Benvido/a! Nós somos un grupo de estudantes de Bacharelato. Con este blog queremos informar sobre os avances e descubrimentos científicos máis relevantes do panorama actual, porque a cultura tamén engloba a ciencia!Visitádenos e comentádenos para estar ao día!
(Edublog participativo)
O LHC o acelerador de partículas máis grande do mundo, que se atopa en Xenebra, anuncia o achado dunha partícula subatómica a Chi-b(3P). Trátase dun bosón composto por dous quarks, un de materia e outro de antimateria, é dicir, idénticos pero con carga oposta. Esta partícula só sobrevive durante un instante (unhas mil billóns de veces menos que un segundo) tempo suficiente para ser detectada e estudada polos científicos do ATLAS (un dos colisionadores do LHC). Este descobrimento considérase o aperitivo ao que en realidade se busca neste acelerador: o bosón de Higgs, partícula que explicaría a orixe da masa da materia que compón os átomos.
A existencia tanto do bosón de Higgs como de Chi-b(3P) fora predita polos físicos teóricos pero, como todo traballo científico, a súa existencia ten que ser comprobada. Para elo no LHC fan chocar protóns a case a velocidade da luz nun tubo ao baleiro de 27quilómetros a uns 100 m de profundidade. Os protones están feitos de quarks que, ao chocar, poden producir partículas nunca antes observadas.
Para algúns científicos como Juan García-Bellido, físico teórico da Universidade Autónoma de Madrid, o achado de Chi-b(3P) non supón un descubrimento importante xa que corresponde a un estado "excitado" da mesma partícula que outro acelerador, o Tevatron de EEUU, descubrira en 1975. O ano definitivo para o LHC será o 2012, ano no que se espera o anuncio do achado da desexada partícula de Higgs
Fontes: http://www.publico.es/ciencias/413620/el-lhc-descubre-su-primera-particula Wendy Danniela Martínez Martín 1º Bach. E
En todos os seres vivos actuais a información xenética almacénase no ADN. O ARN desempeña un papel activo para copiar esta información e permitir a síntese de moléculas activas no organismo, as proteínas. Con todo, os científicos cren que un mundo de ARN precedeu ao actual, no que o ADN domina as formas de vida. O ARN está formado por tres tipos de moléculas: un azucre (ribosa), un grupo fosfato e unha base nitroxenada. Segundo a maioría dos científicos estos tres tipos de moléculas deberon aparecer de forma separada na Terra primixenia e logo formarían cadenas de ARN. Pois ben, está hipótese pudo ser probada nun traballo recentemente publicado na revista Nature. John Sutherland e os seus colegas la Universidad de Manchester (Reino Unido), publicaron como a partir da combinación de ditas moléculas puido aparecer o ARN sen a axuda de enzimas, grazas aos raios ultavioletas e ao fosfato. Para elo provocaron reaccións químicas en modelos de ambientes xeolóxicos como os que deberon existir na primitiva Terra. Na mesma revista nun segundo estudo, o equipo de Edward DeLong, do MIT (EEUU) explican a presenza de pequenas moléculas de ARN atopadas directamente no plancton das profundidades oceánicas, onde para algúns científicos debeu suceder a orixe da vida. NOEMI BASALO AÑEL 1º BACHILLERATO E
FONTE DE DOCUMENTACIÓN http://www.elmundo.es/elmundo/2009/05/13/ciencia/1242205127.html
Un simio, descoñecido ata o momento, habitou hai uns 11 millóns de anos no Valle do Penedés en Cataluña. Trátase dun animal pequeno de entre 5 e 7 kilos de peso con semellanza a un orangután.
O achado remóntase aos anos setenta cando Miquel Crusafont atopou o xacemento catalán, pero os dentes do simio foron sempre una incógnita ata ser descritos por científicos do Instituto Catalán de Paleontoloxía (ICP) Miquel Crusafot e publicados na revista 'American Journal of Physical Anthropology'.
O Barberapithecus huerzeleri recibe ese nome pola localidade xa citada na que foi atopado e do paleontólogo suízo Johannes Hürzeler coñecido polas suúas contribucións a paleoprimatoloxía. Os restos dentais recuperados inclúen 15 dentes dunha hembra, un premolar aislado e un canino de outros individuos.
A orixe deste tipo de dentes (os dos pliopitécidos) remóntase ao continente africano coa separación da rama dos simios do Vello Mundo cós antropomorfos e os humanos. A diferencia dental que presentan os pliopitécidos son as crestas de esmalte que constitúen o chamado “triángulo pliopitecino” nos molares inferiores o que nos permite saber que a súa alimentación era a base de froita e non follas.
Cabe destacar que o pliopitécido maís antigo da Península está tamén na zona do Penedés en Abocador de Can Mata e data de 12 millóns de anos atrás.
Un equipo deastrónomosliderado porReinhardGenzeldo InstitutoMax-Planck paraFísicaExtraterrestre(MPE), en Garching, Alemaña, descubriron unhanube de gasmasivasobre a terraachegándose rapidamentecara aoburaco negroque haino centroda Vía Láctea. Esta é aprimeira vez quepuidemosobservar aaproximacióndunha nubeparaun buraco negrosupermasivo. O obxectoxacomezou a serperturbado, e cando se achegue, algoque vai ocorreren 2013, irá aumentando a presiónexterior. A investigaciónaparecena revista Nature. A nubede po egas ionizado,moito máisfríoque as estrelasdo seu redor, está composta principalmentede hidróxenoehelio. A nubebrillapor mor daforteradiación ultravioletadas estrelasquentesque orodeanno corazónda Vía Láctea. A nube recén descubertaestáestendéndosepara ollar comoespaguetese non vaisobrevivir aesta experiencia. As súasbeirasxaestán a sufrirtrastornoseespérase un colapsonos próximos anos. Os astrónomosvironsinaisclaros deun aumentonos trastornos na nubeentre 2008 e2011.Espérasetamén que omaterialvaiase facermoito máisquenteen 2013, e ata é probablepara comezara emitirraios X. Unha explicaciónpara a formacióndestanube éque o materialviríaa partir dapróximamasivade estrelasmozas estánperdendomasarapidamentedebido aos fortes ventosestelares.
Os físicos comezan a recoller os froitos dunha das investigacións nos principais detectores no gran acelerador europeo de partículas onde teñen atopado sinais da presenza do Boson Figs. A conferencia, que tivo lugar o 13 de decembro deste ano no auditorio principal do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN), onde non había lugar baleiro en todo o auditorio, tivo simultaneamente comentarios nas redes sociais e non deixaron de facelo en ningún momento, xa que cada frase, cada xesto, cada palabra dos oradores foi "twiteada" por un dos centos de físicos que enchían a sala. Os portavoces para os dous experimentos, Fabiola Gianotti e Guido Tonelli, explicaron durante máis de dúas horas como foron capaces de atopar o que podería ser a partícula: ”Cando dous protóns, acelerados ao 99,9 por cento da velocidade da luz en direccións opostas, chocan dentro do acelerador, tras a caída, provocan unha "fervenza" de eventos durante o cal crean numerosas partículas e algúns deses eventos podería corresponder ao bosón de Higgs”.
Sen embargo nin Gianotti nin Tonelli aínda non se atreveron a afimralo con total seguridade. Será necesario analizar máis eventos como os atopados ata agora para poder afirman a existencia do Boson de Higgs.
Bautizan aos planetas Kepler-20e e Kepler-20f, orbitan ao redor dunha estrela similar ao sol, aínda que non se creen que sean habitables pola súa elevada temperatura, segundo a NASA. A temperatura aproximadamente é de 815 graos e 426 graos no outro. Aínda así non descartan que poda encontrarse vida en eles, xa que hai bacterias e moho que podían sobrevivir nun entorno familiar. Os cinco planetas descubertos son os máis pequenos que se encontran fora do Sistema Solar. O seu tamaño é similar a da terra e a súa composición tamén é rocosa.
Lovejoy,é un cometa detectado o día 2 de decembro polo astrónomo australiano Terry Lovejoy, de ahí o seu nome. Estaba destinado a desintegrarse por pasar durante unha hora cerca da corona solar a varios millóns de grados.Sen embargo o núcleo do cometa resultou ter un tamaño grande como para soportar as terribles temperaturas e sobrevivir do seu acercamento ao Sol. O observatorio espacial SDO (Solar Dynamics Observatory) da NASA, conseguiu gravar a secuencia da aproximación do cometa ao Sol e o seu posterior alexamento da estrela. En calquera caso, «todavía hai unha posibilidade de que Lovejoy comece a fragmentarse, porque foi un evento tremendamente traumático e estructuralmente podría estar moi débil», dí Battams. Sen embargo, cabe outra posibilidade: podría manterse unido e desaparecer nas profundidades do Sistema Solar. O encontro do cometa tamén foi captado polo menos por outras catro naves espaciais: as duas sondas xemelgas de STEREO (Solar Terrestrial Relations Observatory) da NASA, o microsatélite europeo Proba2 e SOHO (Solar and Heliospheric Observatory) da NASA e a Agencia Espacial Europea. Para SOHO, é o cometa máis brillante que captou. FONTE:http://www.abc.es/20111219/ciencia/abci-cometa-lovejoy-hace-imposible-201112190850.html Noemi Lozano Rodríguez,nº17,1ºd.
Unha nube de gas, cunha masa equivalentetres veces a da Terra, está caendo nun gran burato negro do centro de nosa galaxia, a Vía Láctea. Os bordes da nube (de hidroxeno e helio) xa se están desfacendo e nun par de anos será engulida polo burato. O proceso completarase nuns poucosanos, calculan os astrónomos. Este suceso pódese estudar en tempo real posto que, o obxecto está preto, en termos cosmolóxicos, o que permitirá apreciar detalles. O burato negro está a só 27.000 años luz da Terra e ten unha masa duns catro millóns de veces a do Sol. Os científicos que descubriron a nube e que a están seguindo desde fai uns anos, calculan que en 2013 rozará o denominado horizonte de sucesos do burato negro, a fronteira a partir da cal nada pode escapar, e verase un destello de raios X. A nube, que está caendo en espiral cara o burato e que mostra a deformación debida á influencia gravitatoria do obxecto supermasivo que a atrae, está agora nunha órbita moi elíptica. En 2013, segundoas simulacións da evolución do sistema que fixeron os científicos, acercarase moito ao obxecto, hasta uns 40.000 millóns de kilómetros (unas 36 horas luz), que é o horizonte estimado do burato. Agora mesmo a velocidade da nube na caída é duns oito millóns de kilómetros por hora, o dobre que fai sete anos, segundo os cálculos. Stefan Gillessen (Instituto Max Planck, Alemania) e os seus colegas presentaron recentemente este estudo na revista Nature.
A maioría das galaxias teñen buratos negros no seu centro e a Vía láctea non é menos, pero sorprendentemente está como durminte, din os astrónomos. Outro burato negro supermasivo está cen veces máis lonxe, nagalaxia veciña Andrómeda, apunta en Nature o experto Mark Morris, da Universidade de California nos Ánxeles. A nube que descubriu oequipo de Gillessen ten máis ou menos o tamaño do Sistema Solar, cun radio de 120 veces a distancia que separa a Terra do Sol. Nestoutra animación móstranse os movementos verdadeiros das estrelas que orbitan o buraco negro central da Vía Láctea, indícanos o que pode ocorrer nas próximas décadas. Se todo sucede como está previsto, e tendo en conta que nese tempo as técnicas e equipos de observación mellorarán, poderemos ver, por fin, como un buraco negro "engule" a materia.
O Allen Telescope Array, a rede de telescopios do Instituto SETIen California para a búsqueda de sinais de intelixencia extraterrestre, reactivou os seus sistemas despois de varios meses de parón cun novo obxectivo: Trátase dos candidatos a exoplanetas recentemente descubertos polo telescopio espacial Kepler da NASA, entre os que se encontra o Kepler-22b, que se atopa a 600 anos luz da Terra. Este mundo parece cumplir as condicións para poder ter auga en estado líquido na súa superficie e supón unha esperanza na busca de compañía no Universo.
O seu obxectivo é revisar os miles de candidatos a planetas recén descubertos por Kepler. Dará maior prioridade a uns poucos mundos descubertos ata agora que se encontran na zona habitable da súa estrela, onde as temperaturas nos son nin tan quentes nin tan frías para que exista auga líquida.
As observacións nos próximos dous anos permitirán unha exploración sistemática destes descubrimentos en toda a ventá de microondas terrestres de 1 a 10 GHz. Lóxicamente, Kepler-22b é o primeiro no que se completou o estudo para a súa clasificación como planeta nunha zona habitable.
Un estallido de raios gamma detectado no ceo o 25 de decembro do ano pasado -bautizado o estallido de Nadal- sorprendeu no seu momento aos científicos polo prolongado que foi: durou media hora. Ademáis, o resplandor posterior foi diferente a outros destellos. Os astrónomos observaron o fenómeno con varios telescopios e analizaron os datos durante meses. Tan peculiar é o estallido de Nadal que agora dous equipos independentes de investigadores -un de eles polo Instituto de Astrofísica de Andalucía, IAA- chegaron a conclusións diferentes sobre o proceso que o provocou: a fusión dunha estrela de neutróns cun astro xigante, para un, a colisión dun cuerpo pequeno, como un planeta menor, nunha estrela de neutróns, según os outros. Nin sequera coinciden na ubicación do fenómeno: para uns podría haberse producido a 5.500 millóns de anos luz da Terra e para outros podría ser local, da nosa galaxia. Os estallidos de rayos gamma son breves e mui intensos destellos que se producen contantemente no ceo. En cuanto captan un, se activa un sistema de alerta coas suas coordenadas para que os astrónomos poidan apuntar hacia ese lugar do universo telescopios de todo tipo e tomar todos os datos posibles, intentando identificar despois o obxeto celeste que xenerou o destello. Se conocen estallidos de dous tipos, os largos, que duran dende un par de segundos ata uns cantos minutos, e os cortos, de menos de dous segundos. Os largos orixínanse, probablemente, polo colapso dunha estrela masiva (100 veces o Sol) que explota como supernova, xenerando dous chorros de partículas de alta enerxía e quedando como remanente un agujero negro. Se un deses chorros superenerxéticos da a casualidade de estar orientado hacia a Terra captarase aquí como un potentísimo estallido de rayos gamma. Os estallidos cortos, de menos de dous segundos, produciríanse na fusión de dous densísimas estrelas de neutróns que formarían un agujero negro. También neste caso habría dous chorros emitidos en sentido oposto. Uns e outros mostran un resplandor posterior en diferentes rangos do espectro electromagnético (por eso se observan con telescopios diferentes) que dura semanas a meses. O GRB 101225A (o estallido de Nadal), que foi detectado polo telescopio espacial Swift (da NASA), no encaixa en ningún dos dous tipos e os investigadores suxiren que habrá que ampliar a clasificación.
Christina Thöne (Instituto de Astrofísica de Andalucía, CSIC) e seus colegas explican en Nature que o extraño destello, por sus características, debeu orixinarse nun sistema binario formado por unha estrela de neutróns (un corpo tan denso que pode ter a masa do Sol nun radio de só decenas de kilómetros) e unha estrela xigante evolucionada. A estrela de neutróns meteuse na atmósfera do sua compañeira e, tras unhas poucas órbitas, acabaron fusionándose nun agujero negro e producindo dous chorro de materia como os que lanzan os GRB normais, pero calentándose pola envoltura común que tiveron os dous corpos, cunha débil explosión de supernova a continuación.
"Esta interacción deo lugar ó resplandor posterior, dominado por radiación xenerada pola materia quente e que foi enfriándose co tiempo", explican os científicos do IAA nun comunicado. "Uns dez días despois do estallido de rayos gamma comenzou a emerger unha débil explosión de supernova que alcanzou o seu máximo tras cuarenta días". Esta hipótesis encaixa co extraño resplandor ulterior térmico do estallido de Nadal, diferente do resplandor normal dos GRB, debido ás partículas eléctricamente cargadas, en campos magnéticos potentes e desplazándose a velocidades superiores al 99% de la velocidad de la luz. Sin embargo, Sergio Campana (Observatorio Astronómico de Brera, Italia) e seus colegas encontran unha explicación completamente distinta do estallido de Nadal. Eles consideran que as observaciones se axustan mellor a un escenario no que un obxeto pequeno, como un cometa ou un asteroide e coa mitade de masa do planeta enano Ceres, resulta destruido ó acercarse a una estrela de neutróns. Neste caso o destello de rayos gamma prodúcese cando os fragmento do corpo menor caen no astro superdenso.
"Ambas hipótesis son plausibles e explican moitos e complexos datos. Pero al menos unha das duas é incorrecta e non se ten a proba definitiva, é decir, a determinación da distancia deste GRB".
Esta imaxe amosa o enorme tamaño dun destes buracos negros.
Un grupo de investigadores de EEUU descubriron os dous maiores buracos negros supermasivos que se atoparon ata a data.
Os buracos negros son moito máis grandes do que esperaban os científicos grazas ás extrapolacións feitas a partir das observacións das características da galaxia anfitrioa. Estes resultados suxiren que os procesos que inflúen no crecemento das maiores galaxias e os seus buracos negros difiren daqueles que inflúen nas galaxias máis pequenas.
Crese que todas as galaxias masivas cun compoñente esferoidal albergan buracos negros supermasivos nos seus centros. As fluctuacións de luminosidade e de brillo dos quásares no Universo cedo suxiren que algúns son alimentados por buracos negros con masas máis de 10.000 millóns de veces maiores que o noso sol.
Con todo, o buraco negro máis grande coñecido ata agora, pertencente á galaxia elíptica xigante Messier 87, ten unha masa de 6.300 millóns de masas solares.
O autor principal do traballo, Ma-Chung Pei, e os seus colegas chegaron a estas conclusións tras a medición dos datos de dúas galaxias próximas, NGC 3842 e NGC 4889. revelan que o maior buraco negro supermasivo que existen. A galaxia NGC 3842 ten un buraco negro central cunha masa de 9.700 millóns de masas solares e a NGC 4889 ten un buraco negro cunha masa comparable ou maior.
A sonda Mars ( situada no planeta Vermello), infórmanos a través da Axencia Espacial Europea (ESA), que poderían existir grandes cantidades de auga baixo a superficie deste inhóspito planeta, xustamente na cordilleira Phlegra Montes.
O feito de que poidamos observar en Marte cadeas montañosas rodeadas de " abanicos lobulares de derrubios " está relacionado coa posible existencia de glaciares na rexión ( segundo ben nos indica o radar que viaxa a bordo da sonda Mars da NASA ).
Os cráteres de impacto dos arredores de Phlegra indícannos que a actividade glaciar é recente. Segundo explica a ESA e outras teorías, estes glaciares foron orixinados en distinta épocas ao longo dos últimos millóns de anos, cando na rexión de Marte había unhas condicións climáticas diferentes ás actuais.
Despois de todas estas investigacións, diversos indicios aseguran que podería haber auga baixo este planeta da Vía Láctea, e, se así fora, estas reservas servirían de suministro para futuros astronautas exploradores deste astro.
Uns 4000 gusanos foron enviados a Estación Espacial Internacional (ISS) mediante o tansbordador Discovery. E agora, un grupo de científicos de Gran Bretaña puido comprobar que os Caenorhabditis elegans(o nome que reciben estes gusanos) poden procrearse e medrar no espazo aínda estando en condicións de microgravedade.
No espazo,os gusanos desenrrolaronse desde que naceron ata a idade adulta, e tiberon descendencia do mesmo xeito que o farían na Terra. Os experimentos con animais, tamén axudan os científicos a entender os efectos da ingravidade e os altos niveis de radiación.
Este experimento, realizouse porque moitos científicos pensan, que para lograr que nn se extinga a nosa especie será necesario desprazarnos a outros planetas. Así que esto supón un motivo de esperanza se nalgún momento fora necesario abandoar a Terra.
Grazas a unha técnica desarrollada por científicos da Universidade de Sevilla, agora poderemos saber de onde proceden os distintos tipos de cervexa que podemos pedir en calquera cafetería.
Mediante un test estadístico, o primeiro que se fai é seleccionar aquelas variables que distinguen unhas cerveixas doutras nos seus componentes. O seguinte que se fai é realizar outro análise matemático para descartar aqueles parámetros que non permiten determinar o lugar de orixe. O resultado é un modelo que está basado en ferro, potasio, fósforo, fosfatos e polifenoles.
Aínda que as diferenzas nas análises sexan moi pequenas o modelo é capaz de encontrar a relación entre estos descriptores químicos e a procedencia xeográfica das cervexas.
-Un grupo de científicos, mediante o emprego do espectrómetro HARPS (trátase do máis exitoso buscador de exoplanetas do mundo,está instalado no telescópio ESO) descubriu un Sistema Solar novo, moi semellante o noso.
Creese que está composto por sete planetas que orbitan arredor dunha estrela similar o Sol , pero neste caso en vez de recibir o nome se sol, chámase HD 10180. Pensan que ten no seu interior cinco planetas similares a Neptuno. Este novo Sistema Solar considérase que probablemente sexa ata o momento o que maior número de planetas teña.
As súas semellanzas co noso Sistema Solar son que as distancias dos planetas con respecto a estrela seguen un patrón regular. As diferencias entre ambos Sistemas Solares, é que o Sistema decuberto está mais poboado no seu interior e ten moitos planetas máis masivos. Outra diferencia é, que este Sistema non posue un xigante de gas similar a Xúpiter.
O aspecto máis importante que comparten ambos sistemas é que non se sabe como se orixinaron.
O pasado 23 de novembro a científica Lynn Margulis, coñecida polos seus achegos en evolución coa teoriía endosimbiótica, faleceu aos 73 anos no seu domicilio en Amherst (Massachusetts, nordés de EUA). Máis datos sobre a noticia e fontes.Máis información sobre esta bióloga. A continuación, un vídeo do programa redes no que aparece Lynn Margulis, falando sobre a orixe da vida.
Tras saber que esta noticia foi publicada a través do Facebook polo seu fillo Dorion Sagan (e que moitos científicos estábanlle dando as súas condolencias), púxenme a buscalo de inmediato no Facebook. Para o meu agrado puiden ollalo seu muro. Mais como sei que hai certas persoas que non teñen Facebook ou que non teñen tempo, aquí vos deixo as imaxes coas que vos atopariades. Atravinme a marcar aquilo que me pareceu máis salientable. Anímovos a que busquedes algún científico salientable entre as persoas que comentan na súa nova. Tamén é interesante que vos fixedes nas datas. As útimas imaxes amosan os recoñecementos a Lynn Margulis pola súa traxectoria científica de importantes institucións.
O número de planetas que xiran en torno a unha estrela, sabéremolo nos próximos anos . Aínda que o número crece cada vez mais, só se centraran nos que teñan unas condicións similiares a Terra . Propuxeron que os criterios de busqueda sexa o índice de similitude da Terra e o de habilidad planetaria nos que poda desenrrolarse algunha forma de vida extraña e descoñecida.
Para a maior parte da comunidad científica, o noso planeta foi o mellor modelo para a búsqueda de vida extraterrestre . Ese modelo otorga a Terra un valor máximo de 1 punto.A Gliese 581g otórgaselle a puntuación de 0,89.Outros dous exoplanetas , Gliese 581d e Gliese 581c van en segunda e terceria posición. Detrás deles sitúanse Marte (0,70) e Mercurio (0,60), os exoplanetas HD 69830 d (0,60) , e 55 Cancri c (0,56) , a Luna (0,56) , e de novo outro Gliese (0,53). Tamén propoñen que traballen con outro índice , o de habilidade planetaria. Neste caso a lista de habilidade estaría encabezada por Titán (0,64), seguida de Marte (0,59), a lúa de Europa (0,49), os Gliese g (0,45) , d (0,43), c (0,41) , e Xúpiter (0,37), Saturno (0,37), Venus (0,37) e encélado (0,35). Os científicos esperan que nas futuras misións espaciais e o desenvolvemento de telescopios podan proporcionarnos novas e mais sofisticadas pistas para saber se hai vida ahí arriba.
A especie humana que habitou na serra de Atapuerca fai medio millón de anos, e cuxos restos se acumulan na Sima dos Ósos, o maior 'cemiterio' do Pleistoceno Superior en Europa, podería ser unha linaxe 'parente' dos neandertales e non os seus antepasados, como se defendeu até agora.
Esta é a conclusión á que chegou o equipo liderado pola paleontóloga, experta en dentición, María Martinón-Torres, do Centro Nacional de Investigación en Evolución Humana (CENIEH), tras o estudo de máis de 500 pezas dentais fosilizadas atopadas na Sima durante os últimos anos.
A análise, cuxos resultados se publican na revista 'Journal of Human Evolution', conclúe que aqueles homínidos, clasificados como 'Homo heidelbergensis', non son os antepasados dos neandertales clásicos, como se apuntaba até agora, porque, curiosamente, teñen trazos dentais "máis neandertales que estas poboacións típicas". "Se fosen os seus devanceiros, os trazos haberían ir parecéndose co tempo, pero o que vemos é que hai 500.000 anos tiñan trazos neandertales mesmo esaxerados".
Apúntanse dúas posibilidades ante estes resultados: ou houbo un pescozo de botella evolutivo que fixo que todos os neandertales posteriores fosen descendentes dos homínidos da Sima; ou estes últimos foron unha linaxe paralela, uns "irmáns" evolutivos que, ademais, non terían por que ser os únicos que existiron. "Iso explicaría a variedade de trazos que se identificaron na especie 'Homo heidelbergensis', que é como un caixón de xastre e que tería que ser redefinida porque igual houbo varias liñaxes paralelas"
Todo está listo no kennedy Space Center en Cabo Cañaveral (Florida), para que de comezo a misión MSL (Mars Science Laboratory), un laboratorio científico que irá no vehículo 'Mars Curiosity' e que a NASA lanzará hoxe ao redor das 16:02 (hora peninsular española) a bordo dun cohete Atlas V. Despois de que o tiveran que aplazar 24 horas para sustituir unha batería. A nave contén orover 'Curiosity', o maior vehículo que xamáis a pisado o planeta vermello. Realizará unha viaxe de máis de 570 millóns de kilómetros e chagará a Marte en agosto de 2012. Leva a bordo dous equipos españois: unha antena e unha estación meteorolóxica.
O seu obxetivo é ocráter Gale, unha depresión na que os científicos creen que puido haber auga no pasado.A superficie de marte parece un lugar inhóspito para a vida, está desprotexida das radiacións solares, o chan está formado por moitos productos químicos e a agua líquida (necesaria para a vida) ferve ou conxelase rápidamente. Sen embargo, no pasado esta paisaxe puido ser diferente, por isoa nave buscará indicios de carbono (un compoñente esencial para todas as formas de vida que coñecemos), coa esperanza de atopar trazas de que algún microorganismo pudiera ou poida subsistir.