domingo, 30 de enero de 2011

O orangutan é identico no 97% ao ser humano

Un equipo de investigadores españois, entre outros, liderados pola Universidade Washington en Saint Louis conseguiu a secuencia xenética do orangután da illa de Sumatra en Indonesia e o de Borneo. Aínda que antes existían estes animais en moitos puntos de Asia, a día de hoxe tan só quedan as dúas especies nomeadas, ambas ameazadas pola acción humana.




A secuenciación do xenoma do orangutan permite chegar as seguintes conclusións:

- Atoparon unha gran variedade xenética, o que indica unha boa saúde xenética.

- Que as dúas especies, a de Sumatra e a de Borneo, separáronse evolutivamente fai 400.000 anos.
- O orangután case non experimentou evolución xenética alguna nos derradeiros quince millóns de anos.

- Que entre o xenoma humano e o do orangutan existe unha coincidencia do 97%. Xa se sabía que entre os xenomas do humano e do chimpancé a coincidencia era do 99%.

- O estudo comparativo de múltiples familias de xenes nos xenomas humano, de chimpancé e de orangután indica que na evolución humana houbo unha presión evolutiva importante sobre os sistemas inmune e reproductivo.

- A especie de Sumatra, durante os últimos 400.000 anos tivo unha gran expansión poblacional, mentres que a de Borneo experimentaron un declive; sen embargo, o número actual de orangutáns de Sumatra é moito menor que o de Borneo.
Os resultados deste estudo permiten obter unha visión máis precisa do proceso evolutivo que deu lugar a aparición da especie humana. Os estudios sobre a organización xenómica deste animal permitirán obter información valiosa sobre os mecanismos de reorganización cromosómica que teñen lugar en enfermidades como o cáncer. Servirá tamén para establecer as pautas da conservación do orangutan.


Lucía Rodríguez 1ºB

No hay comentarios: