viernes, 10 de junio de 2011

Italia contra a enerxía nuclear

Greenpeace colocou unha gran pancarta contra a enerxía nuclear no famoso Coliseo de Roma co fin de concienciar ós italianos de que a enerxía nuclear está a ser perxudicial e animándoos a votar en contra dela no referéndum que se celebrará o domingo e o luns alí. O dirixente de Greenpeace, Salvatore Barbera, defendeu as enerxías limpas e renovables como óptima proposta, xa que a enerxía nuclear en Italia xoga cunha cara moi desfavorecedora.

Está prohibida tras un referéndum celebrado tras o accidente de Chernóbil, aínda que no 2010 volveu a ser validada, despois do recente desastre de Fukishima as propostas frearon polo momento e ata que se aclare a seguridade coa que contamos con este tipo de fonte enerxética, que tantas dúbidas está a crear na humanidade.


Isto non quere dicir que se poña fin á producción de enerxía nuclear neste país, senón que é unha maneira de prever é á súa vez, de promover outras perspectivas e outras fontes nucleares de producción enerxética que non nos expoñan ante este perigo.




Lucía Rodríguez 1ºB


No hay comentarios: