domingo, 30 de enero de 2011

O número de veces que un artigo é citado noutros traballos indica a súa influencia no seu ámbito científico.

Un estudo realizado por investigadores do Instituto de Investigación Biomédica de Bellvitge (IDIBELL) é o máis citado do mundo na categoría de Bioloxía, segundo a última clasificación Science Watch correspondente aos meses de novembro e decembro que elabora a axencia Thomson Reuters. O artigo "Antiangiogenic therapy elicits malignant progression of tumors to increased local invasion and distant metastasis" publicouse o mes de marzo de 2009 na revista Cancer Cell, unha das máis prestixiosas en investigación oncolóxica. Desde entón recibiu 226 citas; 46 durante os meses de maio e xuño de 2010, que é o período que avaliou Thomson Reuters para elaborar a súa clasificación de novembro e decembro.


Editado por : Carmen Cid Manzano

No hay comentarios: