domingo, 30 de enero de 2011

Descubren un dinosaurio do tamaño dun loro




Un grupo de investigadores acaban de atopar un dinosaurio do tamaño dun loro, na formación Wulansuhai, que se atopa preto da fronteira entre Mongolia e China. Este é un lugar que foi formado fai uns 84 e 75 millóns de anos e que está dando moitos descubrimentos importantes. O fósil foi bautizado co nome de Linhenykus monodactylus. Pertence a familia dos Alvarezsaurios que eran uns dinosaurios carnívoros terópodos. Os restos están formados por un esqueleto parcial, inclúe osos da columna vertebral, das extremidades anteriores e posteriores e unha pelvis parcial. Os descubridores indican que non superaría o medio metro de altura e que tería un peso dun loro de grandes proporcións. O motivo polo que este pequeno animal só tiña un dedo non está claro «En bioloxía existe un concepto chamado órgano vestixial, que se utiliza para definir as partes dun corpo que non son funcionais e que non serven para un individuo. Se estudamos unha serpe do campo vemos que non ten pernas e o seu corpo está formado por un só elemento. Pero cando a analizamos máis profundamente podemos ver que a estrutura das pernas e a pelvis aínda permanece no seu esqueleto», explica Pittman do Departamento de Ciencias da Natureza do University College London e coautor do estudo. Da mesma forma, nos alvarezsaurios atopáronse moitos órganos vestixiais que sinalan a extrema complexidade da forma en que evolucionaron estes dedos.











Manuel Lorenzo Tallón 1ºC

No hay comentarios: