martes, 5 de abril de 2011

Diminución da capa de ozono nun 40% no Polo Norte


O mes pasado a diminución da capa de ozono no Polo Norte foi dun 40%, un fenómeno nunca visto en tan pouco tempo, podese dicir que é un record.
Iste record na capa de ozono é debido a un fenómeno chamado "vértice polar". Consiste en fortes ventos que aislan a masa atmosférica sobre o Polo e impide que se xunte co aire procedente de latitudes medias, producindo temperaturas moi frías e persistentes, o que provoca unha importante destrución da capa de ozono.
O problema disto non é só a alta porcentaxe de destrucción de capa de ozono, senón tamén o impacto que terá este fenómeno cando as masas de aire pobre en ozono se despracen unha vez que suban as altas temperaturas co avance da primavera.
A CNRS( Centro Nacional de Investigacións Científicas) resalta un maior imcremento da destrución da capa de ozono se fai 24 anos non se houbera firmado o protocolo de Montreal que limita o uso de aerosoles, un dos grandes colaboradores na súa destrución xa que estes gases a 80ºC baixo cero convértense en nocivos para o ozono, temperatura habitual na Antártida, xa que son extremadamente baixas cada inverno.



Tª Ártico cando comezou a diminuir o ozono
Lidia Blanco Otero 1º Bac. A
Para máis información: click aqui

A inventora española das 448 patentes





A doutora Celia Sánchez-Ramos (Zaragoza, 1959) é una investigadora atípica en España, é profesora da Universidade Complutense de Madrid (UCM) dirixe unha corrente de científicos que utilizan as patentes como a mellor forma de promocionar e difundir os seus descubrimentos. A científica con 448 patentes, aspira ó Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica e xa galardonada co “Gran Premio de Invención de Ginebra” sendo a primeira española en conseguilo; moitas destas patentes son internacionais, e mantelas non é barato, a súa concesión oscila en España entre 600 e 1000 euros e a súa expansión internacional entre 30.000 e 50.000 euros.

Segundo Cecilia: "Os nosos científicos non están rezagados na investigación, só nas patentes" e "Patentar non é só unha forma de obter diñeiro e poder seguir investigando, senon tamén de facer publico e difundir un traballo”
Sánchez-Ramos foi nomeada Mellor Inventora Internacional pola Organización Mundial da Propiedade Intelectual en 2009 e está convencida de que publicar traballos en forma de patente é tan válido como facelo nunha revista científica.

O seu traballo
A científica centra o seu traballo na área de ciencias da visión, é doutora de medicina preventiva e salud pública, licenciada en farmacia e diplomada en óptica e optometría. Fundou o laboratorio de neuro-computación e neuro-robótica da UCM.
Basase en experimentos sobre a protección do sistema visual para prevenir a dexeneración muscular cuxa patente esta concedida en 60 países
Sengundo Cecilia: “ Temos os ollos expostos a luz mais de 6000 horas e é necesario previr a perdida de visión a través de distintas fórmulas”
Entre os seus avances no área de Ciencias da Visión destaca a patente das lentes de filtro óptico amarelo

Feito por Iván Gallego Gómez 1º Bacharelato A

lunes, 4 de abril de 2011

Seleccionados para o I Congreso de Educación Ambiental dos centros de ensino de Ourense sobre cambio climático


O cambio climático é hoxe o maior reto ao que se enfronta a nosa sociedade, e os seus efectos xa están confirmando a máis dura das previsións tanto a nivel global como local. En Galicia xa se poden constatar os seus efectos a través do cambio nos réximes de precipitación e xeadas, aumento da frecuencia de valores extremos na temperatura, períodos de seca, etc. En todos eles, a provincia de Ourense maniféstase como especialmente sensible.
O I Congreso de Educación Ambiental dos centros de ensino de Ourense “O Cambio Climático dende a escola” quere converterse nun lugar de encontro e escaparate daquelas experiencias que xa están en marcha nos centros escolares da provincia ou daqueloutras que poidan xurdir neste curso e que teñan como eixo central a educación e sensibilización sobre cambio climático dende calquera das súas múltiples ópticas: sustentabilidade nos centros educativos, enerxía e aforro enerxético, consumo, auga, bosques, etc...
Este congreso terá como relatores aos verdadeiros protagonistas das iniciativas seleccionadas, o alumnado, que as desenvolverá coordinado polo seu profesorado. Terán así a oportunidade de compartir a súa experiencia contada por eles mesmos, que quedará despois recollida nunha publicación en formato electrónico.
Para apoiar o traballo do profesorado e alumnado comprometido con estes proxectos, o CEIDA e a Deputación de Ourense proporcionarán asesoramento técnico aos centros que o soliciten, amais que poderán solicitar unha axuda económica para o desenvolvemento dos traballos de ata 500 € máximo.
O Congreso celebrarase o 9 de xuño de 2011 no Edificio Simeón da Deputación.

O máis detallado modelo do campo gravitatorio terrestre.


Dende hai dous anos, o satélite GOCE (Explorador da Circulación Oceánica e da Gravidade) da ESA, rexistrou todos os datos necesarios para obter un mapa detallado sobre o campo gravitatorio da Terra, cunha precisión asombrosa. Agora, toda a comunidade científica poderá ter acceso a este mapa tan preciso que axudará a comprender mellor como funciona o noso planeta. O modelo representa a superficie imaxinaria do planeta como se estivera cuberto totalmente por un océano, en ausencia de correntes e mareas, só definida polo campo gravitatorio. Este atlas ilustra como a forza de atracción da Terra non é igual en todas partes, senón que, dependendo do grosor da cortiza terrestre ou a súa composición, os obxectos que hai sobre ela serán atraídos con maior ou menor forza. O novo globo chepudo coñécese como xeoide e é o máis preciso que se xerou nunca.
A terra bombeada que viu o GOCE non existe. É unha representación que esaxera as diferenzas de gravidade entre, por exemplo, España e Brasil, dándoas relevo. As zonas azuis, aplanadas, son aquelas en as que a gravidade é menor, mentres que as avultadas, en amarelo, rexistran máis atracción.
Este atlas permitirá calcular con precisión o movemento das correntes oceánicas e a subida do nivel do mar, polo que os seus datos serán, a partir de agora, imprescindibles para os estudos sobre o cambio climático.
O GOCE é o satélite que máis baixo voou nunca sobre a Terra. Mantén a súa órbita, a 250 quilómetros da superficie, cuns motores eléctricos de deseño español. A súa forza é a equivalente á caída dunhas pingas de auga sobre o chan, o suficiente para resistir a forza de atracción terrestre sen influír nos seus sistemas de medición. Trátase de tres pares de pesas de platino que ao sobrevoar o planeta captan variacións na atracción gravitacional cun detalle que nunca se alcanzou.


Para máis información.
http://www.publico.es/ciencias/369105/asi-es-la-tierra-vista-por-la-gravedad
Mario Blanco Cid 1ºA Bach.

domingo, 3 de abril de 2011

Coches eléctricos en Ourense


XERO é una marca británica que produce bicicletas e scooters eléctricos e que creou fai unha semana un proxecto comprometido á fabricación de coches eléctricos en Ourense, o cal á súa vez xerará un millar de empregos. Hai dous días publicou que nos manterán informados de tal proxecto a través de comunicación pública e de forma regular, e quixeron deixar claros varios aspectos:

1- Están decididos a desenvolver na nosa cidade o plan do vehículo eléctrico dixital XERO X-EV, descartando outras cidades ou opcións fóra do noso país.
2- Asegúrannos que o tempo que teñen marcado para asentar, desenvolver e producir este vehículo cumprirase.
3- Piden certo grao de atención polo proxecto así como un libre debate sobre o lugar onde se situará a planta de montaxe (están debatindo que se ubique en Melón(Comarca do Ribeiro)).Todo isto suporía un maior interese por iste propósito e un sinal de que todo sairá ben.
Recórdovos que os vehículos eléctricos con baterías de litio non emiten CO2 e non afectan ao medio ambiente, sempre no caso de que a electricidade proceda de enerxías renovables (eólica, solar fotovoltaica e termosolar). Os aeroxeradores, ou máquinas que transforman a enerxía do vento en eléctrica, proporcionarían a electricidad precisa ó vehículo e servirían nun futuro para regular e almacenar a do sector eólico.


Subirei máis información a medida que aparezan novos datos pero… atopades factible esta idea?
Visitade esta ecopáxina ou xornal El Progreso

Andrea Fernández 1ºB

Traballo de Ivan e Andrea: A fibra alimentaria


Traballo realizado por:
Iván Gallego Gómez (1º Bacharelato A) e Andrea Gerpe Acosta (1º BacharelatoB)

Shakira en Oxford

Shakira falou fai tempo en Oxford sobre, medio ambiente, demografía, educación... cambiar o mundo. Déixovos o video, seguro que os fará reflexionar... coas presas, as veces, non dedicamos tempo suficiente a esta propiedade do noso intelecto.

Animádevos a presentar os vosos traballos aos Premios climántica


Co obxectivo de sensibilizar sobre o problema do cambio climático e promover actitudes máis sostibles co medio, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convoca o IV Congreso CLMNTK e os Premios Climántica para estudantes, que lle dan continuidade ao III Congreso CLMNTK que se celebrou en Pontevedra no 2010 e aos seus premios, e que asistimos un grupo de alumnos e profesores do Otero.
O prazo de presentación de traballos Climántica remata o 31 de maio do 2011. Esta cuarta edición vaise a desenvolver de xeito virtual e por tanto os traballos terán que ser inseridos na páxina web do congreso antes das 24 horas do último día de maio. Dentro do apartado Como participar? atópanse titoriais con todos os pasos a seguir para cargar os traballos na plataforma.
Todos os traballos publicaranse no nº 4 da revista CLMNTK e os da categoría multimedia, ademais de quedar presentados na revista, poderán visualizarse na sección Alumnos de climantica.org.
Os traballos que se envíen coa intención de que se teñan en conta para participar nos premios xerais consistentes en campamentos ambientais de verán.
Os traballos terán que ver coas temáticas do proxecto e tomarán como referencia as seguintes categorías:


1.Relatos
2.Poesía
3.Curtos cun guión ambiental
4.Vídeos musicais
5.Vídeos de obras de teatro
6.Fotografía comentada
7.Banda deseñada
8.Presentacións
9.Póster
10.Debuxos
11.Reportaxes multimedia
12.Xogos e pasatempos
Os Premios os podedes atopar no seguinte enlace: http://congresovirtual.climantica.org/premios/.
Si queredes ver exemplos de traballos premiados no anterior congreso clik en:
http://congresovirtual.climantica.org/ (algúns son de rapaces do noso centro!!!!)


Deixovos un video dos rapaces que foron ao congreso de Climántica no 2010

Imaxes dun desatre

sábado, 2 de abril de 2011

Ciencia na cociña: denaturalización das proteínas do leite





Traballo realizado por Mirian Álvarez Dapena 1º Bacharelato B

Non ó maltrato animal!!


Vin esto e quero que vós tamén o vexades,paréceme unha aberración e un aunténtico escándalo!! ¿En que mundo vivimos??

Aínda que as protectoras de animais esixen a prohibición inmediata da venda destes chaveiros de animais vivos, non hai ningunha lei que o prohiba e fan furor en China.
María Isabel Limia Pérez
Fontes

"O pulmón da Terra sécase"


Un estudo da NASA revelou unha redución xeneralizada no verdor dos bosques da conca do Amazonas en América do Sur, causada pola seca récord de 2010. "Falamos dunha superficie de máis de tres veces e media o tamaño de Texas" afirma Liang Xu, autor principal do estudo da Universidade de Boston.
Os científicos están preocupados porque con temperaturas máis cálidas e alteración dos patróns de chuvia, a tensión da humidade resultante podería causar que parte dos bosques fosen substituídos por pasteiros ou sabanas leñosas, liberando á atmosfera o carbono acumulado na madeira e acelerar o quentamento global.
O (IPCC) advertiu de que secas similares poderían ser máis frecuentes na rexión amazónica no futuro. Os mapas mostran que a seca de 2010 reduciu o verdor en aproximadamente 1,5 millóns de quilómetros cadrados de vexetación na Amazonía, máis de catro veces a área afectada pola última seca severa en 2005.
A gravidade da seca de 2010 observouse tamén, nos rexistros dos niveis de auga nos ríos na conca do Amazonas. Os niveis de auga comezaron a caer en agosto de 2010, alcanzando niveis sen precedentes a fins de outubro.
"O ano pasado foi o ano máis seco sobre a base de 109 anos de datos no Amazonas, á altura do porto de Manaos ", dixo Marcos Costa, coautor da Universidade Federal de Viçosa, Brasil.



Feito por María Isabel Limia Pérez
Fontes

Enerxía de fusión a mellor enerxía que pode existir



Video editado por Vanessa Bernedo Chao

Os primeiros americanos


Paz María Caballero Barreiro (Master para o Profesorado de Secundaria) contesteume a unha dúbida (eu son Isabel), paraceume interesante o que me puxo, así que decidín subila como entrada para que todos a poidades ler.No referente á orixe dos poboadores de América sobre a que preguntas, hoxe en día se admite de forma xeneral que os Amerindios e os Esquimais Aleutianos proceden de poboacións do este asiático que se expandiron polo continente americano a través do estreito de Behring. Isto foi posible porque un descenso do nivel do Mar de Behring durante o Pleistoceno deixou ao descuberto unha lingua de terra firme duns 1000 Km de anchura a modo de ponte entre os dous continentes. Este fenómeno produciuse dúas veces, a primeira hai uns 50.000 ou 40.000 anos, e a segunda entre hai 27.000 e 8.000 anos; malia todo, os restos atopados en América, parecen indicar que as persoas só pasaron dun lado ao outro durante o segundo período.
En Alaska e Canadá non hai restos óseos (debido aos xeos permanentes e a humidade), pero si vestixios culturais. As condición eran duras para eses primeiros emigrantes asiáticos (estaban en plena glaciación de Würm), polo que isto lles obrigaría a un desprazamento cára rexións máis ao sur, con clima más benigno. Isto pode comprobarse porque a datación dos restos atopados, tanto óseos coma instrumentos, son máis recentes cada vez máis ao sur do continente (uns 14.000 anos no norte e 10.000-8.000 polo actual Brasil). Inda que se supoñía que ese avance fora rápido, as últimas achegas indican que foi máis lento do que se cría. Estes grupos humanos foron desprazándose seguindo a costa e só máis tarde se lanzaron terra adentro (tamén se ven diferenzas de datación dende o este ao oeste do continente, dentro da mesma latitude).

A partir destas poboación xurdirían os distintos grupo poboacionais amerindios actuais. De feito, se observas os rasgos dos indíxenas americanos actuais, son moi semellantes aos mongoloides. Esta orixe tamén se confirmou con estudos paleoantropolóxicos, con estudo tanto das similitudes culturais como a análise dos distintos polimorfismos xenéticos, que revelaron a existencia de marcadores comúns entre mongoloides e amerindios.
Existe outra hipótese, proposta en 1998 por dous profesores da Universidade de Exeter, de que humanos das actuais Francia e España, en concreto da cultura solutrense (á que pertencían os habitantes de Altamira!), puideron dar lugar a parte dos primeiros grupos americanos. Explícome; estudos xenéticos con ADN mitocondrial realizados con amerindios demostraron que, ademáis dos catro haplogrupos establecidos, había outro novo. O curioso é que esa mutación no ADNmit atopada é característica de franceses e españois. Isto atopouse en grupos do noroeste de EE.UU, algúns de Sudamérica e, principalmente (nun 25%), nos indios algonquinos.


Hai unha hipótese de que, así coma os mongoloides atravesaron o estreito de Behring, cazadores europeos, na busca de mamíferos mariños (mamuts, bisontes) chegaran a Alaska dende Siberia. Groelandia está a 1.500 millas de Francia; algúns opinan que se eses grupos europeos navegasen en curva de norte a noroeste, chegarían ás costas árticas. No ano 2000, dous ex marines noruegos, andando sen apoio e soporte, atravesaron toda a costa ártica oceánica dende Siberia ata Canadá en 109 días, o que indicaba que si que existía a posibilidade.

As pegas a esta hipótese son varias; por un lado, a grande separación xeográfica e temporal das dúas culturas fai raro unha conexión directa probable. Ademáis, coa tecnoloxía da época e a inexistencia de restos de barcos ou similares en excavacións de asentamentos desa cultura (estudouse algún en Cantabria) non mostran evidencias de explotación de recursos mariños. De ser certo o contacto, aínda que hai similitudes entre certos grupos das diferentes culturas, non hai manifestacións artísticas solutrenses en América (como pintar covas como a de Altamira ou a de Lascaux). Outros expertos afirman que, malia que a caza de mamíferos puido ter importancia en certos contextos, as descricións paleoambientais do momento (a Idade de Xeo) farían imposibles eses desprazamentos dende Europa cára América.
Subido por Isabel (1º Bacharelato B) recibido de Paz María Caballero Barreiro (Master para o Profesorado de Secundaria)

jueves, 31 de marzo de 2011

A pegada ecolóxica de Carmela

As renovables no próximo século, non é ningún conto!!





Estamos a dar en clases de CMC as enerxías, entre elas están as ptenecialmente renovables, as renovables, cada vez máis en alza xa que como ben indica a palabra porque pronto remataranse as non renovables. Os científicos céntranse agora en investigar enerxías renovables que sempre estiveron aí pero que non había forma de aproveitar. Mesmo as bacterias ou virus poderannos solucionar as nosas futuras carencias enerxéticas. Actualmente estase a investigar como aproveitar os raios solares para reproducir de forma artificial a fotosíntese das plantas ou ben instalar plantas solares no espazo. Pero todo isto só pódese conseguir coa tecnoloxía máis avanzada.



Así en canto á enerxía eólica, as instalacións no mar superarán aos parques eólicos terrestres no futuro, pero isto non é ningunha fantasía, xa se puxo en marcha un proxecto de 19,8 millóns de euros. Levarase a cabo no golfo de Bizazkaia onde se probarán unha rede de grandes muíños flotantes capaces de xerar 10 MW, e se espera que xa funcione para 2016. Tampouco se descarta capturar o vento nas capas máis altas da atmosfera, onde sopra con máis forza e de forma continua. Pero a fonte de enerxía que máis está en desenvolvemento é o mar, onde Reino Unido é pioneiro en aproveitamento das mareas.
Manuel Lozano, profesor do Departamento de Física Atómica, Molecular e Nuclear da Universidade de Sevilla, sostén "para facer ciencia de verdade habería que investir moito, traer aos mellores do mundo, pero iso é algo que dá os seus froitos a longo e medio prazo e non loce".
Feito por María Isabel Limia Pérez 1ºBacharelato B
Fontes:
-Aquí
Aqui
Esta é unha idea que tiveron os enxeñeiros de Qatar para refrixerar os estadios de fútbol, polo mundial que van celebrar no 2022. Grazas Paz pola túa aportación.



Aforro enerxético!!

Onte vin en Comando Actualidad, unhas reportaxes que me pareceron interesantes, e súboas ó blog por se alguén as quere ver. O primer vídeo trata de obter enerxía a partir de osos de aceitunas e o segundo de como é un edificio bioclimático.





María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B

miércoles, 30 de marzo de 2011

Historia do consumo

Presentamos uns vídeos de Annie Leonard, ambientalista norteamericana que fixo furor co documental anticonsumista "A historia das cousas". O obxectivo destes documentais é facernos reflexionar sobre o consumo, o medio ambiente, a saúde, a economía, a felicidade...






Podedes ver tamén ver outros iguamente de moito interese:
Historia dos cosméticos,
Historia dos electrodomésticos
Historia do intercambio de emisións

Novos fármacos baseados na biotecnoloxía

Ana Palomera alumna do Master de secundaria recoméndanos o seguinte vídeo:


martes, 29 de marzo de 2011

O futuro das enerxías renovables.


No século XXII cambiarase totalmente a maneira de obtención das enerxías renovables co fin de conseguir un maior rendemento destas. Entre estes novos métodos destacan as ideas da obtención de enerxía solar dende o espazo, o aproveitamento dos ventos a gran altitude ou novas técnicas de obtención da enerxía mareomotriz.
Tamén chama a atención a posibilidade de utilizar virus e bacterias para solucionar o futuro enerxético do planeta. Xapón, EEUU e Europa están estudando novas formas de aproveitar as fontes de enerxía que ainda non coñecemos. "Todo esto parece ciencia ficción" afirma o profesor do Departamento de Física Atómica, Molecular e Nuclear da Universidade de Sevilla, Manuel Lozano Leyva. "Para facer ciencia de verdade faría falta traer aos mellores científicos do mundo e obteríanse resultados a longo plazo, cousa que non sae rentable". Según o profesor, se non se invirte en ciencia básica, os exemplos de este artigo quedarán en simples historias dignas de Julio Verne.


Para máis información click aquí

Mario Blanco Cid 1ºA Bach.