martes, 9 de noviembre de 2010

O biofuel incrementará as emisións de dióxido de carbono

A deforestación que causará o impulso dos biocombustibles na UE aumentará as emisións de gases contaminantes no canto de reducilas. Esa é, polo menos, a conclusión dun informe encargado por organizacións ecoloxistas que sinala que, só en España, as emisións de CO2 no sector do transporte crecerán para 2020 ata nun 8%, uns 9,5 millóns de toneladas, se o Goberno cumpre os seus compromisos de fomento de agrocombustibles.

Marlene Holzner.
Marlene Holzner
As conclusións, ás que nove organizacións como Greenpeace ou Amigos da Terra chegaron a partir de datos oficiais é que a deforestación nos 23 países analizados alcanzará unhas proporcións similares ás do territorio de Irlanda e terá efectos máis nocivos para o medio ambiente que seguir utilizando combustibles fósiles.

A Comisión Europea asegurou onte que estudará o informe, pero que aínda é pronto para cambiar os obxectivos acordados polos 27 Estados membros. A portavoz comunitaria de Enerxía, Marlene Holzner, recordou ademais que "a directiva sobre enerxías renovables di que non se pode acabar cos bosques para producir biocombustibles" ou prexudicar a biodiversidade.
Para máis informacion preme aquí


Editado por Brais Gómez García 1ºbach A






Un xen permite converter células de pel humana en sangue

Esta noticia, publicada na edición dixital de Nature, fala sobre un estudo que demostrou que a pel dunha persoa tratada pode actuar como células nai e converterse noutro tecido.
Investigadores da Universidade McMaster de Canadá, entre os que se atopa a española Ruth M. Risueño, transformoron pel adulta en sangue, engadíndolles un só xene chamado OCT4. As células transformadas non teñen marcadores de cancro e polo tanto non xeran tumores, isto supón un avance para tratamentos nos que as células sas dos pacientes axuden a rexenerar tecidos danados polo cancro ou outras enfermidades. Trátase dunha posiblidade áinda remota pero que en teoría poderiase experimentar en 2012 en humanos.




Máis información:


Feito por: Ana Pérez Pérez,1ºBacharelato A.

Especie invasora ameaza os ecosistemas caribeños.

O peixe león (Pterois volitans) é orixinario de Corea, Malasia e Australia agora está a aparecer en lugares moi afastados dos seus habitats naturais coma por exemplo nas augas do Caribe. Como chegou ata alí? Os biólogos da zona cren que poideron aparecer en 1992 cando o furacán Andrew destruiu o acuario artificial de Biscane Bay nas costas de Florida (EEUU). Logo apareceu en Porto Rico, República Dominicana, illas Vírxenes, Xamaica, e agora, Colombia. Tamén puido influír o pouco control estadounidense sobre os coleccionistas que levan estes exemplares e cando se cansan deles tíranos ao mar.
É unha especie vistosa, bastante valorada nos acuarios, máis fóra, nos ecosistemas caribeños, está a producir grandes estragos; é unha ameaza para especies nativas da zona coma o pargo ou o mero xa que devoran os exemplares máis pequenos, tamén é letal para as larvas de outras especies e os arrecifes de coral. Bahamas xa veu afectado o 80% dos seus arrecifes. Algúns mesmo falan de que pode verse afectado a barreira de coral de máis de 33 kilómetros de Colombia, unha das máis importantes do mundo. Ademais é perigosa para os bañistas da zona, xa que as súas aletas ten espiñas venenosas que usa coma defensa provocando danos ao contacto coa pel, provoca dificultades respiratorias, convulsións, naúseas, inflamacións e grandres dores.



Xa comenzaron un estudo biolóxico reproductivo para deseñar a mellor forma de rematar con esta gran ameaza. Ver máis.

Uxía Rodríguez Rodríguez

domingo, 7 de noviembre de 2010

Lípidos e saúde

En clase de Bioloxía estamos falando dos lípidos. Para completar o traballo de aula vou deixarvos uns vídeos e animacións que vos poderán axudar a comprender a relación entre estas biomoléculas e a saúde.






sábado, 6 de noviembre de 2010

Máis cerca do control da infección do VIH

Un modelo da proteína HLA B, clave para o control doVIH.

Chamámoslle controladores de elite ás persoas infectadas polo VIH que non chegan a desenvolver o SIDA e manteñen unha carga viral case indetectável sen tomar ningún tipo de medicamento. En España son ao redor de 500 os afortunados.

Moitos científicos levan tempo intentando atopar o motivo polo cal estas persoas son resistentes a esta infección na que a outras persoas actúa debilitando as súas defensas, ata o punto de ocasionarlle a morte se non están sometidos a un severo medicamento.
Un estudio a desvelado os catro marcadores xenéticos, que fan que esas persoas sexan “resistentes” ao VIH. Atópanse no cromosoma 6 onde se cofidica o HLA B.

Un investigador recoñece que o que hai que facer agora é recoñecer o detectores dos xenes identificados e asegura así que un químico podería crear unha molécula a cal os bloqueara.O desenvolvemento de fármacos que fagan que os linfocitos se activen e non deixen que o VIH se replique. O que sería moi útil para o desenvolvemento das vacinas e terapias xénicas contra o VIH.


Andrea Gerpe Acosta, 1º Bacharelato A

O noso blog cumpriu un mes

O noso blog cumpriu un mes de vida. Cando empezamos téñovos que confesar que estaba segura de que non iamos fracasar. Sabía que moitos de vós estariades dispostos a traballar e a ilusionarvos con este proxecto. Non me equivoquei o número de post 106 e o número de visitantes 2685 demóstrano.
É hora de facer este pequeno balance e tamén facer algunhas consideracións que recollemos no seguinte decálogo.


Decálogo do funcionamento do blog
1º A directora do blog é Isabel Limia Pérez, alumna de 1º de bacharelato B. Calquera cambio na configuración do blog terá que ser permitido por ela.
2º O máximo de blogueros será de 25.
3º O Blog terá como obxectivos:
- Informar a toda a comunidade educativa das principais novidades que aparecen nos xornais sobre ciencia.
- Relacionar os contidos de aula coa realidade da ciencia actual.
- Recoller todos os eventos sobre ciencia que teñen lugar no Centro.
- Establecer comunicación conoutros blogs.
- Facer máis atractivo o estudo da Ciencia aumentando desta xeito a motivación dos estudantes.
- Favorecer un maior protagonismo e responsabilidade do alumnado no proceso de aprendizaxe.

- Axudar a que os estudantes perciban as conexións existentes entre a Ciencia e o entorno social.

- Estimular nos estudantes hábitos de investigación mediante o uso das TIC.

- Desenvolver nos estudiantes a capacidade de análise e síntese de textos, para a elaboracións dos post.

4º Algúns exemplos de fontes de noticias para subir ao blog:
http://www.publico.es/ciencias
http://www.elpais.com/sociedade/ciencia/
http://www.plataformasinc.es/index.php/esl/Noticias
http://www.bbc.co.uk/mundo/temas/ciencia/index.shtml
http://www.elmundo.es/elmundo/ciencia.html
http://www.abc.es/ciencia/ciencia.asp
http://www.noticiasciencias.com/
5º Cada post terá un título atractivo e suxestivo. Deberá estar ben redactado (recoméndase facer un borrador antes da súa publicación). OLLO!!! Os textos non poden ser “recorta e pega”, deben ser froito primeiro dunha análise da noticia e logo dunha síntese. Ademais, cando se poda, deben relacionarase cos temas traballados na aula. Débese de ter coidado coas faltas de ortografía e os castelanismos. Inserir algunha fotografía "ad hoc" (xeralmente unha ou dúas). Pódense inserir tamén un vídeo ou un podcast. En palabras que creades que se deben ter coñecementos previos realizaranse enlaces con páxinas que os expliquen (deben ser enlaces que nos dean seguridade científica dos contidos). Para unificar o formato a letra que eliximos é Trebuchet tamaño normal e os parágrafos deben ter os bordos xustificados.
6º Pór en todos os post as etiquetas, intentando manter as que xa existen.
7º Os post deben estar asinados con nome e apelidos, indicando o grupo clase.
8º Ademais de subir noticias ao blog, pódese e débese facer comentarios aos outros post, iso significará o interese que espertaron as noticia publicados pólos outros compañeiros/as. Os comentarios deberán estar firmados.
9º Para que estudiantes non coincidan na mesma noticia, cando alguén esta a redactar un post deberá comunicalo por mail aos demais.
10º Este é un blog colaborativo polo que o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de todos e todas.
A profesora Carmen Cid Manzano

O cometa Hartley 2 , o máis próximo a Terra ata o momento

El 'Harley 2', ayer, durante el encuentro con la 'Deep Impact'.O Hartley 2 é o cometa que másis próximo ten pasado da terra ata o mmento. A nave Deep Impact da NASA tomou onte as fotografías máis detalladas que se coñecen desta masa alongada de xeo e rocha descuberta que chuspe potentes chorros de cianuro de hidróxeno, un gas moi tóxico.Con este encontro, xa son sete os cometas que foron visitados por naves humanas .
Os fulgores que se aprecian na superficie do cometa, que ten uns dous quilómetros de longo, son chorros de po que saen a presión cando o xeo que hai no corazón do cometa entra en contacto coa luz do sol e se converten en vapor de forma moi violenta. Cada vez que isto sucede perde un metro de lonxitude.

Estas afastadas imaxes en branco e negro poderían explicar un dos maiores misterios da Terra. O seu obxectivo máis importante ao estudar un cometa é intentar saber como puido xerarse a vida neste planeta

Os datos obtidos reforzan a teoría de que foron os cometas os que fixeron chegar auga e compostos orgánicos á Terra hai máis de 4.000 millóns de anos.

Os cometas son fósiles do sistema solar. Os planetas actuais formáronse a partir dalgunhas destas bólas de xeo e rocha ao estrelarse unhas contra outras. As que seguen libres, como o Hartley 2, conteñen materiais intactos de hai 4.500 millóns de anos. O seu estudo, coas fotos actuais da Deep Impact, explicará cal era a mestura de compostos e as condicións cando se estaban a formar os planetas.

María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B
Máis información :

"Dousferrados"

Para aos que lle gusten as Mates recoméndovos o blog de Conchi, profe do noso centro e que é seguidora do noso blog, facendo comentarios moi interesantes e con moita chispa.
http://dousferrados.blogspot.com/


Editado por Carmen Cid Manzano

A relixión non é ciencia


A crencia en Deus é unha opción persoal,
non é unha cuestión científica.
Stephen Hawking no seu novo libro "O gran deseño" descarta a existencia de Deus para explicar a orixe do Universo. Hawking renuncia así ás súas opinións anteriores expresadas na súa obra 'Unha Breve Historia do Tempo', na que suxería que non había incompatibilidade entre a existencia dun Deus creador e a comprensión científica do universo.


Stephen Hawking


Sen embargo outros científicos non teñen a mesma opinión, así Francisco Ayala, xenetista e biólogo molecular nacido en Madrid 1934 e que traballa no Estados Unidos afirma: a ciencia non está reñida coa relixión e dice 'Deus non é necesario para explicar a orixe do universo e da vida, pero aun así pódese crer nel'



Francisco Ayala



Editado por Carmen Cid Manzano

Como reacciona o noso cerebro cando nos namoramos?

O amor... Hai poucas cousas na nosa vida ás que lle demos tantas voltas na nosa cabeza, así que non é estrano para nada que a Ciencia tamén se encarge dos efectos que provoca o amor no noso cerebro para que sexa algo con tanto valor para nós.


Investigadores da Escola de Medicina da Universidade de Stanford aseguran que os sentimentos que provocan as paixóns amorosas poden ser incriblemente eficaces para aliviar a dor, posto que está científicamente demostrado que teñen un poder calmante similar ós analxésicos e incluso provocan os mesmos efectos que a cocaína, iso sí, á hora de falar do amor podemos engadir que en cambio este sentimento sí é algo saudable para nós.

O mito de Cupido é algo máis que iso; un equipo internacional de científicos asegura que o amor pode ser fulminante. Explican que tardarmos un quinto de segundo en namorarnos: Ó parecer, cando caemos rendidos polos encantos doutra persoa, doce áreas do noso cerebro traballan conxuntamente para liberar productos químicos que producen a euforia, como é o caso da dopamina, a oxitocina e a famosa adrenalina.

Non vos parece realmente incrible que un tema supostamente tan apartado e tan complexo ó que lle damos tantas voltas diariamente o resolva a Ciencia falando de cousas que nin imaxinaríamos? Efectivamente, a Ciencia nunca deixará de sorprendernos!

Como temas relacionados, tamén se está a estudar a sexualidade tanto nos homes como nas mulleres dende o punto de vista científico. Ver máis

Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºB

Un fosil vivente

O celacanto é un peixe de aletas lobuladas, con dimesións de ao redor de 1,50m e 60 Kg de peso, que se cría extinguido dende o período Cretácico, ata que no ano 1938 descubriuse un exemplar vivo en Sudáfrica.


Xunto cos peixes pulmonados, son os seres vivos mariños mais cercanos os vertebrados terrestres. Apareceron fai 400 Millóns de anos é ainda estan vivos algo que os fai moi importantes para historia da evolución dos seres vivos, aínda que istos exemplares son bastante distintos aos primitivos.

Este animal é carnívoro vive nas profundidades mariñas, o que resultou un gran problema para a sua captura e resulta dificultoso o seu mantemento pois chegan a a morrer polo cambio de presión.

Non se sabe moito desta especie, pois so teñen datos de dous exemplares, o que dificulta o seu estudio, por exemplo nestes momentos non se ten ningún dato seguro ao 100% da súa reproducción. Pensase que non alcanzan a madurez sexual ata os 20 anos e que son ovoviviparos. O seu período de xestación é de 13 meses, tras os cales a fémia dá a luz arredor de 5 é 25 crías, o suficientemente desenvolvidas coma para que non necesiten axuda da nai durante os primeiros meses de vida.

Debido a súas singulares características é unha especie en peligro de extinción, e necesario coidar dela, para intentar que non desapareza pois é un exemplo claro da evolución de moitos seres vivos.
Aitor López Domínguez 1º Bacharelato B

http://www.babab.com/no01/celacanto.htm

viernes, 5 de noviembre de 2010

A invisibilidade faise real.

Agora xa non se trata da imaxinaria capa que te fai invisibel, de Harry Potter. Agora estase a pique de facerse real!!

No pasado xa se tiñan desenvolto traballos de este estilo, pero nunha Universidade do Reino Unido fíxose verdade.

Os atomos dos meta-materiales teñen que ser moi pequenos para poderse producir na superficie da roupa por este motivo non se lograra anteriormente. Pero agora unhas membranas flexibles deste material que permite liberar estos atomos pola superficie. A unión de ditas membranas produce un texido intelixente que é o primeiro paso para facer unha "capa de invisibilidade".


Para ler a noticia completa: aquí

Coral Real Llamas. 1º Bacharelato B

Atopado o fósil dun delfin que viviu fai dous ou tres millons de anos.

O pasado dos mares é moito máis escuro ca o terrestre, tanto que en 2008 un mariñeiro holandés Albaert Hoekman, mentres navigaba polo Mar do Norte, pescou unha peza moi peculiar (un óso premaxilar); Despois de varias investigacións, dous científicos do museo de Historia Natural de Rotterdam identificarono coma un fósil dun antecesor dos actuais delfíns ( pola súa forma similar, mais cunha cabeza moi singular, "en forma de globo") que viviu fai dous ou tres millons de anos.




Clasificárono na familia dos delfínidos, e identificárono como Platalearostrum hoekmani, en honor ao pescador.






Uxía Rodríguez Rodríguez 1º Bach A

Recordando o día da Ciencia en galego








Xabier Cid Vidal co profesor de Física Ricardo Escudero e as profesoras do depatamentos de Bioloxía: Conchita, Mª Xosé, Lilí e Mª Carmen



España abre o primeiro laboratorio do mundo en crear órganos BIOARTIFICIAIS para transplantes




Fai un par de días saíu nos medios de comunicación unha asombrosa noticia que para moitos pode ser bastante ilusoria. No Hospital Gregorio Marañón de Madrid, acábase de inaugurar o primeiro LABORATORIO DO MUNDO en fascinantes técnicas de medicina rexenerativa. Despois do éxito obtido en animais, adicarase á creación de órganos bioartificiais para transplantes, como corazóns e fígados humanos. A técnica que están a desenvolver basease en limpar mediante deterxentes unha masa de coláxeno que antes era do corazón dun cadáver, para desfacerse das células do donante. Con este proceso de "lavado", é posible obter unha matriz ou andamiaxe celular e eliminar todo o contido celular, para logo poder cambialas polas celulas nai de pacientes sans.
No caso de que este proxecto culmine exitosamente e se obteñan resultados, dentro de dez anos, as novas células que se lle insertarán ao corazón xa serán as do paciente receptor do transplante, é dicir, dipoñerase de O PRIMEIRO CORAZÓN BIOARTIFICIAL para transplantar. Así mesmo, minimizaranse considerabelmente os casos e probabilidades de rechazo e o problema da escasez de órganos doados ós hospitais.

Neste laboratorio que participan tanto expertos españois como estadounidenses, quedan moitas incógnitas por resolver pero supón unha oportunidade revolucionaria para a medicina, sen dúbida un grandioso reto e posible logro sen precedentes.








Eva Rguez.Casas 1ºBacharelato B.

jueves, 4 de noviembre de 2010

Mar Capeans Garrido

Esta compostelá de 41 anos, foi a primeira española que formou parte do equipo permanente do CERN e que participa de cheo no proyecto de LHC, o gran colisionador de Hadrones:
Licenciouse en Física na Universidade de Santiago de Compostela en 1988 e uns meses despois mandou o seu curriculum o CERN a traves dun programa para estudantes, e deu de cheo no que marcaría o seu futuro profesional. É doctora en Física e traballa no CERN dende hai 16 anos.

En varias entrevistas preguntáronlle se lle custou moito chegar ata conseguir un posto fixo no CERN, ela contexta con toda seguridade que sí, que é moi dificil, que hai moi poucos e hai moita competencia. Antes de ser fixa foi foi pasando por distintas labores como por exemplo contribuir no deseño do ATLAS, un dos máis grandes colisores do LHC. Agora compaxina as tarefas de coordinación coa posta de proxectos de I+D (investigación e desarrollo) para un futuro.
Tamén afirma que encontrou dificultades por ser muller, que custa máis facerse ver.
Esforzouse aínda que recoñece ter sorte por empezar a traballar cun premio Nobel, nun laboratorio internacional, e que ten sorte agora de poder traballar en algo que lle gusta realmente.
Dubidou entre a Física e Arquitectura e di "O final escollín a Física pola simple razón de que podía estudiala en Santiago, e se me chegase a decantar pola arquitectura, podería estar no paro."

Aconsella aos xóvenes que soñan con dedicarse á ciencia e di "debedes aprender ben matemáticas, inglés, e escoller unha materia que vos guste e aproveitar as oportunidades da Universidade".

Esta muller GALEGA, divorciada e cunha filla, marcou un principio e un fin no papel de España no CERN.


Se tendes curiosidade por saber máis.



Feito por Uxía Rodríguez Rodríguez, 1º Bach A

María Soengas, galega reveladora no campo dos melanomas.

María Soengas naceu en Agolada (Pontevedra) en 1968. Estudiou Bioloxía na Coruña e, en Madrid, especializaouse en Bioloxía molecular. Pouco despois doutorouse (con honores de primeira clase) en Mecanismos de Replicación de ADN no centro de bioloxía molecular Severo Ochoa. Con 29 anos tivo que marchar de España ao laboratorio Cold Spring Harbor en Nova York. Alí foille asignado o papel de estudiar a apoptosis (suicidio controlado de células) como método para a eliminación de tumores, especialmente melanomas. No 2002 xa era coñecida polos seus traballos e trasladouse ao Departamento de Dermatoloxía da Universidade de Chicago para desenvolver un programa de investigación sobre o melanoma. Grazas ó seu esforzo descubríronse novos mecanismos moleculares referidos ao cancro de pel, o seu progreso e a resistencia que ofrece o tumor á quimioterapia.
Actualmente María Soengas traballa para o CNIO (Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas) onde busca usar as súas investigacións de laboratorio con fines clínicos (descubrir marcadores da enfermidade para o desenvolvemento de diversos fármacos) .
Ademáis de todos os honores anteriores, Soengas recibiu diversos premios e becas entre os que destacan: o premio Académico de Ciencias Biomédicas da Universidade de Michigan, premios da Fundación Americana de Dermatoloxía e outras fundacións contra o cancro. No campo galego, a Xunta otorgoulle o premio María Josefa Wonenburger o 14 de decembro de 2009.
Os estudios de Soengas foron reveladores para o estudo do melanoma, pero como case sempre, a falta de fondos impidiu chegar ás fases de experimentación que se tiñan pensado para o proxecto. Nada máis que dicir desta gran muller que demostra o lonxe que se pode chegar na ciencia aínda que para conseguir aplicacións falten cartos.

Juan Ozaita Corral, 1º Bacharelato A

Ánxel Carrecedo, científico galego con máis posibilidades ó premio Nobel

Estou moi contenta de que sexa eu quen publique a entrada sobre este gran científico, dende agora o meu maior exemplo a seguir, xa que a min gustaríame ser médica, especializarme en medicina forense, en investigación e chegar tan lonxe coma el.
Angel Carracedo é natural de Santa Comba (A Coruña). Licenciouse en Medicina con Premio Extraordinario e catro anos máis tarde obtivo o doutorado, tamén con premio extraordinario. Dende 1990 é catedráctio de Medicina Legal e, tamén dende ese ano, forma parte do consello da Sociedade Internacional e Xenética Forense, entidade que preside dende 1999.
O Doutor Carracedo desenvolve a maior parte da súa carreira profesional no Instituto de Medicina Legal (IML) de Santiago, que dirixe na actualidade. Este centro é un referente mundial no campo da xenética forense e na xenética molecular clínica.
Este científico recoñecido mundialmente destaca polas súas investigacións no campo da xenética aplicada, principalmente no campo da medicina forense. Tamén destaca como formador de investigadores de numerosos países. Dirixiu 28 teses doutorais, todas coa máxima cualificación.
Escribiu 7 libros e realizaou máis de 300 publicacións, a maioría delas en revistas internacionais.
Galiza é, en parte grazas a Carracedo, centro de referencia na xenética forense. Actualmente o equipo no que traballa quere liderar as últimas tecnoloxías e está a desenvolver chips de ADN para análise de investigación criminal. No campo da medicina xenómina están a desenvolver chips de ADN para identificar a posibilidade que ten unha persoa de herdar unha determinada enfermidade (empezando polas enfermedes mentais e polo cancro de mama).
Ademais de en España, Carracedo imparte conferencias en toda Europa, Xapón, Estados Unidos e Iberoamérica. No seu amplo currículo, ademais de ser presidente da Sociedade Internacional de Xenética Forense, é vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal, membro permanente do Grupo Europeo do ADN e da Comisión do ADN do Instituto Nacional de Xustiza de Estados Unidos, Carracedo coordina a rede da Unión Europea de Standarización do ADN e da Rede Iberoamericana de Xenética Molecular Aplicada á Medicina forense.
Das tres universidades galegas é o profesor mellor colocado para gañar o Nobel de Medicina. O seu traballo constante, meticuloso e rigoroso fixéronlle merecedores de importantes distincións, tanto a nivel nacional como internacional. Entre outras, Carracedo foi premiado pola Academia médico-cirúrxica, a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, a Fundación Caixa Galicia, a Fundación Frontela de Medicina Legal, a Sociedade Escandinava de Medicina Forense, o Grupo Hematolóxico forense italiano e outras sociedades científicas. Pero non só destaca como gran científico senón tamén pola súa gran dimensión humana e espírito humilde, aberto e emprendedor. Nunca se atribúe méritos propios, persoas que o coñecen o cualifican como unha persoa extraordinaria pola súa sabedoría e humanidade. Un día que veu o noso instituto a dar unha conferencia, contouelle a nosa profe Carmen que quixera ser fareiro pero que a súa nai sacoullo da cabeza... Se houbese medallas como nas olimpidas a Angel Carracedo teríanlle que dar a de ouro como científico e como persoa. (afirma a nosa profe).
Pequena reflexión persoal: eu realmente quedei abraiada con este científico, con todo o que fixo e o que fai. É un referente para o min e tamén para toda a xente da miña idade, é un exemplo do lonxe que podemos chegar. O preocupante é, porqué a xente non sabe nada deste científico nin de todos os grandes científicos galegos e españois que hai como el. Estas persoas revolucionan o noso mundo, os seus traballos inflúen moito máis do que pensamos na nosa vida. Non obstante todo o mundo sabe quen é Belén Esteban e na television nos bombardean con programas lixo inténtannos ensinar unha realidade que non existe. Se sabemos quen é Zapatero ou Rajoy, tamén temos que saber quen é ANXO CARRACEDO ALVÁREZ.

Angel Carracedo defende a lingua galega.


Feito por María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato
Máis información en :

Miras Portugal, primeira Presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia

Hoxe, o día da ciencia en galego, realizamos unha pequena homenaxe a científica galega Teresa Miras Portugal.
María Teresa, naceu no Carballiño en 1948. Casada e con dous fillos destacou no mundo da ciencia aínda cando só homes o facían, por iso é un exemplo para as mulleres.
Licenciada en Farmacia con Premio Extraordinario e Premio Nacional fin de carreira. Con felicitación do xurado e cualificación de Très Honorable na súa tese Doutoral baseado no enzima de síntese de noradrenalina en humanos. Recibiu numerosos premios entre eles o Premio “María Wonenburger” e o Premio da CEOE de Investigación en Ciencias.
Dirixiu máis de 17 teses doutorais e 5 doutoramentos europeos. Leva publicado máis de 200 traballos dos cales 190 en revistas estranxeiras.
No ano 2007 converteuse na primeira muller elixida como Presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia. E neste ano volveu a ser reelixida por tres anos máis.


Actualmente é catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular na Universidade Complutense de Madrid e é membro da Sociedade Española de Biofísica, a Sociedade Española de Bioquímica, a Sociedade Española de Neurociencias e a Sociedad Europea de Neurociencias.



Andrea Gerpe Acosta, 1º Bacharelato A

Unha destacada científicas ourensá

María Martinón Torres é unha paleontropóloga licenciada en Medicina e Ciruxía pola Universidade de Santiago de Compostela que forma o grupo de traballadores do CENIEH (Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana).
Dende o ano 1998 pertence ó Equipo Investigador dos xacementos de Atapuerca (Burgos), onde estuda homínidos como obxeto da súa tésis doctoral. O seu traballo diario baséase fundamentalmente nas liñas de investigación de paleobioloxía dos homínidos do Pleistoceno, estudiándoos a partir dos seus restos fósiles atopados; na evolución morfolóxica do aparato dental, (concretamente en filoxenia, sistemática e escenarios evolutivos das especies de homínidos do Pleistoceno, con especial énfasis evolutiva de Europa), na antropoloxía médica e forense, e na Paleopataloxía, que é o estudo da saúde e das enfermedades de especies humanas no pasado.





Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºB