martes, 19 de octubre de 2010

Aumentan os exemplares de atún vermello

Aínda non é fixo, e existen incentidumes, pero tras varios anos de colapso, as últimas noticias obtidas apuntan a un aumento de exemplares. Tal vez ainda non sexa demasiado tarde e se poda recuperar a especie.
Esta evolución positiva xa comezou a notarse en Baleares, unha das principais zonas de posta do atún vermello no Mediterráneo, pero ata que punto se pode confirmar que, efectivamente, se está a lograr inverter a tendencia? Tal vez este respiro sirva para que os científicos poidan estudar a fondo a especie e atopar as claves que acaben definitivamente coa ameaza da extinción.
En 2001,Francisco Alemany(investigador do Centro Oceanográfico de Baleares do Instituto Español de Oceanografía), comezou un proxecto que consistía en diversas pescas de plancton. Nesta operación capturaronse ovos e larvas das diferentes especies que desovaban na área, entre elas as de atún vermello. Analizáronse os seus contidos estomacais, o seu crecemento diario e outros factores para intentar modelar a relación entre o medio ambiente e a sua evolucion larvaria.
Baleares non é a única zona de desove, existen outras como a do sur de Italia (arredor de Sicilia), a turco-chipriota e a do golfo de Gabes (Túnez), e nestas últimas existen moitas dúbidas sobre o seu control.
Segundo Alemany, habería que levar a cabo campañas de investigación en toda a conca mediterránea, para sacar conclusións globais.




Ademáis conseguiuse postas de ovos en cautividade, ainda que é un tema moi complexo e require moita investigación.
Que nazan larvas nas costas de Murcia e Cataluña non quere dicir que sobrevivan igual que noutras zonas.
E segun Alemany todavía quedan moitas lagunas no coñecemento da especie, sobre todo na primeira fase de vida.


Como conclusión: Porque nun momento determinado haxa moitos individuos da mesma especie, non se pode abusar da súa pesca.

Para máis información:



Feito por: Ana Pérez Pérez, 1º Bacharelato A.

No hay comentarios: