martes, 19 de octubre de 2010

Unha estrela na etapa final da súa vida.


O telescopio Hubble (telescopio que orbita ao redor da Terra,estudado con anteriodidade en Ciencias para o Mundo Contemporánero) captou una fermosísima imaxe dunha estrela na última etapa da súa vida. Esta imaxe se atopou na nebulosa planetaria ‘NGC 6210’, situada a uns 6.500 anos luz, na constelación de Hércules. Nesta nebulosa atópase unha estrela, menos masiva do que é o noso Sol, na última etapa da súa vida.
Na imaxe captada polo Hubble amósase a parte interna da nebulosa planetaria con moito detalle. A estrela central, é unha pequena, pero moi quente estela tamén coñecida como ‘enana blanca’. Esta está rodeada por unha especie de brillante burbulla azul con unha estructura delicada e non moi ben definida. A burbulla asemella estar entrecruzada cun tipo de gas de cor vermello.


Feito por Andrea Gerpe Acosta 1ºBacharelato A

No hay comentarios: