lunes, 6 de febrero de 2012

Xúpiter ten dúas novas lúas


Xúpiter ten dúas novas compañeiras. Trátase de dous pequenísimas lúas que se suman ás xa 67 existentes.

As novas lúas, denominadas S/2011 J1 e S/2011 J2, foron identificadas por primeira vez en setembro de 2011 polo telescopio Magellan-Baade do Observatorio As Campás de Chile.

Apenas miden un quilómetro de diámetro cada unha, e por iso son as máis pequenas atopadas ata agora no Sistema Solar. Son moi débiles e atópanse moi lonxe. J1 vira a uns 20 millóns de quilómetros de Xúpiter, e J2 a uns 23 millóns. O primeiro tarda 580 días en completar a súa órbita; mentres que o outro, 726 días.

Os científicos clasificaron a estas lúas no grupo das irregulares, xa que teñen órbitas moi excéntricas e inclinadas.

Debido ás súas estrañas órbitas, os investigadores cren que poden ser asterorides ou anacos dun cometa pola gravidade de Xúpiter.


Soraya González Feijoo Nº12 1º Bach D.

domingo, 5 de febrero de 2012

Un planeta rochoso preto dun inferno estelar


A corenta anos luz da Terra, un planeta rochoso chamado "55 Cancri e" circula perigosamente preto dun inferno estelar completando unha órbita en tan só 18 horas. O planeta extraterrestre atópase situado 26 veces máis preto da súa estrela do que Mercurio está do Sol.

Novas observacións levadas a cabo polo Telescopio Espacial Spitzer, da NASA, suxiren que "55 Cancri e" pode ser máis húmido e estraño do que calquera imaxinaba.

Recentemente, Spitzer mediu a pequena cantidade de luz que este planeta bloquea cando cruza enfronte da súa estrela.
Ten unha masa que é 7,8 veces maior e un radio que mide un pouco máis do dobre que o da Terra, isto colócano na clase de exoplanetas de tipo "SuperTerra".

Ao redor dunha quinta parte da masa do planeta debe de estar formada por elementos liviáns e compostos, que inclúen auga. Dado a intensa calor e a elevada presión que probablemente experimentan estes materiais, os investigadores cren que é posible que os compostos existan nun estado de fluído "supercrítico"(estado da materia a alta presión e a alta temperatura).

Soraya González Feijoo Nº12 1º Bach D.

sábado, 4 de febrero de 2012

A maior colección de fósiles da Idade de Xeo atopada no centro de Los Angeles


O museo de Historia Natural de Los Angeles anunciou o descubrimento, en pleno centro desta cidade, de máis de 700 fósiles da Idade de Xeo.
O xacemento apareceu baixo un centro comercial que se estaba a demoler.
Entre estes fósiles atopáronse: o cranio dun león americano, osos de lobo, tigres dente de sabre, cabalos, bisontes, coiotes, linces e un mamut colombiano cos colmillos intactos.



Sandra Vázquez Fernández nº 27 1º E

Descubren un novo exoplaneta, moi parecido á Terra.

Un novo planeta no que podría existir vida polo seu tamaño e temperatura, foi recentemente descuberto por un grupo de astrónomos dos Estados Unidos. O descubrimento é obra dun astrofísico español , Guillem Anglada-Escudé, que posuía unha beca e que agora traballa nunha Universidade Alemá.
A nova" superterra " , que ten unha masa equivalente a 4,5 veces á do noso planeta, orbita en torno a unha estrela moi cerca do Sistema Solar e a tan só 22 anos luz de distancia.
Poco sábese deste novo exoplaneta, pero un dato importante é que recibe ó 90 % da luz que a Terra, e como a maior parte é en forma de infravermellos, calcúlase que absorbe maior cantidade de enerxía. Polo tanto encóntrase nunha situación moi parecida ao noso planeta, cunha temperatura similar na superficie e quizáis agua líquida.

Fonte de información : http://www.elmundo.es/elmundo/2012/02/02/ciencia/1328205012.html

NATHALIE MARTÍNEZ RIBAO 1ºD

viernes, 3 de febrero de 2012

O secreto da resistencia das teas de araña


A capacidade das teas de araña para adaptarse a diferentes niveis de forzas é a clave da sua estabilidade ,según afirman os expertos.
Os investigadores empregan simulacións por computadora para descubrir como respondian as estructuras feitas con ese particular fío.
As redes resisitiron a unha gran cantidades de probas.
Os expertos descubriron que o deseño das teas de araña permite que se rompa ese fío.
A clave da estabilidade da tea de araña recae sobre o feito de que a seda cambia mentres a fila do filamento, a estructura molecular da seda se desplega a medida que aumenta xerando un efecto de estiramento. Este cambio prodúcese en catro etapas: na primeira etapa, tírase do fío enteiro, despois se estira mentras as proteinas fan que o fío se desplegue, na terceira fase o fío atravesa unha fase na que se pon ríxido e absorve a maior cantidade de forza. E a parte final e antes de romperse.
Fonte:
http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2012/02/12020_clave_telarana_resistencia_adz.shtml

jueves, 2 de febrero de 2012

Periodismo con pouca ciencia

O QUE DI A NOTICIA
Un galego de 34 anos aqueixado de cancro de mama ( ten tumores nos testículos e ata oito parentes aqueixados ou falecidos por esta doenza) será o primeiro home do MUNDO autorizado en seleccionar xeneticamente embrións libres do cancro.
O tratamento farase por medicos galegos no I.V.I en Vigo, e costaría 10.000 euros. Pero a boa noticia, xa no é que podia seleccionar os embrións para poder fecundar a súa parella ( xa que a probabilidade de transmitir a enfermidade aos seus fillos é de un 50%) , senón que o tratamento será subvencionado polo SERGAS.

A SANIDADE GALEGA DÁ UN PASO DE XIGANTE, GRACIAS A ISTO PODRÁN NACER NENOS SANOS, SEN HERDAR AS ENFERMIDADES DOS PAIS.

ESTAMOS TODOS DE NORABOA.



EN REALIDADE O QUE DEBÍA DICIR É:
Por primeira vez o SERGAS costeará a selección de embrións libres dun tipo de cancro. O home da parella que vai someterse ao tratamento ten 34 anos e está aqueixado de cancro de mama, ten ademais tumores nos testículos e ata oito parentes padecerosn estas doenzas. A fecundación realizarase in vitro e escolleránse os embrións libres da mutación que produce este tipo de cancros para logo implantalos no utero da nai


Jennifer Armada Ferreiro, nº3 1ºD BACH.

Un "burato" no universo?

Nun ceo completamente cheo de estrelas, a imaxe que aparece é sobrecolledora. Que é ese enorme espazo escuro?. Trátase do que os astrónomos coñecen como "nebulosa escura" é unha inmensa nube de materia que impide o paso da luz das estrelas que ten detrás. Considéranse como os lugares máis fríos e illados de todo o universo.

A nebulosa, chamada Barnard 68, ten un radio dun cuarto de ano luz e encóntrase a 500 anos luz da Terra, o suficientemente preto como para que entre ela e nós non haxa estrelas que estraguen o espectáculo.

Esta nebulosa escura oculta algo máis. É un "glóbulo de Bok", un deses raros lugares da nosa galaxia nos que se forman novas estrelas. O resultado deste proceso será o nacemento de todo un novo sistema estelar.


Lucía Sánchez Corral 1ºD nº 30.

martes, 31 de enero de 2012

A Fundación BBVA premia ó descubridor do mecanismo de destrucción das proteínas




O Premio Fundación BBVA Fronteras do Coñecemento na categoría de Biomedicina foi concedido a Alexander Varshavsky, do Instituto Tecnolóxico de California (EEUU), por descubrir "os mecanismos implicados na degradación de proteínas, así como a súa importancia fundamental nos sistemas biolóxicos", señala o acta do xurado.
Varshavsky, naceu en Moscú en 1946, descubríu cas proteínas chamadas ubiquitinas funcionan como etiquetas uníndose ás proteínas que deben ser destruidas, así como as súas señais de recoñecemento e da súa especificidade, según di a Fundación nun comunicado.



"Varshavsky demostrou cómo a ubiquitina (…) se une a outras proteínas e as marca para a súa destrucción", indica o acta. "Este sistema é esencial nas funcións celulares habituais, dende o control da transcripción xenética, á síntesis de proteínas e a reparación do ADN; á división celular e á resposta ao estrés".
Según o xurado, as investigaciones de Varshavsky descubriron todo un novo campo na biomedicina, xa que agora sábese que hai unha ampla variedade de enfermedades na que este mecanismo de degradación das proteínas é defectuoso.
O traballo de Varshavsky ten implicacións na comprensión do cáncer e das enfermedades do sistema inmune e neurodexenerativas, "incluíndo a enfermidade do Parkinson", cita o acta. "É probable que os fármacos que actúan sobre o sistema de degradación de proteínas (regulado por as ubiquitinas) teñan unha repercusión ampla na medicina".
Os Premios Fundación BBVA Fronteras do Coñecemento recoñecen o papel da ciencia e a creación cultural como impulsores do progreso e benestar da sociedade. A súas oito categorías abarcan as principais áreas e retos científicos, tecnolóxicos e socioeconómicos do noso tempo.







Fontes :








Lorena Rodríguez Castro Nº24, 1º BACH. D.




domingo, 29 de enero de 2012

Un asteroide do tamaño dun autobús pasa preto da Terra

O asteroide recentemente descuberto, bautizado como 2012 BX34, mide 11 metros de diámetro e alcanzou a súa máxima aproximación ás 17horas na tarde do venres, achegándose a unha distancia duns 60.000 quilómetros, segundo informou a NASA que logo asegurou que non existía perigo algún de colisión.

"Trátase dunha das aproximacións máis próximas xamais rexistradas", explicou Gareth Williams. "Atópase no 'top 20' de asteroides que máis se achegaron á Terra, pero non hai absolutamente ningunha posibilidade de que nos impacte", asegura este experto.

Os científicos da NASA vixían continuamente as traxectorias dos asteroides que poderían supor unha ameaza para a Terra. Calcúlase que as rocas cun tamaño de 140 metros poderían provocar graves danos se chocasen coa Terra, pero terían que ser ata maiores dese tamaño para provocar unha catástrofe a escala global.



Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundo/2012/01/27/ciencia/1327668341.html

Feito por:
Yurema Seara Núñez 2ºB

sábado, 28 de enero de 2012


As obras da estación do Ave en Saegra (Cataluña), deixan ao descuberto un enorme depósito arqueolóxico con restos que proceden da época do Neolítico ata o século XIX. O que encontraron exactamente ata o momento foi unha fosa , duns nove metros cadrados, na cual hai moitos restos de homes, mulleres e nenos falecidos nunha epidemia aproximadamente fai 3.500 anos. A través dos estudos que estanse facendo pretendese saber qué enfermidade foi a que lles causou a súa morte. É un dos depósitos máis importantes encontrados nos últimos anos en Barcelona e incluso en España, aínda que non ó único, xa que dende que comezaron as obras do AVE no 2008, foron numerosos os restos encontrados.

Fonte de documentación : http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/01/28/catalunya/1327787706_452817.html

NATHALIE MARTÍNEZ RIBAO 1ºD

Revista Science: top10 dos descubrimentos do ano 2011




1. Antiretrovirales (ARV) para reducir a transmisión do virus VIH:

A cura para o virus VIH (Sida) aínda non existe. Pero neste 2011 descubriuse un xeito de reducir o seu contaxio nun 95% a través dos antiretrovirales (ARV) e outros métodos de protección nas relacións heterosexuais.



2. O vento solar descolora os asteroides:
Un grupo de científicos xaponeses descubriron que o vento e os raios solares descoloran as partículas dos asteroides. Isto permite solucionar o problema da súa identificación.






3. Poboacións humanas con xenes de Neandertales:

Estudios demostraron que os europeos e asiáticos herdaron de 2-6%-6 de ADN dos Neandertales. Estes cruzamentos entre humanos antigos e actuais non só suciedieron unha vez como se pensaba senón polo menos tres veces. O xenoma dos Neandertales puido contribuír a favorerer a resistencia do sistema inmune.

4. A enerxía limpa a través das plantas:

Investigadores xaponeses obtiveron a estrutura completaFotosistema II, un complexo de proteínas utilizado polas plantas que permite dividir a auga en hidróxeno e en átomos de osíxeno, o hidróxeno xerado podería servir como combustible e conduciría a avances de grande alcance en enerxía limpa, substituíndo os combustibles fósiles como o carbón ou o petróleo.


5. Olladas da orixe do universo:
Os astrónomos detectaron nubes de gas hidróxeno moi parecidas ás que existían nos primeiros centos de millóns de anos despois do Big Bang. Outro equipo achou unha estrela case sen metais, como as primeiras estrelas no Universo, o que suxire que focos de espazo profundo sobreviviron "ilesos" á violenta orixe do Universo.


6. Unha nova vacina contra a malaria (español):
A vacina RTS,S contra a malaria recibiu un impulso ao coñecerse os primeiros resultados dun importante ensaio clínico que demostra que esta vacina podería reducir á metade o risco de malaria en nenos africanos. Non obstante. aínda hai moito camiño por percorrer para poder eliminar esta enfermidade do planeta.
7. O microbioma humano (español):
Científicos españois teñen analizando mostras do intestino humano, os científicos realizaron un estudo da comunidadmicrobianaexistente, e demostraron que esta cambia segundo o tipo de alimentación que teñamos, alta en proteínas ou vexetariana. Ademais puideron observar os cambios na composición da especies de microorganismos que habitan no intestino dependendo da dieta consumida, utilizando como organismo modelo aos ratos.



8. Novos planetas descubertos:
Descubríronse no espazo seis grandes planetas que orbitan moi preto a unha estrela chamada Kepler 11 situada a uns 2,000 anos luz da Terra, nada parecido á conformación do noso sistema solar. Tamén se descubriu un planeta gasoso xigante que xira en dirección contraria á estrela principal do seu sistema, este caso púidose dar pola aparición doutro planeta próximo que mediante a forza de gravidade modifique a rotación do planeta.



9. Filtros moleculares:
As ceolitas son uns materiais con capacidade de formar poros, os cales poden ser utilizados para purificar dende o aire nunha nave espacial ata a auga na rexión de Fukushima (a zona do recente desastre nuclear en Xapón). Tamén poderían ser utilizadas na industria do petróleo para romper os enlaces moleculares dos hidrocarburos debido a que teñen unha actividade catalítica.



10. Remover ás células vellas para manterse novo:

Demostrouse en ratos que a eliminación das células vellas atrasa a aparición de cataratas e de debilidade muscular. As células vellas van perdendo a capacidade de dividirse, porque poderían producir enfermidades dexenerativas como o cancro.




Abraham Otero Fernandez 1º Bach D  Nº22

miércoles, 25 de enero de 2012

Queres concursar?

.
Fonte: http://www.google.com/intl/es/events/sciencefair/enter.html
Antia Arias Garcia

A ARQUEOLOXÍA DESCOBRE A PESCA DA EUROPA PREHISTÓRICA.





Un equipo internacional de arqueólogos liderado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) documentou cerca de Moscú unha serie de cercos e trampas de pesca de máis de 7.500 anos de antigüedade. Os utensilios encontrados, entre os máis antiguos de Europa, presentan unha gran complexidade técnica e o seu estudo permitirá coñecer o papel da pesca nas poblacións europeas de inicios do Holoceno (fai 10.000 años).


"Ata o de agora pensabase que os grupos mesolíticos non tiñan campamentos estables, senón que eran estacionais". explica o investigador do CSIC Ignacio Clemente, director do proxecto, que nos conta que durante o Neolítico e o Mesolítico, os habitantes desta rexión denominada Zamostje 2, cazaban en verano e inverno, pescaban en primaveira e inicios de vrao, e recolectaban froitos silvestres a finais da época estival e en outono.

GRAN ÉXITO DESPOIS DE 3 ANOS.

Os investigadores consideran que a pesca tivo un papel fundamental na economía de aqueles tempos. Durante este proxecto, atoparonse obxectos cotidiáns, instrumentos de traballo, armas de caza e aperos de pesca, manufacturados todos con sílex e outras rochas, ósos e astas. " Podemos destacar o descubrimento de dúas grandes nasas ( cesta entretexida con varillas de piñeiro empleada para a pesca ) de madera moi ben conservadas, de fai 7.500 anos" comentanos Clemente, añadindo que incluso chegaron a encontrar coitelos para limpiar o peixe.

ATOPADOS INCLUSO RESTOS ORGÁNICOS.

Unha das peculiaridades do xacemento Zamostje 2 é a conservación de numerosos materiais orgánicos, entre eles, restos de peixe que " dan unha idea da porcentaxe proteínica de peixe que aportaba á dieta a población prehistórica " e permitirán coñecer a clasificación das especies.

PROXECTO INTERNACIONAL.

Financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, neste proxecto participaron tamén o Instituto de Historia da Cultura Material-Academia das Ciencias de Rusia, o Museo Estatal del Hermitage de San Petersburgo, o Museo Estatal de Sergiev Posad, a Universidade Autónoma de Barcelona e o Centre National de la Recherche Scientifique de Francia.







Raquel Barreiros Novoa, 1º Bach. D

lunes, 23 de enero de 2012

Localízanse fósiles que Darwin deixou olvidados nun caixón.

Unhas mostras foron localizadas despois de permanecer 168 anos no esquecemento nun caixón, recollidas polo británico Charles Darwin, na súa viaxe ao redor do mundo a bordo do 'Beagle'.

Iste achado producíuse por casualidade polo paleontólogo Howard Falcon-Lang que estaba curioseando nun antigo moble do Instituto Xeolóxico Británico.

No interior había moitos soportes de cristal nos que se atopaban plantas fosilizadas cortadas en láminas, preparadas para o seu estudo polo microscopio. Para a súa sorpresa, nalgunhas delas estaba inscrito o nome 'C. Darwin Esq.'.

Ao parecer, Darwin encargou esa tarefa ao seu amigo Joseph Hooker, un botánico que se lle acumulou o traballo e finalmente non puido rexistralas.Tras varios cambios de lugar, desde hai medio século enchíanse de telarañas nos sotos do Instituto Xeolóxico Británico, de onde os sacou o paleontólogo Falcon-Lang.

Ana. Rodríguez. Lamas Nº 26 1º bacharelato D.

Enlace:


domingo, 22 de enero de 2012

Os peces vense afectados polo aumento do CO2 no mar.

Os océanos absorven cada ano unhas 2.300 millóns de toneladas de CO2 pruducidas polo home. O aumento do CO2 nos mares trastorna o sistema nervioso dos peces e reduce as posibilidades de supervivencia.
Un equipo de científicos analizou durante algúns anos as zonas marinas con grandes concentracións de dióxido de carbono .
O primeiro que descubriron estos científicos foi que os peces pequenos perdían o sentido do olfato, despois o seguinte sentido afectado foi o oído e logo a actividade que facían para lograr darse a volta tamén se viu afectada.
Os científicos estableceron que o causante de todos estos problemas nos peces foi a causa do CO2 que daña o seu sistema nervioso.

http://www.elmundo.es/elmundo/2012/01/16/natura/1326710582.html

Andrea Mariño Rodríguez. 1º bach, D nº 18

O cometa que se desintegrou, ao chocar co sol.

O sol é frecuentemente bombardeado por cometas "rozadores", cuxas órbitas pasan moi preto da súa coroa. Un deles foi o cometa C/2011 N3, o cal se desintegrou o pasado 6 de Xullo, momento que por primeira vez foi captado polo Solar Dynamics Observatory (SDO) en cinco bandas de lonxitude de onda diferentes, o que permite facer un profundo estudo deste fenómeno.
Estes cometas son frangmentos de "xeo sucio" cuxo diámetro non sobrepasa os 10 metros pero, segundo especialistas, este parece ser de maior tamaño.
O obxecto cósmico desfeito pertence á familia de cometas Kreutz, un grupo que pasa peligrosamente preto da estrela.
Durante 15 longos anos, observáronse máis de 2.000 cometas, pero en ningún deses casos logrouse seguir a súa traxectoria unha vez dentro da atmosfera solar.

Tempo no que se desintegrou : 20 minutos .

Agora, sin embargo, os investigadores, combinando observacións desde o Observatorio da Dinámica Solar da NASA (SDO), o satélite SOHO e o Observatorio das Relacións Solar-Terrestres (STEREO) conseguiron captar en directo cómo o cometa C/2011 N3 entraba e se desintegraba a unha velocidade de 100.000 kilómetros por hora.
O C/2011 N3 calcúlase que tiña entre 120 e 150 metros de diámetro. O grupo dos Kreutz ós que pertenecía orbitan a unha distancia non moito maior a dos radios solares da superficie da estrela, e fano en períodos de entre 500 e 1.000 anos. Calcúlase que o SOHO detectou unhos 1.500 cometas 'rozadores' desde o seu lanzamento, en 1995, para estudar o Sol.
O pasado mes de decembro, entre os días 13 e 22, o SOHO detectou unha auténtica invasión de cometas 'Sun-Grazing': 25 en tan só dez días.
Os especialistas presaxian a aparición dun 'rozador' moito máis grande e brillante cós observados ata agora, similar o cometa Ikeya-Seki que se presentou no 1965 e acercóuse o Sol a 450 kilómetros, pero non chegou a impactar. Ese xigantesco obxecto, de cinco kilómetros en diámetro, sobreviviu e convirtíuse nun dos cometas máis brillantes do milenio. Incluso se veía de día.
O nome da 'familia Kreutz' é un homenaxe ó científico alemán Heinrich Kreutz, quen demostroú a interrelación das súas órbitas no século XIX.

sábado, 21 de enero de 2012

Os saurópodos tiñan un gran equilibrio.



Os "Spinophosaurus" eran uns herbívoros cuádrupes de colo longo que podían alcanzar os 15 metros de lonxitude. A súa cola pusuía unha especie de espiñas ( de ahí venlle o seu nome).
A orixe de esta especie remontase aos sauropodomorfos máis antigos, caracterizados polo seu tamaño relativamente pequeno, a súa delgadez e o seu bipedismo.
Un equipo de investigadores líderados por científicos do CSIC, realizaron unha reconstrucción en 3D do cráneo dun saurópodo e gracias a ela pudieron descubrir que estes xigantes do Jurásico, apesar de que a súa axilidade física era moito menor con respecto á dos seus ancestros, posuían un gran sentido do equilibrio, xa que tiñan o oído externo moi desenvolto.
Gracias a esta reconstrucción pudieron ver que o oído interno posuía tres canles semicirculares, encargados de detectar a aceleración angular da cabeza.
Os fósiles empregados neste traballo foron localizados en Níger, nunha campaña de excavacións no ano 2006, pertencentes ao Jurásico medio hai uns 165 millóns de anos.


Fontes de información:



María Cerreda Pereira. nº8. 1ºBach D

A mosca "Beyoncé".

Un entomólogo da Organización para a Investigación Industrial e Científica da Mancomunidade de Australia (CSIRO), Bryan Lessard decidiu rendirlle homenaxe á diva do pop bautizando a una especie de mosca como “Scaptia (Plinthina) beyonceae”, debido á similitude entre a cor dorada do insecto e o atuendo da cantante no video da canción “Bootylicious”.

A parte inferior do abdome da mosca, que habita no norte do estado australiano de Queensland, é dorado, a mesma cor que ten Beyoncé cerca das súas cadeiras cando grabou esta canción en 2001, con Destiny’s Child, antes de iniciar a súa carreira en solitario.

A mosca foi recolectada nunha zona do oeste de Caims, no noreste australiano, en 1981, o mesmo ano en que naceu a cantante.


A maioría destas moscas foron descritas anteriormente, pero cinco novas especies do subgrupo plinthina, á que pertence “beyonceae”, foron gardadas en coleccións australianas dende a década dos sesenta.

Estas moscas da especia “Scaptia” son moi importantes para a polinización das plantas, aínda que se consideran unha peste, como por exemplo para os eucaliptos, dos que beben o seu néctar.

Non é a primeira vez que un insecto é bautizado en honor a un artista, xa que unha araña recibo o nome do cantautor Neil Young. Lessard explicou que bautizar desta maneira á mosca lle da a oportunidade de demostrar “o lado divertido da taxonomía”.

Fonte de información: http://www.elmundo.es/elmundo/2012/01/13/ciencia/1326457834.html

Vera Pérez Rodríguez Nº 18 1º Bach. E

lunes, 16 de enero de 2012

Nacen os primeiros monos a partir dunha mestura embrionaria de seis primates.




Producíronse monos a partir dun cultivo de células que representan seis xenomas distintos. Mesturaron embrións de tres parellas de Macacos rhesus e implantáronos no uteros de femias, logrando o nacemento de dous macacos xemelgos chamados Roku e Hex. Chamánse 'monos quiméricos' pola tradición literaria para referirse a un demonino especialmente monstruoso ou tamén un animal mitolóxico con cabeza de león, ventre de cabra e cola de dragón. Os científicos de Oregón sinalan que os recen nacidos son normais e saudables e que se logrou un grande avance científico, posto que ata agora a investigación 'con animais quiméricos' se limitara en boa medida aos ratos.

A clave estaba en mesturar células de embrións moi novos, cando cada célula embrionaria era totipotente (as células totipotentes, pode crecer e formar un organismo completo)-Shoukhrat Mitalipov, o científico do Oregon National Primate Research á fronte da investigación indica que as posibilidades para investigación biomédica destes animais conseguidos son enormes e se verá nun futuro próximo. De todos xeitos afírmase que non hai ningunha idea de realizar esta técnica na creación de híbridos humanos ou humanos quiméricos.




Abraham Otero Fernandez Nº22 1ºBACH. D



sábado, 14 de enero de 2012

O vertebrado máis pequeno do mundo





O profesor Christopher Austin descubriu xunto co seu equipo durante unha expedición de tres meses a Papúa Nova Guinea ao vertebrado máis pequeno coñecido ata o de agora.
O animal en cuestión mide 7,7 milímetros e non é máis que unha ra que forma parte dunha das dúas especies da  familia  Paedophryne (Paedophryne_amauensisque se acaban de dar a coñecer por eles.
A bautizaron como Amauensis paedophryne en honor ó pobo de Papúa Guinea onde foi atopada .

A ra desbanca diste xeito ó vertebrado máis pequeno ata o seu descubrimento, un peixe chamado Paedocypris progenetica e cuxo tamaño é de 8 milímetros habitualmente nos especímenes adultos.

                                          Foto do Paedocypris progenetica 

Segundo Austin, este descubrimento é moi importante para a bioloxía porque aínda queda moito por investigar sobre a relación que existe entre o tamaño corporal (xa sexa grande ou pequeño) e as limitacións funcionais.

-Marta Araújo Rodríguez, nº2 , 1º BAC-D

Fonte de información: