domingo, 30 de enero de 2011

Novidade!!

Dende este domingo, o xornal El mundo, ofrece a todos os seus lectores unha colección de 20 libros que resumen o coñecemento actual sobre o universo, a saúde, o medio ambiente, e as novas tecnoloxías. A colección, co sello do suplemento dominical “Eureka” está dirixido por Eduardo Punset. O escritor e divulgador científico non alberga ningunha dúbida de que a xente “está buscando, cada vez máis, na ciencia as explicacións o que nos está pasando día a día".
A colección “Claves da Ciencia” está dirixida polo propio Punset e acerca o gran público de maneira amena e fácil lectura, os grades temas da ciencia e da técnica, prestando especial atención o mundo actual.


Liliana Villar Whyte 1º Bach A

No hay comentarios: