viernes, 10 de junio de 2011

Pasos esperanzadores na creación de órganos bioartificias



Un grupo de investigadores do hospital Gregorio Marañón de Madrid, dirixido por Francisco Fernández-Avilés traballa para construír órganos artificiais sobre unha especie de andamio biolóxico, no cal os científicos incorporan as células que converterán este andamio inerte nun corazón capaz de latexar no peito dun enfermo que o necesite. A súa técnica consiste en tomar un corazón, descelularizarlo (baleiralo das súas propias células) e logo enchelo con células nai do paciente para que estas rexeneren o músculo cardíaco.
Fernández-Avilés confirmou onte que o paso do baleirado logrouse con éxito e a repoboación celular estase a experimentar. "Agora debemos asegurarnos de que é inerte e biocompatible", dixo. Así mesmo, o Gregorio Marañón tamén está a experimentar a técnica con fígados, engadiu o experto.

Os investigadores recoñeceron que é posible que as células nai propias poidan causar rexeitamento. Non obstante, dixo que a terapia xénica é "unha liña esperanzadora sobre todo para pacientes con órganos moi danados".

Información interesante en:


http://www.rtve.es/noticias/20100618/hacia-creacion-organos-artificiales/336222.shtml


Feito por María Isabel Limia Pérez Fontes


Alguén se acorda en que consitía a terapia xénica? Estudámola en clases de CMC

No hay comentarios: