domingo, 30 de enero de 2011

O Homo Sapiens saliu de África cruzando o mar




Coma xa afirmou a nosa profe Carmen, en Ciencias para o Mundo Comtemporáneo, a forma que tivo de saír o Homo Sapiens de África foi por medio do mar.



A primeira viaxe dos humanos modernos fóra de África puido ser moito máis antiga do que se pensaba. Moitas ferramentas de pedra atopadas no golfo pérsico debuxan, segundo un grupo de arqueólogos europeos, unha ruta alternativa pola que o home moderno podería colonizar primeiro Arabia, despois Mesopotamia e por último Europa e Asia. Segundo esta hipótese, os Sapiens non viaxaron polo Nilo, coma se pensaba, senon polas augas do mar Rojo e os desertos de Arabia.


A visión deste traballo contradí os estudos xenéticos clásicos que manteñen que os humanos actuais descenden de sapiens que salieron de África fai entre 60.000 y 70.000 anos vía Exipto e Israel.


O responsable do equipo indica: " O noso estudo debería animar a que se analice de novo a forma en que os humanos modernos convertémonos nunha especie global". O equipo mantén que a machada, os punzóns e os raspadores que se desenterraron son moi similares aos que se encontraron noutros xacementos do este de África en épocas proximas e que se atribúen aos humanos modernos.

Todo dependeu de estar no lugar e no momento adecuados para poder cruzar o estreito. Os humanos o único que tiveron que facer foi cruzar uns catro quilómetros de mar, segundo os autores do estudo, para chegar a unhas pradeiras onde xa habían gacelas, cabras montesas e outros animais de caza. Aínda é un misterio cómo cruzaron. Unha vez conquistada a orilla, as poboacions atravesaron Arabia ata os Emiratos.



O codirector de Atapuerca, Eudald Carbonell, apunta que fai uns 125.000 anos os humanos modernos coñecían moi ben o medio marino e os litorais o que puido permitirlles realizar a travesía a Arabia polo sur, máis indica que as probas aportadas polo traballo comentado non son suficientes.


Anteriormente, Lorena publicou unha notica sobre os descubrimentos do Homo Sapiens árabe que ten relación coa miña noticia. Podedela ver en:

http://acienciatamenecultura.blogspot.com/2011/01/o-homo-sapiens-arabe.html,


Para máis información:




Tatiana Nespereira Campuzano 1º Bac B

No hay comentarios: