viernes, 25 de febrero de 2011

Páxaros espías, xa no Pentágono

O pentágono creou un colibrí robótico, ten intencións militares e é unha copia idéntica do real: axita as súas ás e voa en calquera dirección.
DARPA (unidade de investigación avanzada do Pentágono), busca o espía robótico perfecto. Os resultados comenzan a verse . A empresa de tecnoloxía AeroVironment, desenvolveu un colibrí robótico para a axencia estatal, e mesmo presentou un vídeo no que pode verse como voa o seu robot. Pesa 19 gr e voa como un verdadeiro colibrí, este é o paxaro máis pequeno do mundo e os resultados obtidos son espectaculares. Conseguir que un robot sexa capaz de voar axitando as súas ás constitúe un verdadeiro desafío. Lograr que se mova na dirección que un desexa agrega un novo grao de dificultade. E reducir o seu tamaño ata o dun colibrí pode parecer case imposible. Trátase dun nanovehículos aéreos. Este proxecto tamén inclúe unha gran cantidade de grupos de traballo investigando dispositivos robóticos que poidan ter algunha aplicación no campo da defensa.




Pero non todon son vantaxes.

Este robot é realmente impresionante, pero non é realmente práctico xa que un robot espía, tal como indica o nome ten que pasar desapercibido, e un colibrí (salvo no seu medio natural) chama a atención a todo o mundo.
Non obstante, moitas persoas gozarían con un xoguete como este.
Feito por María Isabel Limia Pérez 1ºBacharelato B

Fauna invasora en Galicia






Eva Rodríguez e Coral Real

Expedición de circunnavegación Malaspina 2010

A Expedición de circunnavegación Malaspina 2010 é un proxecto interdisciplinar do Ministerio de Ciencia e Innovación co obxectivo de xerar un inventario coherente e de alta resolución do impacto do cambio global no ecosistema do océano e explorar a súa biodiversidade, particularmente no océano profundo.





Editado por Natalia Cid Rodríguez

Colaboración desde o Master do profesorado (UVigo)

Miguel Ángel Cerdeira Torres alumno do Master Profesorado fixo un comentario a entrada de Uxia Descubren accidentalmente un tratamento para a calvicie para que todos podádelo ler, subóo como un novo post ao blog.


Muchos se alegrarán por éste descubrimiento, pero es curioso observar cuantos descubrimientos de la historia, y de hoy día, han sido fruto de “accidentes”, descuidos, experimentos fallidos o del azar.
Aunque si buscáis en internet encontrareis muchos más, como ejemplo de ello os dejo los siguientes para ver si os pica la curiosidad:

La penicilina: Alexander Fleming, científico escocés, investigaba la gripe en 1928 cuando se dio cuenta de que un moho azul-verdoso, que había contaminado una de sus placas Petri debido al desorden de su laboratorio, había matado a la bacteria staphylococcus que cultivaba en él. Todos recibieron con clamor su descuido en el laboratorio.

Hornos microondas: En 1947, el ingeniero Spencer de la empresa Raytheon, llevaba en el bolsillo de su saco una barra de chocolate, la cual dio origen a uno de los inventos más utilizados en la vida cotidiana. En esa época realizaba investigaciones con un generador de altas frecuencias (unos 60,000 Mhz) para usarlo como radar. Luego de un rato de investigar sintió un poco de hambre y decidió comerse la barra de chocolate que llevaba en el bolsillo de su saco, cuando la sacó para comérsela, encontró con el chocolate fundido.

Notas Post-it: (1968-1974) sus descubridores, Art Fry y Spencer Silver, ambos químicos, iban buscando un fuerte pegamento y... les salió mal, obtuvieron un adhesivo que no pegaba mucho y lo descartaron. Art Fry, hombre devoto, estaba harto de meter papelitos en su libro de salmos para marcar las canciones cuando iba a la iglesia. Los papelitos no hacían más que caerse. Pensó que sería ideal tener hojas con un poco de pegamento que no fuera demasiado fuerte y que resistiera ser pegado y despegado muchas veces. La vieja partida de pegamento malogrado acudió a su mente. Habían nacido las notas Post-it.

Descubrimiento de Caronte: En 1978 en un observatorio de Estados Unidos estaban midiendo las características orbitales de Plutón. Chisty había colocado una placa fotográfica con una imagen de Plutón en un instrumento llamado explorador estelar. Advirtió una ligera protuberancia que interpretó como un fallo, de modo que decidió descartar la fotografía. En ese instante la máquina comenzó a funcionar mal y se vio obligado a recurrir a un técnico. Éste le solicitó que permaneciera a su lado mientras efectuaba la reparación, pues pensaba que podría necesitar su colaboración. Christy aprovechó ese tiempo para estudiar nuevamente la fotografía y resolvió mirar en los archivos algunas imágenes anteriores. Encontró una imagen rotulada: "Imagen de Plutón alargada. Placa defectuosa". Esto estimuló su interés y terminó encontrando seis imágenes rechazadas entre 1965 y 1970 que mostraban al mismo bulto. Sus estudios posteriores mostraron que éste era en realidad una luna de Plutón. Si la máquina no se hubiese estropeado y el técnico no le hubiese solicitado permanecer con él, probablemente el descubrimiento de Caronte no se hubiese producido en ese momento.

Hasta se dice que el propio Newton descubrió la gravedad al caerle una manzana mientras leía, pero siempre es necesario que se cumpla una condición expresada ya por Pasteur: "En los campos de la observación, el azar favorece sólo a la mente preparada".

Miguel Ángel Cerdeira Torres (Master Profesorado)

Enfermidade de Huntington



Profesora Mª José Camba Seara

jueves, 24 de febrero de 2011

Izpisúa xera células iPS a partir da pel de persoas co síndrome de Hutchinson-Gilford


O síndrome de Hutchinson-Gilford é a forma máis grave dunha rara enfermidade chamada proxeria, este tipo de enfermidade provoca que os afectados envellezcan décadas en poucos anos. Este doenza é incurable, polo que é moi importante buscar claves para o estudo do envellecemento. O que causa o síndrome de Hutchinson Gilford é unha mutación sinxela no xen que codifica unha proteína. Según Izpisúa: “ A enfermidade está asociada a presenza de defectos xenéticos que conlevan a acumulación dunha proteína anómala, a proxerina”.
A revista Nature publicou un traballo dirixido por Juan Carlos Izpisúa, investigador do Laboratoria de Expresión Xenética do Instituto Salk (EEUU). O equipo deste científico español conseguiu un bo modelo para estudar o envellecemento humano a partir dun experimento. Este experimento consistiu en extraer células da pel dos pacientes e convertelas en células madre pluripotenciais (iPS). Ao reprogramar as células para desenvolvelas aos seus orixenes, estas perden os defectos propios da enfermidade.
Los investigadores Juan Carlos Izpisúa y Guang-Hui Liu, primer y último autor del trabajo de Nature'.
Os investigadores Juan Carlos Izpisúa e Guang-Hui Liu.

Despois de obter as iPS xeneradas, descubriu no laboratorio que, ao volver a diferencialas para converterse en calquera outra célula estas volvían a mostrar o xen da enfermidade. A vantaxe é que descubriron todo isto en dúas semanas, comparado co proceso normal de envellecemento, que leva arredor de 80 anos, permite ter un modelo no laboratorio sobre envellecemento obtido en 15 días.
O achado publicado en Nature tamén supón o avance para a procura dun tratamento para a proxeria. A finalidade do traballo liderado por Izpisúa é “solucionar estes inconvenientes por medio da enxeñería xenética”, transplantarlle ao paciente células sometidas a técnicas de corrección xenética.

Ariana Pascual Sas 1ºC Bacharelato C

Órganos e tecidos dun porco

Marcos Fenández,alumno de 3º da ESO, fixo un vídeo sobre a matanza do porco. Como estamos estudando os tecidos animais en Bioloxía, paréceme que pode ser interesante que lle botedes unha ollada.





Profesora de Bioloxía Conchita López

martes, 22 de febrero de 2011

A ciencia tamén axuda ao arte.



O amarelo de Van Gogh reducese, os raios X descubren a complexa reacción química que degrada os brillantes cores do xenio holandés e abren unha vía para evitalo. O cadro “Ribera del río Sena” de Van Gogh, tal como está na actualidade (centro) e recreación do seu aspecto orixinal en 1887 (izquierda) e do seu futuro aspecto en 2050 (derecha). Abaixo, distintas investigación levadas a cabo.
O brillante amarelo dos cadros de Van Gogh xa non é tan brillante como cando os pintou e está volvendose marrón. Esta degradación, que afecta a outros cores e outros artistas de finis do siglo XIX, debese a unha complexa reacción química, que conseguiuse detectar nun esforzo conxunto de varios laboratorios europeos. Pequenísimas mostras de pintura analizadas por científicos de catro países confirmaron o proceso, que abre a vía a posibles medidas para evitalo, como a protección da luz solar e os raios ultravioleta.
A decisión de Van Gogh de utilizar novos cores brillantes nos seus lienzos considerase un hito na historia do arte, que non se podería facer sen a innovación na fabricación de pigmentos industriais que tivo lugar no siglo XIX.Aunque sábese dende ese siglo que a pintura amarelo cromo oscurecese baixo o efecto da luz do sol, non todas as pinturas desa época están afectadas e o proceso non transcurre sempre á mesma velocidad. Para resolver o rompecabezas químico, o equipo dirixido por Koen Janssens utilizou primeiro nos análises mostras de tubos de pintura antigos, que envelleceu artificialmente sometendoas durante 500 horas a luz ultravioleta. Só unha mostra oscureceuse significativamente, e esta foi a que se analizou con raios X. Encontrouse que o fenómeno é unha reducción do cromo, que pasa de cromo VI a cromo III. Na segunda etapa utilizaronse mostras de dous cadros de Van Gogh, onde se efectuaron numerosos análises en varios laboratorios europeos, e a conclusión foi que este fenómeno tamén se produciu nos seus cadros. Os raios X mostraron tamén que o cromo III está presente en maior medida cando tamén hai compostos con bario e azufre. Esto indica que a técnica de Van Gogh de mesturar pintura branca e amarela pode ser a causa do oscurecemento do seu amarelo.

Feito por Iván Gallego Gómez 1º Bacharelato A

lunes, 21 de febrero de 2011

Un paso máis contra o cancro: nanopartículas magnéticas

Os actuais tratamentos contra o cancro, como a radioterapia e a quimioterapia, aínda que van destinados a destruir células tumorais, tamén atacan células normais, provocando numerosos efectos secundarios molestos e incluso perigosos.

Un dos tratamentos máis prometedores é utilizar o interferón, o cal é impide o desenvolvemento das células tumorais, ao favorecer a súa detección e posterior eliminación por parte do propio sistema inmunitario do paciente, pero existe un problema porque os médicos aínda non son capaces de conseguir que chegue en cantidades suficientes á zona na que se atopa o tumor sen que sexa tóxico para o resto do organismo. Para reducir a súa presenza nos tecidos sans, e con iso os temidos efectos secundarios, no Instituto de Ciencia de Materiais do CSIC elaboraron unhas nanopartículas magnéticas de magnetita que mediante a aplicación dun imán pódense localizar no lugar que interese. Ao ser posible dirixilas á zona concreta onde se atopa o tumor e incluír interferón na súa superficie, son un novo fármaco bastante prometedor.
Con todo isto o que facemos é concentrar interferón nunha zona de células canceríxenas, facendo que o sistema inmune actúe nese punto en concreto acabando con todas elas, lonxe de células sans. Esto reducirá considerablemente os efectos secundarios que os anteriores tratamentos tiñan, e conseguiremos ser máis efectivos en canto a eliminación destas células.


Más vídeos en Antena3
Fonte: http://www.agenciasinc.es/esl/Noticias/Nanoparticulas-magneticas-contra-el-cancerEditado por
Daniel Fernández Gil
1º Bach A

Células nai ou stem cells

Vouvos deixar uns vídeos para completar as explicacións dadas na clase sobre as células nai.

Motivación persoal

Creo que o seguinte comentario merece unha entrada no noso blog. Pola miña parte grazas Ana.

Me parece que tiene mucho mérito vuestro trabajo y vuestro espiritu. Por eso os invito a ver un video de Paulo Coelho que se llama motivación personal y me quedo con su última frase "el mundo esta en manos de aquellos que tienen el coraje de soñar y de correr el riesgo de vivir sus sueños"

Ana Palomera Pérez (Máster para el profesorado de secundaria)




Carmen Cid Manzano

domingo, 20 de febrero de 2011

Máis cancións de ciencia!!

Bo, buscando buscando encontrei algunhas interesantes.



Aproveitando que demos o ciclo de Krebs aqui vos deixo unha canción que o explica moi completo.



Como tamén demos a mitose, aqui vos deixo outra canción sobre ela, esta vez da man das voces de catro rapaces e unha guitarra.





Outra da mitose duns rapaces na clase:




Para rematar unha cancion de amor moi orixinal. Merece a pena escoitala.



Fontes:
http://www.youtube.com/watch?v=qqpMtOVo_Bo
http://www.youtube.com/watch?v=0XAW9Han5Xs&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=o55NyyqW2co&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=K6l_Tz_kgmo


Coral Real Llamas.1º Bacharelato B.

A materia escura para formar as galaxias

Grazas o telescopio europeo de infravermellos Herschel, os halos de materia escura que rodean as galaxias son moito mais grandes que uns 300 000 millóns de masas solares. Esta pescuda foi presentada na revista Nature, na que Asantha Cooray, explica que se tes a cantidade xusta de materia escura surxe unha galaxia chea de estrelas.




O Herschel é un telescopio espacial que ten 3,5 metros de diámetro que permite seguir o rastro do noso Universo.
As acumulacións masivas interctúan coa radiación electromágnetica que actúan como pozos gravitatorios que fai que se cren as galaxias. A materia escura supón o 24% do Universo; o 72% é enerxía escura e só o 4% é materia corriente, como xa sabemos. O Herschel logrou obter nova información facendo un mapa da luz infravermella de grupos de galaxias moi grandes e moi afastadas.


Para máis información



Feito por: Manuel Lorenzo Tallón 1ºC Bacharelato

Descubren un fósil de fai 600 millóns de anos

En China, entre capas de esquisto negro baixo o mar, formado pouco despois da útima glaciación, fai uns 635 millóns de anos, un grupo de investigadores localizou o que se cree que é o organismo multicelular complexo máis antigo, a biota Lantian, que existiu fai case 600 millóns de anos. Tiña forma de tubo e de folla e cren que podería tratarse do antepasado de algas e vermes.










Fósil de biota Lantian.

Resulta incrible que vivise no lugar onde se atoparon os fósiles xa que non é adecuado para os organismos que necesitan osíxeno. Os investigadores din que a zona estivo moito tempo sen osíxeno pero que, algunha vez, si que o houbo. A biota Lantian viviu ata que o osíxeno desapareceu.


Para máis información click aquí.


Editado por Natalia Cid 1ºB.

Obesidade e evolución




Fai tempo lin un resumo dun artigo publicado en Nature (203: 599-602; 2003) no que se dicía que existen no mundo certas áreas cunha elevadísima proporción de diabéticos tipo 2, cuxa enfermidade non é imputable a malos hábitos alimenticios senón a unha anomalía xenética. Trataríase de poboacións que presentan xenes, aos que denomina «xenes aforradores», que permitirían unha utilización máis eficiente da comida e favorecerían a formación de depósitos de graxa e incrementos rápidos de peso durante os períodos de abundancia, co fin de acumular reservas para sobrevivir a posibles fames negras posteriores. Estes xenes, de gran utilidade no pasado, na época actual conducirían á aparición de obesidade e diabetes ante un exceso de comida e hábitos sedentarios.
Que curioso! o que pode facer a evolución. Non terei eu algún desos xenes aforradores?. Co permiso de Mario, cando teña cartos, poderíame facer un test xenético...





Editado por Carmen Cid Manzano

sábado, 19 de febrero de 2011

A máis forte explosión solar

Na noite de San Valentín o sol lanzou unha chamarada de 900 quilómetros por segundo é un síntoma de cambio do ciclo de actividade solar. Cada 11 anos ou máis, a estrela comeza un período no que a actividade magnética se intensifica. A erupción na madrugada do 14 ao 15 de febreiro, que foi acompañado por outros de menor escala, é o maior en catro anos. A NASA advertiu de que a nube de partículas expulsadas polo Sol "parece ser bastante debil e non é esperado producir efectos significativos sobre a Terra. Mentres que as tormentas solares son comúns, a violencia da erupción do tipo X, o máis forte da escala utilizada para medir. A preocupación máis grande era que perturbara as telecomunicacións ou cambiar o funcionamento dun satélite. Seus efectos so se observaros en transmisións de radio ao sur da China.

Para mais información:
http://www.publico.es/ciencias/361984/la-llamarada-solar-mas-fuerte-en-cuatro-anos



Feito por Érika López Carballo 1ºA

Dez anos da publicación do xenoma humano

O 15 e 16 de febreiro cumpríronse dez anos da publicación nas revistas Nature e Science da secuenciación do xenoma humano.



O segundo problema das células iPS.

Vólvense a atopar problemas nas células nais iPS, células pluripotenciais inducidas a partir da pel o do pelo. O estudo publicado en Nature expón que este material xenético substituto das células nai embrionarias conservaban células activas non correspondentes ó estado embrionario, é como se tiveran unha especie de “memoria”, polo que non o fan células nai similares ás células nais embrionarias.

Máis tarde en Cells death and differentation, publicaron outro contratempo con este tipo de células nai, este material biolóxico obtido ten máis tendencia a desenvolver tumores nun futuro o que limitaría o seu uso.


Por iso de momento teñen que seguir investigando con embrións, ás únicas células nais pluripotentes , que de maneira natural están predestinadas para diferenciarse en máis de 300 tipos de tecidos diferentes presentes no noso corpo humano.



Andrea Gerpe Acosta, 1º Bacharelato A

viernes, 18 de febrero de 2011

Test xenético

Déixovos unha animación para que entendades mellor o post de Mario sobre os test que vende por internet.

Descubren accidentalmente un tratamento para a calvicie.

É sabido que o estrés produce efectos na saúde capilar e noutros moitos órganos do corpo.




Para os experimentos usaban ratóns tranxénicos (modificados xenéticamente para que sufrisen estrés). Por esta razón as criaturas prodrucían exceso dunha hormona relacionada co estrés chamada CRF e polo tanto sufrían toda as consecuencias deste estado nerviososo, entre outras a calvicie (alopecia).Os investigadores bloquearon cun composto químico a hormona relacionada co esrés, intentando estudar os seus efectos no funcionamento do sistema dixestivo e atoparon que aos ratos crecíalle o pelo.
Agora queda comprobalo nos humanos. Se o minoxidil (producto que se usa como estimulador da saída do cabelo) funciona en humanos e en ratóns, podería pasar o mesmo neste caso, pero ollo! hai que ter en conta que non todos os casos de alopecia, só a causada polo estrés.

Uxía Rodríguez Rodríguez, 1º Bach A