martes, 19 de octubre de 2010

Contaminación lumínica.

Sempre se fala de contaminacón, se fai referíndose á ambiental máis sen especificar que tipo de contaminación. Unha das máis descoñecidas é a contaminación lumínica, causada pola emisión de luces artificiais.
O ceo sempre foi unha fonte de preguntas e respostas en todos os tempos e hai hipóteses que do estudo do no ceo naceron as ciencias. Máis hoxe en día parece que non o valoramos tanto como os seus antigos observadores; as últimas vistas dende o Image Science and Analysis Laboratory da NASA-Johnson Space Center danos unha prespectiva de que a ausencia do ceo estrelado é cada vez máis notable. Ofrécennos unhas fotografías da península Ibérica que revelan que Valencia é unha das cidades máis contaminadas de Europa, e esta cidade non é a única, ven seguida por Madrid, Sevilla, Granada etc...




Este problema non é ningunha tontería xa que significa un derroche de enerxía e cartos e molestias para os afeccionados ao ceo nocturno.
Este tipo de contamición ten solucións bastante máis doada que o resto, xa que é decisión de cada un apagar ou non as luces das nosas vivendas, usar na rúa farolas con menos intensidade, eliminar as mal orientadas...

Para máis información
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Contaminacion/luminica/plena/crisis/elpepusoccie/20101018elpepusoc_9/Tes
Conchi González suxírenos o seguinte enlace: mapa mundial de contaminación lumínica
http://www.ascensionrecta.com/Imagenes%20web/cl_mundo_colores_grande.gif


Uxía Rodríguez Rodríguez 1 Bach A

No hay comentarios: