viernes, 17 de diciembre de 2010

Santiago Ramón y Cajal un artista ao microscopio

Hoxe na clase de Bioloxía falamos de Ramón e Cajal, para moitos de vós un descoñecido. Creo que estes vídeos que subo ao noso blog levaranvos a coñecer a un xenial científico. Tamén vos deixo unha pregunta: cal é a diferenza entre a teoría de Cajal e Golgi?






O seguite video foi realizado por Tatiana Carrera e Andrea González en Ciencias para o mundo contemporáneo.




No seguinte video podedes comprender a importancia da tinción celular para visulizar as células ao microscopio.

http://video.google.com/googleplayer.swf?docid=7677295365850347325&hl=es&fs=true



Editado por: Carmen Cid Manzano

jueves, 16 de diciembre de 2010

Infografía interesante sobre Darwin

Solución a diabete ó alcance da man.

Ian Gallicano, o director do traballo asegura que o que fixeron pode ser o primer paso cara o tranplante do tecido pancreático para os pacentes diabéticos, ¡que non produciría rechazo!
Dita extratexia esta baseada no estudo dun equipo de investigadores da Universidade de Georgetown (EEUU), que logrou, con éxito crear tecido pancreático produtor de insulina partindo de células nai derivadas das células dun testículo masculino:

  • Primeiro os científicos extraeron unhas células chamadas espermatogonias nunha etapa intermedia de maduracións dos espematozoides.
  • Cultiváronas no laboratorio e conseguiron chegar a convertilas en celulas nai, estas células son capaces de crear distintos tecidos do organismo.
  • Probaron a funcionalidade das células, como? Pois transplantadoas a ratóns diabéticos e inmunodeficientes (que poden recibir calquera tecido sen rexeitalo) e a súa sopresa foi cando non só se atoparon con que mostraban tódalas características das células normales, se non que tamén, eran capaces de contrarrestar nos animais unha hiperglucemia similar a diabete humana de tipo 1 (dependente da insulina).
O innovador deste traballo é primeiro ser capaces de obter células nai de células adultas de testículo; en segundo ter a posibilidade, en un futuro, de por fin a que os diabéticos teñan que inxectarse insulina (xa que son células propias do pacente que o corpo non rexeitaría).
Nas mulleres o procedemento sería facilmente aplicable sustituindo ás cé lulas polos equivalentes femininos, os ovocitos.


Editado por Uxía Rodríguez Rodríguez



Puido un militar español inspirar a Darwin?

Félix de Azara (1742-1821) foi un militar español destinado en Paraguay para demarcar as fronteiras dos territorios colonizados por España. Atafegado pola exuberante fauna de Sudamérica comenzou a apuntar nun caderno as súas observación, que culminaron en numerosos libros de Historia Natural.
Azara pensaba o mesmo que Darwin pero varios decenios antes. Darwin no Diario da viaxe dun naturalista ao redor do mundocita a Félix de Azara unha quincena de veces.Na orixe das especies”, dúas.“Na orixe do home”, unha.






Editado por : Carmen Cid Manzano

Pequena biografía de Charles Darwin

Taballo realizado na materia Ciencias para o mundo contemporáneo.





Deixovos ademais un enlace a un monográfico sobre a Evolución da Casa das Ciencias da Coruña http://www.casaciencias.org/gl/responde.html

miércoles, 15 de diciembre de 2010

A nave Voyager 1 chega ao borde do sistema solar.

A Voyager 1 é unha sonda espacial robótica de 722 kilogramos, lanzada o 5 de setembro de 1977. A súa misión é estudar os confíns do sistema solar e actualmente encontrase a 17.400 millóns de km do sol. "A nave espacial Voyager estase a acercar ao espacio interestelar" dixo Ed Stone, científico do instituto de tecnoloxía de California.
O sol emite unha serie de particulas cargadas en todas direccións formando unha burbulla arredor del que coñecemos como heliosfera, cando estas particulas chegan ao limite da heliosfera, perden velocidade e quéntanse. Dende hay 4 meses, esta nave non detecta ningun movemento de particulas emitidas polo sol, polo que se deduce que a nave xa chegou ao limite do sistema solar, despois de 33 anos do seu lanzamento.

Recreación da estructura do sistema solar.

Mario Blanco Cid 1ºA

lunes, 13 de diciembre de 2010

As Xemínidas

Qué son as Xemínidas?
As Xemínidas é a chuvia de meteoros máis espectacular e fermosa deste ano.
Onde se atopan?
Atopanse na constelación Xéminis, e hoxe poderá apreciarse no ceo nocturno con ata 120 estrelas fugaces por hora, dende calquer lugar da terra.
Como son?
Son grandes e abundantes bolas de lume, cuxa orixe non está na cola dun cometa, senón nun estrano asteroide rochoso bautizado como 3200 Faetón, que exparce unha gran cantidade de po.
Mellor momento para observalas?
Durante a madrugada do luns ao martes, nun lugar alexado da cidade e oscuro.
Sen necesidade de prismáticos nin telescopios.

Déixovos un video:



Para máis información:

Ana Pérez Pérez,1ºBacharelato A.

Ratos con dous pais. Futuros fillos para parellas homosexuais???????

Un conxunto de expertos en ciencia reproductiva de Texas, liderados por Richard Behringher conseguiron crear un rato a partir de material xenético de dous machos. Ditos científicos manipularon unhas células chamadas fibroblastos ( células do tecido conectivo que sintetizan fibras e proporcionan estructura ós tecidos) dun rato varón para producir células nai. Aproximadamente un 1% destas células nai perderon o cromosoma Y, quedando X0. Estas células nai (X0) foron inxectadas nos blastocistos ( é a estructura embrionaria pasados 4 ou 5 días despois da fecundación) dunha femia. Así os ratos femia naceron coa estructura xénica do macho (X0). Despois estas femias apareáronse con outros machos, e naceron novos ratos co material xénico dos dous machos.

Esta técnica terá numerosas aplicaciones para consevar animais en vías de extinción e para novas técnicas de reproducción homosexual, ofrecendo a posibilidade de que parellas do mesmo sexo teñan fillos xeneticamente parecidos a eles, algo que moi posiblemente ofrecerá moita controversia social .


Juan Ozaita Corral, 1º Bach A
Máis información en :

Premio á innovación educativa!!!!!!!!

Estamos moi contentos/as porque o noso traballo titulado Ciencia en feminino foi recompensado cun Premio de innovación educativa 2010, no apartado introdución ás competencias básicas na aula dixital, pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Así mesmo, quedou finalista no concurso Ciencia en acción 2010, realizado a nivel estatal.


O saber das mulleres e as súas achegas é unha historia de invisibilidade, atrancos e desconsideración. A Ciencia que se imparte nas aulas está chea de mulleres esquecindas que, ao longo das diferentes etapas da evolución do saber, contribuíron cos seus coñecementos e descubrimentos ao corpo científico.
O traballo titulado Ciencia en feminino é unha pequena achega que intenta paliar esta tremenda inxustiza. As tarefas realizadas pretenden sacar do esquecemento a catorce mulleres que, dende o paradigma masculino de crear e pensar, non só foron invisibilizadas senón mesmo nalgúns casos expropiadas dos seus saberes e aportacións científicas. A continuación tedes os enlaces para poder verlos:
Coordinadora: Carmen Cid Manzano

sábado, 11 de diciembre de 2010

As medusas contraatacan no inverno


Coñecemos as medusas pola capacidade que teñen de ocasionar picaduras a través dunhas células urticantes situadas nos seus tentáculos. As medusas son depredadores moi voraces, capaces de alterar os ecosistemas mariños. Aparecen no verán, pero os cambios de temperatura das augas propician a súa aparición tamén no inverno.
A medusa Pelagia noctiluca pode formar enormes enxames visibles en costas e praias españolas. As medusas son depredadores moi voraces no alto da rede trófica, aliméntanse directamente de larvas de peixes e compiten polo alimento con outros organismos do zooplancton, polo que alteran a estrutura trófica dos ecosistemas mariños.


Un estudo dun equipo internacional no que participou o Centro Oceanográfico de Baleares do Instituto Español de Oceanografía (IEO) afirma que o aumento de medusas afecta ás pesqueiras, á acuicultura, e ao turismo. O aumento da cantidade e do tempo de permanencia das medusas débese sobre todo á sobrepesca e os efectos do aumento da temperatura da auga.
Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundo/2010/12/09/ciencia/1291908055.html

Feito por:
Yurema Seara Núñez 1ºB

viernes, 10 de diciembre de 2010

Unha Cegoña xigante

Foron atopados fósiles dunha especie extinguida, ata entón descoñecida. Viviu fai entre 20.000 e 50.000 anos, na illa de Flores, no mesmo lugar en Indonesia, no que habitaba o "Homo floresiensis", máis coñecido como 'hobbits' debido a súa baixa estatura, que recorda ás criaturas retratadas en 'El Señor de los anillos". Este animal debía ser semellante ao marabu africano, medindo seis metros e pesando uns 16k. Os exemplares desta especie, denominada 'Robustus leptoptilos' extinguiuse a finais do Pleistoceno, aínda que a rexión é unha zona rica en biodiversidade, ten atopado moi poucos fósiles de aves.





para mais información:





feito por : Érika López 1ºA

En ciencia non todos son éxitos

Quero salientar que se subín esta noticia é porque xusto hoxe a profesora falounos de que na ciencia non todo son éxitos. Que antes de alcanzalo nun proxecto, seguramente fixeronse moitos anteriores, con numerosas horas de traballo e dedicación que non deron ó resultado esperado. Por iso que mellor exemplo que o caso que tivo lugar nestes días no Xapón.
A sonda 'Akatsuki' fracasó no seu intento de colocarse na órbita de Venus, case sete meses despois de ser lanzada desde a Terra. Trátase da terceira ocasión en que Xapón intenta colocar unha sonda na órbita dun planeta que no sexa a Terra, tras dous intentos falidos, en 1998 e 2003 en Marte.

As caras dos científicos eran un poema Junjiro Onoda, director da Axencia de Exploración Aeroespacial Xaponesa, e Masato Nakamura, xestor do proxecto cosmonáutico que ía colocar o satélite Akatsuki na órbita de Venus, tiveron que comparecer en roda de prensa -situación altamente embarazosa nun país onde a honra conta e os erros paganse- para explicar o por que do fracaso.
A expectación suscitada polo lanzamento era de gran relevancia. A misión falida provocou gran desconcerto e decepción neste país. Falta de costume nun país onde a chapuza non é usual e ninguén a practica nin a entende. Pasarán seis anos, se non máis, antes de que volvan intentalo.
Haberá dimisións, seguro.
Esta é a noticia. Eu sinceramente creo, que me parece un pouco esaxerada a reación da xente. Penso que se lles saíu mal, teñen que estudar osa erros cometidos e tratar de solventalos, non creo que o deban de deixar para dentro de 6 anos. Vós que pensades?


Feito por: María Isabel Limia Pérez

Cales son as noticias de ciencias que destaca google no 2010? Faltaría algunha?




Editado: Carmen Cid Manzano

jueves, 9 de diciembre de 2010

¡A mosca máis rara do mundo!





'Mormotomyia hirsuta'


A redescoberta deste insecto sorprendeu a moitos dos investigadores xa que, este exemplar só se observara en dúas ocasións en 1933 e en 1948.

Este peculiar insecto, 'Mormotomyia hirsuta', é unha mosca pero moitos poderían confundila cunha araña xa que, ten un tamaño relativamente grande para ser unha mosca e uns ollos moi pequenos. Os machos caracterízanse por poder estirar as súas patas, estas cubertas por uns pelos amarelos, tamén contan dunhas ás que non lle serven para voar.

Este exemplar foi redescoberto por Robert Copeland e Ashley Kirk-Spriggs nunha cova situada no outeiro Ukazi, a uns 200 km ao este de Nairobi. O único lugar onde foi avistada. Quizais o problema de no poder voar é a razón que a súa vid fose restrinxida a este hábitat tan limitado.

Para máis información
Andrea Gerpe Acosta. 1º A

¡O noso primeiro universo era un líquido!


Físicos do LHC recrean os primeiros microsegundos tras o Big Bang a 10 billons de graos e levanse algunhas sorpresas. Chegaron a unha insólita conclusión tras realizar un experimento a altos niveis de enerxía, no que recrearon os «primeros microsegundos despois do Big Bang».Tras acelerar unha serie de partículas, o equipo cree que, neses primeros momentos, o Universo non só era moi quente e denso, senón que, e aquí ven a novidade, comportabase coma un líquido.

Aceleraron e chocaron entre sí núcleos de plomo nas máis altas enerxías posibles no detector Alice do LHC. Desta forma, xeraron unhas «bolas de fuego» subatómicas muy quentes e densas. A estas altísimas temperaturas, a materia normal mestúrase nunha exótica sopa primordial coñecida como plasma quark-gluón. Varios modelos da física teórica predicen que ese plasma comportaríase como un gas a estos altos niveles de enerxía, pero os primeros resultados dos científicos do LHC botanos por terra.

Os responsables de outro dos seus detectores, o Atlas, creen que o próximo descubrimento será o Bosón de Higgs.

para máis imformación:
http://www.abc.es/20101126/ciencia/primer-universo-liquido-201011261436.html

Tatiana Nespereira Campuzano 1ºB

miércoles, 8 de diciembre de 2010

O primeiro planeta rico en carbono fóra do Sistema Solar

WASP-12b é o primeiro planeta rico en carbono fóra do Sistema Solar, encóntrase a 1.200 anos luz da Terra, orbita moi cerca dunha estrela anfitrioa e pertence a unha clase de planetas coñecidos como "Xupiter quente".
Pola súa elevada temperatura e por ser un planeta xigante non é posible que albergue vida, pero ofrece ós científicos a posibilidade de estudar un tipo de planetas exóticos completamente novos.
A ratio carbono-osíxeno de WASP-12b é superior a un o que respaldaría a teoría de que outro tipo de exoplanetas, os rochosos, podan estar compostos de rochas puras de carbono, como grafito e diamante.
Madhusudhan (o principal autor do estudo) di que para que puidese haber vida neste tipo de planetas tería que ser capaz de sobrevivir a moi pouca auga e oxíxeno e con moito metano e outros hidrocarburos.
Para determinar a composición da atmosfera dun planeta, os astrónomos observan a luz que emite en diferentes lonxitudes de onda. Neste caso, usaron o telescopio espacial da NASA Spitzer. Os resultados combináronse con datos xa dispoñibles doutras observacións realizadas co telescopio Canadá-Francia-Hawai.
Para analizar os datos, Madhusudhan utilizou un programa informático que el mesmo deseñou en 2009, cando traballaba no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). O método xa foi empregado para estudar outros exoplanetas, aínda que agora perfeccionouno engadíndolle un método de análise estatística.

Para máis información
Editado por: Lidia Blanco Otero 1ºBacharelato A

Ordenadores biolóxicos: As células que calculan.

exemplo 1*
Ata agora a bioloxía sintética intentou facer ordenadores vivos a partir dos conceptos básicos xa coñecidos sobre a electrónica, pero o problema surxía cando se intentaba conectar as diferentes partes do ordenador. Investigadores da Universidade Pompeu Fabra (UPF) de Barcelona descubriron unha rede de células modificadas que poden facer cálculos complexos. Este importante descubrimento fixo que estos científicos deseñaran e construiran redes de computación biolóxica distribuida con levaduras (organismos unicelulares) modificadas xenéticamente que se poden combinar de moitas maneiras diferentes, que dan coma resultado a molécula sintética. Neste traballo resolveuse o problema utilizando unha nova teoría que prmite construir circuitos avanzados utilizando células vivas como unidades básicas e moi poucas conexións ou enlaces. Trátase dun sistema que permite crear moitos circuitos diferentes cun mínimo de células existentes e que unha vez está feito o circuito, pódese programar añadindo un único composto no cultivo no cal se encontra.A información do circuito modifícase utilizando coma estímulo cloruro de sodio (NaCl) e estradiol (GAL) (exemplo 1*)

Mario Blanco Cid 1ºA Bach.

Vida sintética, manipulación xenética...problema ético ou só biolóxico.

En Australia nos anos oitenta os coellos e os ratóns devastaban os campos o que supoñía unha merma para a economía do país. O científico Ron Jackson comezou a traballar en 1988 no CSIRO, na división de control de animais. Entre os seus obxectivos estaba xerar unha vacina que esterelizase aos coellos. Certas dificultades con estes animais fixo que se realizase unha "proba de concepto" con ratos. Esta proba consistía en introducir no Virus Ectromelia (EV), que causa as vexigas en ratos, o xen ZP3 de óvulos de ratas. Durante a infección co virus modificado, as células infectadas producirían a proteína dos óvulos. O sistema inmunolóxico dos ratos identificarían as proteína dos óvulos coma propias do virus e eliminaría as células que a producisen. Como resultado as femias infectadas quedarían esterilizadas.
En Xaneiro dese mesmo ano Ron Jackson coa compaña do experto en inmunoloxía Ian Ramshaw, publicaron que a proba de concepto era válida, xa que o infectar ratos de laboratorio con dito virus modificado o 70% das ratas quedaban estériles tras o tratamento. O problema estaba en que apenas funcionaba con outras cepas de ratos e o virus precisaba factores que mellorasen o seu resultado.
A posible solución consistía en introducir ao virus o xen da Interleucina 4(IL-4), coa intención de aumentar a produción de anticuerpos e diminuír a resposta frente os virus. Os científicos australianos modificaran xeneticamente o virus creando un novo virus que causaba a morte de todos os animais involucrados no estudo e o máis sorprendente, o novo virus tamén acababa cos ratos previamente vacinados. Era finais do ano 2000, e os biólogos tiñan a primeira evidencia científica dun virus que pasaba a fronteira da vacinación.
Publicar isto era necesario, pero tamén moi perigoso! O virus rebasaba as fronteiras das vacinas! O mesmo Jackson afirmou que ainda que estivese movida para fins pacíficos e en animais, non en humanos, había que ser un idiota para ver que dita tecnoloxía podía ser tranferible!

Hoxe, dez anos despois, Ian Ramshaw cre que cualquier cousa científicamente interesante debe ser publicada. Actualmente é o director do Centro Nacional de Bioseguridade australiano que traballa no compromiso da investigación científica cos seus posibels riscos. Ian acostúmado a discutir sobre o chamado "dobre uso" da ciencia afirma que non só os bioterroristas persiguen os avances da ciencia se non, na súa opinión, a biodefensa só é unha excusa para traballar nestas áreas e están chegando demasiado lexos!! Aínda que a xustificación sexa a defensa, pódense desenvolver organismos que hoxe no existen e que afecten a humanos.
Este historia recorda os problemas que poden xurdir tras a creación de vida síntetica ou trás a manipulación xenética. Ética, mediciña, economía...Que debe predominar?

Editado por Uxía Rodríguez Rodríguez, 1º Bach A

Quen Somos? De Onde Vimos? A Donde Imos? ... un pouco de musica

martes, 7 de diciembre de 2010

Dinosaurio nadador

Un equipo internacional de investigadores confirmou que varios dos ósos atopados en Corea do Sur no ano 2008 pertencen a un dinosaurio herbívoro chamado Koreaceratops da familia dos ceratopsianos, que viviu na zona fai 103 millóns de anos.




O seu nome débese ó país de orixe dos investigadores surcoreanos, xaponeses e estadounidenses que integran o equipo. Este dinosaurio, pertencente ó período Cretácico Inferior, foi un bípedo de metro e medio de lonxitude e con fauce similar a picos de ave. Descubriuse que levaba unha vida semiacuática grazas á súa cola plana a cal o axudaba a moverse pola auga, dato moi importante e transcendental que foi publicado na revista científica alemana “Naturwissenschaften”. Os restos do dinosaurio foron descubertos por casualidade por un traballador da cidade surcoreana de Hwaseong, nunha roca que contiña ósos da cadeira e da cola unidos, algo que rara vez acontece.

Para información completa pinche aquí ou aquí



Lucía Rodríguez 1ºB