martes, 16 de octubre de 2012

Félix Baumgartner supera la velocidad del sonido.



                           El Australiano Félix Baumgartner a saltado desde la estratosfera, a mas de 39.000 m de altura y se a combertido en el primer hombre que logra superar la velocidad del sonido en caída libre con una velocidad de asta en alguna fase de mas de 1.173 kilómetros por hora Baumgartner ha logrado controlar el descenso y evitar caer en barrena, lo que le podría haber llevado a perder la consciencia o sufrir una hemorragia cerebral en caso de girar de forma descontrolada. La caída libre de Baumgartner ha sido de cuatro minutos y 19 segundos, por lo que no ha podido romper el récord anterior, de cuatro minutos y 36 segundos.
En total ha requerido unos 16 minutos en tocar suelo en un aterrizaje perfecto en paracaídas tras lanzarse al vacío dentro de su traje presurizado, que le protegió de la baja presión y las bajas temperaturas. En condiciones normales, en la atmósfera terrestre la velocidad del sonido es de 1.234 kilómetros por hora, mientras que en la estratosfera se puede alcanzar con unos 1.110 kilómetros hora por la menor resistencia del aire, según la misión.
El aventurero austríaco, que se preparaba desde hace cinco años para esta misión, habría roto de esta forma tres récords: ser el primero en superar la velocidad del sonido sin ayuda mecánica; realizar el salto con paracaídas desde más altura y subir en globo al punto más alejado de la tierra.
Su principal asesor es el hasta la fecha poseedor del récord del salto en paracaídas desde mayor altitud: Joe Kittinger, de 84 años, que se arrojó en 1960 cuando era miembro de las Fuerzas Aéreas de Estados Unidos desde una altura de 31.333 metros.
La velocidad de caída de Baumgartner será recogida por el instrumental que lleva en su traje presurizado y expertos independientes ratificarán si ha superado la velocidad del sonido. El saltocoincide con el 65 aniversario de la gesta del estadounidense Chuck Yeager, el primer piloto que rompió la barrera del sonido a bordo de un caza X-15.

Una de las fuenteshttp://pulsoslp.com.mx/2012/10/14/transmision-en-vivo-de-salto-desde-la-estratosfera/
         Yoel Cobelas Vazquez 1º Bachiller A 

lunes, 15 de octubre de 2012

José Manuel Castro Tubio entrevista ao Nobel de Medicina deste ano

José Manuel Castro Tubio un investigador galego que traballa en Cambridge entrevista a John Gurdon premio nobel de Medicina 2012. José Manuel visitou o noso Instituto o ano pasado preme aquí.

Felix Baumgartner, o home que saltou dende a estratosfera.

Felix Baumgartner, paracaidísta de maniobras de alto risco, converteuse no primeiro home en saltar dende a estratosfera a mais de 39.000 metros de altura e en romper a barreira do sonido en caída libre.
Os cálculos dos membros do equipo de Red Bull Stratos , demostran que rompeu a barreira don sonido nos primeiros 40 segundos de caída libre, a mais de 1173 kilómetros por hora.
En caso de perder o control no descenso, Baumgartner, podería sufrir unha hemorráxea celebral.
A súa caída durou 4 minutos e 19 segundos, 17 segundos menos que o record establecido anteriormente.
Seu traxe, permitiulle soportar temperaturas de hasta -70ºC; o cal podemos apreciar na seguinte imaxe:
O austriaco, conseguiu bater 3 récords:
Ser o primeiro home en ir a mais velocidade ca o sonido (mais de 1.100 kilómetros por hora) sen axuda mecánica; realizar un salto en paracaídas dende máis altura e subir en globo ao punto mais alexado da Terra.
Así foi a caída de Felix Baumgartner:




Fontes de información:

Carlos Álvarez Sabucedo, 1º BACH. A

sábado, 13 de octubre de 2012

Morre aos 58 anos Keith Campbell, un dos pais da ovella Dolly



O biólogo británico Keith Campbell, un dos pais da ovella Dolly, faleceu o pasado venres aos 58 anos de idade.

Campbell, experto en microbioloxía e doutor na universidade de Nottingham foi un dos catro membros do equipo científico do Instituto Roslin de Edimburgo (Escocia) que en febreiro de 1997 anunciou o nacemento da ovella Dolly, o primeiro mamífero clonado a partir de células adultas dun exemplar de seis anos. A Campbell atribúeselle ata o 66 por cento da investigación.

Desde o nacemento de Dolly, a clonación animal avanzou a gran velocidade e ata o momento xa se clonaron unha gran variedad de mamíferos como ovellas, porcos, cabras, cabalos, cans e gatos.

Na década de 1980, o biólogo escocés uniuse ao Marie Curie Institute, institución que lle concedeu unha beca para investigar sobre os mecanismos de crecemento e diferenciación celular relacionados co cancro, polos que se mostrou cada vez máis interesado.

Se o lembrades, Dolly foi creada cunha célula da ubre dunha ovella e un óvulo que permitiu ler a información xenética que trae o núcleo da célula.

Un ano despois de este experimento, Dolly foi apareada naturalmente cun carneiro a finais de 1997 e tivo cría. Trátase de Bonnie, de 2,7 kilos, que naceu o 13 de abril de 1998.

O experimento da vida de Dolly significou un importante avance científico para a humanidade, pola súa contribución á loita para combatir certas enfermidades, sobre todo o cancro e por mellorar a elaboración dalgúns fármacos e facilitar a selección de linaxes na gandaría.

O enorme adianto para a ciencia que supuxo a clonación da ovella Dolly reabriu no mundo científico o debate sobre a posibilidade de clonar seres humáns e planteou interrogantes éticos, poñendo de manifesto a necesidade de encher o vacío legal existente en relación cos avances da enxeñería xenética.

No outono de 2001, aos cinco anos, Dolly desenvolveu artritis comenzando a camiñar dolorosamente, sendo tratada con medicamentos antiinflamatorios.

O 14 de febreiro de 2003, Dolly foi sacrificada debido a unha enfermidade progresiva pulmonar.

Enlaces:



Paula Meixeiro Calvo, 1º Bacharelato D

jueves, 11 de octubre de 2012

O Yoda submariño


No último número da revista Invertebrate Biology descríbese unha nova especie de verme submarino, descuberta nunha expedición científica nas profundidades do Atlántico (a 2’8 km de profundidade) entre Islandia e as Azores. Déuselle o nome de Yoda Purpurata polo seu parecido ó famoso personaxe da Guerra das Galaxias, saga cinematográfica do coñecido director George Lucas.
Este nome é causa das semellanzas entre as orellas do mestre Yedi e os longos labios deste verme. Como o seu propio nome indica, é de cor púrpura avermellado e non verde como Yoda.
Pero o importante deste descubrimento non son estas similitudes, senón que da unha certa idea da evolución dos vertebrados, según o profesor Monty Priede, da Universidad de Aberdeen.
Como dato interesante, non é a primeira especie que recibe o nome dun famoso: Caloplaca obamae (liquen cun nome relacionado con Barack Obama), Aegrotocatellus jaggeri (Trilobites: Mick Jagger), Gnathia marleyi (Parasito: Bob Marley), Goetheana shakespearei (Avespa: Goethe e William Shakespeare), Scaptia beyonceae (Tábano: Beyoncé), Agra katewinsletae (Escaravello: Kate Winslet), … E moitos outros relacionados con George Bush, Adolf Hitler ou Robert Bakker (paleontólogo estadounidense).


Enlaces:
http://www.muyinteresante.es/diez-especies-con-nombres-de-personajes-famosos

Antía Quintana Gallego, 1º Bacharelato A

Serge Haroche e David J. Wineland gañan o Nobel de física 2012 ao "domesticar" os átomos e a luz.

Revolucionarios métodos experimentales permiten a medición e a manipulación de sistemas cuánticos individuais. Serge e David Logran manipular fotones coma ninguén antes o deu feito e os seus experimentos permiten facer medicións inéditas en física cuántica ao conseguir atrapar esas particulas de luz entre dous espellos e medir o seu comportamento se destruilos. Os seus innovadores métodos axudan a que este campo de investigación dea os seus primeiros pasos para a fabricación dun novo tipo de ordenador súper rápido basado na física cuántica e máis seguro xa que será moito máis fácil detectar calquera intrusión que con actual sistema de bits. É probable que o ordenador cuántico modifique a nosa vida diaria neste século da mesma forma radical na que o fixeron os ordenador clásicos do século pasado.
Tamén permiten a fabricación de reloxes extremadamente precisos que funcionan con iones e que poderían convertirse na base futura dunha nova medida do tempo, cunha precisión cen veces superior a dos reloxos de cesio de hoxe en día.
Dende fai  moito tempo, a xente estaba intentando pensar que é o que dice a física cuántica cando falamos dunha soa partícula, dúas ou tres partículas, pero eso
era imposible velo experimentalmente. Serge e David conseguiron poder aislar un átomo, dous ou tres, e ver como se comportan e fixérono de acordo coas leyes extrañas da física cuántica.

Fontes de información: http://www.rtve.es/noticias/20121009/serge-haroche-david-wineland-premio-nobel-fisica-2012/568750.shtml
http://www.elmundo.es/elmundo/2012/10/09/ciencia/1349770771.html
http://www.abc.net.au/science/articles/2012/10/10/3607070.htm

Adrián Dos Ángeles Rodríguez, 1º Bach A

martes, 9 de octubre de 2012

O veleno da mamba negra é millor ca morfina?

Se nun futuro próximo estiveses padecendo unha intensa dor e puideras elixir entre morfina ou o veleno dunha mamba negra, ¿cal elixirías? Asegúrovos que  eu elixiría o veleno, mellor dito as súas características beneficiosas, xa que hai un novo descubrimento por parte duns científicos franceses que din que del pódese extraer un analxésico tan eficaz coma a morfina.

A morfina actúa nas vías opioides do cerebro para enfrontala dor, pero ten varios efectos secundarios como a adición, a provocación de dores de cabeza, vómitos, espasmos musculares e  dificultar o pensamento. E os máis graves como a pancreatite (inflamación do pancreas), o aumento da toxicidade que ven seguido de fallos renais.




  Na revista Nature indican que nun experimento con ratos, observaron que o veleno da mamba tamén conten un forte analxésico coma a morfina, pero sen a maioría dos seus efectos secundarios. A estas propiedades do veleno chámanlles mambalginas.

Máis admiten tamén estar perplexos posto que non se explican porque a mamba xera este composto. O doutor Casewell experto en veleno de serpes da Escola de Medicina Tropical de Liverpool, en Inglaterra, tamén comparte o asombro, “realmente é estrano”, suxire que o efecto analxésico podía funcionar en combinación con outras toxinas que preveñen a fuxida da presa, ou que podía afectar a animais como as aves, de forma moi distinta a dos ratos.

O doutor Eric Lingueglia, do instituto de Farmacoloxía Molecular e Celular, cerca de Niza, dixo a BBC que cando probaron nos ratos as mambalginas, a analxesia foi tan forte como a da morfina, pero sen a maioría dos seus efectos secundarios. “Esta é unha etapa moi preliminar, por suposto, e é difícil dicir si será un analxésico para humanos ou non” “É necesario realizar máis estudos en animais”, Estas palabras foron ditas tamén por Eric a BBC.

Est cchega é moi importante no campo da saude, xa que podremos ser tratados cun medicamento non aditivo e con poucos efectos secundarios, pero de momento haberá que esperar os resultados das vindeiras probas que  se realicen.

Fonte de información: * ABC Science, publicación do dia 4 de outubro

A "SO-102": Un avance cara a teoría da relatividade de Einstein.

Un equipo internacional de investigadores atopou a estrela mais próxima ao burato negro central da Vía Láctea. Por parte española colaborou o Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA).
Nos anos 90 atopouse a estrela “SO-2” que tarda en orbitar o burato negro 16,2 anos. O  mesmo equipo é o que atopou a “SO-102” que tarda completar a súa órbita arredor do burato negro 11,5 anos (o periodo mais curto descuberto). Ambas orbitan a  unha velocidade de 10.000 quilómetros por segundo cando están próximas ao burato. Coñécense  moitas estrelas que orbitan estes buratos, pero só se acadou estudar mais do 50% de estas dúas.


Un burato nergro é unha rexión finita do espazo en cuxo interior existe unha concentración de masa moi elevada cun peso miles de millóns de veces superior ao do Sol que xera un campo gravitatorio tamén chamado horizonte de sucesos, tal que ningunha partícula material, nin sequera a luz, pode escapar dela. Estes corpos mantéñense elásticos no cosmos ata que algún elemento, como por exemplo unha estrela, achégase o suficiente como para ser absorbido pola sua forza gravitatoria e acabar destruido.
A gravidade dun burato negro é unha curvatura do espacio-tempo. Ainda así, hai corpos que orbitan entorno a el debido por mor desta curvatura, como a estrela da que se fala neste artigo.
        
As ecuacións da relatividade xeral de Einstein estudan a curvatura do espacio-tempo, a que predeciu a existenza dos buratos negros e foi o seu primeiro indicio. Por eso este descubrimento pode axudar a comprobar a teoría do científico alemán.

Artigo sacado de: La Región, publicado o 5/10/12.
Outras fontes de información: wikipedia y El Nacional

Alba Cortés Coego, 1ºBach.A

lunes, 8 de octubre de 2012

Mexillóns artificiáis para evaluar a contaminación mariña.

Os bivalvos, coma os mexillóns ou as ostras, aliméntanse filtrando a auga do mar e extraendo dela os nutrentes. Pero á vez que absorben nutrentes, absorben contaminantes, coma os metales.
Ahora, os científicos tratan de mellorar á naturaleza e desenvolven dispositivos de muestreo e análeses, como os mexillóns artificiáis. Son unhas boliñas de un milímetro de diámetro feitas dunha resina absorbente que van inmersas nunha solución de auga dentro dun tubiño de plástico selado, cunha xelatina permeable á auga do mar. Sumérxense na auga e os metáis atopados van quedando na resina.Están sobre un e seis meses fondeando e logo sácanse para analizar a súa concentración.Como se pode apreciar na seguinte imaxe, non son nada parecidos aos mexillóns, pero imitan ben a súa función filtrante.


Pero os bivalvos “de verdade” teñen as súas contras á hora de facer os análeses, como a variación dos resultados en función da temperatura da auga e a súa salinidade, presencia de parásitos, etapas no seu ciclo reproductivo… Por eso son usados estes mexillóns artificiáis.
En España, uns científicos do Instituto Español de Oceanografía (IEO), están probando en Murcia uns destes bivalvos desenrolados en China, na Universidade de Hong Kong e na City University of Hong Kong.


Carlos Álvarez Sabucedo, 1º BACH. A

El Curiosity, todo un éxito para la ciencia

  
El curiosity, todo un éxito para la ciencia

   En la madrugada del 5 al 6 de agosto, 7.32 hora española, una foto en blanco y negro del planeta rojo irrumpía en innumerables ordenadores de todo el mundo; el rover Curiosity había logrado depositar sus 899 kilogramos de peso sobre la superficie de Marte. En ese preciso instante, la sala de control del Mars Science Laboratory, estalló en una oleada de gritos, abrazos, lágrimas... La euforia se había apoderado de todos los allí presentes. No era para menos, pues el robot más sofisticado y científicamente complejo en la historia de la exploración interplanetaria, había sobrevivido a unos "infinitos 7 minutos de terror" , tiempo que le llevó realizar la maniobra de descenso y aterrizaje más audaz nunca vista.


 
Vídeo que detalla el complejo aterrizaje del Curiosity

  Curiosity es la primera misión marciana dedicada a la astrobiología, después de las sondas Viking en los años sesenta.La misión no involucra concretamente detección de vida, pues no tiene los instrumentos ni el nivel de esterilización necesarios para ello. No obstante, el objetivo principal es la búsqueda de moléculas de carbono que pudieran haber producido cualquier forma de vida. La razón de que se hubiera decidido explorar el cráter Gale reside en que su suelo contiene materiales que sólo se pudieron haber formado en presencia de agua.

   España ocupa un puesto muy especial en esta espectacular misión, dado que el centro de Astrobiología (en Madrid) ha desarrollado la estación medioambiental que el Curiosity lleva acoplada en su mástil. Su función consiste principalmente en medir la radiación ultravioleta, la presión atmosférica, la temperatura del suelo y del aire, la humedad y la velocidad del viento de este mundo que ansiamos hacer científicamente nuestro.
  
 Recreación animada del rover Curiosity

 
   La pregunta que el equipo de la Nasa se hace ahora y que el Curiosity ojalá ayude a responder es: ¿apareció vida en Marte hace miles de millones de años, al tiempo que en la Tierra?; y si no fue así, ¿por qué no sucedió?


Fuentes de información: 

"Muy Interesante", nº 376, septiembre 2012


Francisco Rodríguez Valencia   1ºBach "A" 

domingo, 7 de octubre de 2012

Creación de leite hipoalerxénica


Moitas persoas non toleran o leite. Isto débese maioritariamente á intolerancia á lactosa (un tipo de azucre) ou alerxia a algunhas das súas proteínas. Esta alerxia débese a unha proteína chamada  BGL (beta-lactoglobulina).
Un equipo de investigadores neocelandeses anunciaron o pasado día 2 de outubro na revista Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS) un experimento no que conseguiron crear unha vaca con leite hipoalerxénica. Tiveron que modificar a estrutura xenética de Daisy, a vaca que escolleron para o experimento. Nela introduciron dous micro-ARN que evitan que se produza esa proteína causante das alerxias. Os resultados do experimento foron satisfactorios, xa que analizando o leite de Daisy non atoparon BGL.  Daisy aínda é un tenreira, polo que aínda non pode dar leite, pero tratárona con hormonas para obter unhas poucas mostras do seu leite. O seguinte paso, din os investigadores, é criala ata que poida dar leite de forma natural para volver a analizala. Tamén está pendente de aclarar porque Daisy carece de cola dende o seu nacemento.
A industria láctea xa lograra reducir ou incluso eliminar esta proteína no leite, pero mediante métodos químicos. Este estudio indica que estes métodos son moi caros e poden modificar o sabor natural do leite.
Esta noticia creou polémica nos sectores “verdes” e os contrarios á modificación xenética. Ademais, un grupo ecoloxista de Nova Zelandia (GE Free New Zealand), indica que a proteína BGL é imprescindible para o normal crecemento do animal. 





http://www.latercera.com/noticia/tendencias/2012/10/659-486203-9-ecologistas-ponen-en-duda-que-leche-de-vaca-geneticamente-modificada-sea.shtml


Antía Quintana Gallego, 1º BACH A

miércoles, 12 de septiembre de 2012

2012-2013, un novo curso vai comezar


O blog de Ciencias para o Mundo Contemporáneo vai seguir unha dinámica parecida á do curso pasado, só introduciremos pequenos cambios na xestión. A nosa pretensión é optimizar o tempo planificado para a actualización do edublog, co fin de axustalo ao voso perfil cun elevado número de materias e actividades diarias.
Todo o alumnado que o desexe poderá publicar artigos relacionados cos temas que esteamos vendo, ou noticias de ciencia e tecnoloxía. Pero ollo, sen utilizar a técnica do "copiar" e "pegar" e citando sempre as fontes de onde se extraeu a información.
Co fin de incentivar os comentarios dos lectores as entradas deberán terminar con preguntas ou coletillas que @s inviten a participar. As entradas e comentarios sempre estarán firmadas co nome, iniciais dos apelidos e o grupo clase (exemplo María OE 1º Bach B).  Engadir as entradas as etiquetas procurando respectar as xa existentes.
Na primeira clase comentaremos a periodicidade dos post e outras ideas que teño en mente.
Para darse de alta no blog, tedes que enviar un correo electrónico pedindo o permiso para publicar a blogcmcotero@gmail.com. Recibiredes no voso correo electrónico unha invitación (un enlace) para configurar o voso perfil, cunha contraseña de acceso e, a partir dese momento, xa seredes un membro activo do blog.
Para opinar ou preguntar, sempre con respecto, sobre as noticias e artigos que se vaian publicando, simplemente tes que deixar o comentario no post correspondente.
As colaboracións, como membro activo ou como lector, terán valor académico. No mes de xuño de 2013 todo sumará á hora de levar unha boa nota. Valorarase: a orixinalidade; a ortografía, a redacción e linguaxe utilizado; a capacidade de síntese; adecuación das imaxes e vídeos insertados e a calidade dos enlaces e vínculos.

As fontes de documentación que podedes utilizar serán fundamentalmente as seguintes:
Plataforma SINC del FECYT;
A ciencia cierta
El país ciencia,
El Mundo ciencia,
Público ciencia
ABC ciencia.

sábado, 14 de julio de 2012

Un descubrimento histórico

O CERN o día 4 de xullo anunciou que os científicos acaban de escribir un capítulo crucial na historia da Física, ao descubrir unha nova partícula subatómica que confirma con máis dun 99% de probabilidade a existencia do bosón de Higgs, coñecido popularmente como a 'partícula de Deus', un achado fundamental para explicar por que existe a materia tal e como a coñecemos.

No centro da imaxe da dereita o físico Peter Higg (83 anos) o día 4 de xullo no CERN,

Cos resultados presentados, a existencia do bosón de Higgs -a partícula subatómica teorizada polo físico británico Peter Higgs nos anos sesenta, e que supón o único ingrediente do Modelo Estándar da Física que aínda non se demostrou experimentalmente- é practicamente un feito.

miércoles, 4 de julio de 2012

Por que levantarse ao amencer en xullo?

Tamén se pode aproveitar o amencer despois dunha noite de festa.Un vídeo de ScienceCast anticipa o espectáculo que terá lugar no ceo do amencer, en xullo de 2012.



Fonte: http://ciencia.nasa.gov/ciencias-especiales/03jul_wakeupatdawn/

viernes, 22 de junio de 2012

Parabéns

Nosos parabens a Cecilia Moretón Rodríguez, Ariana Fernández González , José Calvo Ayuso, Noelia León Rodríguez, Fernando Rodriguez Rebelo e Argeru Arza González estudiantes de 1º Bacharelato premiados no V concurso CLIMANTICA.

martes, 19 de junio de 2012

Siempre Tamara

Ayer pensaba en que noticia podría subir esta semana al blog , la última noticia de este curso que se acaba , pero hoy a la mañana nos hemos levantado con la triste noticia de que habíamos perdido a una compañera, una amiga, una alumna.... ella era todo eso y mucho más. Ocupando parte de nuestros corazones nos has dejado.


Tamara nunca te olvidaremos.
Aprovecho para dar muchos ánimos en estos difíciles momentos a su familia,profesores,compañeros,amigos... que se que estais sufriendo por esta gran perdida.
Mariana Conde Álvarez 

domingo, 17 de junio de 2012

China pon a súa primeira muller en órbita.


Liu Yang,unha astronauta china de 33 anos forma parte xunto con outros dous astronautas da tripulación que levará ao foguete Shenzhou 9 a axustarse por primeira vez ao módulo espacial Tiangong 1.

A nave despegou o pasado sábado da base do deserto de Gobi. Esta é a cuarta misión espacial china tripulada e é o proxecto espacial nacional máis ambicioso ata a data.

O goberno espera que Liu mellore a eficiencia da tripulación debido a que “As mulleres astronautas teñen máis posibilidade psicolóxica e   maior habilidade para xestionar a soidade”,di o Goberno chino.

Aínda que o ano pasado xa aparecera o seu nome na firma dun sobre conmemorativo das súas clases de astronauta,ela pasaba por unha completa descoñecida debido a que non participaba en feiras locais ou mostras aéreas internacionais.
A súa elección foi dada a coñecer uns días antes do despegue debido a que estaban entre dúas candidatas.

Lui sumarase a partir de agora á lista de máis de cincuenta mulleres astrounautas que ascenderon ao espazo desde que o fixo a rusa Valentina Tereshkova en 1963.




Paula García Losada nº11 1ºBachillerato E


viernes, 15 de junio de 2012

A OMS declara canceríxenas as emisións dos motores diésel.

A Axencia Internacional de Investigación sobre o cancro (AIRC), que pertence á Organización Mundial da Saúde (OMS), clasificou as emisións dos motores diesel como canceríxenas para os seres humanos.
Os científicos dispoñen de suficientes evidencias para asegurar que estas emisións están asociadas cun incremente do risco do cancro de pulmón. Consideran, ademais que existe "probas limitadas" que as emisións poidan incrementar tamén o risco de cancro de vexiga.
Dados estes impactos para a saúde humana, as partículas dos motores diesel deberían de reducirse no mundo enteiro.
Lucía Sánchez Corral 1ºD nº30

jueves, 14 de junio de 2012

Australia creará a rede de reservas mariñas máis grande do mundo.

Imaxe da Gran Barreira de Coral de Australia. 
O Goberno australiano creará a rede de reservas mariñas máis grande do mundo e limitará a explotación de hidrocarburos e a pesca nas áreas sensibles para contribuir á protección dos océanos. Dita rede aumentará o número de reservas de 27 a 60 e abarcará uns 3,1 millóns de kilómetros cuadrados (máis dun tercio do océano que rodea o continente). Con esta medida, o ministro de Medio Ambiente, Tony Burke, pretende realizar unha xestión máis responsable das áreas mariñas e dos seus recursos. Ademáis esta medida non está vinculada só a protexer o medio ambiente, senón tamén á seguridade alimentaria. Ampliaráse tamén a protección de animais como as ballenas, as tartarugas ou outras especies ameazadas e dos arrecifes no Mar de Coral. As consecuencias destas medidas só afectarán nun 1% á pesca. Unha das razóns de este novo plan anunciado polo Goberno Australiano é que na Décima Conferencia da Diversidade Biolóxica de 2010 celebrada en Xapón acordouse que o 10 % da superficie mariña mundial debería estar protexida no ano 2020. 

Fonte de documentación: El mundo.

NATHALIE MARTÍNEZ RIBAO 1º D 

A arte rupestre en Altamira e outras dúas covas españolas é o máis antigo do mundo.

Algunhas das obras rupestres da cova de Altamira e doutras cavernas do norte da península covertéronse na expresión artística máis antiga dos seres humanos, quizais anterior á nosa propia especie. Ten máis de 40.000 anos e encontrouse nunha zona onde por entón habitaban os neandertales.
Localizáronse en tres covas das 11 investigadas por un equipo formado principalmente, por investigadores de España e Portugal.
Ata agora non era doado datar estas pinturas prehistóricas, pero desenvolveuse un método que mide os isótopos de uranio nas calcitas, unha codia de milímetros que se foi depositando sobre as pinturas co paso dos milenios.

                              
Enlace: http://www.elmundo.es/elmundo/2012/06/12/ciencia/1339521293.html
Lucía Sánchez Corral 1ºD nº 30