lunes, 19 de septiembre de 2011

Entérate

O blog de Ciencias para o Mundo Contemporáneo vai seguir unha dinámica parecida á do curso pasado, só introduciremos pequenos cambios na xestión. A nosa pretensión é optimizar o tempo planificado para a actualización do edublog, co fin de axustalo ao voso perfil cun elevado número de materias e actividades diarias.
Todo o alumnado que o desexe poderá publicar artigos relacionados cos temas que esteamos vendo, ou noticias de ciencia e tecnoloxía. Pero ollo, sen utilizar a técnica do "copiar" e "pegar" e citando sempre as fontes de onde se extraeu a información. Co fin de incentivar os comentarios dos lectores as entradas deberán terminar con preguntas ou coletillas que @s inviten a participar. As entradas e comentarios sempre estarán firmadas.
Será necesario facer grupos de sete persoas (cada membro realizará un post o día da semana que lle corresponda). Despois hai que darse de alta no blog, para iso debes enviar un correo electrónico e pedirme o alta a blogcmcotero@gmail.com. Recibirás no teu correo electrónico unha invitación (un enlace) para configurar o teu perfil, cunha contraseña de acceso e, a partir dese momento, serás un membro activo do blog.
Para opinar ou preguntar, sempre con respecto, sobre as noticias e artigos que se vaian publicando, simplemente tes que deixar o comentario no post correspondente.
As colaboracións, como membro activo ou como lector, terán valor académico. No mes de xuño de 2012 todo sumará á hora de levar unha boa nota.
As fontes de documentación que podedes utilizar serán fundamentalmente as seguintes:
Plataforma SINC del FECYT;
A ciencia cierta
El país ciencia,
El Mundo ciencia,
Público ciencia
ABC ciencia.

martes, 6 de septiembre de 2011

BCN.KNOWLEDGE.domingo17

9.15 da mañá, fun a primeira persoa en chegar ao Campus. Nada máis chegar a Barcelona o monitor veume a recoller para levarme á residencia, todo era moi diferente de Ourense, malia non durmir en toda a noite estaba moi atenta a todo o que os meus ollos vían para non perderme nada de todo aquilo. Aínda non podía crer que ía vivir dúas semanas en Barcelona que tanto me gustaba, e para maior sorpresa, a nosa residencia estaba ao lado dunha das zonas máis ricas de Barcelona e ao lado do Camp Nou, tiñamos unhas vistas incribles. Á hora de xantar aínda só eramos catro persoas.
 


Á tarde foron chegando pouco a pouco máis , ao principio a xente era un pouco tímida, era normal, non nos coñeciamos de nada e non só iso, eramos de sitios moi diferentes, e falabamos distinto. Cara á hora da cea, os monitores trouxeron ó resto da xente. Eramos 22 rapazas e 8 rapaces, eu tiña algo de medo de quedar alí como algo parva, xa que ía xente supostamente con moi boas cualificacións, o que ademais comprobei ao chegar alí, a metade da xente tiñan media de 10 ou de 9 moi alto, e cando  lle deciás a túa media, mirábante case con cara de pena, e eu estaba contenta coa miña nota. Pero pronto me decatei ao empezar as prácticas, de que iso era só un número e que non significa nada. Iso si todos eles querían estudar medicina, e pensas, "tereime que poñer algo as pilas". Tamén me preocupaba algo, que a xente de alí fose xente que só saber estar na casa a estudar, (iso pensábao todo o mundo o primer día) e que non se saben divertir, pero nada que ver, todos eramos iguais, e a xente moi agradable desde o primeiro día, nunca houbo mal ambiente. A metade da xente era de Valencia, os demais de Anadalucía e despois soltos, dúas rapazas de Madrid, dous de Cataluña, un rapaz de Canarias e eu. A xente gustáballe moito como falaba, e os primeiros días viñan xunto miña para escoitarme falar e intentar imitarme, era moi divertido. Repartíronnos os cuartos, no meu, eramos tres rapazas, unha era catalá e a outra de Granada, rematamos tendo un acento moi peculiar. Ese día quedámonos ata tarde falando, e xa era coma se nos conocésemos case de toda a vida. Aquilo pintaba moi ben.



BCN.KNOWLEDGE. Presentación.

Eu, Isabel Limia, fun unha das participantes nos Campus Científicos de Verán. Foi unha grande experiencia, onde a parte de coñecer grandes persoas e vivir durante dúas semanas nunha cidade tan marabillosa como Barcelona,  sentínme realmente privilexiada de poder acceder a todo o que alí estaba ao noso alcance. Por todo isto gustariame compartir a miña experiencia convosco. Así que vola irei contando día a día como unha especie de diario recreando a miña estanza alí. Espero non vos aburrir e grazas polo voso tempo. Un saúdo.


domingo, 28 de agosto de 2011

Por favor necesitamos axuda

Non sei por que se borraron todas as entradas desde outubro a abril. Todo o traballo dunha chea de meses... alguén pode axudarnos a recuperalas? Tambén desapareceron todos os blogs que seguiamos...

miércoles, 17 de agosto de 2011

Campus científicos de verán 2011

Barcelona, Vigo e Santiago foron os destinos de catro estudantes de 1º de bacharelato durante a segunda quincena de xullo. Esperamos que nos conten como foi a súa experiencia. Mentres vos deixo algunhas fotografías e web oficial dos campus.
María Isabel Limia Pérez Barcelona Knowledge Campus)





Adrián Rodríguez Vilas e Juan Ozaita Corral no Campus Vida, Santiago de Compostela.






Daniel Fernández Gil Campus do Mar Vigo

martes, 28 de junio de 2011

Hipnotizados no congreso de CLIMANTICA

Excursión as dunas de Corrubedo





Cun ano de retraso posamos diante da gran duna. Recargade as pilas en vacacións que segundo será duro. Bicos. Pilar Latorre.

lunes, 27 de junio de 2011

Climántica!




Efectivamente xa estamos de novo dando guerra por terras ourensás, recén chegados de Gandarío só queda decir que foi unha xenial experiencia, na que xuntos pasámolo moi ben, disfrutamos e aprendimos todo o que estivo nas nosas mans.


Déixovos unha foto con Ángel Carracedo, ó que tivemos a gran sorte de coñecer; quedamos moi contentos ca súa amabilidade e con todo o que nos dixo, ademais de estalo xa tan só ca súa presenza.
Animo aos de primeiro do ano que ven a que se decidan a participar en Climántica cos seus traballos, porque o premio paga a pena. Tamén dou as grazas á nosa profesora por axudarnos e porque grazas a ela estivemos alí. Felices vacacións a todos!





Lucía Rodríguez Rodríguez






CLMNTK 2011





Profe xa estamos de voltaaa

miércoles, 22 de junio de 2011

Un galego no CERN


La Voz de Galicia 14 de xuño de 2011

Medical Animation

Ambientado na Capela Sixtina; un emulador de Miguel Anxo, cae dunha estada, tendo múltiples fracturas. O proceso de arranxos de desfeitas óseas no seu corpo é maxistral.

domingo, 19 de junio de 2011

Camiña a Terra cara unha nova idade de xeo?


Os científicos acaban de detectar un descenso das manchas da superficie do sol e unha menor actividade electromagnética cerca dos polos.
Estos síntomas auguran unha diminución da actividade do Sol, casi ata a súa hibernación», nos próximos 11 anos.
Ao parecer, o dato máis preocupante para os expertos e que pon de relieve a desaceleración da actividade solar detectouse na falta de carga magnética nos polos do Sol.Outros estudios publicados nos últimos anos apuntan alomenos catro consecuencias:


  • Descenso do nivel dos océanos, que contrarrestaría o efecto oposto para o quentamento global;

  • Cambios sensibles na producción agraria no hemisferio norte;

  • Diminución do réxime de choivas, cun aumento da sequía;

  • Aumento considerable no consumo de enerxía para contrarrestar las baixas temperaturas.

Non obstante, a posible baixada media de temperaturas non superaría os 0,3 grados centígrados.


Para mais información


Manuel Lorenzo 1ºC

Adelgazar bebendo cervexa????

Mandáronme hoxe por correo un arquivo titulado como adelgazar bebendo cervexa. Seguro que o alumnado de Bioloxía poderán atopar o erro. Estamos case de vacacións pero Mª José e máis eu cremos que podedes, aínda, facer un pequeno esforzo... ollo as notas finais non están postas... asi que vos esperamos en comentarios, lerémolos todos.


Metodo adelgazante





View more documents from iesotero.

jueves, 16 de junio de 2011

Máis premiados!!!!

Premiados polos seus traballos no concurso CLIMANTICA.O día 22 participarán no IV Congreso Climántica e despois asistiran a un campamento en Gandario onde realizaran actividades moi interesantes que aparecen no seguinte programa:



Esta noticia é recollida pola Voz de Galicia no día de hoxe:
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/06/16/0003_201106O16C16991.htm

miércoles, 15 de junio de 2011

Querid@ eu aos 16... (Dear 16-Years-Old Me...)

Deixovos aquí un video moi emotivo e moi realista sobre o que nos podería pasar a calquera de nós por expornos ao Sol no verán sen ningún tipo de protección ou cun tipo de protección moi baixa...



Recordade que todos somos, fumos ou seremos rapazes de 16 anos e que esto vai dirixido cara a nós.
Así que tomade moitas precaucións neste verán e en todos os seguintes.

Brais Gómez García 1º Bacharelato A

Campus científicos de verán 2011

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, co apoio da Obra Social a Caixa pon en marcha a 2ª edición do programa Campus Científicos de Verán. que se desenvolveran de forma simultánea en departamentos de investigación de 20 Campus de Excelencia Internacional e Rexional.



Alumnado de 1º de Bacharelato seleccionado para participar no programa Campus Científicos de Verano 2011. De ezquerda a dereita: Adrián Rodríguez Vilas (Campus Vida, Santiago de Compostela), María Isabel Limia Pérez (Barcelona Knowledge Campus), Juan Ozaita Corral (Campus Vida, Santiago de Compostela) e Daniel Fernández Gil (Campus do Mar, Vigo).
Estes estudantes gozarán de 14 días de contacto coa investigación científica a través da súa participación activa en proxectos de achegamento científico do 17 ao 30 de xullo
Cada estudante participará en 2 proxectos conoutros 7 - 8 alumnos/as.
A participación nos Campus de Excelencia Internacional inclúe:
- Proxectos de achegamento científico. En cada Campus desenvolveranse proxectos de achegamento científico de todas as áreas de coñecemento (bioloxía, biomedicina, física, química, matemáticas, medio ambiente, robótica, enxeñería, etc.), especialmente deseñados para o programa e dirixidos por profesores universitarios e de ensino secundario. Cada proxecto constará de 4 fases de desenvolvemento:
Fase 1. Presentación e teoría do proxecto. Será dirixida por profesores universitarios e de ensino secundario asociados aos Campus onde levarán a cabo os proxectos.
Fase 2. Desenvolvemento e posta en práctica (traballos de campo e/ou laboratorio). Esta fase estará dirixida por profesores universitarios e terá unha duración de entre 12 e 16 horas.
Fase 3. Tratamento da información, incluíndo técnicas de comunicación e divulgación da ciencia, a tecnoloxía e a innovación (como presentar resultados da investigación, elaboración de informes, como falar en público, etc.). Fase dirixida por profesores de ensino secundario. Ten como obxectivo reforzar os conceptos tratados na fase 2.
Fase 4. Presentación e exposición final de resultados. Todos os estudantes realizarán unha presentación pública (ante profesores, estudantes e/ou representantes das institucións participantes) dos resultados obtidos durante a súa participación nos proxectos. Para a preparación desta presentación, os alumnos contarán coa axuda dos profesores de ensino secundario e, en caso necesario, animadores científicos.

Actividades complementarias:
Científico-culturais. Durante a súa estancia, as/os estudantes participarán de conferencias impartidas por científicos de prestixio, poderán departir con personalidades políticas sobre a importancia da ciencia e a innovación na toma de decisións políticas, realizarán visitas a museos, centros de ciencia, parques tecnolóxicos, etc.
De lecer. O programa científico complementarase con actividades de lecer e deportivas, así como excursións de interese durante os fins de semana.
A organización cubrirá os gastos de aloxamento e manutención dos participantes en colexios maiores e/ou residencias universitarias. Durante a súa participación en Campus Científicos de Verán os/as estudantes estarán acompañados por animadores científicos. Os animadores recollerán aos\/as estudantes á súa chegada a cada unha das sedes de celebración e acompañaranlles durante o desenvolvemento de actividades no programa (traslados aos colexios/residencias universitarias, traslados entre estes e os Campus universitarios, actividades complementarias durante toda a súa estancia, despedida en aeroportos, estacións de tren ou autobús o día de regreso ao seu lugar de residencia.) Así mesmo, pasarán a noite coas\/os estudantes.
Cada estudante recibirá un diploma da súa participación nos Campus Científicos de Verán.

Carmen Cid Manzano

martes, 14 de junio de 2011

Mario contesta á profesora Tarsy Carballas

Como recordaredes se facedes clik fai uns días a profesora Carballas escribiu a Mario, agora é el o que contesta.


Estimada Tarsy:

No tiene importancia, al fin y al cabo creo que ha sido error mio, ya que no encuentro por ninguna parte el correo que creí haberte mandado. Es una pena pero lo importante es que al final hayas visto la publicación en el blog, ya que este trabajo gana mucho al saber que lo has leído y te ha gustado.Al comienzo de este curso, mi profesora M. Carmen Cid Manzano propuso crear un blog (acienciatamenecultura.blogspot.com).

La idea me entusiasmó tanto que estaba deseando empezar a publicar noticias sobre el mundo de la ciencia, entonces me paré a pensar en la ciencia en Galicia ¿Que había hecho Galicia por la ciencia?, nunca me lo había preguntado y tenía muchas ganas de conocer la respuesta, investigué por internet y encontré esta entrevista: (http://mas.laopinioncoruna.es/suplementos/2010/02/14/tarsy-carballas-%E2%80%9Cel-suelo-de-galicia-ha-perdido-profundidad-debido-a-los-incendios%E2%80%9D/). Al terminar de leerla me interesé por conocer aquella mujer que había dedicado su vida a la investigación y que tanto empeño ponía por mejorar la vida de nuestros bosques y por tanto de nuestra tierra, Galicia.






Estuve leyendo tu CV, me ha llamado mucho la atención todos los lugares por los que has pasado ampliando tu formación como científica (Francia, Inglaterra, Venezuela, Checoslovaquia...) ¡Es impresionante! A mi me encanta la ciencia y me siento muy atraído por ella, pero cuando sabes desde pequeño lo que te gusta quieres luchar hasta conseguirlo. Desde que era pequeño me interesó el campo de la medicina, la idea de ayudar a tus pacientes a tener una vida mejor y incluso a salvar su vida, me apasiona. No descarto que en un futuro pueda cambiar el rumbo de mi vida, pero de momento lo tengo claro.A mi me encanta hacer deporte, soy muy inquieto y estar en el instituto casi 6 horas sentado me cansa mucho, no por el hecho de que esté estudiando ya que a mi me gustan casi todas las materias, sino porque tantas horas estando quieto no las soporto; por eso hago natación, necesitaba un deporte que me ayudase a estar en forma pero que a la vez no me agobiase y que pudiera realizarlo cuando quisiera, sin ataduras, siendo prioritarios mis estudios.


Te envio una foto mía adjunta a este correo, no soy muy fotogénico, por eso odio tanto que me hagan fotos. Por cierto, ¿Me podrías recomendar un libro que te guste para leer? Llevo tiempo buscando uno interesante y ahora que estoy terminando los examenes finales y se acerca el verano, se agradece tener algo apasionante para leer, no importa el tema que trate, basta con que sea interesante.



Un abrazo muy fuerte de mi parte y de todo el IES Otero Pedrayo.



Mario Blanco Cid 1ºA Bachillerato, IES Otero Pedrayo, Ourense.





A FAO explica como producir alimentos de forma sostible

Nun recente comunicado, a FAO (Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e Alimentación) explica que esta iniciativa, coñecida na decada dos sesenta como "Revolución Verde", "salvou a mil millóns de persoas de fame e produciu alimentos mais que suficientes para unha poboación mundial que se duplicou". "Axudar a campesiños con baixos ingresos aforrando nos costes de produción e crear sistemas agroecolóxicos saudables, co que maximizaran os rendementos e adicaran os aforros a saude e educación".Minimizar o arado e a labranza ou o manexo de pragas con tecnicas que excluen os pesticidas serian regras cas que se reduciria un 30% o uso de auga e un 60% a enerxia.

"Para poder medrar, a agricultura debe aprender a aforrar".

Noticia enteira en http://www.elmundo.com/portal/vida/medio_ambiente/la_fao_explica_en_un_libro_como_producir_alimentos_de_forma_sostenible.php

Andrea Fdez 1Bach B

Eclipse total mañá mercores 15 de xuño!

O mércores 15 de xuño temos plenilunio, asi que xusto cando se está pondo o sol, polo outro lado do ceo, debería saír o característico disco branco da Lúa, no lado contrario o horizonte!
E ahí estará, pero, nun principio parecerá que non. O noso satélite estará pasando pola sombra da Terra nese momento e a única luz que nos mostrará é a que lle mandamos difundida pola atmosfera terreste, sendo así moito menos brillante, ademáis de cor cobrizo. Durante as primeiras horas da noite poderemos ver dende a Península como a Lúa comenza a saír do eclipse e así, disfrutar deste fenómeno, inusual, desos que nos fan pensar un pouco máis no ceo.
Este espectacular fenómeno tera lugar as 21:22, hora Peninsular.




Liliana Villar Whyte 1 º Bach A

sábado, 11 de junio de 2011

Presenza de E.coli en sementes alemanas



As autoridades sanitarias do estado federado Renania del norte Westfalia (oeste de Alemania) confirmaron a presenza da bacteria (E.coli) en sementes procedentes dunha granxa ecoloxica de Baja Sajonia.




As sementes xerminadas en forma de brotes que deron positivo foron atopados na rexión de Bonn oeste do país, na basura dunha familia cuxos membros enfermaron tras inxerir estos vexetais.



Tratase da primeira confirmación directa que relaciona a epidemia cas semilas xerminadas.



Os investigadores do instituto alemám Robert Koch declararon que o estudio epidemiolóxico mostra que son as sementes xerminadas e non os pepinos os que orixinaron a epidemia en todo o país.

Para maís información:






Editado por: Érika López Carballo 1ºBach A