miércoles, 19 de junio de 2013
PARABENS!!
O traballo de ALBA CORTÉS COEGO e SARA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ de 1º de Bacharelato gañou o 1º PREMIO DO CONCURSO OCEÁNTICA 13. Grazas a todos/as pola vosa axuda.
http://congresooceantica.campusdomar.es/
domingo, 16 de junio de 2013
PODER NUCLEAR
A enerxía nuclear é cada vez máis motivo de polémica tanto polas súas consecuencias medioambientais como políticas e sociais. Fixarémonos en dous exemplos, Irán e Africa. Irán co seu programa nuclear acusado de fabricar armamento baixo a apariencia dun programa civil e Africa moi necesitada de enerxía barata e fiable para o seu desenrolo.
En 1967 Irán e América viviron unha lúa de mel nuclear. Os acordos entre ambos países prevían a construcción de 23 centrais nucleares en Irán. Os americanos pensaron que si os iranís se interesaban pola enerxía nuclear, olvidaríanse un pouco do petróleo. Nin imaxinaban que Irán quixese ter un arma nuclear.
No 2010, os iranís fixeron unha demostración do seu programa nuclear, por primeira vez, estaban en condicións de enriquecer uranio a unha concentración do 20%, nivel que se aproxima ó umbral fatídico que precisa un arma nuclear. A comunidade internacional, con Estados Unidos á cabeza, tiña unha postura moi clara: Había que disuadir ós iranís de fabricar a súa primeira Bomba Atómica, a toda costa.
Fai case 25 anos que o réxime dos Aiatolás pretende desenrolar armas atómicas baixo a apariencia dun programa nuclear civil. Todo a través do mercado negro e as importacións ilegais.
O tráfico ilegal de equipamento industrial destinado a un programa nuclear deu lugar a un novo concepto, o material chamado de "dobre uso". Dobre uso porque un perno, unha válvula ou unha tubería poden utilizarse tanto nunha inocente fábrica de alimentación coma nun complexo nuclear.
Por outra banda, Africa necesita urxentemente enerxía eléctrica barata e fiable para o seu desenrolo, pero en lugar de utilizar os seus propios recursos como as minas de uranio, vese obrigada a vender as súas riquezas a outros países e ás grandes compañías extranxeiras.
Aínda que algunhas minas foron pechadas oficialmente en 1961 todavía representan unha ameaza para a seguridade mundial , debido ó seu valor para os terroristas, os estados corruptos e as prácticas ilegais. A recente acción en Mali puxo de manifesto a importancia estratéxica do Sahara como unha fonte importante de petróleo, gas e uranio.
Dende a década de 1940, Francia, Bélxica e os EEUU loitaron polo acceso ás minas congoleñas que proporcionaron o uranio utilizado para as bombas de Hiroshima e Nagasaki. A maior ameaza, nembargantes, non ven dos terroristas, senon das prácticas realizadas polas multinacionais de Francia, Alemania, Canadá, o Reino Unido e os EEUU.
A pesar dos riscos do emprego da enerxía nuclear, Africa ve ben a perspectiva de utilizar unha fonte de enerxía aparentemente inagotable, barata e limpa para poder facer fronte a unha demanda de electricidade que aumentará nos próximos anos. Os activistas anti-nucleares en Africa síntense intimidados, perseguidos e a veces asasinados.
Enlaces:
http://www.rtve.es/television/documentales/la-noche-tematica/
http://www.youtube.com/watch?v=JmKOjgemni8
http://www.youtube.com/watch?v=uHro1K7q4Us
Francisco Rodríguez Valencia, 1º Bach A.
A enerxía nuclear é cada vez máis motivo de polémica tanto polas súas consecuencias medioambientais como políticas e sociais. Fixarémonos en dous exemplos, Irán e Africa. Irán co seu programa nuclear acusado de fabricar armamento baixo a apariencia dun programa civil e Africa moi necesitada de enerxía barata e fiable para o seu desenrolo.
En 1967 Irán e América viviron unha lúa de mel nuclear. Os acordos entre ambos países prevían a construcción de 23 centrais nucleares en Irán. Os americanos pensaron que si os iranís se interesaban pola enerxía nuclear, olvidaríanse un pouco do petróleo. Nin imaxinaban que Irán quixese ter un arma nuclear.

Fai case 25 anos que o réxime dos Aiatolás pretende desenrolar armas atómicas baixo a apariencia dun programa nuclear civil. Todo a través do mercado negro e as importacións ilegais.
O tráfico ilegal de equipamento industrial destinado a un programa nuclear deu lugar a un novo concepto, o material chamado de "dobre uso". Dobre uso porque un perno, unha válvula ou unha tubería poden utilizarse tanto nunha inocente fábrica de alimentación coma nun complexo nuclear.
Aínda que algunhas minas foron pechadas oficialmente en 1961 todavía representan unha ameaza para a seguridade mundial , debido ó seu valor para os terroristas, os estados corruptos e as prácticas ilegais. A recente acción en Mali puxo de manifesto a importancia estratéxica do Sahara como unha fonte importante de petróleo, gas e uranio.
Dende a década de 1940, Francia, Bélxica e os EEUU loitaron polo acceso ás minas congoleñas que proporcionaron o uranio utilizado para as bombas de Hiroshima e Nagasaki. A maior ameaza, nembargantes, non ven dos terroristas, senon das prácticas realizadas polas multinacionais de Francia, Alemania, Canadá, o Reino Unido e os EEUU.
Enlaces:
http://www.rtve.es/television/documentales/la-noche-tematica/
http://www.youtube.com/watch?v=JmKOjgemni8
http://www.youtube.com/watch?v=uHro1K7q4Us
Francisco Rodríguez Valencia, 1º Bach A.
Etiquetas:
Consumo,
Enerxía,
Enerxías non renovables,
Medio Ambiente
sábado, 15 de junio de 2013
Aparece unha bacteria que crece a unha temperatura máis fría ca soportada por calquera outra.
A
temperatura no permafrost (capa permanente de xeo no
solo de rexións muy frías) dunha illa
do Ártico Canadiense, é case tan baixa
como algunhas superficies de Marte.
Deste xeito, foi fascinante o atopar unha bacteria capaz de crecer a estas
temperaturas (15 graos centígrados
baixo
cero, aproximadamente).
Esta
singular bacteria, non so é fascinante polo feito
de que logra crecer a tan baixa
temperatura, senon que tamén
nos dá
pistas sobre as condicións
de vida microbacteriana
en Marte.
Este
esquipo de investigadores, dirixido
por dous
microbiólogos descubriron esta bacteria (Planococcus
halocryophilus OR1) despois de examinar 200 microbios,
aproximadamente, na busca do que mellor logra adaptarse.
Pensan
que esta bacteria vive entre os canles
de auga
salgada que discorren
no interior do permafrost.
Para
saber o que necesita esta bacteria para sobrevivir, o equipo investigou
a sua
secuencia xenómica,
e tamen
rasgos moleculares.
Os
investigadores encontraron que esta bacteria, logra sobrevivir grazas
a unhas
modificacións
na
súa
estructura e función celular, e tamén debese a
un incremento da cantidade
de proteínas adaptadas ao
frío.
O ADN humano non pode ser patentado
O tribunal
Supremo de EEUU fallou o pasado xoves que os xenes humanos non poden ser
patentados: o material xenético extraído do corpo humano non pode ser
propiedade de ningún laboratorio ou compañía científica aínda que lograra illalo.

Dita compañía, especializada nas probas de ADN, análise
que sirve para determinar se unha persoa é xeneticamente propensa a unha
enfermidade, patentou a secuencia destes xenes relacionados con tumores
malignos nos anos 90, tras illalos e clonalos satisfactoriamente coa colaboración
da Universidade de Utah. Tras patentar o seu descubrimento, creou un test
médico relacionado coa mutación (BRA Canalysis). Ninguén podía investigar sobre
eses xenes nin desenvolver aplicacións médicas. Debido a patente as probas
diagnósticas eran, e son, moi caras (ata 4000 dólares) e non están ó alcance de
todo o mundo.
A compañía foi demandada por investigadores de distintas Universidades
e pola Asociación para a Patoloxía Molecular (APM) ante o tribunal de Distrito
Sur de New York, que lle deu a razón no ano 2010, pero Myriad apelou xa que
afirmaban que eles obtiveran o contido xenético asociado ás enfermidades.

Sen embargo, o tribunal deixa aberta a porta, a que poida
patentarse o ADN sintético “xa que non foi producido de xeito natural”.
Influirá esta decisión en
futuras investigacións, como asegura a compañía?
Fontes de información:
Iago Rodríguez Peña 1º BACH A
Escuros neboiros sobrevoan a ciencia española
Sumándose á crecente insatisfacción e denuncia da
comunidade científica española, onte, na prestixiosa revista Science, publicouse unha carta á opinión
pública, titulada “Dark Clouds over Spanish Science”, na que tres científicos
españois analizan o plan nacional de I+D+i para 2013-2016 realizado polo
Goberno de Mariano Rajoy. Nela, maniféstanse e argumentan contra a alarmante
política de recortes en investigación e a orientación que lle pretenden dar a
uns fondos xa de seu moi minguados.
Así, afirman que “mellorar a I+D privada é benvido, pero redirixir fondos cara á
investigación privada e aplicada, xunto cos grandes recortes no orzamento, achega
o risco de minar os esforzos por mellorar a investigación básica”.
A carta está asinada por tres prestixiosos
científicos: Luís Santamaría, presidente da Asociación para o Avance da Ciencia
e a Tecnoloxía en España; Mario Díaz, investigador de IMEDEA e
presidente do Comité Científico da Sociedade Española de Ornitoloxía
SEO/Birdlife; e Fernando Valladares, presidente da Asociación Española de
Ecoloxía Terrestre e investigador do Museo Nacional de Ciencias Naturais.
Fontes de información:
Antía Quintana Gallego, 1º BACH A
Prohíbese a amputación de aletas de quenlla

Tanto as quenllas como as raias son especies moi
vulnerables á sobreexplotación e nos últimos anos algunhas poboacións destes
peixes víronse en perigo pola súa alta demanda en países asiáticos, para a cociña
ou elaboración de remedios tradicionais. A asociación a favor dos animais Humane
Society International celebra a aprobación desta nova lei, xa que elimina esas “lagoas”
lexislativas da de 2003. A súa directora, Joanna Swabe, por medio dun
comunicado expresa a súa satisfacción e aproveita para subliñar que decenas de
miles de quenllas morren ó ano nos océanos debido a este tipo de pesca. Recorda
ademais que a UE é un dos maiores exportadores de aletas a Asia, pese a que un
terzo das quenllas e raias están consideradas en perigo de extinción pola Unión
Internacional para a Conservación da Natureza.
Fontes de información:http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/07/natura/1370598056.html
Antía Quintana Gallego, 1º BACH Aviernes, 14 de junio de 2013
Agricultura ecolóxica, é tan ecolóxica?
España é o maior produtor de agricultura
ecolóxica de Europa, e ó mesmo tempo é un dos que menos consumo fai dela. É
unha curiosa paradoxa que fai que un se pregunte: por qué? A resposta
maioritaria é o seu elevado prezo.
Existe unha explicación. A agricultura ecolóxica
non é máis que un negocio, a imaxe bucólica de campos verdes que nos vén á
cabeza ó falar dos produtos “bio” non é máis que froito do márketing. Por iso
non nos debe extrañar ver cultivos ecolóxicos cubertos de plásticos, ou a
agricultores “bio” usando fertilizantes. Teñen que manter dalgunha maneira ás
súas plantas, e facelas competitivas ante as multinacionais de cultivos
convencionais. Cal é a diferenza, entón, para que sexan máis caros? Sinxelo. Un
bioagricultor, para manter sans os seus cultivos, usa fertilizantes producidos
ecoloxicamente, que conteñen os mesmos factores que os que usan nos cultivos
convencionais, pero coa diferenza de que os primeiros obtéñense da materia
orgánica ecolóxica, e os segundos da minaría, de transxénicos… Os biofertilizantes
son polo tanto máis caros, e iso fai que o agricultor teña que encarecer o produto,
e tamén o teñan que subir de prezo as distribuidoras. E todo iso sucede por
culpa das grandes multinacionais de agricultura convencional, que son as
produtoras de fertilizantes, tanto ecolóxicos como non, e que encarecen en
exceso ós primeiros para que a xente non deixe de mercar os produtos
convencionais.
Entón, resulta a agricultura ecolóxica tan
idílica como nola fan ver? Deixo este vídeo, que ó mellor aclara algunhas
dúbidas.
Mauro Rivas Ferreiro, 1º C
Fontes:
http://www.rtve.es/television/20130528/cosechas-etiqueta/673900.shtml
Etiquetas:
alimentación,
Medio Ambiente,
Saúde,
Videos interesantes
Descubren un novo e raro tipo de estrela
Os astrónomos
encontrárona debido as diminutas variacións no seu brillo.
Un equipo de
astrónomos descubriu un novo tipo de estrela variable gracias as diminutas
variacións no seu brillo. A ferramenta usada foi o telescopio suizo chamado
Euler, de 1,2 metros, instalado na Silla, en Chile. As observacións feitas
revelan propiedades ata agora descoñecidas de esas estrelas que desafían as
teorías vixentes.

Fontes de
información:
David Campo Fdéz, 1ºBach A
Suscribirse a:
Entradas (Atom)