domingo, 30 de enero de 2011

Atención, xovenes científicos!

Tes entre 13 e 18 anos? Gustache investigar os porqués da ciencia e da saúde?
En mozos coma ti pensou Google o organizar unha feira de ciencia na que ti poderás participar co teu propio proxecto e gañar distintos premios, dende unha viaxe ata as Illas Galápagos ata unha beca de 50.000 dólares para ampliar os teus estudios!!
Ata o próximo 4 de abril de 2011, os xóvenes científicos de todo o mundo teñen tempo de apuntarse a esta iniciativa online. De forma individual ou en grupos ( de tres persoas como máximo) os interesados teñen que crear unha “site” no que colgar os obxectivos, métodos e conclusións das súas investigación, así como un vídeo ou unha presentación para dar a coñecer o seu traballo!
As áreas nas que se pode concursar son moi variadas: matemáticas: ciencias conductuales e sociais ou alimenticias: enerxía e espazo: invencións e innovacións; física, química ou bioloxía; electricidade e electrónica.
De todos os participantes, elixirase a 60 finalistas, cuxos traballos se expoñerán o público através de internet. De eles, 15 chegaran a final, que se celebrará o 11 de Xulio en California(EEUU). Haberá tres gañadores ( un de 13 a 14 anos, outro de 15 a 16 e outro de 17 a 18) que serán elixidos por distintos científicos, incluído algún que outro premio Nobel, según explican dende Google. Entre os 3 gañadores, uno deles recibirá o Gran Galardón. Se trata dunha viaxe as Illas Galápagos, dentro de unha expedición de National Geographic e unha beca de 50.000 dólares (25.000 dólares para os outros dous gañadores e 10.000 dólares para o máis votado en internet)
Todos os premiados poderán, ademais, visitar o sitio de investigación de Google ou gozar dunha beca virtual na compañía LEGO,entre outras alternativas.
Por outro lado, os 15 finalistas, sen importar se resultan gañadores ou non, recibirán varios premios, como un teléfono Android ou un Chrome Notebook así como unha suscripción a revista Scientific American.


Liliana Villar Whyte 1ºBach A

No hay comentarios: