martes, 19 de octubre de 2010

Para que evolucionan as manchas dos felinos?

As manchas e as raias da pelaxe dos felinos evolucionan con moita rapidez axudando a estes animais a camuflarse no seu habitát, segundo confirma un estudo da Universidade de Bristol (Reino Unido), que publica a revista “Proceedings Of The Royal Society B”.




Os investigadores examinaron as marcas dos costados de 35 especies de felinos salvaxes para comprender así a súa evolución. Os científicos rexistraron numerosas diferencias na apariencia visual según o lugar no que viven. Descubriron que os felinos que vivían en habitáts densos, nas árbores e se encontraban activos baixo condicións de luz reducidas, son máis propensos a ter manchas complexas ou irregulares. Isto significa que evolucionaron para mellorar a súa camuflaxe e a súa capacidade de cazar. Pero aínda quedan moitas incognitas por resolver, como por exemplo, por que os guepardos manteñen manchas a pesar de vivir en hábitats abertos?: por que algunhas especies de gato teñen pelaxes lisos a pesar da súa preferencia por ambientes máis cerrados?; por que as raias verticais non son máis comúns nos felinos e outros mamíferos?.
Máis información: http://www.elmundo.es/elmundo/2010/10/20/ciencia/1287582055.html



Liliana Villar Whyte 1º Bach A

No hay comentarios: