sábado, 4 de junio de 2011

Cura contra o cancro


Investigadores da Universidade de Alberta lograron curar o cancro utilizando un medicamento chamado "dicloroacetato", con todo, como esta sustancia non require patente e é barata a comparación cos medicamentos usados para combater o cancro polas grandes farmacéuticas está investigación non recibiu moito apoio nin está a facer eco nos medios, bloqueada quizas polas mesmas farmacéuticas, as cales durante os últimos anos dedicáronse ao estudo de medios que cronifican a enfermidade alargando o tempo de tratamento do paciente con fins económicos.

Os científicos canadenses probaron o dicloroacetato en células humanas (en probetas) e notaron que mata as células de cancro nos pulmóns, no cerebro e no peito, deixando soamente as células sas.


O dicloroacetato detona unha acción na mitocondria para que esta acabe de forma natural co cancro nas células (tradicionalmente enfócase na glucólisis para combatelo).

A pesar de todo isto, os investigadores están preocupados ante a pasividade das industrias farmacéuticas fronte ao seu descubrimento, e o problema que isto supón de face ao financiamento de probas clínicas e a súa posterior comercialización.

Acontinuacion deixovos unha entrevista que lle fixero ao premio nobel

de Medicina Richard J. Roberts



POR : Antía Arias García 1ºB

Viaxe virtual no Malaspina

A través de Público podes acceder a unha visita virtual, por todo o barco de Malaspina (barco sobro o que Natalia fixera o traballo), e percorrer o seu Exterior , Interior , Puente de mando , Máquinas e Labs.








As augas da Antártida estanse quentando

As augas profundas no mar de Weddell, na Antártida, estanse a quentar, informan os estudos realizados alí a bordo do Polarstern, nunha campaña de sete meses na que participaron 200 investigadores de institucións de 15 países. O investigador Eberhard Fahrbach resalta que nos últimos 26 anos se rexistrou un quentamento medio en toda a columna de auga no mar de Weddell de seis centésimas de grao. "Pode parecer un aumento de temperatura pequeno, pero como se estende ata augas moi profundas, supón un volume considerable de calor acumulada no océano", explica.
Estas investigacións, inscríbense nos programas internacionais de observación deseñados para alcanzar unha maior comprensión do impacto dos mares máis no cambio climático a grande escala. "Segundo o IPCC (como falamos onte en clase), máis do 80% da calor adicional absorbido pola Terra ata agora debido ao aumento das concentracións de gases de efecto invernadoiro está acumulado na capa superior do océano, agora podemos demostrar que o océano profundo, tamén está implicado neste proceso", engade Fahrbach.
Tamén se realizaron investigacións biolóxicas, para ver se cambiou a composición das especies no fondo mariño. O proceso de fusión de xeo e achega de auga doce ao océano continúa, alterando notablemente as condicións de vida dos organismos. Os científicos observaron unha ocupación moi lenta dos ecosistemas das zonas alteradas. Os organismos das augas antárticas están adaptados a vivir en condicións de moi baixas temperaturas pero tamén moi constantes, e agora as condicións están a cambiar rapidamente, informa o
AWI.

Que é o Polarstern?
É buque científico, considerado unha referencia mundial. Dende que, en 1982, empezou a navegar, o Polarstern realizou máis de 50 expedicións na Antártida e no Ártico. Mide 118 metros de eslora e 25 de manga, e está dotado de instrumentación e laboratorios para realizar investigacións de bioloxía, xeoloxía, química, glacioloxía, xeofísica, oceanografía e meteoroloxía. Navega cada ano case 310 días e normalmente está de novembro a marco na Antártida, mentres que durante o verán setentrional navega polo Ártico. Tras as operacións de mantemento rutineiras na súa base de Bremenhaven, o buque zarpará de novo o próximo 15 de xuño.


 Feito por María Isabel Limia Pérez Fontes

Invítovos a ver, unhas imaxes preciosas feitas nesta expedición polos científicos do Polarstern, sobre o paisaxe e of fondos mariños da Antártida.

viernes, 3 de junio de 2011

FECYT TV

A fundación española para a ciencia e a tecnoloxía inagurou fai pouco un canal de TV para a difusión de videos con contidos científicos. Deíxovos o link.

http://www.fecyt.tv/

Que é E.coli?

Estes ultimos días as noticias fan referencia continuamente a Escherichia coli (E. coli) como causa da contaminación dos pepinos en Alemaña. Pero de que están falando? O intestino humano contén ao redor de 1 kg de bacterias. Destes, aproximadamente o 0,1% son normalmente E. coli. A presenza destas bacterias no noso intestino é necesario para o normal desenvolvemento e a saúde. E. coli , xunto con outros tipos de enterobacterias, sintetizar as vitaminas, que son absorbidas polo corpo, por exemplo, a vitamina K e vitaminas do complexo B. Aínda que o hábitat normal desta especie é o intestino, poden sobrevivir bastante ben fora do corpo en ambientes contaminados con feces, como a auga ou o barro.
Existen moitas cepas de E. coli, inofensivas na súa maioría, aínda que existe unha variedade, E. coli 0157: H7 que produce unha toxina que pode ocasionar enfermidades graves como a Síndrome Urémico Hemolítico, que pode acabar en fallo renal.
A combinación de letras e números no nome da bacteria refírese aos marcadores específicos que se atopan na súa superficie e distínguea doutros tipos de E. coli.









Editado por Carmen Cid Manzano




jueves, 2 de junio de 2011

A 'E. coli' letal é froito dun cruzamento entre variantes


Científicos alemáns e chineses lograron descifrar o xenoma da variante da bacteria 'E. coli' que provocou a agresiva infección, a cal causou xa 18 mortes e parece non remitir. O axente infeccioso foi identificado como, froito dun cruzamento entre cepas xa coñecidas.
A variante letal de 'E. coli' é unha combinación entre un "parente moi afastado" da variante máis común da bacteria xunto con outras cepas tamén coñecidas. É dicir, trataríase dun cruzamento, non dunha mutación da chamada '0104:H4'. A pesar destas últimas análises, segue sen coñecerse o foco da infección.

No xenoma localizáronse secuencias de ADN que son "clásicas" en dúas coñecidas variantes da bacteria, xunto a outros compoñentes xenéticos que son descoñecidos.
A combinación destes elementos dá como resultado unha variante moi agresiva, que permanece máis tempo do habitual no intestino e provoca danos moito máis persistentes. É resistente a algúns antibióticos, a súa toxicidade é elevada e a infección evoluciona con rapidez cara á insuficiencia renal.
O equipo científico indicou que a identificación do xenoma non implica que poida darse de inmediato cun remedio á crise sanitaria..

Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundosalud/2011/06/02/nutricion/1307025997.html
Feito por: Yurema Seara Núñez

Nace un coelliño sen orellas preto de Fukusima



Aqueles que hoxe víchedes o telexornal recordaredes o vídeo anterior.

Como podemos ver no vídeo naceu fai uns dias un coelliño sen orellas nunha graxa preto de Fukusima. Creo necesario e interesante que reflexionemos todos...
Será a malformación deste coelliño produto da radioactividade orixinada en Fukusima? Mutaría o ADN das células do seu embrión durante o desenvolvemento?, podería pasar en outros animais? e no ser humano?

Editado por Antia Arias Garcia 1ºB

Unha solución rexenerativa

Un grupo de investigadores da Universidade de Brown e do Instituto de Tecnoloxía de Kanpur, na India, pousaron os seus ollos na nanotecnoloxía e descubriron nela a posibilidade de reparar e devolvérllela vida ás células nerviosas e ás células voluntariamente contráctiles do miocardio (cardiomiocitos) , cando nun ataque ó corazón unha parte del morre. Partindo da idea de introducir no corazón algo capaz de rexenerar o tecido morto do seu interior construíron unha estructura formada por nanofribras de carbón e polímero, que actúan como conductores de electróns producindo corrente eléctrica para que o seu latido constante se recupere. Para isto, coséronse nanofibras formando unha pequena estructura duns 22milímetros de largo e 15 micrómetros de ancho; colocáronse sobre un substrato de cristal e ó cabo de 4 horas había cinco veces máis tecido celular do corazón, e, catro días despois, a densidade de neuronas multiplicouse por dous, co que se demostrou que o tecido sintético rexenerou o tecido celular e as neuronas.

De chegar a comprobarse a total eficacia desta novidosa técnica, millóns de persoas serían beneficiadas, xa que según os datos da American Heart Association 785.000 persoas sufriron un segundo ataque ó corazón no ano 2009.

Noticia completa

Lucía Rodríguez 1ºB

domingo, 29 de mayo de 2011

O problema parte de España!

En Austria iniciouse unha operación para retirar a venta o publico de pepinos, tomates e berenxenas de 33 tendas que adquiriron productos a dous maioristas de verduras alemanes,que a sua vez compraran productos Españois nos que se encontrou a bacteria E.coli Enterohemorrágica. Así anunciouno a directora xeral da Saúde Pública, Pamela Rendi-Wagner, ante o temor dun contaxio da epidemia desatada en Alemania polo brote dunha variante da citada bacteria, que nese país causou dez mortos e cerca dun millar de afectados.
Foron os maioristas alemanes os que avisaron os comerciantes austríacos e iniciaron unha acción de retirada de productos,despois de que as autoridades sanitarias alemanas anunciaran que o brote infeccioso ten a súa orixe en pepinos procedentes de España comercializados a través do mercado central de Hamburgo. "Creemos que as tendas xa non ofrecen estos productos, pero non o podemos descartar" , dixo hoxe Rendi-Wagner na radio pública ORF.
O ministerio autríaco de Sanidad comunicou os seus consumidores que o mellor é destruir e de ningunha maneira comer os pepinos, tomates e berenxenas procedentes de España que adquiriron nas citadas tendas, todas especializadas en productos orgánicos e cuxa lista foi publicada pola Axencia Austríaca para a Saúde e a Seguridade Alimenticia (AGES)
A partir de mañana, luns, esos comercions serán inspeccionados polas autoridades.
Según a axencia austríaca APA, hasta agora, en Austria se rexistraron tres casos de persoas afectadas e nos tres trátase de cidadáns alemáns que foron internados en hospitais austríacos, un deles xa recuperado e dado de alta.


Liliana Villar Whyte 1º Bach A

Algunhas partes da Lúa conteñen tanta auga como a Terra


Ata fai menos de cinco anos, a comunidade científica aceptaba que a Lúa era unha roca seca, coa excepción dalgúns cráteres sombreados nos polos que poderían albergar xeo procedente de impactos de asteroides e cometas. En 2009, confirmouse que hai auga na lúa, nunha cantidade que despois chegou a estimarse en 600 millóns de toneladas. Hoxe a cantidade corríxese ata o punto de que xa non será tan fácil cuantificala.

Un dos equipos que investigan a auga lunar utiliza mostras recolleitas fai décadas polas misións Apolo da NASA. Trátase de cristais procedentes das antigas erupcións dos volcáns lunares. Xa en 2008 díxose que os cristais analizados retiñan auga, aínda que perderan a maior parte.

No novo estudo, analizáronse cristais que conteñen inclusións de magma illadas do exterior que logo actúan como cápsulas do tempo, retendo intacto o seu contido orixinal. Empregando ferramentas de medición ultrasensibles, descubriron que o contido de auga é cen veces maior do que se cría.

Para máis información:
http://www.publico.es/ciencias/378659/algunas-partes-de-la-luna-contienen-tanta-agua-como-la-tierra
Feito por: Yurema Seara Núñez 1ºB

sábado, 28 de mayo de 2011

Argo axuda a entender o clima

En 1998 creouse o sistema Global de Observación Oceánica (GOOS), para poder entender a evolución do clima e predecir o tempo atmosférico con maior precisión e antelación. Argo forma parte do sistema. Naceu no 2001 e está constituída por 3256 perfiladores que teñen unha vida media de 3 ou 4 anos e teñen un coste de 20000 euros cada un. Cada un sumérxese a 1500 metros durante nove días, despois baixan ós 2000 metros e por útimo ascenden á supeficie medindo, polo camiño, a temperatura e salinidade do océano. Os datos, de fortes repercusións na variabilidade climática do planeta, envíanse por satélite dende a superficie e créase unha imaxe dos océanos do mundo que se pon a disposición da comunidade científica, desta maneira, ditos datos obtéñense a un ritmo 20 veces maior que os barcos oceanográficos.

Un dos beneficios máis importantes é que, con este sistema, lógrase unha maior precisión no cálculo da calor almacenada no océano, o que nos axuda a determinar o ritmo do quentamento global e a elevación do nivel do mar.

Argo permitiu medir, por primeira vez, a temperatura e salinidade nos primeiros 2000 metros do meridiano 24,5 grados Norte como si se mediran nunha expedición oceanográfica. Este meridiano é de gran interese en estudos sobre o clima porque é onde o océano transporta o seu máximo de calor en dirección Norte, 1 petavatio (o equivalente a 500000 estacións eléctricas de gran tamaño). A expedición Malaspina encárgase de lanzar 18 perfiladores desde os seus buques oceanográficos.

Para mellorar a calidade das prediccións é necesario ter información da salinidade superficial do océano con maior resolución espacial e temporal. Por este motivo, a Axencia Europea do Espazo lanzou en 2009 o satélite SMOS, que por primeira vez recolle este tipo de información. Para validar a información do satélite necesita ser comparada con datos medidos no océano. Malaspina contribúe a este obxectivo co lanzamento de 20 boias superficiais nos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.


Pincha aquí para máis información sobre a noticia

Pincha aquí para acceder a máis información sobre Argo (en inglés)

Feito por Natalia Cid, 1ºB

Ciencia na cociña: pataca a prezo de carne?








Traballo realizado por María Bermejo Fernández

viernes, 27 de mayo de 2011

Deforestación legal en Brasil

Hoxe na clase de CMC estivemos a falar sobre os bosques e a deforestación, así como, dos efectos de ambos os dous sobre o cambio climático. Con tal motivo, edito esta noticia.

O Congreso brasileiro aprobou o martes o novo Código Forestal. Ecoloxistas e científicos denunciaron que o texto favorecerá un aumento da deforestación e terá profundas consecuencias negativas para o medio.
O texto defendía a exención da reserva legal isto é, un espazo de preservación da vexetación orixinaria naquelas propiedades rurais de entre 20 e 400 hectáreas.
Tamén aprobou unha emenda que pon en risco as Áreas de Preservación Permanente (APP), espazos protexidos en zonas que se consideran vitais para o mantemento dos ecosistemas, como as marxes dos ríos. Ademais, a emenda autoriza a amnistía para os que infrinxiron a lei e deforestaron ilegalmente antes de xuño de 2008. Por último, o texto posibilita que os diferentes estados regulen nesta materia, o que, facilitará o labor de presión e clientelismo por parte do negocio agricultor.





A norma pasará agora ao Senado e, se é aprobada, deberá gañar o visto e prace da presidenta. Os datos oficiais apuntan a un aumento da deforestación na selva amazónica os últimos meses, que os ecoloxistas atribúen ás expectativas da aprobación do novo código.

Feito por María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B Fontes

Finalmente gustaríame que algún compañeiro, deixase a súa opinión sobre se está a favor ou em contra e deixando os seus argumentos.



A central nuclear de Garoña para un dos reactores por producir vibración anómalas

Según un informe do Consello de Seguridade Nuclear a central nuclear de Garoña, na provincia de Burgos, paraliza un dos seus reactores xa que apareceron vibración anómalas, os expertos afirman que estas vibracións non causaron consecuencias nin na poboación nin no medio ambiente, e por sorte a ningún dos traballadores lle causaron consecuencias.
Este suceso foi clasificado no nivel 0 na Escala Internacional de Sucesos Nucleares (INES); despois deste imprevisto aumentaronse os sistemas de seguridade e a central está en proceso de revisión e analizando as causas do accidente.
Garoña é unha das 8 centrais nucleares que existen en España e esta é do mesmo tipo ca de Fukushima, utiliza auga en ebulición.
A última parada desta central nuclear tivo lugar o 13 de outubro do ano pasado para realizar o mantemento de ventilación para arrefríar o aire dentro dos reactores.



 Para máis información: Click aquí

Lorena Yáñez 1º Bach. A

jueves, 26 de mayo de 2011

Reflexión, coidamos a natureza?




Traballo realizado por Mirian Álvarez Dapena

miércoles, 25 de mayo de 2011

Crise ambiental

Video realizado con fragmentos de anuncios publicitarios de TV sobre temática ambiental.







Daniel Fernández Gil

O Cambio climatico a través do humor





Este traballo consta de oito posters e foi realizado por Andrea Gerpe e Noelia Vila.

martes, 24 de mayo de 2011

Pegada ecolóxica rural vs cidade





Traballo realizado por Aitor López Domínguez

lunes, 23 de mayo de 2011

Limites planetarios



Traballo realizado por Eva Rodríguez Casas e David Ibáñez Domínguez

Estanse asando as abellas?



Traballo realizado por Iván Gallego Gómez e Lidia Blanco Otero