Benvido/a! Nós somos un grupo de estudantes de Bacharelato. Con este blog queremos informar sobre os avances e descubrimentos científicos máis relevantes do panorama actual, porque a cultura tamén engloba a ciencia!Visitádenos e comentádenos para estar ao día!
(Edublog participativo)
WASP-12b é o primeiro planeta rico en carbono fóra do Sistema Solar, encóntrase a 1.200 anos luz da Terra, orbita moi cerca dunha estrela anfitrioa e pertence a unha clase de planetas coñecidos como "Xupiter quente".
Pola súa elevada temperatura e por ser un planeta xigante non é posible que albergue vida, pero ofrece ós científicos a posibilidade de estudar un tipo de planetas exóticos completamente novos.
A ratio carbono-osíxeno de WASP-12b é superior a un o que respaldaría a teoría de que outro tipo de exoplanetas, os rochosos, podan estar compostos de rochas puras de carbono, como grafito e diamante.
Madhusudhan (o principal autor do estudo) di que para que puidese haber vida neste tipo de planetas tería que ser capaz de sobrevivir a moi pouca auga e oxíxeno e con moito metano e outros hidrocarburos. Para determinar a composición da atmosfera dun planeta, os astrónomos observan a luz que emite en diferentes lonxitudes de onda. Neste caso, usaron o telescopio espacial da NASA Spitzer. Os resultados combináronse con datos xa dispoñibles doutras observacións realizadas co telescopio Canadá-Francia-Hawai. Para analizar os datos, Madhusudhan utilizou un programa informático que el mesmo deseñou en 2009, cando traballaba no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). O método xa foi empregado para estudar outros exoplanetas, aínda que agora perfeccionouno engadíndolle un método de análise estatística. Para máis información
Ata agora a bioloxía sintética intentou facer ordenadores vivos a partir dos conceptos básicos xa coñecidos sobre a electrónica, pero o problema surxía cando se intentaba conectar as diferentes partes do ordenador. Investigadores da Universidade Pompeu Fabra (UPF) de Barcelona descubriron unha rede de células modificadas que poden facer cálculos complexos. Este importante descubrimento fixo que estos científicos deseñaran e construiran redes de computación biolóxica distribuida con levaduras (organismos unicelulares) modificadas xenéticamente que se poden combinar de moitas maneiras diferentes, que dan coma resultado a molécula sintética. Neste traballo resolveuse o problema utilizando unha nova teoría que prmite construir circuitos avanzados utilizando células vivas como unidades básicas e moi poucas conexións ou enlaces. Trátase dun sistema que permite crear moitos circuitos diferentes cun mínimo de células existentes e que unha vez está feito o circuito, pódese programar añadindo un único composto no cultivo no cal se encontra.A información do circuito modifícase utilizando coma estímulo cloruro de sodio (NaCl) e estradiol (GAL) (exemplo 1*)
En Australia nos anos oitenta os coellos e os ratóns devastaban os campos o que supoñía unha merma para a economía do país. O científico Ron Jackson comezou a traballar en 1988 no CSIRO, na división de control de animais. Entre os seus obxectivos estaba xerar unha vacina que esterelizase aos coellos. Certas dificultades con estes animais fixo que se realizase unha "proba de concepto" con ratos. Esta proba consistía en introducir no Virus Ectromelia (EV), que causa as vexigas en ratos, o xen ZP3 de óvulos de ratas. Durante a infección co virus modificado, as células infectadas producirían a proteína dos óvulos. O sistema inmunolóxico dos ratos identificarían as proteína dos óvulos coma propias do virus e eliminaría as células que a producisen. Como resultado as femias infectadas quedarían esterilizadas. En Xaneiro dese mesmo ano Ron Jackson coa compaña do experto en inmunoloxía Ian Ramshaw, publicaron que a proba de concepto era válida, xa que o infectar ratos de laboratorio con dito virus modificado o 70% das ratas quedaban estériles tras o tratamento. O problema estaba en que apenas funcionaba con outras cepas de ratos e o virus precisaba factores que mellorasen o seu resultado.
A posible solución consistía en introducir ao virus o xen da Interleucina 4(IL-4), coa intención de aumentar a produción de anticuerpos e diminuír a resposta frente os virus. Os científicos australianos modificaran xeneticamente o virus creando un novo virus que causaba a morte de todos os animais involucrados no estudo e o máis sorprendente, o novo virus tamén acababa cos ratos previamente vacinados. Era finais do ano 2000, e os biólogos tiñan a primeira evidencia científica dun virus que pasaba a fronteira da vacinación. Publicar isto era necesario, pero tamén moi perigoso! O virus rebasaba as fronteiras das vacinas! O mesmo Jackson afirmou que ainda que estivese movida para fins pacíficos e en animais, non en humanos, había que ser un idiota para ver que dita tecnoloxía podía ser tranferible!
Hoxe, dez anos despois, Ian Ramshaw cre que cualquier cousa científicamente interesante debe ser publicada. Actualmente é o director do Centro Nacional de Bioseguridade australiano que traballa no compromiso da investigación científica cos seus posibels riscos. Ian acostúmado a discutir sobre o chamado "dobre uso" da ciencia afirma que non só os bioterroristas persiguen os avances da ciencia se non, na súa opinión, a biodefensa só é unha excusa para traballar nestas áreas e están chegando demasiado lexos!! Aínda que a xustificación sexa a defensa, pódense desenvolver organismos que hoxe no existen e que afecten a humanos.
Este historia recorda os problemas que poden xurdir tras a creación de vida síntetica ou trás a manipulación xenética. Ética, mediciña, economía...Que debe predominar?
Un equipo internacional de investigadores confirmou que varios dos ósos atopados en Corea do Sur no ano 2008 pertencen a un dinosaurio herbívoro chamado Koreaceratops da familia dos ceratopsianos, que viviu na zona fai 103 millóns de anos.
O seu nome débese ó país de orixe dos investigadores surcoreanos, xaponeses e estadounidenses que integran o equipo. Este dinosaurio, pertencente ó período Cretácico Inferior, foi un bípedo de metro e medio de lonxitude e con fauce similar a picos de ave. Descubriuse que levaba unha vida semiacuática grazas á súa cola plana a cal o axudaba a moverse pola auga, dato moi importante e transcendental que foi publicado na revista científica alemana “Naturwissenschaften”. Os restos do dinosaurio foron descubertos por casualidade por un traballador da cidade surcoreana de Hwaseong, nunha roca que contiña ósos da cadeira e da cola unidos, algo que rara vez acontece.
O equipo de investigación do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME) demostrou, despois de case dous anos de traballo, que unha rocha surxiu a partir da actividade de microorganismos moito máis pequenos que unha milésima de milímetro, que nos deixaron fósiles de gran valor. Trátase dunha rocha escura, case negra, que percorre centenares de metros dunha cova de El Soplao (Cantabria) por onde antes pasaba un río subterráneo e foi formada fai un millón de anos.
Xeralmente, este tipo de estromatolitos (marcas en pedra dos microorganismos primitivos que xorden como resultado da fotosíntese) non se encontran en covas, xa que non hai luz. Estos organismos, subsistían grazas á quimiosíntese por oxidación do manganeso co que xeraban pequenos desperdicios ata que quedaban completamente cubertos, quedando atrapados. Ó fosilizarse, eses residuos deixaron moldes exactos dos organismos que os crearon.
Rafael Lozano, líder do equipo do IGME nesta investigación, di que é a primeira vez que se rexistra a existencia de estromatolitos en covas e que tiveron sorte de que estiveran tan ben conservados. Este descubrimento achegará importantes claves para o estudo doutros fósiles moito máis antigos.
En España, cada día entran no mercado 51 millóns de envases de bebidas, das cales só o 30% acaban no colector amárelo e o 70% vai ao vertedoiro ou á incineradora. A asociación Retorna quere traer a España o Sistema de Depósito, Devolución e Retorno (SDDR) co obxectivo de introducir este sistema na Reforma da Lei de Residuos.
O ciclo da reciclaxe que se pretende é diferente ao dos colectores amarelos, onde acaban mesturados con outros produtos tóxicos, esta é a razón pola que o material resultante é de moi mala calidade e non serve para facer novos envases. Se contamina, paga: Con este novo sistema, o consumidor paga 25 céntimos ao comprar a bebida recuperándoo cando devolve o envase baleiro nun establecemento calquera. Nos grandes e medianos supermercados instalaríanse grandes máquinas de recollida no interior das súas instalación. Nos establecementos pequenos, os envases recolleríanse en bolsas e levaríanse a plantas de conteo para a súa clasificación. Este sistema funciona xa en outros países, como por exemplo Alemaña.
En España, habería un centro de control que xestionaría os depósitos, e se encargaría do ciclo: un produtor cobra os 25 céntimos ao supermercado, que os recupera do consumidor para pagarlle. O produtor envía ese diñeiro ao centro de control. O comercio contabiliza as devolucións de diñeiro que se fixeron para que llas pague ese mesmo centro. Envíase ao centro de control o material recolleito, e se vende para facer novas botellas, novas latas e novos briks de zume ou botellas de cristal, que son os envases que admite o SDDR. Co diñeiro, o centro de control paga ao comercio os 25 céntimos por unidade máis unha pequena comisión que lle permite amortizar os gastos.
No Ministerio de Medio Ambiente comunicaron a Retorna que incluíron no borrador da nova lei de residuos parte das súas alegacións e máis de 100 concellos cataláns asinaron mocións a favor da súa implantación en España.
Na materia de Bioloxía estamos estudando as moléculas da vida (despois da noticia do arsénico, diremos da vida que coñecemos). Neste post deíxovos uns vídeos e enlaces das moleculas responsables da xenética molecular. Para o alumnado que non teña a Bioloxía como optativa tamén será interesante que os vexan, porque pronto en CMC, empezaremos a estudar o tema dedicado a Biotecnoloxía. Ao final do post tedes un enlace a un xogo para sintetizar proteínas.
Gustaríame compartir este video con todos vós para que empecemos a valorar o que é noso, que a nosa lingua é única e útil como calquera outra. Aínda que é un video divertido o meu obxetivo é que empecemos a reflexionar e que comecemos a sentirnos identificados co que nos pertenece.
Unha vez máis, a realidade sobrepasa os límites científicos. Acaso pensabades que as bases sobre a orixe da vida eran inamovibles? Unha das noticias sin dúbida do ano, sae á luz. Unha diminuta bacteria demóstranos que a ciencia pode dar un xiro de 360 grados en calquera intre. A VIDA XA NO É O QUE ERA, un ser vivo no está "obrigado" a contar para existir cos seis elementos considerados, deica agora, fundamentais para a vida (nitróxeno, hidróxeno, carbono, osíxeno, fósforo e azufre).
A bacteria pode incorporar nas súas biomoléculas ARSÉNICO, (sumamente tóxico para o resto dos seres vivos) e non morrer.
Esta inaudita bacteria foi descuberta fai casi un ano por unha xoven científica, Felisa Wolfe Simons, nun lago tan altamente salino como o Mono Lake (California), que resulta hostil para as formas habituais de vida coñecidas menos para a nosa queridaHalomona. Dado a controversia do achado e as múltiples comprobacións a noticia non puido ser publicada ata onte .
Bravo por estes valentes microorganismos, que nos fan cuestionar a teoría de que a vida como a coñecemos require elementos químicos concretos e exclúe outros, o que vén novamente a demostrar,(véxase gran ironía social) que nada nin ninguén é imprescindíbel e que todos podemos participar e dar grandes sorpresas. Do que non cabe dúbida, é de que esta impresionante descuberta ábrenos outra porta máis á investigación de novas formas de vida e a aumentar a polémica sobre a cada vez máis valorada opción de vida extraterrestre.
A noticia é tan importante que merece as aclaracións desde as fontes orixinais:
O arsénico (As) atópase inmediatamente por baixo do fósforo na táboa periódica, e por iso ambos os elementos comparten moitas propiedades químicas, aínda que a diferenza é o bastante grande como para que o arsénico non poida substituír directamente ao fósforo na bioquímica moderna. O arsénico é tóxico porque resulta o bastante parecido ao fósforo como para que os organismos intenten esta substitución.
Toda a vida que se coñece require fósforo (P), en forma de fosfatos inorgánicos (PO43– ou Pi) e moléculas
orgánicas que conteñan fosfatos. O Pi serve como columna vertebral dos ácidos nucleicos que constitúen o material xenético e como o maior almacén de enerxía química no ATP (Adenosin-trifosfato).
Eva Rguez.Casas 1ºBach B.
Postulamos a hipótese de que sistemas bioquímicos antigos, análogos pero distintos aos coñecidos hoxe en día, poderían utilizar arseniatos nun papel biolóxico equivalente ao dos fosfatos. Os organismos que utilizasen estes camiños bioquímicos de "vida estraña" poderían sustentar unha "biosfera na sombra" durante os tempos da orixe e a evolución temperá da vida na Terra ou noutros planetas. Estes organismos poderían ata manterse na Terra hoxe en día, non detectados, en nichos inusuais.Wolfe-Simon, Felisa; Davies, Paul C.; Anbar, Ariel D. (2009), “Did nature also choose arsenic?”, en International Journal of Astrobiology, Volumen 8, Número 2, páxs. 69-74.
A vida está fundamentalmente composta polos elementos carbono, hidróxeno, nitróxeno, osíxeno, xofre e fósforo. Aínda que estes seis elementos forman os ácidos nucleicos, as proteínas e os lípidos, e xa que logo constitúen o groso da materia viva, é teoricamente posible que outros elementos da táboa periódica poidan desempeñar as mesmas funcións. Describimos unha bacteria, a cepa GFAJ-1 das Halomonodaceae, que substitúe o fósforo por arsénico para manter o seu crecemento. Os nosos datos mostran probas de arseniatos en macromoléculas que habitualmente conteñen fosfatos, e moi notablemente nos ácidos nucleicos e as proteínas. O intercambio dun dos bioelementos principais podería ter un significado evolutivo e geoquímico profundo. [...]
Notificamos o descubrimento dun microbio inusual, a cepa GFAJ-1, que excepcionalmente pode variar a composición elemental das súas biomoléculas básicas substituíndo fósforo por arsénico. O xeito en que o arsénico incorpórase á estrutura destas biomoléculas non está clara, e os mecanismos mediante os que operan as mesmas son descoñecidos. Wolfe-Simon et al. (2010), "A bacterium that can grow by using arsenic instead of phosporus", en Science Express.
O adelgazamento da capa de ozono sobre a Antártida reduciuse ao seu menor tamaño nos últimos cinco anos. Os científicos calculan que o burato podería selarse en torno ao ano 2080.
Os científicos calcularon que o tamaño do burato é de 22 millóns de quilómetros cadrados, cando en 2009 era de 24 millóns e en 2000, o ano en que se rexistro a maior brecha, 29 millóns. O déficit do ozono tamén se reduciu a 27 millóns de toneladas, comparado coas 35 millóns de toneladas de 2009 e as 43 de 2000. Este é un sinal de que estariamos a empezar a ver unha recuperación. Os científicos cren que podría estar selado en 2080.
O Informe 'Climate Vulnerability Monitor 2010: The StateoftheClimate Crisis' foi presentado este venres en Londres, é unha iniciativa de DARA(Development Assistance Research Associates). Revela que se non se toman as medidas pertinentes, dentro de 20 anos haberá un millón de mortes anuais como consecuencia dos efectos do quentamento global. Na actualidade calcúlase que morren 300.000 persoas ao ano Os países e sectores máis pobres do planeta son os máis vulnerables aos efectos do cambio climático e serán os que soporten o 80% do custo dos danos pola variación do clima. Estes países convértense na principal vítima do quentamento global. A evolución das mortes non é nada alentadora. Os nenos da África Negra e o sur de Asia son os máis perxudicados. Actualmente supoñen o 80% dos 300.000 mortos anuais en todo o mundo.
Os veciños de dous pobos Pontevedreses, Pontecaldelas e A Lama levaban tempo pedindo que non seguiran coa construción dunha estrada que dividía estes dous pobos. Por fin, a Xunta paralizou as obras xa que se encontrou unha población de salamandras rabilargas (Chioglossa lusitanica) que se atopan en perigo de extinción. Así mesmo, a Federación Galega Ecoloxista e outras asociacións ecoloxistas queren estudar a presenza deste animal e esixen que as obras non perxudiquen o hábitat deste animal.
Chioglossa lusitanica
Dryopteris guanchica
A salamandra rabilarga está localizada moi puntualmente en España só se pode atopar en Galicia e parte de Asturias, debido a que necesita un hábitat moi húmido, con vexetación densa e augas osixenadas e limpas. O principal problema de conservación desta especie é a destrución do seu hábitat, en particular, a contaminación das canles de auga e a tala dos bosques das ribeiras dos ríos, algo que pasaría co actual proxecto da carreira PO-255. Ademais estas obras poden ter un efecto negativo nun dos máis significativos robledales da comarca, vendose afectada unha xoia fitoxeográfica europea, o Dryopteris guanchica ou helecho macaronésico. Esta é unha rareza botánica na Europa continental propia das Illas Canarias, Madeira, ou Azores. Denominada nas fichas da Rede Natura 2000 dos espazos galegos como especie de elevado interese conservacionista e incluída no Catálogo de Especies Ameazadas na categoría de Vulnerable.
Con esta noticia podemos apreciar a necesidade de estudios preliminares de impacto ambiental, que se deben facer antes de comezar calquera obra pública que se realice nun territorio, co fin de conservar a biodiversidade e a paisaxe.
Con permiso de Mary Carmen comparto con vós neste blog un rincón do meu refuxio: A Mariña lucense. O eucaliptal de Chavín, tamén chamado "Souto da Retorta", está a 4 kilómetros de Viveiro. É monumento natural. Vale a pena facer unha excursión para coñecer a zona.
O eucalipto que aparece na fotografía superior é o máis sobresaliente do Souto da Retorta Foi plantado arredor de 1880. Alcanza os 67 metros de altura e ten un perímetro de 10,5m.
Quen son as mulleres que aparecen aos pés da árbore? Admítense apostas...
Editado pola profesora Pilar Latorre ( ilustre filla adoptiva de Viveiro) e desde hoxe unha nova bloguera.
Neste mesmo blog tedes máis información preme aquí
Onte, día 1 de decembro, foi o día da SIDA Esperaba que algún subise algo ao blog para recordar esta data pero... xa sei.. o exame de CMC de 1º A e C, pero que lle pasou aos de 1º B?
Como a prevención da SIDA ten que ser todos os días aínda estades a tempo. Mentres vos deixo un vídeo simpático...pero é para refexionar.
Senén Barreiro profesor de música ou biomúsico como lle gusta que lle chamen, ten un xeito moi especial de facer música, une a música cos sons da naturareza, así por exemplo xurde a ornitomúsica.
A española Ángeles Durán declarouse dona da estrella máis grande do noso Sistema Solar, establecendo un acta notarial na que se estipula que o Sol é propiedade da galega, quen pretende cobrar pola utilización da enerxía solar en todo o mundo.
Según publicacións realizadas por "La Voz de Galicia", a carta notarial realizouse según un método de adquisición da propiedade que constituye unha aprehensión electromagnética e radiactiva, non existindo propietario rexistrado do sol dende 5 mil millóns de anos ata a fecha. O documento oficial sinala que Ángeles Durán reuniuse co Ministro de Industria a quen lle asegurou que podería cobrar a quen utilice a energía solar, e aclara que as ganancias distribuiríanse nun 50% ós presupostos xenerales do Estado, 20% para as pensións mínimas e 10% para investigación de sanidad, erradicar o fame e os seus gastos persoais; respectivamente.O argumento da española é que no mundo existe un convenio internacional polo cal ningún país pode facerse dono dos planetas, o cal non involucra a particulares, e asegura que xa existe un americano que escriturou a maioría de planetas e a lúa.
Ante os acontecementos, o diario ABC sinalou que se as personas empezan a tomar en serio as declaratorias, a nova propietaria do Sol podería recibir demandas por danos e perxuicios provocados polo astro, tales como sequías, quemaduras, cáncer de pel; entre otros.
Rosalind Franklin foi unha física ingleshttp://www.blogger.com/img/blank.gif a recoñecida sobre todo pola Fotografía 51, a imaxe do ADN obtida mediante difracción de raios X. Esta fotografía serviu como fundamento para que Watson e Crick propuxesen a estrutura da dobre hélice do ADN en 1953. Se queres comprender en que se basea a técnica da difracción de raios X preme aquí. A biografía de Rosalind Franklin e o seu escaso recoñecemento en vida, podes velo no vídeo que tedes a continuación e que foi elaborado pola alumna Lucía Pérez Coello.
O aumento de datos e contidos obriga á procura de novos métodos de almacenamento cada vez máis pequenos. Científicos chineses foron máis alá e non só conseguiron iso, se non que a nova fonte de almacenamento son agora bases biolóxicas.
Investigadores da Universidade China de Hong Kong deron despois de 8 anos de intensos experimentos cunha nova forma de codificación de datos que admite a súa redución de tamaño de forma espectacular, xa que puido ser introducida en forma de ADN modificado, chegando a almacenar 90 XB dentro dunha bacteria.
Futuras aplicacións
Vendo que o segredo está no sistema de recompilación, preven que poderán gardar ata 2TB en escasos gramos de bacterias, e grazas ós seus avances, as súas aplicacións poderían variar dende o almacenamento de contidos dixitais ata a inserción de códigos de barras en organismos sintéticos: “Cremos que isto podería ser un estándar industrial para a manipulación a gran escala do almacenamento de datos nas células vivas”, explicaban os responsables do proxecto.