphans e polo tanto, está estreitamente vinculado aos antecesores dos carnívoros actuais."
Credes que este animaliño pode levarnos a descubrir a orixe e historia dos nosos carnívoros?


Fonteshttp://www.elmundo.es/ciencia/2014/01/07/52caf7a1ca4741fe7b8b456d.html

ANA RODRÍGUEZ VILAS 
1º BACH A





sábado, 11 de enero de 2014

Científicos arxentinos desenvolven unha forma para conservar e utilizar o gas que emiten as vacas.

Según un informe da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), o 18% dos gases causantes do efecto invernadoiro provén dos gases emitidos polos bovinos.
Pero científicos arxentinos encontraron a forma de darlle un bo uso ao gas que acumulan estos animais nos seus estómagos.
O gas é extraído a través de sondas e acumulado nunha mochila, antes de ser expulsado.
A acumulación, ademais de ser ecolóxica, proporciona unha fonte alternativa de enerxía.
Unha vaca produce diariamente o gas necesario para mover un automóbil un quilómetro.
Os científicos aseguran que o sistema non interrumpe para nada a rutina diaria das vacas nin perxudica a súa calidade de vida.

Neste vídeo explícase o funcionamento do invento:



Creedes que esta sería unha boa alternativa como fonte de enerxía?

Fonte: http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2014/01/131205_video_vacas_salvan_planeta_argentina_ch.shtml?ocid=socialflow_twitter_mundo


Fátima Rodríguez Delgado, 1ºBach D

miércoles, 8 de enero de 2014

Un novo planeta gaseoso descuberto co mismo peso ca terra.

Un equipo de astrónomos estadunidenses atoparon por casualidade, cando encontrabanse a buscar luas fora do Sistema Solar, un novo planeta cun peso similar ao da Terra. Iste novo planeta posue un diámetro maior e conta cunha atmosfera moito mais densa e gaseosa ca Terra.


David Kipping, investigador do Centro de Astrofísica Harvard-Smithsonian (EEUU)  e o autor principal do descubrimento, explica que iste planeta podría ter a misma densidade ca Terra.
Iste novo planeta recibiu o nome de KOI-314c e orbita nunha enana vermella, tratase dunha débil estrella que encontrase a 200 anos luz da Terra e tarda 23 días en dar unha volta completa a sua estrela. O equipo de científicos cree que tratase dun mundo moi quente onde non he posible a vida. Ademais creese que a sua superficie podría ter unha temperatura duns 104º Celsius.
A sua  atmósfera e dunha gran densidade e esta composta por hidróxeno e helio. O grupo de investigadores considara ca sua orixen podería haber sido parecido a un mini Neptuno e haber ido perdendo parte dos gases da sua atmósfera. O telescopio espacial Kepler da Nasa foi o que permitiu, grazas aos datos que datos obtidos polo mesmo, o descubrimento diste planeta.
                                                                                                                                         
Credes que algún día atoparemos un planeta coas condicións necesarias para que se dease a vida?



sábado, 14 de diciembre de 2013

Máis xenes para o linguaxe

Dende os Neandertais, a presenza do xene FOXP2 determina a capacidade humana de empregar unha linguaxe complexa. A proteína codificada por este xene acelera a formación de sinapsis na zona do cerebro responsable da linguaxe.
 Os científicos veñen de descubrir outro xene, o SRPX2, que se activa grazas ao FOXP2; cando anularon o equivalente deste xene en crías de rato, descubriron que estes animais deixaron de emitir os ultrasonidos cos que chaman ás súas nais, confirmando así a súa importancia no proceso da linguaxe.

¿Podería este descrubrimento solucionar problemas de comunicación nalgúns enfermos?

Fontes de información: http://a100ciacierta.com/2013/12/05/mas-genes-para-el-lenguaje/

Manuel Fernández Armesto 1º Bach. A

viernes, 6 de diciembre de 2013

Hallanse dous buracos negros entrelazados nun baile cósmico


A 3.800 millóns de anos luz da Terra descubriuse o que parecen ser dous buratos negros supermasivos no centro dunha galaxia remota, este descubrimento produciuse polo labor dun grupo de astrónomos do Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL) da NASA, grazas a os estudos realizados coa axuda do telescopio especial WISE. Ademais tamén realizaronse seguimentos noutras partes do mundo e con diferentes telescopios e radiotelescopios. Estes dous buracos negros encóntranse xirando entre si como se estivesen a bailar. Os estudos revelaron co chorro de un dos buracos cambiou a forma isto produciuse problabemente polo peso do chorro do segundo.



Chao-Wei Tsai, del JPL un dos investigadores cree que é probable que os dous buratos negros estean bastante preto e se encontren entrelazados gravitatoriamente. Os científicos pensaron que a estraña estrutura se trataba de novas estrelas formándose a un gran ritmo, pero mais tarde consideraron que o que estaba a suceder era un fenómeno que se parecía máis a unha fusión de buratos negros xigantes.

Os investigadores creen que case todas as grandes galaxias albergan polo menos un burato negro supermasivo con masas extremadamente grandes. Estas galaxias son de gran tamaño por diversas razóns, unha delas é que se encontran devorando a materia que se atópase ao seu arredor e outra que podemos prodúcese polo chamado "canibalismo galáctico" cando dúas galaxias colisionar os buratos negros masivos sucumben no centro da estrutura enredándose nunha especia de tango gravitacional. Poda acontecer a formación dun so buraco negro incluso moito mais masivo.



Iste proceso denominado como baile dos dous buracos negros comeza lentamente nunha distancia duns poucos miles de anos luz, cos obxectos dando voltas entre si Poucos buratos negros foron identificados nesta temperá fase de fusión. Como continúan dando voltas un arredor do outro, achéganse, separados unicamente por uns poucos anos luz. Estas duas unidades envían ondas gravitacionais a través do espazo e o tempo. Para comprender mellor o funcionamento destes buratos negros danzantes, os cientificos estan a explorar e a buscar as ondas que estos emiten empregando estrelas mortas chamadas púlsares.

Credes que nalgún momento encontrarase algunha pista que permita descubrir o completo funcionamento dos buratos negros danzantes?

FONTES: http://www.abc.es/ciencia/20131206/abci-hallan-agujeros-negros-entrelazados-201312051827.html

                                                                                                                       Marta Taín Vázquez 1ºA


jueves, 5 de diciembre de 2013

Os Neutrinos captados na Antártida abren unha nova ventá ó universo


                                 Rexistro do neutrino de máis alta enerxía captado no observatorio IceCube, na Antártida. / ICECUBE COLLABORATION

Os neutrinos son tan invisibles que, para velos, os cientificos tieñen que montar os seus especiales e enormes detectores en lugares insólitos, como na Antártida. No mismísimo Polo Sur, xunto a base científica estadounidense Amundsen Scott, está incrustado, nun  kilómetro cúbico de xeo, e chámase IceCube,  o seu obxectivo é captar as partículas elementales generadas fora do Sistema Solar. Os científicos do peculiar telescopio anuncian agora, na revista Science, que xa captaron un total de 28 neutrinos de altísima enerxía e propiedades específicas que permiten descartar que puideran haberse producido no Sol ou na  atmosfera terrestre. “É o principio duna nova era da astronomía”, afirma o científico estadounidense Francis Halzen, científico da Universidade de Wisconsin-Madison, responsable do IceCube.
Os científicos todavía non poden señalar os fenómenos concretos que emitiron esos neutrinos pescados na Antártida, dado que o fluxo é pequeno todavía, pero as teorías indican que deben proceder de explosións estelares de supernova, de agujeros negros, de galaxias activas ou de otros fenómenos.
Miles de millóns de neutrinos pasan por cada centímetros cadrado da Terra –e polo corpo de cada un de nos- cada segundo. Coma se nada. Estas partículas apenas interaccionan ca materia así que a atravesan sin inmutarse e como son neutras, non se desvían polos campos magnéticos. Pero xeneranse en procesos físicos fundamentales e en cantidades ingentes. A inmensa mayoría dos neutrinos que nos atravesan imperceptiblemente se xeneran no Sol ou nas interaccions dos rayos cósmicos na atmósfera e na radiactividad natural. Tamén  producense nos reactores nucleares e en aceleradores de partículas, como o PS do CERN.
                          Laboratorio do detector de neutrinos IceCube na base Amundsen Scott na Antártida. / SVEN LIDSTROM, ICECUBE/NSF

Hace uns meses, os científicos do IceCube anunciaron a detección, en 2012, de dos neutrinos superenerxéticos, tan queridos por estos físicos que os bautizaron Epi e Blas en honor dos entrañables personaxes de Barrio Sésamo.  
 “A era da astronomía de neutrinos ha comezado”, afirman Gregory Sullivan, xefe do equipo da Universidade de Maryland que traballa en IceCube. O mesmo considera John Learned, da Universidade de Hawai, que, en 1973, propuxo montar un detector similar no océano.  “IceCube é un estupendo e único telescopio astrofísico, desplegado no xeo profundo da Antártida, pero mirando a todo o universo, detectando neutrinos que le chegan atravesando toda a Terra dende o ceo do hemisferio Norte así como os que proceden do Sur”, dice Vladimir Papitashvili, responsable da Fundación Nacional para a Ciencia estadounidense.

Forman a colaboración de IceCube: 250 físicos e inxenieros de 12 países, participan no proxecto 16 universidades estadounidenses.




FONTE:



                                                                                                                          Pablo González Vázquez     1ºC  Bach.



martes, 3 de diciembre de 2013

Búscase cometa Ison vivo ou morto

Despoixa de varios días de observacións continuas, os científicos seguen sen saber que lle ocurriu ao cometa Ison despoixa do seu máximo achegamento ao Sol. ¿Sobreviviu algo realmente? Según os científicos, non hai duda de que o cometa redúxose considerablemente de tamaño cando daba a volta ao Astro rey e non hai dúbida de que algo saíu disparado hacia o espacio despoixa do achegamento. Pero a pregunta, di l axencia espacial estadounidense na súa web, segue sendo seo punto brillante visto alexándose do Sol eran simplemente escombros, ou se un pequeno núcleo da bola de xeo orixinal todavía estaba alí. Aínda que así sexa, recoñecen os investigadores, e probable que o famoso cometa agora non sexa máis que pó.



O cometa Ison, que comezou o seu viaxe dende a Nube de Oort fai uns 3 millóns de anos, fixo a súa máxima aproximación ao Sol o pasado 28 de novembro. O cometa foi visible nos instrumentos das sondas STEREO da NASA y SOHO de NASA/ESA, en imaxes obtidas polos coronógrafos que bloquean o Sol e o espacio a unha distancia considerable ao seu redor, a fin de observar mellor as estructuras difusas na atmósfera solar, a corona.
Sen embargo, durante un período de varias horas, o cometa mantívose oculto nesas imaxes. Durante ese período de tempo, o Observatorio de Dinámica Solar (SDO) da NASA tampouco poido ver o cometa, o que levou a moitos científicos a supor que se desintegrou por completo.Sen embargo, algo volveu aparecer nos coronógrafos de SOHO y STEREO algún tempo despois, ainda que era moito menos brillante.


Fontes:

 http://www.abc.es/ciencia/20131203/abci-busca-cometa-ison-vivo-201312031036.html

                                                         Martín Gpnzález Fernández 1º bach A

domingo, 1 de diciembre de 2013

POLÉMICA SOBRE O USO DE LINGOTES ROMANOS PARA INVESTIGAR MATERIA ESCURA E NEUTRINOS

Os lingotes de chumbo recuperados dos antigos naufraxios presentan unhas características ideais para os experimentos de física de partículas. Científicos do detector da materia escura CDMS  en Minnesota (EE.UU) e do observatorio de neutrinos CUORE  no laboratorio Gran Sasso (Italia) os comezan a empregar, pero os arqueólogos advirten sobre a destrucción e o comercio do patrimonio histórico que hai detrás. A revista Science  fai eco de este dilema formulado polos investigadores españois.




Fai dous mil anos un barco romano con lingotes de chumbo extraído da Serra de Cartagena afundise fronte as costas de Sardeña. Dende 2011 máis dun centear destes lingotes emprégase para recubrir o CUORE, un avanzado detector de neutrinos (partículas subatómicas case sen masa) no laboratorio Nazonal Gran Sasso de Italia.

No século XVIII naufragou outro barco cargado de lingotes de chumbo na costa de Francia. Unha empresa Cazatesouros recuperou este material e, aínda que tico problemas coas autoridades francesas, logrou vendelo ao equipo do CDMS. Este detector localizado nunha mina de Minnesota (EUA) busca indicios da esnigmática materia escura, que se supón constitúe un cuarto do universo.

Estes dous exemplos serviron de referencia para o debate que dous investigadores españois afincados en Reino Unido abriron entre os arqueólogos, molestos coa destrución do patrimonio histórico subacuático, e os físicos de partículas, satisfeitos de encontrar un material único para as súas investigacións sobre neutrinos e materia escura.


"O chumbo romano resulta esencial para a realización destes experimentos, xa que ofrece unha pureza e uns niveis tan baixos de radiactividade, tanto máis canto máis tempo estivesen mergullados que non se poden alcanzar cos métodos actuais de produción deste metal", explica a SINC a arqueóloga subacuática Elena Pérez Álvaro dende a Universidade de Birmingham.


CUORE, que iniciará operacións o próximo ano, investigase os neutrinos: partículas fundamentais sen carga eléctrica e que durante moito tempo se pensara que non tiñan masa. As investigacións confirmaron que os neutrinos teñen masa, pero non foi posible precisar unha cifra. O obxectivo é usar o detector para tratar de observar un teórico evento atómico chamado Dobre Desintegración Beta sen neutrinos ( un proceso radiactivo onde un núcleo atómico libera dous electróns e ningún neutrino) . A dobre desintegración beta "estándar" está acompañada pola liberación de dous neutrinos. Observando este evento predito pero nunca antes visto, os físicos esperan estimar a masa do neutrino e establecer cando os neutrinos e a súa contraparte de antimateria, os antineutrinos, son partículas distintas. Algúns cren que os dous son un e o mesmo.


PREGUNTAS:


Débese sacrificar unha parte do patrimonio histórico para alcanzar un maior coñecemento do universo e da propia orixe do ser humano? 

Cedemos unha parte do noso pasado para saber máis sobre o noso futuro?


FOTES DE INFORMACIÓN: 

http://www.agenciasinc.es/Noticias/Polemica-sobre-el-uso-de-lingotes-romanos-para-investigar-materia-oscura-y-neutrinos

http://ecodiario.eleconomista.es/ciencia/noticias/5352839/11/13/Polemica-sobre-el-uso-de-lingotes-romanos-para-investigar-materia-oscura-y-neutrinos.html

http://www.tendencias21.net/Polemica-sobre-el-uso-de-lingotes-romanos-para-investigar-materia-oscura-y-neutrinos_a27825.html



Lucía Milagros Fernández Taboada 1ºBach. A






A NASA cre que o cometa ISON pudo sobrevivir ao seu 'viaxe kamikaze'




Esta secuencia muestra los restos del cometa ISON tras su...
Esta secuencia de imaxes mostra os restos do cometa ISON tras pasar ao lado do Sol.


As últimas imaxes obtidas pola NASA do cometa ISON, indican que ao menos parte do cometa sobreviviu ao paso por o Sol.
Inicialmente, tras as primeiras observacións creíase que o cometa habíase desintegrado por completo. Non obstante, o observatorio do SOHO da NASA e da ESA captou algo de materia brillante que podería pertencer ao cometa.
O que agora se preguntan é si ese material brillante é solo resto do astro fragmentado ou unha porción do seu núcleo. Aínda que según explica a NASA nun comunicado, os últimos análisis suxeren que ao menos unha pequena parte do seu núcleo segue intacta. 

A comunidade científica estivo moi pendente do ISON, ao que moitos bautizaron como "o cometa do século". Isto débese a que é un fósil do principio do Sistema Solar, o cal nos podería aportar moita información sobre as condicións do noso sistema fai 4.500 millóns de anos; xa que este astro procede da nube de Oort, que é unha burbuxa que rodea todo o Sistema Solar e que está formada polos restos da nebulosa que deu lugar ao Sol e ao resto dos planetas.


                  

Fontes:
http://www.youtube.com/watch?v=6j6nkLnHyG0
http://www.elmundo.es/ciencia/2013/11/28/52973dba63fd3d603e8b4580.html
http://www.publico.es/485740/la-nasa-cree-que-el-cometa-ison-no-ha-sobrevivido-a-su-paso-por-el-sol
http://sociedad.elpais.com/tag/ciencia/a/



                                 LAURA ÁLVAREZ GÓMEZ, 1ºBACH C

sábado, 30 de noviembre de 2013

¿Existen os universos paralelos?


E se te dixeran que unha parte do noso universo estase a desplazar arrastrado por unha forza gravitatoria que tivese que ser igual a de outro universo, no 2005 xa se especulaba con estas ideas, e agora as probas conseguidas polo telescopio Planck fainos estar mais cerca da teoría de que existan universos paralelos ou multiversos.




É sabido, que existe unha forza masiva capaz de mover miles de galaxias na mesma dirección, dende fai décadas chamabaselle granatractor.

Actualmente, gracias o "Planck"-un telescopio capaz de estudiar os restos de radiación do Big Bang- observouse que entre o movemento das galaxias e as microondas cósmicas de fondo estudiadas, debería existir unha aleatoriedade, o que non é asi. A iste extraño comportamento da velocidade das galaxias o chamaron fluxo oscuro.

Que quere dicir isto? En primer lugar, poderia ser que a forza gravitatoria de outro universo paralelo estivese atrallendo a esas miles de galaxias do noso universo.
Ou en segundo lugar, tamén poderia ser que as galaxias estivesen tan lonxe que nós non somos capaces de
ver coa nosa tecnoloxía son as que producen esta atracción.

E vós compañeiros, que credes?

CLICK AQUÍ PARA VER UN VÍDEO


Fontes:
http://agenciaeternity.wordpress.com/2013/11/19/cientificos-podrian-haber-encontrado-evidencias-de-que-existen-universos-paralelos/
http://www.abc.es/ciencia/20131115/abci-universos-paralelos-hemos-encontrado-201311141947.html


Sergio David Bermejo Cofán 1ºBach D